CLAUSTRO UNIVERSITARIO ACTA DO PLENO … · - O Prof. Falguera López deue non vira optimismo no...

36
1 CLAUSTRO UNIVERSITARIO ACTA DO PLENO ORDINARIO DO 3 DE DECEMBRO DE 2015 Sendo as dez horas e vinte e un minutos do 3 de decembro de 2015 e en segunda convocatoria, celébrase o Pleno ordinario do Claustro no salón de actos da Facultade de Psicoloxía, presidido polo Sr. Reitor e coa presenza dos membros que figuran e asinan como asistentes no anexo I unido á presente acta, para abordar os puntos da ORDE DO DÍA: 1) Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior 2) Informe do Reitor 3) Informe do Valedor da Comunidade Universitaria 4) Informe sobre o Plan de Financiamento do SUG 5) Informe sobre a actualización do Plan Económico Financeiro de Reequilibrio 6) Aprobación, se procede, das Liñas Xerais do Orzamento e da actualización da Programación Plurianual 7) Modificación, se procede, da base segunda, punto 8, das Liñas Xerais do Regulamento Electoral Xeral 8) Rolda aberta de intervencións ***** Tras dar a benvida o Reitor aos membros do Claustro, pasou a palabra á Secretaria Xeral que procedeu a informar sobre os claustrais que escusaron a súa ausencia: dona Amparo Azurmendi Rodríguez, dona Teresa Cancelo Márquez, don Antonio Doval Adan, don Pablo Fernández Garrido, dona Marta López Alonso e dona Emilia Vázquez Rozas. A Secretaria informou así mesmo que, por resolución da Mesa do Claustro e en cumprimento da disposición adicional terceira do Regulamento de Réxime Interno do Claustro, autorizábase a Profa. Vázquez Cendón ao exercicio do voto por delegación da Profa. Crujeiras Casais. O Sr. Reitor abordou de inmediato a orde do día: 1) Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria A Secretaria deu conta da acta do Pleno ordinario do 26 de xuño de 2015, que non rexistrara ningunha obxección. In voce o Prof. López Díaz solicita, por

Transcript of CLAUSTRO UNIVERSITARIO ACTA DO PLENO … · - O Prof. Falguera López deue non vira optimismo no...

1

CLAUSTRO UNIVERSITARIO ACTA DO PLENO ORDINARIO DO 3 DE DECEMBRO DE 2015

Sendo as dez horas e vinte e un minutos do 3 de decembro de 2015 e en segunda convocatoria, celébrase o Pleno ordinario do Claustro no salón de actos da Facultade de Psicoloxía, presidido polo Sr. Reitor e coa presenza dos membros que figuran e asinan como asistentes no anexo I unido á presente acta, para abordar os puntos da ORDE DO DÍA:

1) Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior 2) Informe do Reitor 3) Informe do Valedor da Comunidade Universitaria 4) Informe sobre o Plan de Financiamento do SUG 5) Informe sobre a actualización do Plan Económico Financeiro de Reequilibrio 6) Aprobación, se procede, das Liñas Xerais do Orzamento e da actualización da Programación Plurianual 7) Modificación, se procede, da base segunda, punto 8, das Liñas Xerais do Regulamento Electoral Xeral 8) Rolda aberta de intervencións

***** Tras dar a benvida o Reitor aos membros do Claustro, pasou a palabra á Secretaria Xeral que procedeu a informar sobre os claustrais que escusaron a súa ausencia: dona Amparo Azurmendi Rodríguez, dona Teresa Cancelo Márquez, don Antonio Doval Adan, don Pablo Fernández Garrido, dona Marta López Alonso e dona Emilia Vázquez Rozas.

A Secretaria informou así mesmo que, por resolución da Mesa do Claustro e en cumprimento da disposición adicional terceira do Regulamento de Réxime Interno do Claustro, autorizábase a Profa. Vázquez Cendón ao exercicio do voto por delegación da Profa. Crujeiras Casais.

O Sr. Reitor abordou de inmediato a orde do día: 1) Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria

A Secretaria deu conta da acta do Pleno ordinario do 26 de xuño de 2015, que non rexistrara ningunha obxección. In voce o Prof. López Díaz solicita, por

2

unha banda, se corrixa un erro na páxina 3; e, pola outra, que a emenda número 22 correspondente ao punto 4) da orde do día, “Aprobación, se procede, do Regulamento de Réxime Interno do Claustro”, se consigne no grupo de emendas rexeitadas no lugar do que figura na acta, emendas aceptadas previa votación, pois o resultado da votación fora de 75 votos a favor do texto, 33 votos a favor da emenda e 30 en branco.

Ambas correccións foron aceptadas e a acta resultou aprobada por unanimidade.

2) Informes do reitor

O Reitor fixo un breve recordatorio do anterior pleno ordinario do Claustro do 26 de xuño de 2015 e, deseguido, informou sobre:

- A aprobación polo primeiro Pleno extraordinario do Consello de Goberno correspondente ao 2 de outubro de 2015 do Convenio de Colaboración na Docencia Clínica do Grao en Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. - A aprobación polo segundo Pleno extraordinario do Consello de Goberno correspondente ao 2 de outubro de 2015 do Convenio de Campus Terra. - A aprobación no Pleno ordinario do Consello de Goberno do 29 de xullo de 2015 do Regulamento de creación, modificación e supresión de departamentos da USC. - A aprobación no Pleno ordinario do Consello de Goberno do 29 de xullo de 2015 do Regulamento de prácticas académicas externas da Universidade de Santiago de Compostela. - A aprobación no Pleno ordinario do Consello de Goberno do 8 de outubro de 2016 do Regulamento Electoral Xeral. - A aprobación no Pleno ordinario do Consello de Goberno do 4 de novembro de 2015 da OPE do 2015 do persoal de administración e servizos. - A celebración dos procesos de certificación de 21 títulos e 10 Centros. - A concesión da insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela ao Profs. don Alberto Arce Arce, o 21 de xullo, e a don Moritz van Rooijen, que foi presidente do Grupo Compostela de Universidades, o 25 de setembro. - O nomeamento como Vicerreitora de Internacionalización da Profa. dona Almudena Hospido Quintana, e como adxunto ao Reitor do Prof. don José Manuel Cotos Yáñez.

3

Ao fío do anterior, agradeceu os servizos prestados ao Prof. don Carlos Salgado López, que fora Vicerreitor de Internacionalización durante o ano precedente.

E manifestou o fondo pesar polo pasamentos dos profesores don Manuel Bao Iglesias (catedrático de Enxeñaría Química), don Miguel Blanco González (profesor asociado do Departamento de Médica), don Luis Díez-Picazo y Ponce de León (doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela), don Carlos Fernández Novoa (catedrático de Dereito Mercantil), dona Esperanza Guisán Seijas (catedrática de Lóxica e Filosofía Moral), dona Begoña Seijo Rey (profesora titular da Facultade de Farmacia) e don Juan José Torres Labandeira (profesor titular da Facultade de Farmacia).

Tralo anterior, comezou unha rolda de intervencións na que tomou a palabra o Prof. Seijas vázquez preguntado se a determinación dos importes que financiaban o Campus Terra correspondía a Xunta de Galicia ou a Universidade.

O Reitor sinalou que o Campus se desenvolvería en dúas fases, polo cal a primeira parte dos fondos de financiamento destinaríanse a súa posta en marcha e a creación de estruturas. Todo era o resultado da negociación coa Xunta de Galicia baixo o compromiso de ter outros investimentos no bienio 2016-2018.

A Sra. Sas Martínez inquiriu sobre a constitución da Comisión de Desenvolvemento Estatutario e da Comisión de Normalización Lingüística; cuestión sobre a que insistiu a Profa. Silva Hermo. Mentres o Prof. Falguera López preguntaba sobre os avances do Campus da Cidadanía.

O Reitor indicou que, por unha banda, o proxecto da Consellería sobre as unidades estratéxicas (dúas recaeron na nosa Universidade) retardaba a progresión do dito Campus; e, pola outra, a dificultade do presidente da Comisión de Redacción para o desenvolvemento do traballo por circunstancias familiares fora tamén un inconveniente. Engadiu que esperaba a inminente celebración dun convenio coa Consellería para a redacción do proxecto de Campus.

3) Informe do Valedor da Comunidade Universitaria O Valedor da Comunidade, Prof. Alcaraz García, subliñou que o informe se presentaba nun prazo correcto, pois correspondía ao curso académico 2014-2015; que agradecía a colaboración dos órganos de goberno e dos membros da Comisión do Valedor; e que invitaba a unha puntual reforma do Estatuto do Valedor na que se contemplase o réxime xurídico en caso de baixa do Valedor. Alén diso e entrando na materia, destacou os seis puntos sobre os que reflexionaba o informe, a saber:

4

- O sistema de avaliación, onde persistía a falta de concreción dos programas das materias.

- Os procesos de xestión académica, especialmente a matrícula, nos que se apreciaban problemas informáticos, demora na tramitación e eivas de coordinación.

- Os estudos de doutoramento e de posgrao, con queixas moi puntuais e específicas.

- As bolsas e axudas, nas que quedara constatada os atrasos no pagamento.

- A extinción de planos de estudo, con relación aos cales a elaboración de normas para minimizar o seu impacto resultara acertado.

- Outras queixas de índole variada, como a demora no pago de dietas ou as dificultades da cesión de espazos para actos académicos.

Apuntou que se presentaran un total de 68 queixas no curso analizado

(2014-2015), fronte as 65 do precedente (2013-2014). E que tiveran máis dun centenar de consultas sobre todo tipo de temas.

Rematou invitando a comunidade universitaria para que colaborase en acurtar dende a responsabilidade de cada un o tempo de tramitación das queixas e consultas.

Na quenda de intervencións, fixéronse as seguintes: - A Sra. Cruz Gómez agradeceu, dende A Trabe, o traballo do Valedor

e instaba a que as súas recomendacións non fosen valeiras e o equipo de goberno as recollera.

- O Prof. López Díaz solicitou que se articulase un seguimento da implementación das recomendacións emitidas polo Valedor nos diferentes órganos da Universidade.

- A Profa. Landín Pérez reclamou un sistema de control do plaxio dado que a incursión neste tipo de prácticas semellaba aumentar.

O Valedor da Comunidade agradeceu as mostras de apoio. Respondeu

que estaba satisfeito coa reacción do equipo de goberno, e que facía un seguimento da implementación da recomendación, pero que valoraba introducir un novo apartado no próximo informe onde se detallase tal extremo. Precisou, para rematar, que o tema do plaxio e da copia nos exames lindaba coa comisión de infraccións e que, neste punto, as actuacións era difíciles porque a normativa vixente remontábase ao Decreto do 8 de setembro de 1954, certamente inadaptado á sociedade actual.

O Reitor agradeceu o informe e a súa defensa polo Valedor da Comunidade ao tempo que expresou a vontade de que as súas recomendacións fosen tidas en conta.

4) Informe sobre o Plan de Financiamento do SUG

5

O Reitor explicou que, aínda que a Universidade tivera unha posición favorable como as das Universidades de A Coruña e Vigo, o Plan non fora negociado, senón que consistirá nunha proposta da Xunta onde a opción consistía en adherirse ou non. Alén diso, destacou:

- Dende a perspectiva cualitativa, a previsión sustentábase nun financiamento público e autonómico, non contemplaba o privado, que aportaba recursos insuficientes.

- Dende unha perspectiva cuantitativa, a Xunta, co apoio das Universidade de A Coruña e Vigo, optou por un módulo de cálculo estándar custe/alumno, que non satisfacía os intereses da nosa Universidade. O resultado fora a obtención dun 41,20% do fondo estrutural, no que non se incluirían os complementos retributivos do PDI e o financiamento das prazas vinculadas; e dun 44,2% do fondo por resultados.

- Dende unha perspectiva técnica, foron aceptadas algunhas propostas da nosa Universidade como: ausencia de fondos que se calculen durante o exercicio orzamentario; a dinámica da evolución dos custes do Plan; a homoxeneización no cómputo dos custes do persoal.

Rematou afirmando que o Plan era, malia todo, positivo como un

instrumento de estabilidade. As intervencións seguintes repartíronse como se indica. - O Sr. Pérez Casas dixo que, dende unha perspectiva cuantitativa,

non era de recibo continuar con recortes, con escaseza de financiamento non para un ano, senón para cinco. Dende unha perspectiva cualitativa, o problema do Plan era o mesmo que o de seu precedente, isto é, había unha caixa única e pechada en torno a cal as tres Universidades estaban obrigadas a competir. Dende unha perspectiva técnica, advertía unha melloría pese o complexo apartado dos incrementos salariais. E, para rematar, a elaboración do Plan non fora participativa por non se traer a debate no Claustro.

- O Sr. Díos Vicente recalcou que no Consello de Goberno se reclamara un pronunciamento previo á aprobación do Plan por parte da Universidade, e iso non tivera lugar, o que constituía unha eiva do procedemento.

- O Prof. Méndez Paz matizou que o peso do criterio de reparto por resultados era moi discutible e resultaba grave que o módulo de cálculo no ámbito das Ciencias Experimentais (16 alumnos) fose moi inferior ao das Ciencias Sociais (32).

- O prof. López Díaz, partindo de que na aprobación do Plan solo existía o voto do Reitor, insistía en que unicamente informouse ao Consello de Goberno pero non houbera no seu seno unha verdadeira

6

discusión. Manifestou algunha contradición na que incorrera o Reitor, como que o Plan tiña suficiencia e estabilidade, para logo indicar que os recursos asignados era insuficientes. Concluíu subliñando que non había lugar ao optimismo pois os recortes continuarían ata o ano 2020.

- O Sr. Mariñas Liste alertou de que o financiamento derivado do Plan era insuficiente; e que a información enviada ao Consello de Goberno fora correcta pero non así a do Claustro. Xustamente por iso, o Claustro podería facer unha declaración sobre a súa posición que resultaría compatible co cumprimento polo Reitor da súa función institucional.

- O Prof. Falguera López declarou que non vira optimismo no Reitor; que non houbera compracencia na tramitación do Plan; que este era insuficiente para todo o Sistema universitario galego; que ningún Plan de financiamento tivera un procedemento diferente do actual para dalo a coñecer na comunidade universitaria; e que a Universidade non tiña outra opción mais que adherirse, xa que o contrario produciría efectos catastróficos.

A todos eles respondeu o Reitor como se indica resumidamente:

- A Universidade perdeu unha baza importante cando a Xunta adoptou o módulo custe/alumno.

- Fronte a ese financiamento estrutural escaso, a vantaxe da Universidade viño da mellora do financiamento por resultados.

- O financiamento de todo o Sistema universitario era insuficiente con relación ao PIB.

- O Claustro podería debater sobre o Plan, pero a Universidade ten unha determinación: a adhesión, non unha opción, pois os resultados de non facelo serían inasumibles.

Finalmente agradeceu as intervencións de todos.

5) Informe sobre a actualización do Plan Económico Financeiro de Reequilibrio

O Xerente precisou que o Plan de Financiamento do SUG facía necesaria unha actualización do Plan Económico Financeiro de Reequilibrio, pero tendo en conta que:

- Non variarían os obxectivos de redución de déficit e débeda do ano anterior.

- O déficit entre os 2016 e o 2020 debería situarse nos 7 millóns de Euros.

- A devolución da débeda ata o 2020 alcanzará a cantidade de 20 millóns de Euros.

7

- O Plan de Financiamento do SUG mellora o importe dos ingresos non afectados en 2,3 millóns de Euros.

- A subvención do Banco Santander se deixa de considerar un ingreso ordinario.

Continuou precisando que na actualización do Plan non se consideran como ingresos extraordinarios os que a Universidade puidera ter por:

- Alleamento do Patrimonio (Hospital de Galeras) - A devolución do IBI dende o exercicio 2005 como resultado dos

recursos ganados pola Universidade a Facenda.

Concluíu afirmando que o Plan actúa sobre unha mellora de ingresos, de sorte que as medidas de axuste se palían, non obstante continuarán a ser liñas de actuación:

- A amortización das prazas por xubilación de PDI e PAS, funcionario ou laboral, coa posibilidade de repoñer unha porcentaxe delas.

- Manter a contención no gasto. - Estabilizar os gastos de investimento.

Deseguido interviñeron:

- O Sr. Pérez Casas quen agradeceu o traballo e a información fornecida, pero destacou que se as contas casaban era porque os recursos se reducían. Por isto, quería saber cánto reducía o Plan de reequilibrio as nosas capacidades, as da Universidade.

- O Prof. López Iglesias quería atraer atención sobre o cadro 3 e a carga da débeda acumulada do cadro 1. O resultado atoparíase no cadro 7, e da lectura dos tres concluiríase que existe unha austeridade estrita máis aló da austeridade global. Por tanto, preguntaba por: qué fora das accións para incremento de ingresos propias da USC?; as medidas para non incorrer en novos investimentos “en ladrillo”; e a repercusión que a redución do Capítulo I podería ter nos ingresos de matrícula.

- O Prof. López Díaz, recoñecendo o traballo previo, dicía que a realidade tras do Plan era malísima. Pensábase que el ía ser temporal e que o Plan de Financiamento do SUG melloraría a situación económica da nosa Universidade. Pero non sería así porque, por exemplo, os ingresos aumentan nun 1,3 millóns de Euros e a débeda no 2016 arranca con 2,3 millóns.

- O Sr. Mariñas Liste evidenciou unha cuestión positiva: a posibilidade de creación de prazas. Paralelamente, reclamou unha planificación de persoal de carácter global e a elaboración dun mapa onde se recolleran as áreas deficitarias. E avogou por implementar fórmulas de recoñecemento do traballo persoal.

8

O Xerente declarou que a desazón causada polo Plan debería mitigarse un pouco. No Plan do pasado ano non se prevía a reposición de PAS e unicamente do 10% das prazas de PDI. Certo que o Plan actualizado non impide que continúe a redución de efectivos, pero agora a diminución de PDI funcionario permite unha reposición do 60% das xubilacións sen necesidade de computar o aforro procedente das xubilacións voluntarias.

No que atinxe as medidas de incremento de ingresos, no 2015 foron: - Un millón de euros máis que no Plan anterior por custes indirectos. - Reponte de captación de recursos de matrícula tras a inflexión

causada pola extinción de plans de estudos. - Redución dos custes derivados dalgúns suministros como o

enerxético. - Ordenación da xestión económica de recursos de investigación

como, por exemplo, os programas de xestión integrada.

6) Aprobación, se procede, das Liñas Xerais do Orzamento e da actualización da Programación Plurianual

Presentaron e defenderon as liñas xerais dos Orzamentos e a actualización da Programación Plurianual o Vicerreitor de Comunicación e Coordinación e o Xerente.

Os acordos acadados polos Claustro son clasificados como sigue: I. Emendas rexeitadas; II. Emendas retiradas por transacción; III. Emendas aceptadas; IV. Emendas transaccionadas; e V. Emendas aprobadas previa votación.

Ao remate de seren coñecidas todas as emendas polo Pleno, someteuse a votación o documento que incorpora as aceptadas, acordo que figura no epígrafe VI. deste punto da orde do día. Advírtese que o número polo que se identifica cada emenda nesta acta foi o atribuído para a súa defensa no Pleno.

I. EMENDAS REXEITADAS

PRIMEIRA Primeiro asinante: Sra. Hervés Sayar Voceiro: Sr. Pérez Casas

Sentido: Supresión

Texto: A totalidade

Motivación: Os recursos contemplados como ingresos son claramente insuficientes para poder ter unha unha Universidade Pública adecuada para cumprir os compromisos que temos nos ámbitos da educación superior e a

9

investigación. sendo a principal causa a aceptación dun plan de financiamento 2016-2020 que deixa á universidade galega en cifras moi inferiores ao conxunto das universidades europeas e inferior incluso a cifra existente no ano 2009, no que os escasos incrementos acadados son para cubrir exclusivamente compromisos de recuperación parcial e escasa dos salarios recortados nos últimos anos. Ademais estes orzamentos continúan, con moi escasos cambios, co Plan de Económico Financeiro de Reequilibrio co que nos temos pronunciado en numerosas ocasións en desacordo. Someteuse a votación co resultado que se indica:

• A favor do texto: 69 votos • A favor da emenda: 22 votos • En branco: 25

A emenda resultou rexeitada. UNDÉCIMA Primeiro asinante: Sr. Pérez Casas

Sentido: Engadido

Texto: Páxina 13, c) a partir do 2º parag. A distribución desta nova proposta orzamentaria realizarase proporcionalmente entre PDI e PAS conforme a proporcionalidade do número de traballadores/as destes dous colectivos”.

Motivación: Os recortes que nos levaron á situación actual realizáronse conforme esta proporcionalidade, e ademais a cantidade mencionada sobre o PEFR é moi inferior en calquera dos casos ás necesidades mínimas e urxentes polo que non é posible unha priorización entre os distintos colectivos, polo que non sendo posible cubrir os mínimos en ningún dos casos, a solución máis xusta a proporcionalidade do cadro de persoal actual.

Someteuse a votación co resultado que se indica:

• A favor do texto: 82 votos • A favor da emenda: 17 votos • En branco: 14

A emenda resultou rexeitada.

10

II. EMENDAS RETIRADAS POR TRANSACCIÓN

SEXTA Primeiro asinante: Sr. Pérez Casas

Sentido: Engadido

Texto: Páxina 7 Entendemos que os incrementos retributivos non previstos que poidan aprobarse a nivel estatal e autonómico con motivo da recuperación salarial pendente deben ser incorporados ó plano de financiamento como incremento das cantidades iniciais, polo que consideraremos como ingreso o 1% de incremento previsto na Lei de Orzamentos da Xunta de Galicia, actualmente no Parlamento de Galicia, incrementado polo tanto o orzamento da USC en 1.199.525,57 €.

Motivación: O plan de financiamento recolle na súa páxina 137 a evolución do financiamento estrutural no seu custe estándar conforme a evolución da masa salarial, creemos que debe aplicarse dende o primeiro ano do plan, así como que debería quedar claro no texto o cálculo previsto a efectos de dar seguridade ao sistema universitario sobre os ingresos e os gastos producidos por decisión externa á propia universidade, que poderían forzar incluso a quebra económica no caso de que recuperaramos como é de xustiza as perdas salariais sen o correspondente incremento do financiamento público.

Transacción: Incorporación deste criterio no Convenio de Financiamento do SUG.

A emenda foi retirada previa transacción.

III.EMENDAS ACEPTADAS DÉCIMO CUARTA Primeiro asinante: Profa. Carreira Nouche

Sentido: Engadido

Texto: Páxina 13, parágrafo 4 A estabilización de profesorado interino de vacante con compromiso de estabilización, segunda fase de estabilización do PDI procedente dos programas de investigación Ramón y Cajal e Isidro Parga Pondal e promoción

11

de profesorado por convenio colectivo.

Motivación: Deberán engadirse as figuras que non gozan de estatus de estabilidade laboral e que teñen compromiso de estabilización. A emenda foi aceptada. VIXÉSIMA Primeiro asinante: Prof. Falguera López

Sentido: Engadido

Texto: Páxina 14, liña 4 Proponse engadir ao final do primeiro punto e aparte: “Todos os acordos que afecten a estabilización, promoción, axustes na RPT e procesos de funcionarización serán negociados cos representantes sindicais”.

Motivación: Todos os procesos que afecten ao persoal, tanto PDI como PAS, deben ser negociados cos respectivos representantes. A emenda foi aceptada. VIXÉSIMO CUARTA Primeiro asinante: Prof. González Seoane

Sentido: Engadido

Texto: Páxina 5, liña 6 (a continuación de exercicio inmediatamente seguinte …). Sen prexuízo das competencias dos distintos órganos na elaboración e aprobación do orzamento.

Motivación: A Comisión ten carácter informativo e debe aclarase que as súas propostas non poden condicionar as competencias dos restantes órganos na elaboración e aprobación do orzamento. A emenda foi aceptada. VIXESIMO QUINTA Primeiro asinante: Profa. Carreira Nouche

Sentido: Modificación

Texto: Páxina 10, parágrafo 2 Substituír a frase: “De forma complementaria, a USC manterá en mercado de acordo cos procedementos legalmente establecidos, o Vello Hospital de

12

Galeras, co obxecto de financiar, no caso de se obter ingresos, accións de investimento ou amortización de débeda”, por: “De forma complementaria a USC manterá en mercado de acordo cos procedementos legalmente establecidos, o Vello Hospital de Galeras, co obxecto de financiar, no caso de se obter ingresos, accións de investimento e amortización de débeda”.

Motivación: A substitución da disxunción pola conxunción parece apropiado no texto. A emenda foi aceptada.

VIXÉSIMO SEXTA Primeiro asinante: Prof. Macías Virgós

Sentido: Modificación

Texto: Páxina 15. Primeira táboa Modificar na primeira táboa, na liña correspondente a “Servizos de apoio á docencia e á investigación, na columna correspondente a “2016” para poñer “2.368.85,71 Euros”, e na columna “VARIACIÓN” para poñer “0 Euros”.

Motivación: Os orzamentos inclúen unha redución de 35 mil Euros nos servizos de apoio á docencia e á investigación. Propón, como mínimo, o aumento desta cantidade para garantir a prestación de servizos nas mesmas condicións do que se estaba a facer ata o de agora. A investigación e a docencia son os principais eixes da USC e non debe aceptarse unha redución nestas partidas. A emenda foi aceptada. VIXÉXIMO SÉTIMA Primeiro asinante: Prof. Macías Virgós

Sentido: Engadido

Texto: Páxina 17, liña 11 Proponse a incorporación do seguinte texto antes do cadro sobre a estrutura de financiamento. “Destinarse unha cantidade de ingresos finalistas a equiparar ou superar o investimento en bolsas e subvencións do orzamento do ano 2015”.

Motivación: A subvención e as bolsas son un elemento fundamental para as actividades do estudantado, polo que non procede unha redución nesta partida dentro da política de apoio aos servizos da comunidade universitaria. A emenda foi aceptada.

13

VIXÉSIMO OITAVA Primeiro asinante: Sr. Mariñas Liste

Sentido: Engadido

Texto: Páxina 18, ao final do aptdo. c) A continuación do apartado c), engadir un cuarto obxectivo (apartado d) que diga: Engadir: “d) Corrixir deficiencias de edificios e instalacións que impliquen incumprimento de normas e regulamentacións industriais e situacións de risco laboral valorados como altos”.

Motivación: Determinados edificios e instalacións da USC presentan deficiencias de estrutura, de dotación ou de mantemento que precisan dunha dotación orzamentaria obrigada. Estas deficiencias implican un incumprimento legal por mor de estas suxeitos instalacións e edificios a regulamentación de seguridade industrial específica ou norma básica de edificación, debendo polo tanto considerarse obrigada a súa corrección. Boa parte destas situacións aparecerán ademais reflectidas nas avaliacións de riscos, e mesmo valorados como riscos altos. En xeral deben considerarse tamén como de atención obrigatoria a corrección de condicións de traballo deficientes que merezan a valoración de risco laboral alto. A emenda foi aceptada. VIXÉSIMO NOVENA Primeiro asinante: Prof. Falguera López

Sentido: Engadido

Texto: Páxina 26, aptdo. 3 Engadir ao final do párrafo de investimentos en infraestruturas: “Incorporaranse, na medida do posible, ingresos afectados do Banco Santander á mellora de investimentos en infraestruturas de docencia e investigación”.

Motivación: Debe dedicar a maior cantidade de recursos posibles a eta área de gasto da USC. A emenda foi aceptada. TRIXÉSIMO UNHA Primeiro asinante: Prof. Falguera López

Sentido: Engadido

Texto: Páxina 27, aptdo. 3, liña última

14

Proponse incluír ao final da páxina: “Tamén se cumpriron as previsións realizadas para a incorporación da contabilidade de custes á xestión da Universidade de Santiago de Compostela”.

Motivación: A USC foi pioneira na incorporación ao modelo de contabilidade de custes establecido polo goberno español e cómpre identificalo. A emenda foi aceptada.

IV. EMENDAS TRANSACCIONADAS TERCEIRA Primeiro asinante: Sr. Fernández Méndez Voceiro: Sr. Pérez Casas

Sentido: Engadido

Texto: Antes da páxina 6 A elaborar pola equipa reitoral

Motivación: Si ben a diferenza entre ingresos e gastos afectados e non afectados é moi interesante a efectos de facer comprensibles os orzamentos e a marxe de distribución en ambos casos, cremos que a aprobación das liñas xerais do orzamento debería contemplar as cifras globais de gastos e ingresos cun nivel suficiente de detalle, xa que a aprobación do orzamento afecta tanto aos ingresos e gastos afectados como aos non afectados, En xeral creemos que as liñas xerais de orzamento carecen do suficiente detalle necesario para poder ter unha visión adecuada do orzamento e poder emendar adecuadamente o mesmo. Tampouco parece axeitado xuntar nun único documento as liñas xerais e a actualización da programación plurianual.

Transacción: O texto figura como anexo II desta acta.

A transacción foi aceptada. CUARTA Primeiro asinante: Prof. López Iglesias

Sentido: Engadido

Texto: Páxina 16 GASTOS FINANCEIROS: Debe incorporarse unha táboa que recolla as cifras de autorización dos gastos financeiros.

15

Motivación: A diferenza do que ocorre cos restantes capítulos de gasto, non se recolle a desegregación das autorizacións de gastos financeiros (CAP III), senón que simplemente se fan referencias xenéricas.

Transacción: O texto figura como anexo III desta acta.

A transacción foi aceptada. QUINTA Primeiro asinante: Prof. López Díaz

Sentido: Engadido

Texto: Páxina 18 Inclusión do plan de investimentos

Motivación: O plan de investimentos debe figurar dentro das liñas xerais do orzamento.

Transacción: O texto figura como anexo IV desta acta.

A transacción foi aceptada. OITAVA Primeiro asinante: Sra. Hervés Sayar

Sentido: Engadido

Texto: Páxina 12 Contémplase unha partida específica para compensar as diferenzas detectadas nas nóminas do persoal no período 2010-2015.

Motivación: A Xerencia da Universidade é consciente de que existen diferenzas nas nóminas do período 2010-2015 entre o abonado e a cantidade que resulta de facer o cálculo segundo o recollido no convenio colectivo. Dentro do Capítulo I debería contemplarse unha partida específica destinada a compensar estas diferenzas. A transacción foi aceptada. NOVENA Primeiro asinante: Sr. Tacón Fernández

Sentido: Engadido

Texto: Páxina 12

16

Logo de: non teñen carácter consolidable, engadir: Tamén se engadiran, igualmente con carácter non consolidable, os importes necesarios para a regularización das nóminas do PAS laboral, ao que non se lle aplicou correctamente dende 2010 a paga adicional correspondente ao complemento específico das extras (arredor de 85.000 euros).

Motivación: Por causas que non son imputables ao persoal, dende o ano 2010 vense producindo un erro nas nóminas do PAS laboral da USC. Trátase de cantidades pequenas que oscilan, segundo os afectados entre 3,75 e os 120 euros anuais. Supoñen tan só un importe global anual de apenas 16.000 euros. Pero, pese a ser cantidades pequenas, pertencen ao persoal e deben ser reintegradas na súa totalidade o antes posible. O compromiso da USC será que se non é posible facelo con cargo aos créditos do orzamento de 2015, se faga con cargo ao orzamento de 2016.

Transacción común ás emendas oitava e novena:

Modificar o parágrafo b) da páxina 12 no seguinte sentido, tras a referencia aos custes das derivas de quinquenios e sexenios: “…; a compensación polas diferenzas detectadas nas nóminas do PAS laboral no período 2010-2015 derivadas da consolidación da aplicación do acordo de PAS funcionario de 2007; os custes de acción social e, finalmente, o incremento do 1% das retribucións de persoal” A transacción foi aceptada. DÉCIMA Primeiro asinante: Sr. Tacón Fernández

Sentido: Engadido

Texto: Páxina 10, aptdo. c) Logo de: “… respecto á estabilización, a promoción, a reorganización de servizos ou a reposición efectiva de prazas de PDI e de PAS”. Engadir: “Nesta dirección, nos primeiros meses de 2016 convocarase a promoción ao grupo C-1 das prazas restantes de PAS funcionario que, ao terse paralizado os acordos de promoción acadados con anterioridade, aínda pertencen ao grupo C-2”.

Motivación: O PAS ven sufrindo nos últimos anos recortes salariais, amortizacións e supresión de postos, taxas de reposición, incumprimentos das promocións acordadas ou a inexistencia da carreira profesional. É necesario iniciar dunha

17

maneira efectiva unha nova etapa retomando os procesos de promoción interrompidos.

Transacción: Incluír ao final do Capítulo I de gastos (páxina 14) o parágrafo seguinte: “En concreto, dentro da Oferta de Emprego de PAS do exercicio 2016, previa negociación cos órganos de representación do persoal, incluirase a promoción ao Grupo C1 das prazas de PAS funcionario do Grupo C2 sobre as que, con anterioridade, se tiñan asumido compromisos nese sentido.” A transacción foi aceptada. DUODÉCIMA Primeiro asinante: Sra. Hervés Sayar

Sentido: Engadido

Texto: Final páxina 13 Os aforros derivados da funcionarización do PAS utilizaranse para a programación de medidas para a mellora do cadro de persoal de PAS e para financiar aqueles incrementos retributivos que podan aparecer dentro do proceso de integración dos dous colectivos de PAS.

Motivación: DÉCIMO TERCEIRA Primeiro asinante: Sr. Mariñas Liste

Sentido: Engadido

Texto: Páxina 13, último paragrafo e última liña Logo de: “… unha mellora da profesionalización e o inicio dun proceso de funcionarización do Persoal Laboral de Administración e Servizos”. Engadir: “A funcionarización integrará un proceso de remodelación de determinadas áreas, de xeito que se poida conciliar a necesidade de prestación de novos servizos coa mellora profesional do persoal. Neste sentido, dotarase o financiamento para reposicións ou reordenación de prazas de PAS polo importe total dos recursos xerados no seu ámbito, procedentes de xubilacións voluntarias, excedencias, falecementos e outros similares, así como os obtidos pola funcionarización do PAS laboral”.

Motivación: Deberían aproveitarse os axustes que inevitablemente implica a implantación do Plan Financeiro de Reequilibrio, así como as posibilidade que xurdan de mitigar o seu impacto negativo na dotación de persoal, para buscar un cadro de persoal máis equilibrado e máis eficiente na prestación dos servizos demandados. Isto debe conciliarse coa revalorización de tarefas de

18

determinadas áreas (por exemplo, Conserxería), de xeito que se impida a súa futura vulnerabilidade, permitindo ademais atender demandas de futuro ou actualmente mal cubertas. Como contrapartida, estas accións deben ir acompañadas de plans de formación e promoción que satisfagan as expectativas do persoal e permitan o seu desenvolvemento profesional.

Transacción común ás emendas duodécima e décimo terceira:

Último parágrafo. Liña última: “A funcionarización integrará un proceso de remodelación de determinadas áreas, de xeito que se poda conciliar a necesidade de prestación de novos servizos coa mellora profesional do persoal. Neste sentido dotarase o financiamento para reposicións ou reordenacións de prazas de PAS aplicando en todo caso os recursos derivados do proceso de funcionarización de PAS laboral así como os que resulten das posibilidades orzamentarias anuais para o desenvolvemento das políticas de persoal da USC.” As emendas duodécima e décimo terceira foron acumuladas e obxecto dunha transacción que resultou aceptada. DÉCIMO QUINTA Primeiro asinante: Prof. Méndez Paz

Sentido: Modificación

Texto: Páxina 13 En relación co PDI atenderase a tres liñas de actuacións fundamentais: consolidación, promoción e atención ás necesidades docentes”. (Esta redacción substituiría o párrafo enteiro)”.

Motivación: Dentro das liñas xerais do orzamento, a política de PDI debe atender, dunha forma relativamente equilibrada as tres liñas de actuación: consolidación, promoción e cobertura de necesidades docentes. DÉCIMO SEXTA Primeiro asinante: Prof. Falguera López

Sentido: Engadido

Texto: Páxina 13, parágrafo 4º No caso de que no ano 2016 se produzan cambios no marco legal que permitan a promoción interna real a Catedrático de Universidade (que non precise da dotación íntegra da praza promocionada), establecerase un mecanismo orzamentario para facer posible a promoción.

Motivación: Cómpre que as liñas xerais do orzamento inclúan a posibilidade de promoción interna a Catedráticos.

19

DÉCIMO SÉTIMA Primeiro asinante: Prof. Macías Virgós

Sentido: Modificación

Texto: Páxina 13 Onde di: Isto suporá un importante fito nas relacións laborais na nosa universidade e permitirá destinar a maior parte dos recursos establecidos nos orzamentos vindeiros á promoción, unha vez que se clarifique o marco normativo estatal, que na actualidade non contempla as accións de promoción coma un proceso evolutivo na carreira profesional senón coma a convocatoria de prazas de categoría diferentes, o que obriga a dotación orzamentaria íntegra de cada unha delas. Proponse unha nova redacción: Isto suporá un importante fito nas relacións laborais na nosa universidade e permitirá destinar a maior parte dos recursos establecidos nos orzamentos vindeiros á promoción, tratando de aproveitar ao máximo as posibilidades da normativa estatal, en tanto esta non cambie.

Motivación: A planificación en anos sucesivos, feita de xeito que inclúa todos os membros dos colectivos da universidade afectados anteriormente pola taxa de reposición, debe facerse dentro do marco normativo actual, se prexuízo de que poda cambiar no futuro. A universidade ten que facer as xestións necesarias para que non se obrigue a dotar orzamentariamente a integridade de cada praza de promoción interna, e mesmo nese caso, prever que o custe real é moi inferior ao de creación dunha praza nova.

Transacción común ás emendas décimo quinta, décimo sexta e décimo sétima: En relación ao Persoal Docente e Investigador, atenderase ás tres liñas de actuacións fundamentais: consolidación, promoción e atención ás necesidades docentes. O obxectivo fundamental no ano 2016 establécese na atención das necesidades docentes e na consolidación do persoal con compromiso de estabilización que na actualidade non dispón dun réxime de permanencia na Universidade de Santiago de Compostela, atendendo na medida do posible tamén a promoción. O orzamento proposto para este ano contempla a posibilidade real de lograr a estabilización de todo o PDI do capítulo 1 que na actualidade non goza dun estatus de estabilidade laboral e ten compromiso de estabilización (incluír as figuras, atendendo á emenda 14). Isto suporá un importante fito nas relación laborais na nosa universidade e permitirá destinar a maior parte dos recursos establecidos nos orzamentos vindeiros tanto á atención de necesidades docentes como á promoción, tratando de aproveitar ao máximo as posibilidades da normativa estatal, en tanto esta non se modifique. As emendas décimo quinta, décimo sexta e décimo sétima foron acumuladas e obxecto dunha transacción que resultou aceptada.

20

DÉCIMO OITAVA Primeiro asinante: Profa. Nieto Alonso

Sentido: Engadido

Texto: Páxina 13, parágrafo 4 En relación ao PDI, o obxectivo fundamental no ano 2016 establecese na consolidación do persoal con compromiso de estabilización que na actualidade non dispón dun réxime de permanencia na Universidade de Santiago de Compostela e asemade na promoción di PDI acreditado a corpos de funcionarios, para a que se destinará polo menos o mesmo orzamento que para a estabilización.

Motivación: O colectivo de acreditados sempre optou polo diálogo e o compromiso para a solución deste problema conscientes da difícil situación que estamos a sufrir e mesmo apoiou no seu momento dar prioridade a estabilización de contratos en precario. Porén, neste momento grazas ao aumento da taxa de reposición e á nova normativa estatal xa é posible contemplar de novo a saída a concurso de prazas de catedrático de universidade, sen que supoña cuestionar a continuidade dentro da universidade de membros de outros colectivos. Prolongar o bloqueo desde 2010 do dereito a promoción, recoñecido no Estatuto Básico d Empregado Público, supón unha inxustiza que, sen dúbida, incidirá no bo funcionamento das actividades docentes, investigadoras e de xestión da USC.

Transacción: Asemade, establecerase unha planificación orzamentaria para que no total do período 2016-2018 se destine, polo menos, o mesmo orzamento para a promoción do PDI acreditado a corpos de funcionarios, que para a estabilización. A transacción foi aceptada. DÉCIMO NOVENA Primeiro asinante: Sr. Tacón Fernández

Sentido: Engadido

Texto: Páxina 14, parágrafo primeiro, liña 5 Logo de: ...”na Programación Plurianual e nos mandatos aprobados polo Plan Estratéxico.” Engadir: “A consolidación de actividades e proxectos de investigación, que adquiran a condición de Programas de Xestión Integrada, irá acompañada de accións de consolidación de postos de traballo e regulación de dereitos laborais do persoal contratado con cargo a actividades de I+D. Por outra parte en relación a este persoal contratado con cargo a Actividades de I+D, no ano 2016 deixaránselle de practicar os descontos que, por un

21

importe aproximado ao 5%, se lle veñen aplicando en equivalencia ao recorte do complemento específico do persoal funcionario; da mesma maneira que xa en 2015 se deixou de aplicar ao persoal que dependía de Programa de Recursos Humanos de I+D.”

Motivación: - Necesidade de afondar no novo modelo de contratación de investigadores previsto na programación plurianual 2015-2018. - O desconto do 5% é un desconto inxusto que sofren todos os empregados públicos galegos dende o ano 2013 que non se sofre en outras autonomías. Non hai unha norma legal clara que obrigue a aplicalo ao persoal contratado con cargo a Actividades I+D; de feito hai unha parte de persoal ao que non se lle practica. Non ten sentido manter esta medida para a parte máis feble e máis precaria. A USC non ingresa nada á hora de facer o desconto pero terá que facerse cargo da súa devolución se así o determinan os xuíces.

Transacción: Despois do texto derivado da transacción da emenda 10, engadir os parágrafos seguintes: “Polo que se refire ao persoal contratado con recursos afectados de I+D, a consolidación de actividades e proxectos de investigación, como é o caso dos Programas de Xestión Integrada, irá acompañada de accións xurídica e financeiramente viables de consolidación de postos de traballo e regulación de dereitos laborais do dito persoal. A este persoal deixará de aplicárselle a redución salarial establecida de forma xeral para o persoal das Administracións Públicas en canto a normativa o permita.” A transacción foi aceptada. VIXÉSIMO UNHA Primeiro asinante: Profa. Carreira Nouche

Sentido: Modificación

Texto: Páxina 18, aptdo. a), liña 2 Proponse a modificación da frase “ligados a accións de mellora” por “ligados fundamentalmente a accións de mellora”.

Motivación: O financiamento estrutural dos centros non varias nestes orzamentos, polo que non procede ligar en exclusiva o aumento do orzamento ás accións competitivas, como son as accións de mellora. VIXÉSIMO DÚAS Primeiro asinante: Profa. López Couso

Sentido: Modificación

Texto: Páxina 18, aptdo. a), liña 7-9

22

a) Acrecer os recursos para o equipamento docente de centros, facendo que o orzamento descentralizado neste capítulo destinado a centros docentes (Facultades e Escolas) pase dos 100 mil Euros do orzamento do 2015 aos 180 mil Euros e o orzamento ligado a accións de mellora se dote con 120 mil Euro, fronte aos 100 mil, o que supón un total de 300 mil Euros.

Motivación: A proposta que se presenta nas liñas xerais de dedicar todo o orzamento de Capítulo IV descentralizado aos Centros (200 mil Euros) a accións de mellora implica deixar a cero o orzamento de equipamento docente descentralizado basal de Facultades e Escolas. Esta partida, que pasou de 700 mil Euros en 2009 aos 100 mil Euros de 2015, é a que permite aos Centros o mantemento e reposición de todos os seus equipamentos (desde o docente de aulas e laboratorios ate os equipos informáticos de traballo de PAS e PDI ou o mobiliario). Deixar a cero esta parte implica non pode substituír ningún equipo nin moble obsoleto ou avariado, o que impediría (tendo en conta que as restricións dos últimos anos levaron a que o seu grao de obsolescencia sexa moi elevado) o normal desenvolvemento das actividades docentes, investigadoras e de xestión dos Centros. Nunha situación de grave restrición económica como a que afecta á Universidade, é esencial manter unha dotación, sequera mínima, que garanta o funcionamento básico, que non pode depender de “accións de mellora”, que, pola súa propia definición, van alén do funcionamento básico. E por iso se propón que se garanta un financiamento estrutural básico, incrementado respecto de 2015 para irse achegando progresivamente ás cifras previas a crise. A proposta cuantifícase en 180 mil Euros, e un incremento tamén non destinado a accións de mellora de carácter competitivo, até os 120 mil Euros, cun total de importe destinado ás Facultades e escolas de 300 mil Euros en Capítulo VI.

Transacción común ás emendas vixésimo unha e vixésimo dúas: Acrecer os recursos para o equipamento docente de centros e para as accións de mellora, facendo que o orzamento descentralizado neste capítulo destinado a centros docentes (Facultades e Escolas) dispoña 150.000 euros para o reparto estrutural e 120.000 euros para as accións de mellora. As emendas vixésimo unha e vixésimo dúas foron acumuladas e obxecto dunha transacción que resultou aceptada. VIXÉSIMO TRES Primeiro asinante: Prof. López Díaz

Sentido: Engadido

Texto: Na páxina 17, última liña: “… das que non poderán beneficiarse os altos cargos da Universidade”.

Motivación: O artigo 70.3 dos Estatutos da USC, dispoñen que as persoas

23

que ocupen a condición de alto cargo da Universidade non poderán: c) Beneficiarse das bolsas ou axudas que conceda a propia Universidade. Porén, 0 18 de xuño, o Pleno do Consello Social acordou a resolución da Convocatoria de Axudas a Actividades Susceptibles de ser Financiadas polo Consello Social durante o ano 2015, resolvendo realizar unha achega económica, entre outros, aos seguintes proxectos: - “Creación dunha Unidade de Divulgación Científica”. Solicitado por D. José Pereira Fariña. - “Programa de Captación e Fidelización de Talento na USC”. Solicitado por D. José Pereira Fariña. - “Programa de Innovación na Docencia”. Solicitado por D. Roberto López López. - “Mellora da Normalización Lingüística do Galego na USC”. Solicitado por Dª M. do Carme Silva Domínguez. - “Fomento e Inserción Laboral de Estudantes”. Solicitado por Dª M.ª. Dolores Álvarez Pérez. - “Proxecto Mentoring para a Orientación e Desenvolvemento Profesional do Alumnado da USC”. Solicitado por Dª M.ª. Dolores Álvarez Pérez.

Transacción: Igualmente, resérvanse 22.500 euros para as accións que decida promover o Consello Social, ao que se insta que diferencie as convocatorias que, no seu caso, realice dirixidas a financiar actividades de carácter institucional, ás que poderán concorrer autoridades e cargos da universidade na súa condición de responsables de centros ou servizos da institución, das dirixidas a financiar actividades promovidas por membros da comunidade universitaria ao marxe de calquera responsabilidade institucional, ás cales lles será de aplicación o establecido no artigo 70.3 dos Estatutos da USC.

A transacción foi aceptada. O Prof. López Díaz solicitou que constase en acta a declaración seguinte: “Eu estou cuestionando a forma en que se está levando a cabo. E temos que dicir ao Consello Social que non se pode actuar así”. TRIXÉSIMA Primeiro asinante: Prof. Falguera López

Sentido: Engadido

Texto: Páxina 26, aptdo. 4, liña 9. Proponse a incorporación do prazo previsto para iniciar a oferta de estudos en liña.

Motivación: Cómpre deixar reflectido a data de inicio de esta actividade que se retrasa en relación co previsto na programación plurianual.

24

Transacción: Incorporar no texto: “Segundo semestre do curso 2016-2017”.

A transacción foi aceptada.

V. EMENDAS APROBADAS PREVIA VOTACIÓN

SEGUNDA Primeiro asinante: Prof. González Seoane

Sentido: Devolución

Texto: Páxinas 26-28 Proponse a retirada da actualización da programación plurianual e a presentación nun próximo claustro dun novo documento que, partindo dunha avaliación rigorosa do grao de cumprimento dos obxectivos marcados para 2015 na Programación Plurianual 2014-2018, reformule de xeito concreto e realista os obxectivos para 2016.

Motivación: O texto presentado non parte dunha avaliación realista dos obxectivos alcanzados ao longo de 2015, non formula coa concreción desexable as accións que se pretenden desenvolver en 2016. Someteuse a votación co resultado que se indica:

• A favor do texto: 43 votos • A favor da emenda: 61 votos • En branco: 7

A emenda resultou aceptada por votación.

SÉTIMA Primeiro asinante: Prof. López Díaz

Sentido: Engadido

Texto: Páxina 11, despois da táboa de gastos. De cara a unha priorización das accións en materia de gasto proponse: -analizar de forma rigorosa a posibilidade de obtención de novos ingresos. -revisar as liñas de gasto dos capítulos II, III, IV,VI e VII. -limitar o impacto dos recortes en cap I ao mínimo indispensable.

Motivación: O que se fixo en 2015 foi consolidar o rozamento de 2014, procedendo as reducións pertinentes, especialmente no capítulo de persoal. Para o ano 2016 opérase outra vez a consolidación do 2015 cos axustes do

25

capitulo IX e mantendo as restricións no capítulo I, a pesar de implantarse un novo plan de financiamento. Xa que logo, compre revisar cada partida de gasto para así poder priorizar o emprego de recursos escasos. Someteuse a votación co resultado que se indica:

• A favor do texto: 45 votos • A favor da emenda: 59 votos • En branco: 11

A emenda foi aprobada por votación.

VI. APROBACIÓN DAS LIÑAS XERAIS DO ORZAMENTO E DA ACTUALIZACIÓN DA PROGRAMACIÓN PLURIANUAL

Antes de someter a aprobación por votación o documento, coa incorporación das emendas aceptadas e a retirada das páxinas 26 a 28 que foron obxecto da emenda segunda aprobada previa votación, o Prof. González Seoane afirmou que ao Pleno deberíase traer dos documentos, un coas liñas xerais do Orzamento e outro coa actualización da Programación Plurianual, e insistiu no feito de que a votación a totalidade faríase coa exclusión das páxinas xa indicadas. Así o confirmou o Reitor co resultado que se recolle no acordo final.

ACORDO O Claustro Universitario aprobou por 73 votos a favor, 12 en contra e 15 abstencións, as liñas xerais do Orzamento e a actualización da Programación Plurianual para o ano 2016 (excluíndo as páxinas 26 a 28), coa incorporación das emendas aceptadas por votación ou por transacción segundo figuran nesta acta.

7) Modificación, se procede, da base segunda, punto 8, das Liñas Xerais do Regulamento Electoral Xeral

O Sr. Gómez Fernández explicou que trala aprobación das liñas xerais do Regulamento Electoral Xeral (no Pleno do do Claustro do 26 de xuño) e do seu texto articulado (no Pleno do Consello de Goberno do 8 de outubro), advertírase unha exclusión da condición de elector que non parecía conforme a dereito: a do persoal de administración e servizos non retribuído a cargo do Capítulo I. Para a súa corrección proporíase ao Pleno do Claustro a modificación da base segunda, punto 8, das citadas liñas xerais do Regulamento Electoral Xeral, co fin de que consignara a dita condición de elector do colectivo.

26

Sen máis intervencións, o Reitor someteu a proposta a votación co resultado que se recolle no acordo.

ACORDO O Claustro aprobou con 83 votos a favor e 12 abstencións a modificación da base segunda, punto 8, das Liñas Xerais do Regulamento Electoral Xeral, aprobadas no Pleno do 26 de xuño, que pasa a ter o contido seguinte: “O persoal de administración e servizos se, como mínimo, ten unha antigüidade igual ou superior a un ano dentro dos últimos dezaoito meses e unha dedicación a tempo parcial equivalente polo menos a metade da xornada dun traballador ou dun funcionario a tempo completo comparable”.

8) Rolda aberta de intervencións

O Prof. Carral Vilariño solicitou un procedemento de sinatura electrónica das emendas en especial cando se trata da mesma para claustrais do Campus de Lugo e do de Santiago de Compostela.

A Profa. Cantorna Agra pediu que se convocara a Comisión de Asuntos Económicos do Claustro.

O Prof. Montero Orille preguntou pola situación actual das solicitudes de profesores/investigadores ad honorem.

O Reitor recolleu as peticións e explicou que xurdiran dúbidas sobre a interpretación da norma referida a profesores/investigadores ad honorem, e que tras o parecer da Asesoría Xurídica informaría ao Consello de Goberno.

A Profa. Revilla López preguntou pola razón de celebrar eleccións a representantes dos alumnos cando estaba en marcha o proceso de reorganización dos Departamentos.

A Secretaria Xeral respondeu que se trataba de volver a organizar este proceso electoral no momento adecuado do ano académico, e dicir, unha vez recibidos datos estables da matrícula e co fin de que os representantes puideran exercer canto antes as súas funcións. Lembraba que as anteriores tiveran lugar no mes de maio, a pique de rematar o curso.

E, sen nada máis que engadir, levántase a sesión as catorce horas e corenta e oito minutos do que como Secretaria dou fe.

Vº et pracet

27

O Presidente A Secretaria

CLAUSTRO ORDINARIO 03/DEC/2015

NOMBRE ACCESO

ABEL SOUTO, MIGUEL 12/03/2015 9:41

ABOAL VIÑAS, JESUS RAMON 12/03/2015 9:50

ALVAREZ PEREZ, MARIA DOLORES 12/03/2015 9:39

AMIAMA ARES, CARLOS 12/03/2015 10:19

Azevedo Gomes, Ana Manuela de 12/03/2015 10:13

BARREIRO GONZALEZ, AURELIO F 12/03/2015 9:33

Barreiro Lois, Andrés 12/03/2015 9:57

BEIRAS IGLESIAS, ANDRES 12/03/2015 10:16

BENEDITO CASTELLOTE, JOSE LUIS 12/03/2015 10:12

Bermejo Barrera, M.ª del Pilar 12/03/2015 12:15

BUENO LEMA, JAVIER 12/03/2015 9:58

Caballo Villar, Maria Belen 12/03/2015 10:21

CABANAS FERNANDEZ, XOSE ANTON 12/03/2015 10:00

Cambeiro Rodríguez, Berta 12/03/2015 10:14

CANTORNA AGRA, SARA 12/03/2015 10:10

CARBALLO FIDALGO, MARTA 12/03/2015 10:19

CARIDE GOMEZ, ANTONIO 12/03/2015 10:21

CARRAL LOPEZ, JOSE LUIS 12/03/2015 11:01

CARRAL VILARIÑO, EMILIO 12/03/2015 10:30

CARREIRA NOUCHE, MARIA JOSE 12/03/2015 10:15

CARREIRA PEREZ, XOAN CARLOS 12/03/2015 10:31

CASAS PARADA, MATILDE 12/03/2015 13:15

Castiñeira Veiga, Gonzalo 12/03/2015 9:45

CASTRO ALVAREDO, FRANCISCO 12/03/2015 10:04

CHEDAS HERVES, MARÍA DOLORES 12/03/2015 10:35

CIFUENTES MARTINEZ, JOSE MANUEL 12/03/2015 10:13

CLAUSTRO ORDINARIO 03/DEC/2015

Cordero Souto, Miguel 12/03/2015 10:12

CRUJEIRAS CASAIS, ROSA MARIA 12/03/2015 10:02

CRUZ GOMEZ, ELVIRA MIRTA 12/03/2015 10:15

DEL RIO ARAUJO, MARIA LUISA 12/03/2015 10:08

DIAZ PEREZ, JOSE ANGEL 12/03/2015 10:35

Díaz Ramos, José Carlos 12/03/2015 10:01

Dios Vicente, Adrián 12/03/2015 10:18

DIZ OTERO, ISABEL 12/03/2015 10:20

DURAN VILLA, FRANCISCO RAMON 12/03/2015 9:45

Estévez Cabanas, Ramón José 12/03/2015 12:27

FALGUERA LOPEZ, JOSE LUIS 12/03/2015 9:58

FEIJOO COSTA, GUMERSINDO 12/03/2015 11:06

FERNANDEZ MENDEZ, DENIS 12/03/2015 10:15

FERNANDEZ MORANTE, MARIA DEL CARMEN

12/03/2015 9:56

FERNANDEZ POLO, FRANCISCO J. 12/03/2015 9:59

FERNANDEZ REY, ELISA 12/03/2015 10:06

Fernández Rivera, Francisco Manuel 12/03/2015 9:51

Fernández Trocóniz Revuelta, Patricia 12/03/2015 10:13

FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO 12/03/2015 9:02

Fontenla Gil, José Angel 12/03/2015 10:09

Fraga Carou, Isabel 12/03/2015 10:00

FRAGA GONZALEZ, Mª ISABEL 12/03/2015 11:17

GARCIA ARIAS, ANA ISABEL 12/03/2015 10:40

GARCIA DEL RIO, MARIA ISABEL DEL ROCIO

12/03/2015 10:41

GARCIA GARCIA, ABEL 12/03/2015 9:58

García Herradón, Pedro José 12/03/2015 10:10

García Martínez, María Paz 12/03/2015 10:08

CLAUSTRO ORDINARIO 03/DEC/2015

GARCIA VIDAL, ANGEL 12/03/2015 10:07

GESTAL OTERO, JUAN JESUS 12/03/2015 10:04

GEWERC BARUJEL, ADRIANA 12/03/2015 10:23

Gómez Fernández, Lucas 12/03/2015 10:03

GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO 12/03/2015 10:13

GONZALEZ SEOANE, ERNESTO XOSE 12/03/2015 10:07

GUTIERREZ CAROU, JAVIER 12/03/2015 10:27

HERVES SAYAR, M ESTHER 12/03/2015 10:28

LABANDEIRA GARCIA, JOSE LUIS 12/03/2015 10:45

LANDIN PEREZ, MARIANA 12/03/2015 9:57

LEIS FIDALGO, JOSE RAMON 12/03/2015 10:05

Leis Trabazo, María Rosaura 12/03/2015 11:08

LEMA RODICIO, JUAN MANUEL 12/03/2015 10:17

LIMA RODRIGUEZ, LUIS JESUS 12/03/2015 9:46

LOIS GONZALEZ, RUBEN CAMILO 12/03/2015 12:32

LOPEZ COUSO, MARIA JOSE 12/03/2015 10:06

LOPEZ DIAZ, ANTONIO 12/03/2015 10:06

López González, Francisco Javier 12/03/2015 10:11

López Iglesias, Edelmiro 12/03/2015 11:19

LOPEZ LAGO, MARIA ELENA 12/03/2015 10:21

LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER 12/03/2015 9:58

LOPEZ MEIRAMA, MARIA BELEN 12/03/2015 10:56

LOPEZ ROMALDE, JESUS ANGEL 12/03/2015 10:05

LORES AGUIN, MARTA 12/03/2015 11:14

MACIAS VIRGOS, ENRIQUE 12/03/2015 10:07

MANEIRO MANEIRO, MARCELINO 12/03/2015 10:05

MARIÑAS LISTE, JUAN 12/03/2015 9:50

CLAUSTRO ORDINARIO 03/DEC/2015

MARTINEZ AGEITOS, JOSE MANUEL 12/03/2015 10:07

MENDEZ PAZ, CASTOR 12/03/2015 9:54

MIRANDA BOTO, JOSE MARIA 12/03/2015 12:12

MONTERO ORILLE, CARLOS 12/03/2015 9:51

MORA BERMUDEZ, MARIA JESUS JOSE 12/03/2015 10:22

MOSQUERA GONZALEZ, ANTONIO 12/03/2015 11:54

Nieto Alonso, Antonia 12/03/2015 9:59

NISTAL FERNANDEZ, MARIA CONCEPCION

12/03/2015 10:34

OREIRO FORMOSO, JUAN 12/03/2015 9:50

OTERO ESPINAR, FRANCISCO 12/03/2015 10:04

OTERO ESPINAR, MARIA VICTORIA 12/03/2015 10:06

PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL 12/03/2015 9:56

PEREIRA FARIÑA, JOSE 12/03/2015 9:43

PEREIRA LOPEZ, XESUS 12/03/2015 9:42

PEREZ CASAS, ANTONIO DE PADUA 12/03/2015 10:01

Perez Meiras, Maria Dolores 12/03/2015 10:07

PEREZ VISO, ALBERTO 12/03/2015 10:51

PLO CASASUS, MAXIMO 12/03/2015 10:05

PONTEVEDRA POMBAL, FRANCISCO XABIER

12/03/2015 10:00

PORTO CASTRO, ANA MARIA 12/03/2015 10:04

POUSA ESTEVEZ, JOSE RAMON 12/03/2015 11:54

PROUPIN CASTIÑEIRAS, JORGE 12/03/2015 10:05

RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBEN

12/03/2015 9:49

REVILLA LOPEZ, MARIA GLORIA 12/03/2015 10:09

RODIL MARZABAL, OSCAR 12/03/2015 10:11

RODRIGUEZ FERNANDEZ, CELSO 12/03/2015 10:15

Rodríguez Holguín, Socorro 12/03/2015 9:12

CLAUSTRO ORDINARIO 03/DEC/2015

Rodríguez Iglesias, Iván 12/03/2015 10:18

RODRIGUEZ LESTEGAS, FRANCISCO 12/03/2015 9:46

RODRIGUEZ LOPEZ, MARIA TERESA 12/03/2015 10:29

Rodríguez Meniño, Pablo 12/03/2015 9:43

RODRIGUEZ PRADO, MARIA FELISA 12/03/2015 9:22

Rodríguez Soalleiro, Roque Julio 12/03/2015 10:04

ROMERO FRANCO, ROSA 12/03/2015 10:41

RUZO SANMARTIN, EMILIO 12/03/2015 11:27

SALGADO LOPEZ, CARLOS ALBERTO 12/03/2015 9:49

SANDEZ MACHO, MARIA ISABEL 12/03/2015 10:08

SANTOS PEREZ, SOFIA MARIA SOLEDAD 12/03/2015 10:10

SAS MARTINEZ, MARIA PALOMA 12/03/2015 10:06

Seijas Vázquez, Julio Antonio 12/03/2015 9:40

SEOANE PESQUEIRA, MARIA GLORIA 12/03/2015 10:14

Silva Dominguez, M Carme 12/03/2015 10:20

SILVA HERMO, BENITA MARÍA 12/03/2015 9:47

SILVEIRA RODRIGUEZ, ANA ISABEL 12/03/2015 9:58

SOTO VARELA, ANDRES 12/03/2015 10:11

SUAREZ VARELA, ARTURO BALTASAR 12/03/2015 9:59

Tacón Fernández, Enrique 12/03/2015 9:57

VALCÁRCEL ARMESTO, MONTSERRAT 12/03/2015 10:40

VALCARCEL DIAZ, MARCOS 12/03/2015 10:57

VARELA PET, JOSE 12/03/2015 10:17

VARELA VAZQUEZ, PEDRO 12/03/2015 9:35

VARELA ZAPATA, JESUS 12/03/2015 11:48

VAZQUEZ CENDON, MARIA ELENA 12/03/2015 10:02

VELASCO MARTINEZ, LUIS 12/03/2015 12:33

CLAUSTRO ORDINARIO 03/DEC/2015

VELO GARCIA, JOSE MANUEL 12/03/2015 9:23

VIAÑO REY, JUAN MANUEL 12/03/2015 9:02

VILLANUEVA PRIETO, JOSE MANUEL 12/03/2015 9:03

VILLAR CHEDA, MARIA BEGOÑA 12/03/2015 11:46

VILLARINO PARDO, Ma DEL CARMEN 12/03/2015 10:08

Emenda Nº 3 Primeiro asinante: Denís Fernández Proposta de transacción. Engadir o seguinte cadro

Emenda nº 4 Primeiro asinante: Edelmiro López Aceptación: Incluir o seguinte cadro

.

PRÉSTAMOS BANCARIOS

ENTIDADE CAPITAL PENDENTE DE AMORTIZAR

TIPO XURO (igual 4º trimestre 2015)

XUROS ANUAIS

ABANCA (tipo variable) 10.626.117,52 0,779 82.777,46

ABANCA (SUBSTITÚE BBVA) (tipo variable) 8.461.538,48 0,990 83.769,23

SANTANDER (tipo fixo) 6.815.934,06 2,300 156.766,48

323.313,17

APRAZAMENTO ANTICIPOS REEMBOLSABLES

ENTIDADE CAPITAL DOS APRAZAMENTOS DA ANUALIDADE 2014

XURO LEGAL DO DIÑEIRO (2014-2015-2016)

XUROS ANUAIS

MINISTERIO DE ECONOMÍA E COMPETITIVIDADE 1.583.534,95 4%-3,5%-3% 115.940,44

AVAIS, COMISIÓNS,CORRETAXES,OUTROS (en función gasto 2015) 131.643,43

SUBTOTAL 570.897,04

Emenda nº 5 Primeiro asinante: Antonio López