DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada...

24
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO ESTUDO INFORMATIVO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8), TREITO: O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. PROMOTOR: DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS. CLAVE: 2004/0221. 1 de 16 DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL DE DATA 1 DE OUTUBRO DE 2004, RELATIVA AO ESTUDO INFORMATIVO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8), TREITO: O BARQUEIRO- SAN CIBRAO (LU/00/63.0), NOS CONCELLOS DE XOVE, VIVEIRO E O VICEDO, (LUGO), PROMOVIDO POLA DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS. CLAVE: 2004/0221. ANTECEDENTES A Dirección Xeral de Obras Públicas, como órgano substantivo por razón da materia, na súa resolución do 3 de xuño de 2003, aprobou provisionalmente o estudo informativo e o estudo de impacto ambiental da V.A.C. Ferrol-Barreiros (conexión A-8), treito: O Barqueiro-San Cibrao, nos concellos de Xove, Viveiro e O Vicedo (Lugo). O citado estudo informativo ten como obxecto unir a Autovía do Cantábrico ao seu paso por Barreiros con Ferrol, para conseguir, deste modo, desconxestionar a N-642 entre San Cibrao e O Vicedo. No anexo I resúmese o contido do estudo informativo e no anexo II as medidas correctoras e protectoras propostas no estudo de impacto ambiental. Dado que o proxecto se encontra comprendido no grupo 6.a do anexo I da Lei 6/2001, de 8 de maio, de modificación do Real Decreto lexislativo 1302/1986, de 28 de xuño, de Avaliación de Impacto Ambiental, dentro do procedemento de aprobación substantiva sométese a trámite de avaliación de impacto ambiental. En cumprimento do establecido regulamentariamente, con data 1 de agosto de 2003 publícase no DOG nº 148 a Resolución do 24 de xullo de 2003 da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o estudo informativo e o estudo de impacto ambiental da V.A.C. Ferrol-Barreiros (conexión A-8), treito: O Barqueiro-San Cibrao. Someteuse tamén a información pública no concello de Cervo, xa que, aínda que o trazado non o afecta, o final do recorido proposto condicionará o trazado do tramo seguinte que si afectará a este concello. Durante este período foron presentadas alegacións por parte dos concellos de Cervo, Xove, O Vicedo e Viveiro, de diversos particulares, asociacións, comunidades de veciños e pola Universidade de Santiago de Compostela. Destas alegacións, unha gran parte referíanse ós subtreitos Covas-Viveiro Sur e Viveiro Sur-Celeiro que quedan fóra do ámbito desta DIA, do resto, as que teñen carácter ambiental, foron tidas en conta, no que procede, no condicionado da DIA. Con data 6 de agosto de 2004 ten entrada o expediente ambiental, remitido pola Dirección Xeral de Obras Públicas, no que se inclúen os certificados de exposición ao público do Servicio Provincial de Estradas de Lugo, da Dirección Xeral de Obras Públicas e dos Concellos de Xove, Viveiro, O Vicedo, Cervo, copia das alegacións presentadas e os informes dos citados concellos, da Demarcación de Costas do Estado en Galicia, das Direccións Xerais de Conservación da Natureza, Saúde Pública, Patrimonio Cultural e Recursos Mariños, de Augas de Galicia e da Deputación Provincial de Lugo. Cumprimentada a tramitación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, como órgano ambiental e no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 14/2002, de 24 de xaneiro, modificado polo Decreto 333/2002, de 22 de novembro, formula aos sos efectos ambientais, a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do estudo informativo e estudo de impacto ambiental da V.A.C. Ferrol-Barreiros. Treito: O Barqueiro-San Cibrao, promovido pola Dirección Xeral de Obras Públicas.

Transcript of DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada...

Page 1: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO ESTUDO INFORMATIVO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8), TREITO: O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. PROMOTOR: DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS. CLAVE: 2004/0221. 1 de 16

DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL DE DATA 1 DE OUTUBRO DE 2004, RELATIVA AO ESTUDO INFORMATIVO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8), TREITO: O BARQUEIRO- SAN CIBRAO (LU/00/63.0), NOS CONCELLOS DE XOVE, VIVEIRO E O VICEDO, (LUGO), PROMOVIDO POLA DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS. CLAVE: 2004/0221.

ANTECEDENTES A Dirección Xeral de Obras Públicas, como órgano substantivo por razón da materia, na súa resolución do 3 de xuño de 2003, aprobou provisionalmente o estudo informativo e o estudo de impacto ambiental da V.A.C. Ferrol-Barreiros (conexión A-8), treito: O Barqueiro-San Cibrao, nos concellos de Xove, Viveiro e O Vicedo (Lugo).

O citado estudo informativo ten como obxecto unir a Autovía do Cantábrico ao seu paso por Barreiros con Ferrol, para conseguir, deste modo, desconxestionar a N-642 entre San Cibrao e O Vicedo.

No anexo I resúmese o contido do estudo informativo e no anexo II as medidas correctoras e protectoras propostas no estudo de impacto ambiental.

Dado que o proxecto se encontra comprendido no grupo 6.a do anexo I da Lei 6/2001, de 8 de maio, de modificación do Real Decreto lexislativo 1302/1986, de 28 de xuño, de Avaliación de Impacto Ambiental, dentro do procedemento de aprobación substantiva sométese a trámite de avaliación de impacto ambiental.

En cumprimento do establecido regulamentariamente, con data 1 de agosto de 2003 publícase no DOG nº 148 a Resolución do 24 de xullo de 2003 da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o estudo informativo e o estudo de impacto ambiental da V.A.C. Ferrol-Barreiros (conexión A-8), treito: O Barqueiro-San Cibrao. Someteuse tamén a información pública no concello de Cervo, xa que, aínda que o trazado non o afecta, o final do recorido proposto condicionará o trazado do tramo seguinte que si afectará a este concello. Durante este período foron presentadas alegacións por parte dos concellos de Cervo, Xove, O Vicedo e Viveiro, de diversos particulares, asociacións, comunidades de veciños e pola Universidade de Santiago de Compostela. Destas alegacións, unha gran parte referíanse ós subtreitos Covas-Viveiro Sur e Viveiro Sur-Celeiro que quedan fóra do ámbito desta DIA, do resto, as que teñen carácter ambiental, foron tidas en conta, no que procede, no condicionado da DIA. Con data 6 de agosto de 2004 ten entrada o expediente ambiental, remitido pola Dirección Xeral de Obras Públicas, no que se inclúen os certificados de exposición ao público do Servicio Provincial de Estradas de Lugo, da Dirección Xeral de Obras Públicas e dos Concellos de Xove, Viveiro, O Vicedo, Cervo, copia das alegacións presentadas e os informes dos citados concellos, da Demarcación de Costas do Estado en Galicia, das Direccións Xerais de Conservación da Natureza, Saúde Pública, Patrimonio Cultural e Recursos Mariños, de Augas de Galicia e da Deputación Provincial de Lugo.

Cumprimentada a tramitación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, como órgano ambiental e no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 14/2002, de 24 de xaneiro, modificado polo Decreto 333/2002, de 22 de novembro, formula aos sos efectos ambientais, a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do estudo informativo e estudo de impacto ambiental da V.A.C. Ferrol-Barreiros. Treito: O Barqueiro-San Cibrao, promovido pola Dirección Xeral de Obras Públicas.

Page 2: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO ESTUDO INFORMATIVO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8), TREITO: O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. PROMOTOR: DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS. CLAVE: 2004/0221. 2 de 16

DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL Examinada a documentación que constitúe o expediente, esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que a alternativa proposta pola Dirección Xeral de Obras Públicas para o trazado da V.A.C. Ferrol-Barreiros (conexión A-8), para o treito entre O Barqueiro e San Cibrao é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen na presente DIA, ademais das incluídas no estudo de impacto ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido na presente Declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

Ademais do obrigado cumprimento das citadas condicións, se se manifesta calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano -a iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo-, poderá dictar aos sos efectos ambientais condicionados adicionais aos anteriores.

As condicións establecidas poderán ser revisadas de oficio ou por solicitude do promotor co obxecto de incorporar medidas que aporten unha maior protección do medio. Ademais disto, o promotor poderá solicitar a súa revisión naqueles supostos que tecnolóxicamente presenten graves dificultades para a súa implantación ou impliquen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas permitan acadar os obxectivos e fins desta. Neste último caso, o promotor remitirá esta solicitude, aportando documentación técnica que xustifique estas medidas, no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a presente declaración, non podendo comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta Dirección Xeral.

A) ÁMBITO DA DECLARACIÓN O trazado ámbito desta DIA para a V.A.C Ferrol-Barreiros, no treito O Barqueiro-San Cibrao é o seguinte:

- Subtreito O Barqueiro-Covas: Configúrao unha combinación das alternativas A4 e A2, definidas no documento “Estudio informativo e impacto ambiental da VAC Ferrol-Barreiros (conexión A-8). Treito: O Barqueiro-San Cibrao (Clave: LU/00/63.0). Abril 2003”, nunha lonxitude de 9,1 km. O trazado parte da beira esquerda do río Sor e o cruza aproveitando a ponte existente, así, entre os P.Q. 0+000-3+500, o trazado corresponde á alternativa A4, entre os P.Q. 3+500-5+100 establécese un treito de conexión entre as alternativas A4 e A2 e a partir do 5+100 adaptase á alternativa A2 ata o final deste subtreito.

- Subtreitos Covas-Viveiro Sur e Viveiro Sur Celeiro: Pendentes de definición no planeamento urbanístico do Concello de Viveiro, polo que queda fora do ámbito desta DIA.

- Subtreito Celeiro-Xove: Correspóndese coa alternativa D4, definida no documento “Estudio informativo e impacto ambiental da VAC Ferrol-Barreiros (conexión A-8). Treito: O Barqueiro-San Cibrao (Clave: LU/00/63.0). Abril 2003”, cunha lonxitude de 8,4 km.

De acordo coa configuración reflictida no plano n° 2 “Propuesta de aprobación de estudio informativo. Tramo: O Barqueiro-San Cibrao” recollido no “Documento de aprobación. Estudio informativo e impacto ambiental da VAC Ferrol-Barreiros (conexión A-8). Treito: O Barqueiro-San Cibrao (Clave: LU/00/63.0). Xullo 2004”.

Page 3: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO ESTUDO INFORMATIVO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8), TREITO: O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. PROMOTOR: DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS. CLAVE: 2004/0221. 3 de 16

B) CONDICIÓNS GENERALES B.1) FASE DE REDACCIÓN DO PROXECTO CONSTRUCTIVO 1. Co obxecto de cumprir o estipulado no punto 8 do artigo 4º da Lei 7/1997, de 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, deberá adaptarse o estudio acústico á traza definitiva.

Definiranse con detalle as medidas correctoras a implantar naqueles puntos nos que, segundo o estudio acústico, se superen os límites establecidos tanto na citada lei como, no caso de que dispoñan delas, nas ordenanzas municipais dos concellos afectados, que garantan o cumprimento dos anteditos límites.

O estudo de impacto acústico realizarase en base ao establecido no Decreto 150/1999, de 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica.

2. Localizaranse as zonas destinadas a instalacións auxiliares, amoreamentos de materiais, almacenamento de residuos, etcétera, así como das vías auxiliares, utilizando para a súa elección os criterios indicados no estudio de impacto ambiental.

3. Deseñarase un sistema de recollida, condución e decantación das augas procedentes da zona de instalacións auxiliares, de lavado de camións e maquinaria e dos formigonados.

4. Evitarase modificar as zonas de escorrega para non influír nos ecosistemas naturais augas abaixo da infraestructura. Neste senso, deberanse colocar tantos pasos de auga como valgadas teña o terreo, e dimensionaranse axeitadamente para evitar o efecto presa en epocas de máxima precipitación. Esta medida será utilizada como paso pola pequena fauna, polo que os ditos pasos deseñaranse co ancho suficiente e de xeito que non se xeren saltos ou desniveis entre as súas embocaduras e os terreos circundantes. Ademais, debe ser considerado como paso bidireccional da fauna, polo tanto estará desprovisto de estructuras de caída vertical que impidan o retorno, prevendo que tódalas especies que caian poidan sair.

5. No caso de existencia de sobrantes procedentes dos movementos de terra localizaranse as zonas de depósito destes. Para a elección destas zonas utilizaranse os criterios indicados no estudio de impacto ambiental, tendo en conta que, no caso de que existan no contorno ocos procedentes de actividades extractivas abandonadas ou de movementos de terras, primara o seu uso fronte a outras zonas, sempre que sexa técnica e económicamente viable e non se atopen naturalizados e integrados no contorno.

6. Procurarase que a configuración final dos noiros sexa o máis tendida posible, e evitaranse as formas angulosas e rectilíneas, co fin de maximizar a integración paisaxística da actuación no contorno. 7. Redactarase un proxecto de integración paisaxística no que se desenvolvan detatalladamente as labores de restauración vexetal e integración paisaxisticas descritas, dun xeito moi xeral, no estudio de impacto ambiental, así neste proxecto definiranse os traballos segundo sexa a zona a revexetar (noiros de desmonte e terraplén, enlaces, beiras dos cauces fluviais afectados, instalacións e vieiros auxiliares, etcétera). Ademais, no que respecta as especies a utilizar na revexetación, incluíranse, sempre que sexa técnica e economicamente posible, arbustos e árbores autóctonos da zona afectada, sobre todo no referente á vexetación de ribeira dos cursos fluviais afectados

Page 4: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO ESTUDO INFORMATIVO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8), TREITO: O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. PROMOTOR: DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS. CLAVE: 2004/0221. 4 de 16

pola traza co fin de protexer o ecosistema e mellorar a integración paisaxística da actuación. 8. Desenvolverase un novo programa de vixilancia ambiental, baseado nas liñas xerais expostas no proposto no estudio de impacto ambiental e adaptándoo aos novos condicionantes xurdidos da presente Declaración. O obxecto deste programa e o de garantir ao longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras contempladas no estudo ambiental e no condicionado da presente Declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudo ou no condicionado desta DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas. Na redacción deste programa fixaranse, segundo a fase (obras ou explotación) a periodicidade, indicadores e umbrais (admisibles e de alerta) que se vaian a utilizar en cada caso. Na realización do control e seguimento ambiental terase en conta que:

- O cronograma será actualizado para cada informe, e sempre deberá contemplar as labores de integración paisaxística.

- As tomas de mostras e as medicións deberán ser representativas polo tanto se

realizarán en aqueles momentos nos que poida existir unha afección sobre os aspectos a controlar.

- As tomas de mostras, analíticas e medicións deberán ser realizadas por entidades

homologadas e/ou acreditadas, e deberán vir acompañadas de informe firmado polo técnico competente.

B.2) FASE DE REPLANTEO Tal como se indica no estudio de impacto ambiental realizarase o balizado e sinalización das zonas de obra e de tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas, o que deberá manterse en prefecto estado durante o transcurso das obras, sendo retirado cando estas finalicen, estando prohibido ocupar terreos fóra do previsto. Ademais, tamén procederase a balizar e/ou a sinalar todos aqueles elementos de interese situados no contorno do proxecto, basicamente todas aquelas masas e formacións vexetais de interese ambiental e elementos do patrimonio cultural co obxecto de evitar afeccións innecesarias sobre eles.

B.3) FASE DE OBRAS E EXPLOTACIÓN 1. Co fin de evitar posibles alteracións da calidade do aire por emisión de po á atmosfera procederase ao recubrimento cun toldo impermeable dos camións que transporten material e ao lavado das rodas dos camións á saída da zona de obras.

2. Cumprirase co disposto na Lei 7/1997, de 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como o estipulado, no caso de que dispoña dela, nas ordenanzas municipais dos concellos sobre os que discorre o trazado.

3. Para os vertidos que se realicen ao medio natural, xa sexan augas de percolación, sanitarias e/ou pluviais, así como para a realización de captacións de auga, será preceptiva a autorización administrativa outorgada por Augas de Galicia. No caso de que

Page 5: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO ESTUDO INFORMATIVO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8), TREITO: O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. PROMOTOR: DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS. CLAVE: 2004/0221. 5 de 16

o vertido se realice cara á rede de saneamento da zona, deberase dispoñer da autorización do xestor de dita rede.

4. Previamente ao depósito dos sobrantes dos movementos de terra nos lugares seleccionados de acordo co indicado no punto B.1.5, deberase contar cos correspondentes permisos.

5. Ao finalizar as obras, todas as instalacións auxiliares, zonas de almacenamento de materiais e residuos, etcétera, deberán ser desmanteladas e, no caso de que estas non se encontren emprazadas sobre a propia traza, os espazos ocupados por elas deben ser restaurados á súa situación preoperacional. O mesmo é aplicable para o caso de vías de obra que non vaian ser utilizadas posteriormente á finalización daquelas.

6. Non estando definida, no estudo presentado, a reserva dunha zona para a fabricación de formigón ou aglomerado asfáltico, estes serán provistos desde planta ou plantas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións, salvo que se solicite revisión da DIA coa inclusión da planta ou plantas.

7. Tendo en conta a política de xestión de residuos de construcción e demolición que se está levando a cabo nesta Dirección Xeral, estudarase a posibilidade de que, no caso de que se xeren este tipo de residuos (demolición de edificacións, restos de obras de fábrica, etcétera) sexan reciclados co fin de utilizalos na obra. En caso de que isto non sexa posible serán entregados a xestor autorizado. 8. No caso de que se precise material procedente de canteira para o desenvolvemento das obras, este deberá proceder de canteiras autorizadas. Así mesmo, estudarase a posibilidade de que parte dos materiais a usar para a construcción da vía (para bases ou subbases, para a fabricación de formigonados, para pavimentar as vías auxiliares, para recheos pouco esixentes xeotecnicamente, etcétera) procedan de plantas de reciclaxe de residuos de construcción e demolición.

9. A xestión das terras vexetais a utilizar na restauración das zonas degradadas e retirada previamente ao proceso de movemento de terras realizarase conforme ao proposto no estudio de impacto ambiental. No caso de que o período de almacenamento sexa prolongado, procederase a realizar labores de mantemento consistentes en regas periódicas, remocións periódicas, aportes de abonos minerais e sementeiras de herbáceas (gramíneas e leguminosas) con aportes de mulch suficiente para manter entre un 5% e un 6 % de materia orgánica.

10. Tal como se especifica no estudio de impacto ambiental no caso de ter que realizar labores de mantemento e reparación da maquinaria non apta para circular por estrada na zona de obras, protexerase o solo con materiais impermeables e disporanse os medios necesarios para a recollida de posibles vertidos. Esta mesma medida levarase a cabo na zona de lavado de camións e maquinaria.

11. Respectarase sistematicamente todo tipo de vexetación existente que non resulte afectada directamente pola execución da obra, e, se tecnicamente resulta posible, non se eliminarán os tocóns; sobre todo se están na ribeira dos cursos fluviais.

Para a realización de cortas das especies arbóreas debe terse en conta o disposto no Regulamento de Montes, tendo que facer a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso.

12. Os restos vexetais que se xeren deberán ser xestionados adecuadamente, prevalecendo sempre a súa valorización. No caso de depositalos sobre o terreo, deberán ser triturados e esparexidos homoxeneamente para permitir unha rápida incorporación ao solo.

Page 6: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO ESTUDO INFORMATIVO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8), TREITO: O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. PROMOTOR: DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS. CLAVE: 2004/0221. 6 de 16

13. Nos labores de mantemento de foxos e sistemas de drenaxe, evitarase o emprego de herbicidas, realizando ditos labores exclusivamente por medios mecánicos.

14. Naquelas zonas afectadas por movementos de terra, escavacións e, en xeral, todas aquelas operacións de obra que supoñan a aparición de superficies núas, procederase á súa revexetación á maior brevidade posible, co obxecto de evitar a aparición de fenómenos erosivos. No caso de que sexan precisas, adoptaranse medidas correctoras adicionais para corrixir a erosión, como pode ser o estendido de mantas de fibras naturais.

15. Extremaranse as precaucións na execución das obras nas zonas de afección á rede hidrolóxica, adoptando tódalas medidas protectoras e correctoras necesarias para a súa preservación.

16. Desenvolveranse os labores de integración paisaxística indicadas no punto B.1.7 desta DIA, vixiando a evolución da revexetación, procedendo á reposición de calvas e/ou marras que puideran aparecer nas sementeiras, hidrosementeiras e/ou plantacións previstas.

17. Manterase a permeabilidade territorial da zona, conservando os servizos e servidumes de paso que actualmente existen. Se durante as obras fóra preciso cortar o paso dalgunha vía, deberanse implementar rutas alternativas que presten o mesmo servizo.

18. No caso de afectar a fontes e/ou captacións de auga existentes no ámbito da traza, estableceranse as medidas precisas para procurar manter os usos actuais.

19. No caso de que como resultado de levar a cabo o programa de vixilancia ambiental indicado no punto B.1.8 desta DIA, se detecten impactos imprevistos ou alteracións que superen os umbrais establecidos nesta DIA ou na lexislación aplicable, a Dirección Xeral de Obras Públicas propoñerá as medidas correctoras precisas para corrixilas. Se se pon de manifesto a existencia de impactos ambientais severos ou críticos, o órgano substantivo poñerá este feito en coñecemento da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

C) CONDICIÓNS ESPECÍFICAS C.1) FASE DE PROXECTO DE TRAZADO PREVIO Á REDACCIÓN DO PROXECTO CONSTRUCTIVO Realizarase unha prospección arqueolóxica intensiva da totalidade da superficie que se verá afectada polo trazado e nun ámbito de 200 m a cada lado desde o límite exterior da zona de ocupación. Dito traballo terá que ser levado a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo cun proxecto que deberá aprobar a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Incluiranse os resultados desta prospección arqueolóxica intensiva, así como as medidas protectoras e correctoras para a protección e conservación dos diferentes elementos do patrimonio cultural, no proxecto de trazado definitivo que deberá ser remitido á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, para o seu informe vinculante.

C.2) FASE DE REDACCIÓN DO PROXECTO CONSTRUCTIVO 1. No deseño final do proxecto constructivo terase en conta o informe emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, polo que deberán desenvolverse as medidas correctoras, o programa de actuacións patrimoniais e incluírse un plan de control e seguimento arqueolóxico das fases de replanteo, de execución de obra e de restitución dos terreos, que debe ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, previamente ao inicio das obras.

Page 7: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO ESTUDO INFORMATIVO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8), TREITO: O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. PROMOTOR: DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS. CLAVE: 2004/0221. 7 de 16

2. Dada a existencia de numerosas entidades de poboación no contorno do proxecto, co obxecto de minimizar as afeccións sobre a poboación; no deseño das voaduras, así como na planificación dos métodos de execución, incluiranse as medidas protectoras e correctoras necesarias para minimizar as afeccións derivadas do ruído, vibracións, mobilización de po e proxección de materiais grosos.

3. No caso das estructuras de paso sobre a rede fluvial configuradas como obras de fábrica e/ou viaductos (Viaducto de Cavas, Viaducto da Pena, Viaducto do Guilan, etcétera) asegurarase no seu deseño o feito de que non se coloque ningún piar dentro dos leitos e que os estribos se sitúen a máis de 5 m a cada lado daqueles. Asemade, retiraranse tódolos recheos temporais efectuados para a execución dos piares. As restantes obras de drenaxe transversal serán de tipo “pórtico” evitando, na medida do posible, adoptar pasos tipo “marco” ou “tubo”. O deseño destas infraestructuras debe garantir que non se xeran, no punto de paso, láminas de auga de pouca profundidade e excesiva velocidade, ademais de que se minimiza a lonxitude do paso ao máximo posible. 4. Ademais de cumprir os condicionados indicados no punto B.1.8, o programa de vixilancia ambiental deberá contemplar específicamente os seguintes aspectos:

- Plan de control da calidade de auga dos cursos fluviais afectados polas obras,

seleccionando puntos de toma de mostras augas arriba e augas abaixo da zona do curso fluvial co fin de analizar os seguintes parámetros: temperatura, materias en suspensión, pH, osíxeno disolto, conductividade e aceites e productos lubricantes.

- Plan de seguimento dos ruídos, tanto durante as obras como durante a

explotación da vía, debendo constar os puntos de mostraxe, metodoloxía, periodicidade e límites a impoñer, elixindo para a realización das medicións puntos localizados en zonas onde a estrada se sitúe próxima a vivendas ou edificacións habitadas. Este plan de seguimento acústico basearase no establecido no Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica.

- Plan de vixilancia do sistema de drenaxe durante a fase de explotación da vía,

comprobando se se levan a cabo as labores de limpeza e conservación do mesmo, de xeito que cumpra a súa función dun modo efectivo.

En tódolos casos, situaranse os puntos de mostraxe propostos nun plano a escala 1:5.000, ou maior detalle.

C.3) FASE DE REPLANTEO 1. Previamente a calquera actuación sobre o ámbito do proxecto deberase dispoñer da autorización emitida pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para a realización do seguimento arqueolóxico das fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos e das actuacións arqueolóxicas que procedan en función do establecido no punto C.1 da presente DIA.

2. No control topográfico dos límites das zonas de obra e da localización de todas as infraestructuras e instalacións proxectadas, quedará especialmente clara a delimitación do dominio público hidráulico, polo que se procederá ao balizado ou sinalización axeitada dos treitos da totalidade dos cursos fluviais afectados (ríos Sor, de Guilan, da Rigueira, arroios de Cavas, da Pena e outros), co obxecto de preservalos de afeccións e danos

Page 8: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO ESTUDO INFORMATIVO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8), TREITO: O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. PROMOTOR: DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS. CLAVE: 2004/0221. 8 de 16

innecesarios, quedando prohibida a utilización de ditos espazos (marxes, ribeiras e zonas de servidume) como lugar para o depósito de materiais, parques de maquinaria, operacións de repostaxe e, en xeral, todas aquelas actividades que puideran supoñer a contaminación das augas a través da incorporación de sustancias contaminantes.

3. Previamente a calquera actuación sobre o ámbito do proxecto correspondente ao dominio público hidráulico deberase dispoñer das autorizacións oportunas emitidas por Augas de Galicia. Para elo, remitirase o proxecto de trazado ou constructivo a este organismo co fin de que emita as anteditas autorizacións e para que comprobe as posibles afeccións de dereitos de terceiros en aproveitamentos hidráulicos.

C.4) FASE DE OBRAS 1. Para calquera aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira dos cursos fluviais afectados pola traza (ríos Sor, de Guilan, da Rigueira, arroios de Cavas, da Pena e outros) debe considerarase o disposto na Resolución do 27 de maio de 2002 (e posteriores correccións de erros), da Consellería de Medio Ambiente relativa á tramitación e resolución dos expedientes de autorización para sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos.

2. Prohíbese verter nos propios leitos dos cursos fluviais, así como sobre as marxes e láminas de auga asociadas á ría do Barqueiro, restos de formigón ou cemento, ou lavar materiais ou ferramentas que estiveran en contacto con eles, así como os cambios de aceite de maquinaria de construcción.

3. A Dirección Xeral de Obras Públicas, levará a cabo o programa de vixilancia ambiental desenvolto no proxecto constructivo segundo o indicado no punto B.1.8 e C.2.4 para esta fase e deberá elaborar os siguientes informes, cos contidos mínimos que se sinalan:

a) Trimestralmente:

- Cronograma actualizado das obras. - Memoria do seguimento realizado dacordo co programa de vixilancia ambiental

que cumpra cos condicionantes da presente DIA. Indicaranse, se é o caso, as variacións producidas respecto do proxectado. Incluirá unha reportaxe fotográfica que mostre con detalle os aspectos ambientais máis relevantes da actuación, así como das zonas onde se adoptaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e hora, debendo ir acompañadas dun plano de localización. No primeiro informe trimestral incluiranse medicións preoperacionales da presión sonora e da calidade das augas continentais.

- Representación en plano dos avances dos traballos e porcentaxe de execución

das obras respecto do total, referido aos distintos elementos que as conforman.

b) Antes da emisión da acta de recepción: Memoria resumo da aplicación do programa de vixilancia ambiental que reflicta o cumprimento de tódalas medidas correctoras contempladas no estudo así como as impostas pola DIA, en concreto:

- Informe no que se reflicta o estado da vía e dos traballos de integración

paisaxística levados a cabo, indicando, se é o caso, un resumo das variacións producidas ao longo das obras respecto do proxectado, que deberán vir reflectidas nos informes do apartado anterior. Incluirá unha reportaxe fotográfica que mostre con detalle os aspectos ambientais máis relevantes da actuación, así

Page 9: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO ESTUDO INFORMATIVO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8), TREITO: O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. PROMOTOR: DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS. CLAVE: 2004/0221. 9 de 16

como das zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e hora, debendo ir acompañadas dun plano de localización.

- Incidencias producidas e as medidas adoptadas para a súa resolución.

C.5) FASE DE EXPLOTACIÓN A Dirección Xeral de Obras Públicas elaborará anualmente un informe, incluíndo o seguinte:

- Memoria do seguimento realizado de acordo co programa de vixilancia ambiental desenvolto no proxecto constructivo segundo o solicitado nos puntos B.1.7 e C.2.4 desta DIA.

- Reportaxe fotográfica onde se reflicta a integración paisaxística da actuación,

indicando a data e hora de toma, así como a localización dos puntos de toma de fotografías nun plano.

- Incidencias producidas e as medidas adoptadas para a súa resolución.

A duración da vixilancia ambiental nesta fase establecerase en función dos resultados obtidos ó levar a cabo este programa.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2004

O DIRECTOR XERAL DE CALIDADE

E AVALIACIÓN AMBIENTAL

Asdo: José Manuel Álvarez-Campana Gallo

Page 10: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO ESTUDO INFORMATIVO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8), TREITO: O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. PROMOTOR: DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS. CLAVE: 2004/0221. 10 de 16

ANEXO I RESUMO DO ESTUDO INFORMATIVO

O obxecto do presente estudo informativo é estudiar as posibles alternativas para mellorar as comunicacións da zona norte de Galicia, unindo a autovía do Cantábrico o seu paso por Barreiros con Ferrol, no treito entre O Barqueiro e San Cibrao.

O treito obxecto deste estudo subdivídese a súa vez en catro subtreitos, plantexando diferentes alternativas para cada un deles:

- Subtreito A: O Barqueiro-Covas (5 alternativas).

- Subtreito B: Covas-Viveiro Sur (5 alternativas).

- Subtreito C: Viveiro Sur-Celeiro (3 alternativas).

- Subtreito D: Celeiro-San Cibrao (4 alternativas).

As características principais das alternativas planeadas resúmense na seguinte táboa. Preséntanse alternativas en vía rápida (VR80, VR100) e en estrada convencional (C80, C100), con velocidade de proxecto 100 e 80 Km/h.

CARACTERÍSTICAS GENERALES

Subtreito Alternativa Tipo de vía Lonxitude (Km) Nº enlaces

Lonxitude viaducto

(m)

Lonxitude túnel (m)

A1 C100 10,0 0 0 A2 VR80 9,1 1 600 A3 VR80 8,8 1 700 A4 VR100 10,1 2 170

O BARQUEIRO-

COVAS A5 C80 10,4 0 0 B1 VR80 10,3 1 1.870 B2 VR80 8,4 2 1.540 B3 VR80 9,6 2 1.800 B4 VR100 8,0 2 2.230

COVAS-VIVEIRO

SUR B5 C80 2,6 0 0 C1 VR80 10,9 4 2.180 C2 VR80 10,4 4 2.120 320

VIVEIRO SUR-

CELEIRO C3 VR80 8,5 3 2.990 250 D1 VR80 10,3 3 710 D2 VR80 10,8 3 1.150 D3 VR100 10,2 3 760

CELEIRO-SAN CIBRAO

D4 VR100 8,4 3 620

Propoñendo no estudo informativo como alternativa seleccionada a conformada polos seguintes subtreitos A5-B5-C1-D4.

Nembargantes, como consecuencia da análise de informes, observacións e alegacións presentadas durante a exposición pública, a Dirección Xeral de Obras Públicas propón a aprobación dun trazado conformado do seguinte xeito:

Page 11: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO ESTUDO INFORMATIVO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8), TREITO: O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. PROMOTOR: DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS. CLAVE: 2004/0221. 11 de 16

Subreito A: Barqueiro-Covas

Neste treito, a solución elixida procede da combinación das alternativas A4 e A2, cunha lonxitude total de 9,1 km.

Entre os P.Q. 0+000-3+500, seleccionase a alternativa A4, a que se apoia no itinerario marcado pola actual LU-862 e contén dous enlaces (Ponte O Barqueiro, P.Q. 1+500 e O Vicedo, P.Q. 3+500). O trazado ascende desde a ribeira do río Sor por Arealonga ata o Monte Brañoso, onde inicia a variante ao núcleo de O Vicedo. A variante bordea o núcleo polo sur, atravesando Serantes e Valdesuso por un territorio con escasas edificacións. A variante a O Vicedo conclúe arredor do P.Q. 3+500 evitando as perigosas curvas da zona de Congostras.

Entre os P.Q. 3+500-5+100 establécese un treito de conexión entre as alternativas A2 e A4, que ascende cunha pendente máxima do 6%. Desde o P.Q. 5+100, o trazado adáptase á alternativa A2, limitando a súa pendente máxima ao 6% para permitir a súa futura conversión a autovía. Este último treito, presenta tres viaductos cunha lonxitude total de 600 m. Atravesa un territorio accidentado minimamente poboado cun trazado sinuoso. Bordea polo norte os montes Faro e Castilla e mantense en paralelo ao FEVE Ferrol-Gijón, atravesado no P.Q. 8+210. Cruza os arroios da Pena e Cavas e accede á LU-862 en Folgueiro, onde se empraza o enlace de Folgueiro. Treitos B e C: Covas-Viveiro Sur e Viveiro Sur-Celeiro

Este treito queda pendente de definición no planeamento urbanístico por parte do Concello de Viveiro. O planeamento desenvolverá un vial que dea continuidade ao trazado da V.A.C. Ferrol-Barreiros aprobada, que capte de maneira axeitada o tráfico interior de Viveiro, e que sexa técnica, económica e ambientalmente viable.

Treito D: Celeiro-Xove

O trazado deste treito axústase á alternativa D4 seleccionada no estudo informativo, con características de corredor de velocidade de proxecto 100 km/h. A pendente máxima limitarase ao 5% para permitir o mantemento da velocidade de proxecto no seu desdobramento.

Presenta 8,4 km de lonxitude e tres enlaces nos P.Q. 3+400 (Xove Oeste), 5+700 (Xove Leste) e 8+400 (San Cibrao). A lonxitude total de viaducto é de 620 m.

O primeiro treito difire das restantes alternativas xa que se apoia na actual LU-862, minimizando o terraplén. Por iso, é necesario planear a reposición da actual vía nuns 600 m. Atravesa a vía FEVE no P.Q. 1+200 e novamente a LU-862 no P.Q. 1+700. Desde aí, o trazado mantense ao sur da LU-862.

Desde o seu inicio, o trazado ascende cunha pendente do 5 % ata atravesar o río Guilán á altura de Cruceiro e presenta o enlace de Xove Oeste moi próximo ao parque empresarial de Xove. Rodea o núcleo de Xove polo sur, conectándoo co enlace de Xove Este, desde onde inicia un descenso suave ata o río Rigueira (viaducto 280 m). Unha vez cruzado o río, o trazado vira cara a o norte para conectar, no enlace de San Cibrao coa LU-540. Sinalar que o presente estudo informativo se plantexa con características de corredor (vía rápida desdobrable a autovía). Para iso os trazados finalmente seleccionados apóianse nas alternativas estudiadas no estudo informativo, pero reducirase a pendente máxima a un 5% para os treitos de velocidade de proxecto 100 km/h e do 6% para o treito con velocidade de proxecto 80 km/h. Estes parámetros deberán ser considerados nos proxectos constructivos que desenvolvan os treitos propostos, así como tipoloxía de enlaces e lonxitude de pasos superiores.

Page 12: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO ESTUDO INFORMATIVO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8), TREITO: O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. PROMOTOR: DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS. CLAVE: 2004/0221. 12 de 16

ANEXO II RESUMO DAS MEDIDAS PROTECTORAS E CORRECTORAS

PROPOSTAS NO ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL Medidas protectoras

Protección da atmosfera

- Propóñense regas periódicas en épocas de baixa pluviometría, con camións cuba sobre vías e zona de traballo así como sobre as áreas de amoreamento de materiais e proximidades de núcleos de vivendas. Estará prohibida a queima de monte baixo, leñas, aceites, plásticos, etcétera e calquera tipo de fogueira non autorizada pola dirección da obra.

Minimización da contaminación acústica

- Levarase a cabo o correcto mantemento da maquinaria de modo que permita o cumprimento da lexislación vixente en materia de emisión de ruídos. Así mesmo, en zonas habitadas, prohíbese a actividade de maquinaria fóra do período diúrno.

Control de riscos xeolóxicos

Os noiros propostos serán:

- Terrapléns: 3H/2V.

- Desmontes: 4H/5V

Protección da paisaxe

Con carácter xeral, o asentamento de entulleiras, vertedoiros, zonas de préstamos, parques de maquinaria, vías de acceso a obra, etcétera, atenderá ás seguintes normas:

- Preservación de áreas con elevada calidade natural. Quedarán excluídas para o asentamento de préstamos, vertedoiros ou instalacións auxiliares, os terreos de alto valor agrolóxico, as zonas próximas a cursos de auga e, en xeral, os solos con especial valor paisaxístico, ecolóxico ou con vexetación de ribeira.

- Utilizaranse áreas degradadas para evitar novos impactos sobre o medio.

- Afastamento dos núcleos de poboación.

- Evitaranse áreas afectadas por riscos naturais (inundación, deslizamentos de ladeiras) e influencias sobre a drenaxe de cuncas naturais.

- Terase en conta a reducida cunca visual e baixa calidade paisaxística da zona a afectar.

- Máxima proximidade á traza para evitar afeccións a áreas naturais e impactos derivados do transporte de materiais.

- Alonxamento de xacementos seguros ou posibles.

- Alonxamento de posibles puntos de paso de fauna vertebrada de interese.

- Nos vertedoiros evitar pendentes superiores ao 20%.

- Facilidade de restauración morfolóxica e revexetación da zona afectada por as obras ou instalacións auxiliares.

Page 13: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO ESTUDO INFORMATIVO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8), TREITO: O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. PROMOTOR: DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS. CLAVE: 2004/0221. 13 de 16

Protección e conservación de solos

- Delimitación, previa ao comezo das obras, do terreo afectado polas mesmas. Destinarase un espazo ás instalacións auxiliares á obra (parque de maquinaria, almacenamento de materiais, etcétera).

- O mantemento de maquinaria realizarase na zona destinada a tal fin, evitando afeccións ao solo por derrames accidentais. Se é posible, dito mantemento realizarase en talleres autorizados.

- Realizarase un movemento de terras selectivo, os solos fértiles acopiaranse en montóns de altura non superior a 1,5 m que logo se utilizarán na rexeneración de novas superficies.

- Os residuos xerados xestionaranse conforme á lexislación vixente, primando a reutilización e o reciclado fronte ao vertido. Os sobrantes de terra serán depositados en vertedoiros autorizados.

- En caso de almacenamento temporal de residuos, mentres non sexan entregados a xestor autorizado, localizaranse dentro da zona de obra, en superficies delimitadas e sinaladas, en colectores ou outros medios que eviten afeccións ao solo.

- Para atenuar os procesos erosivos, dispoñeranse elementos de desaugadoiro que minimicen a escorrega sobre os noiros e implantarase unha cuberta vexetal sobre as novas superficies.

Protección da calidade das augas

- Quedan prohibidos vertidos de calquera tipo de material ou substancia ás augas superficiais, así mesmo decantaranse as augas residuais orixinadas nas instalacións auxiliares.

- Previamente á execución das obras, procederase ao replanteo e balizado da zona de traballo no ámbito dos puntos de paso sobre a rede fluvial. Prohíbese a utilización de marxes, ribeiras e zonas de servidume dos leitos como lugar para o depósito de materiais, parque de maquinaria e, en xeral todas as actividades que supoñan risco de contaminación de augas ou alteración de ecosistemas asociados.

- Disporanse, nos arredores dos puntos de paso sobre a rede fluvial, barreiras de retención de sedimentos en fase de obra e balsas de decantación en fase de explotación. Así mesmo, dispoñeranse redes que eviten a proxección de materiais durante as voaduras.

- Restauraranse as marxes e zonas que rodean piares e estribos.

- Para evitar afeccións a augas subterráneas, as instalacións de obras e parque de maquinaria emprazaranse nas zonas de maior impermeabilidade.

Protección das formacións vexetais

- Previo ao desbroce, procederase ao balizamento perimetral das formacións vexetais de maior valor ecolóxico, co obxecto de evitar ocupacións e deterioros innecesarios.

- Respectarase a vexetación existente. No replanteo marcaranse de maneira clara as árbores a protexer e a eliminar, establecendo protección individual das árbores e eliminando a vexetación mediante roza.

Page 14: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO ESTUDO INFORMATIVO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8), TREITO: O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. PROMOTOR: DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS. CLAVE: 2004/0221. 14 de 16

- Informarase aos operarios da obra do significado da sinalización.

- Nas zonas de ribeira, recomendase axustar as operacións ao espazo estrictamente necesario para a implantación de elementos de drenaxe, prohibíndose ao longo da traza a disposición de materiais residuais que se realice en valgadas e fondos de val.

Protección da comunidade faunística

- Programar as voaduras fóra do período de reproducción e cría das especies faunísticas.

- Na medida do posible, os piares e estructuras de apoio deberán quedar fóra do leito e as súas marxes.

- Crearanse pasos transversais para fauna, reforzaranse os pechamentos nas inmediacións dos pasos e incluiranse dispositivos de escape. Así mesmo, limitaranse os vertidos de subproductos de obra.

Protección da permeabilidade territorial

- Restituiranse as vías de comunicación mediante pasos superiores ou inferiores e viaductos.

- Proxéctanse enlaces de maneira que as grandes arterias de comunicación quedan conectadas coa vía de alta capacidade cada 3 km.

- Durante a fase de obra sinalaranse convenientemente os itinerarios alternativos e regaranse as vías de rodadura, especialmente nas zonas próximas ás áreas cultivadas e ás vivendas habitadas.

Protección do Patrimonio Cultural

- Farase un seguimento arqueolóxico durante os traballos de movementos de terras, poñendo especial atención aos puntos próximos ao trazado, onde foron inventariados xacementos ou elementos de interese cultural. Esta medida será contrastada, ratificada ou modificada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Medidas correctoras

Afección por ruído

- Colocaranse pantallas para a protección acústica naqueles puntos indicados no estudio de impacto ambiental, vexetais en zonas de baixa e media densidade e pantallas absorbentes de fábrica en zonas con alta densidade de edificacións. Unha vez encaixada a traza definitiva extrapolarase o deseño de pantallas á totalidade de edificacións afectadas.

Integración morfolóxica da obra

- Procederase ao redondeo das arestas

- Evitarase o refino excesivo da superficie, que dificulta a colonización vexetal.

- Evitarán formas acanaladas paralelas que facilitan a formación de cárcavas.

- Nos desmontes en rocha deixaranse formas irregulares, similares ás existentes no estado natural do solo.

Afección ao réxime hídrico

- Os leitos de maior entidade sálvanse mediante viaductos, cuias estructuras de apoio se deseñarán de maneira que non afecten ao leito nin ás formacións de ribeira.

Page 15: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO ESTUDO INFORMATIVO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8), TREITO: O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. PROMOTOR: DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS. CLAVE: 2004/0221. 15 de 16

- No caso de pequenos leitos de réxime variable, e mesmo estacionais, serán restaurados mediante unha ampla rede de drenaxe que resolva a circulación de dichos leitos e a recollida de pluviais ao longo da vía.

Afección ao solo agrícola

- Retirarase unha capa de 30 cm de solo fértil que se acopiará ao longo da traza en moreas que non superen os 1,5 metros de altura, engadindo cada 50 cm 1kg/m2

de compost ou esterco. Estes solos serán utilizados logo nos labores de revexetación.

Restauración vexetal e integración paisaxística.

- Tratamento de noiros en desmonte e terraplén: procurarase adaptar os noiros á topografía existente e revexetaranse mediante hidrosementeiras, plantación directa, etcétera, sempre que non sexan escavados na rocha.

- Tratamento de enlaces: utilizaranse bosquetes arbóreos ou arbustivos, ata alcanzar un 25% de cobertura, así como hidrosementeiras ou sementeiras manuais.

- Tratamento en marxes dos cursos de auga: realizaranse plantacións nos estribos dos viaductos para favorecer a súa integración

- Tratamento das zonas de obra: realizarase cando menos un subsolado dos terreos afectados pola compactación e a plantación de especies arbóreas preexistentes.

- Tratamento de vertedoiros: revexetaranse para limitar os procesos erosivos.

Medidas correctoras para a fauna

- Crearanse pasos específicos para fauna, pechamentos e adecuaranse os elementos existentes ou unidades de obra de nova instalación (viaductos, drenaxes, pasos inferiores) para mellorar a permeabilidade transversal para a fauna.

Integración e restauración paisaxística

Desde o punto de vista constructivo:

- Limitar ao máximo as zonas de ocupación e viario de acceso a obra.

- Redondear as arestas dos noiros e reducir as dimensións destes.

- Definir o acopio de vertedoiros e préstamos con limitación total das áreas protexidas ou catalogadas e de especial interese.

- Realización dun bo deseño das estructuras cun sentido estético.

- Adaptación do trazado ás curvas de nivel.

Desde o punto de vista paisaxístico:

- Protexer a vexetación que non se vexa afectada polas obras

- Aportar especies autóctona presentes no contorno.

- Crear novos espazos con árbores e arbustos.

- Integrar a vexetación en todo o conxunto.

- Estudiar con detalle a agrupación de árbores en curvas, en especial as convexas.

- Identificar a vía no horizonte visual.

Page 16: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO ESTUDO INFORMATIVO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8), TREITO: O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. PROMOTOR: DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS. CLAVE: 2004/0221. 16 de 16

- Aportar fitos de orientación en cada cambio de dirección.

- Nas pontes pouco elevadas, dar continuidade ás plantacións partindo do solo natural.

Patrimonio Cultural

- Realizarase unha prospección arqueolóxica intensiva da área afectada e un control e seguimento arqueolóxico das obras e escavacións en xacementos con risco de afección.

Page 17: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

MODIFICACIÓN DA DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DE DATA 1 DE OUTUBRO DE 2004 RELATIVA AO ESTUDO

INFORMATIVO DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8). TREITO : O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. 1 de 8

MODIFICACIÓN DE DATA 9 DE MAIO DE 2006 DA DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DE DATA 1 DE OUTUBRO DE 2004 RELATIVA AO ESTUDO INFORMATIVO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8), TREITO: O BARQUEIRO- SAN CIBRAO (LU/00/63.0), NOS CONCELLOS DE XOVE, VIVEIRO E O VICEDO, (LUGO), PROMOVIDO POLA DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS. CLAVE: 2004/0221. En data 1 de outubro de 2004 formulouse a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do proxecto arriba indicado.

No apartado A) Ámbito da Declaración, establecíase o seguinte:

- “Subtreitos Covas-Viveiro Sur e Viveiro Sur Celeiro: Pendentes de definición no planeamento urbanístico do Concello de Viveiro, polo que queda fora do ámbito desta DIA”,

baseado no que se indicaba no “Documento de aprobación. Estudio informativo e impacto ambiental da VAC Ferrol-Barreiros (conexión A-8). Treito: O Barqueiro-San Cibrao (Clave: LU/00/63.0). Xullo 2004”, emitido pola Dirección Xeral de Obras Públicas, órgano substantivo por razón da materia e promotor desta actuación, xa que non se chegou a nengún acordo co Concello de Viveiro para o trazado da vía por ese Concello.

Posteriormente, o 10 de xaneiro de 2006, ten entrada na Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible unha solicitude da Dirección Xeral de Obras Públicas para que esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental proceda á modificación da DIA do 1 de outubro co fin de ampliar o ámbito, xa que segundo se indica no seu escrito, o Concello de Viveiro manifestou que aceptaría o trazado máis exterior de tódalas alternativas propostas no estudo informativo e formado pola alternativa B1 para o subtreito Covas-Viveiro Sur e unha combinación das alternativas C2 e C3 para o subtreito Viveiro Sur-Celeiro.

Xunto con esta solicitude remitíase un documento resume da incidencia ambiental do treito do que se solicita a ampliación. Asemade, en data 27 de xaneiro de 2006, completouse a antedita información cun novo documento denominado “Estudio informativo e impacto ambiental da VAC Ferrol-Barreiros (Conexión A-8)- Treito: O Barqueiro-San Cibrao (Clave: LU/00/63.0). Trazado no Concello de Viveiro. Decembro 2005”.

Tendo en conta que o trazado previsto cruza os río Landro e Bravos (ou Galgo), que forman o Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) “Río Landro” e que actualmente están declarados como “Zona de Especial Protección dos Valores Naturais” mediante o Decreto 72/2004, do 2 de abril, procedeuse a solicitar informe a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, o que foi recibido en data 3 de maio de 2006. Polo tanto, unha vez revisada a documentación remitida pola Dirección Xeral de Obras Públicas en datas 10 e 27 de xaneiro de 2006 e o informe da Dirección Xeral de

Page 18: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

MODIFICACIÓN DA DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DE DATA 1 DE OUTUBRO DE 2004 RELATIVA AO ESTUDO

INFORMATIVO DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8). TREITO : O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. 2 de 8

Conservación da Natureza, esta Dirección Xeral procede á Modificación da DIA do 1 de outubro de 2004. Á vista do anterior cómpre indicar: - Sustitúense os apartados A) Ámbito da Declaración, C.2) Fase de redacción do

proxecto construtivo, C.3) Fase de replanteo e o Anexo I. - Os texto substituído queda redactado nos termos indicados a continuación:

• Apartado A) Ámbito da Declaración:

“O trazado ámbito desta DIA para a V.A.C Ferrol-Barreiros, no treito O Barqueiro-San Cibrao é o seguinte:

- Subtreito O Barqueiro-Covas: Configúrao unha combinación das alternativas A4 e A2, definidas no documento “Estudio informativo e impacto ambiental da VAC Ferrol-Barreiros (conexión A-8). Treito: O Barqueiro-San Cibrao (Clave: LU/00/63.0). Abril 2003”, nunha lonxitude de 9,1 km. O trazado parte da beira esquerda do río Sor e o cruza aproveitando a ponte existente, así, entre os P.Q. 0+000-3+500, o trazado corresponde á alternativa A4, entre os P.Q. 3+500-5+100 establécese un treito de conexión entre as alternativas A4 e A2 e a partir do 5+100 adaptase á alternativa A2 ata o final deste subtreito.

- Subtreitos Covas-Viveiro Sur e Viveiro Sur-Celeiro (variante de Viveiro): Configurado pola alternativa B1 e por unha combinación das alternativas C2 e C3, definidas no documento “Estudio informativo e impacto ambiental da VAC Ferrol-Barreiros (conexión A-8). Treito: O Barqueiro-San Cibrao (Clave: LU/00/63.0). Abril 2003”. O trazado principal presenta unha lonxitude duns 18,9 km ós que se lle engaden os 2,2, km pertencentes a vñia de conexión coa LU-540. Así, segundo o indicado no documento “Estudio informativo e impacto ambiental da VAC Ferrol-Barreiros (Conexión A-8)- Treito: O Barqueiro-San Cibrao (Clave: LU/00/63.0). Trazado no Concello de Viveiro. Decembro 2005” o trazado será o seguinte:

P.Q. 0+000-10+500: alternativa B1.

P.Q. 10+500-14+200: alternativa C3.

P.Q. 14+200-18+877: alternativa C2.

Vía de conexión coa LU-540: alternativa C2.

- Subtreito Celeiro-Xove: Correspóndese coa alternativa D4, definida no documento “Estudio informativo e impacto ambiental da VAC Ferrol-Barreiros (conexión A-8). Treito: O Barqueiro-San Cibrao (Clave: LU/00/63.0). Abril 2003”, cunha lonxitude de 8,4 km.

Page 19: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

MODIFICACIÓN DA DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DE DATA 1 DE OUTUBRO DE 2004 RELATIVA AO ESTUDO

INFORMATIVO DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8). TREITO : O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. 3 de 8

De acordo coa configuración reflictida no plano n° 2 “Propuesta de aprobación de estudio informativo. Tramo: O Barqueiro-San Cibrao” recollido no “Documento de aprobación. Estudio informativo e impacto ambiental da VAC Ferrol-Barreiros (conexión A-8). Treito: O Barqueiro-San Cibrao (Clave: LU/00/63.0). Xullo 2004” no que respecta aos subtreitos O Barqueiro-Covas e Celeiro-Xove e no plano nº 2 “Planta general de trazado” incluído no documento “Estudio informativo e impacto ambiental da VAC Ferrol-Barreiros (Conexión A-8)- Treito: O Barqueiro-San Cibrao (Clave: LU/00/63.0). Trazado no Concello de Viveiro. Decembro 2005” no que respecta ao treito conformado polos subtreitos Covas-Viveiro Sur e Viveiro Sur-Celeiro, denominado variante de Viveiro.”

• Apartado C.2) Fase de Redacción do Proxecto Construtivo :

“1. No deseño final do proxecto construtivo terase en conta o informe emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, polo que deberán desenvolverse as medidas correctoras, o programa de actuacións patrimoniais e incluírse un plan de control e seguimento arqueolóxico das fases de replanteo, de execución de obra e de restitución dos terreos, que debe ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, previamente ao inicio das obras.

2. Dada a existencia de numerosas entidades de poboación no contorno do proxecto, co obxecto de minimizar as afeccións sobre a poboación; no deseño das voaduras, así como na planificación dos métodos de execución, incluiranse as medidas protectoras e correctoras necesarias para minimizar as afeccións derivadas do ruído, vibracións, mobilización de po e proxección de materiais grosos.

3. Tendo en conta que o trazado previsto cruza os ríos Landro e Galgo (ou Bravos), que conforman o Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) “Río Landro” e que actualmente están declarados como “Zona de Especial Protección dos Valores Naturais” mediante o Decreto 72/2004, do 2 de abril, así como recollidos no Inventario Galego de Humidais coa denominación “Esteiro do río Landro”, e que ao longo destes cursos detectouse a presenza de hábitats de interese comunitario recollidos na Directiva 92/43/CEE, considerése que, en calquera caso, debe manterse a proposta de realizar o cruce dos ríos mediante viaducto e, co fin de previr ou reducir as posibles afeccións o medio natural, terase en conta o seguinte:

- Deseñaranse as pías e os estribos dos viaductos dos anteditos ríos de

forma que non se afecte os hábitats de interese comunitario existentes. - No desbroce que se realizará para a plataforma da vía respectarase

integramente a vexetación de ribeira. - Proxectarase a instalación de balsas de decantación cando se realicen

movementos de terra próximos aos cauces para evitar que as choivas arrastren sólidos en suspensión que contaminen as augas continentais. Así, as augas susceptibles de ser afectadas polas labores de execución da obra cumpriran en todo momento (incluso na época de estiaxe) o preceptuado no artigo 80º sobre calidade mínima esixible ás augas continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais).

Page 20: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

MODIFICACIÓN DA DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DE DATA 1 DE OUTUBRO DE 2004 RELATIVA AO ESTUDO

INFORMATIVO DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8). TREITO : O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. 4 de 8

Asemade, en xeral tanto para os anteditos viaductos como para as restantes estructuras de paso sobre a rede fluvial configuradas como obras de fábrica e/ou viaductos (Viaducto de Cavas, Viaducto da Pena, Viaducto do Guilan, etcétera) asegurarase no seu deseño que co fin de protexer a vexetación de ribeira que forma parte do ecosistema fluvial deberanse colocar os estribos ou zapatas das pontes a mais de 5 m de cada lado do leito. Asemade, retiraranse tódolos recheos temporais efectuados para a execución dos piares.

As restantes obras de drenaxe transversal serán de tipo “pórtico” evitando, na medida do posible, adoptar pasos tipo “marco” ou “tubo”. O deseño destas infraestructuras debe garantir que non se xeran, no punto de paso, láminas de auga de pouca profundidade e excesiva velocidade, ademais de que se minimiza a lonxitude do paso ao máximo posible.

4. Ademais de cumprir os condicionados indicados no punto B.1.8, o programa de vixilancia ambiental deberá contemplar específicamente os seguintes aspectos:

- Plan de control da calidade de auga dos cursos fluviais afectados polas

obras, seleccionando puntos de toma de mostras augas arriba e augas abaixo da zona do curso fluvial co fin de analizar os seguintes parámetros: temperatura, materias en suspensión, pH, osíxeno disolto, conductividade e aceites e productos lubricantes.

- Plan de seguimento dos ruídos, tanto durante as obras como durante a

explotación da vía, debendo constar os puntos de mostraxe, metodoloxía, periodicidade e límites a impoñer, elixindo para a realización das medicións puntos localizados en zonas onde a estrada se sitúe próxima a vivendas ou edificacións habitadas. Este plan de seguimento acústico basearase no establecido no Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica.

- Plan de vixilancia do sistema de drenaxe durante a fase de explotación da

vía, comprobando se se levan a cabo as labores de limpeza e conservación do mesmo, de xeito que cumpra a súa función dun modo efectivo.

En tódolos casos, situaranse os puntos de mostraxe propostos nun plano a escala 1:5.000, ou maior detalle.”

• Apartado C.3) Fase de Replanteo:

“1. Previamente a calquera actuación sobre o ámbito do proxecto deberase dispoñer da autorización emitida pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para a realización do seguimento arqueolóxico das fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos e das actuacións arqueolóxicas que procedan en función do establecido no punto C.1 da presente DIA. 2. No control topográfico dos límites das zonas de obra e da localización de todas as infraestructuras e instalacións proxectadas, quedará especialmente clara a

Page 21: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

MODIFICACIÓN DA DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DE DATA 1 DE OUTUBRO DE 2004 RELATIVA AO ESTUDO

INFORMATIVO DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8). TREITO : O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. 5 de 8

delimitación do dominio público hidráulico, polo que se procederá ao balizado ou sinalización axeitada dos treitos da totalidade dos cursos fluviais afectados (ríos Sor, de Guilan, da Rigueira, arroios de Cavas, da Pena e outros), co obxecto de preservalos de afeccións e danos innecesarios, quedando prohibida a utilización de ditos espazos (marxes, ribeiras e zonas de servidume) como lugar para o depósito de materiais, parques de maquinaria, operacións de repostaxe e, en xeral, todas aquelas actividades que puideran supoñer a contaminación das augas a través da incorporación de sustancias contaminantes. Ademais, tamén se procederá ao balizado, ou se é o caso, á sinalización de todos aqueles elementos de interese situados no contorno do proxecto, basicamente todas aquelas masas e formacións vexetais de interese ambiental e elementos do patrimonio cultural e en concreto os límites do espazo natural protexido “Río Landro”, co obxecto de evitar afeccións innecesarias sobre eles. 3. Previamente a calquera actuación sobre o ámbito do proxecto correspondente ao dominio público hidráulico deberase dispoñer das autorizacións oportunas emitidas por Augas de Galicia. Para elo, remitirase o proxecto de trazado ou construtivo a este organismo co fin de que emita as anteditas autorizacións e para que comprobe as posibles afeccións de dereitos de terceiros en aproveitamentos hidráulicos.”

• Anexo I:

RESUMO DO TRAZADO o obxecto do presente estudo informativo é estudiar as posibles alternativas para mellorar as comunicacións da zona norte de Galicia, unindo a autovía do Cantábrico o seu paso por Barreiros con Ferrol, no treito entre O Barqueiro e San Cibrao. O treito obxecto deste estudo subdivídese a súa vez en catro subtreitos, plantexando diferentes alternativas para cada un deles:

- Subtreito A: O Barqueiro-Covas (5 alternativas).

- Subtreito B: Covas-Viveiro Sur (5 alternativas).

- Subtreito C: Viveiro Sur-Celeiro (3 alternativas).

- Subtreito D: Celeiro-San Cibrao (4 alternativas).

As características principais das alternativas planeadas resúmense na seguinte táboa. Preséntanse alternativas en vía rápida (VR80, VR100) e en estrada convencional (C80, C100), con velocidade de proxecto 100 e 80 Km/h.

Subtreito Alternativa Tipo de vía

CARACTERÍSTICAS GENERALES

Page 22: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

MODIFICACIÓN DA DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DE DATA 1 DE OUTUBRO DE 2004 RELATIVA AO ESTUDO

INFORMATIVO DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8). TREITO : O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. 6 de 8

Lonxitude(Km)

Nº enlaces

Lonxitude viaducto

(m)

Lonxitude túnel (m)

O BARQUEIRO

- COVAS

A1 C100 10,0 0 0

A2 VR80 9,1 1 600 A3 VR80 8,8 1 700 A4 VR100 10,1 2 170 A5 C80 10,4 0 0

COVAS-VIVEIRO

SUR

B1 VR80 10,3 1 1.870

B2 VR80 8,4 2 1.540 B3 VR80 9,6 2 1.800 B4 VR100 8,0 2 2.230 B5 C80 2,6 0 0

VIVEIRO SUR-

CELEIRO

C1 VR80 10,9 4 2.180

C2 VR80 10,4 4 2.120 320 C3 VR80 8,5 3 2.990 250

CELEIRO-SAN

CIBRAO

D1 VR80 10,3 3 710

D2 VR80 10,8 3 1.150 D3 VR100 10,2 3 760 D4 VR100 8,4 3 620

Propoñendo no estudo informativo como alternativa seleccionada a conformada polos seguintes subtreitos A5-B5-C1-D4. Nembargantes, como consecuencia da análise de informes, observacións e alegacións presentadas durante a exposición pública, a Dirección Xeral de Obras Públicas propón a aprobación dun trazado conformado do seguinte xeito:

Subreito A: Barqueiro-Covas

Neste treito, a solución elixida procede da combinación das alternativas A4 e A2, cunha lonxitude total de 9,1 km.

Entre os P.Q. 0+000-3+500, seleccionase a alternativa A4, a que se apoia no itinerario marcado pola actual LU-862 e contén dous enlaces (Ponte O Barqueiro, P.Q. 1+500 e O Vicedo, P.Q. 3+500). O trazado ascende desde a ribeira do río Sor por Arealonga ata o Monte Brañoso, onde inicia a variante ao núcleo de O Vicedo. A variante bordea o núcleo polo sur, atravesando Serantes e Valdesuso

Page 23: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

MODIFICACIÓN DA DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DE DATA 1 DE OUTUBRO DE 2004 RELATIVA AO ESTUDO

INFORMATIVO DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8). TREITO : O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. 7 de 8

por un territorio con escasas edificacións. A variante a O Vicedo conclúe arredor do P.Q. 3+500 evitando as perigosas curvas da zona de Congostras.

Entre os P.Q. 3+500-5+100 establécese un treito de conexión entre as alternativas A2 e A4, que ascende cunha pendente máxima do 6%. Desde o P.Q. 5+100, o trazado adáptase á alternativa A2, limitando a súa pendente máxima ao 6% para permitir a súa futura conversión a autovía. Este último treito, presenta tres viaductos cunha lonxitude total de 600 m. Atravesa un territorio accidentado minimamente poboado cun trazado sinuoso. Bordea polo norte os montes Faro e Castilla e mantense en paralelo ao FEVE Ferrol-Gijón, atravesado no P.Q. 8+210. Cruza os arroios da Pena e Cavas e accede á LU-862 en Folgueiro, onde se empraza o enlace de Folgueiro.

Subtreitos B e C: Covas-Viveiro Sur e Viveiro Sur-Celeiro (Variante de Viveiro)

Este treito defínese como unha combinación das alternativas B1, C3 e C2, e terá unha lonxitude de 18,9 km, dividida en dous treitos unidos no enlace de Landrove: Folgueiro-Landrove (P.Q. 0+000-10+500) e Landrove-Viveiro (P.Q. 10+500-18+877). Ademáis, inclúese o vial de conexión coa LU-540, de 2,2 km de lonxitude. A correspondencia do trazado proposto coas alternativas incluídas no estudo informativo é:

- P.Q. 0+000-10+500: alternativa B1.

- P.Q. 10+500-14+200: alternativa C3.

- P.Q. 14+200-18+877: alternativa C2.

- Vía de conexión coa LU-540: alternativa C2.

O trazado dende o P.Q. 0+000 ata o 10+500, coincide coa alternativa B1, e discurre polo bordo oeste da ría de Viveiro e a desembocadura do río Landro, pegado á ladeira dos montes que limitan esta zona. O releve atravesado é enormemente accidentado (con sete viaductos de altura considerable) ata descender, finalmente, ao val do río Landro, evitándose o contacto con zonas poboadas ata este último punto. Este tramo presenta un enlace o de Covas.

A partir do P.Q. 10+500 adáptase á alternativa C3, aparecendo o enlace de Landrove, tras o que se entra no viaducto do río Landro. O trazado alonxase o máis posible dos núcleos de Chousela e Bimbial, mediante un viaducto. Tras os anteditos núcleos accédese ao viaducto de Fontecoba, no P.Q. 14+500.

No P.Q. 14+500 o vial adáptase á alternativa C2, aparecendo despois do viaducto de Fontecoba dous viaductos más, ata atopar no P.Q. 16+620 o túnel do Chau. A partir deste punto pasase polo Viaducto de Celeiro e mediante o enlace de Celeiro conéctase co seguinte tramo.

Page 24: DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA … · declaraciÓn de impacto ambiental formulada pola direcciÓn xeral de calidade e avaliaciÓn ambiental de data 1 de outubro

MODIFICACIÓN DA DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DE DATA 1 DE OUTUBRO DE 2004 RELATIVA AO ESTUDO

INFORMATIVO DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8). TREITO : O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. 8 de 8

Por outro lado a vía de conexión coa LU-540, parte desde A Redoada e conecta co eixe Folgueiro-Landrove-Celeiro no enlace de Landrove, presenta unha lonxitude duns 2,2 km.

Subtreito D: Celeiro-Xove

O trazado deste treito axústase á alternativa D4 seleccionada no estudo informativo, con características de corredor de velocidade de proxecto 100 km/h. A pendente máxima limitarase ao 5% para permitir o mantemento da velocidade de proxecto no seu desdobramento.

Presenta 8,4 km de lonxitude e tres enlaces nos P.Q. 3+400 (Xove Oeste), 5+700 (Xove Leste) e 8+400 (San Cibrao). A lonxitude total de viaducto é de 620 m.

O primeiro treito difire das restantes alternativas xa que se apoia na actual LU-862, minimizando o terraplén. Por iso, é necesario planear a reposición da actual vía nuns 600 m. Atravesa a vía FEVE no P.Q. 1+200 e novamente a LU-862 no P.Q. 1+700. Desde aí, o trazado mantense ao sur da LU-862.

Desde o seu inicio, o trazado ascende cunha pendente do 5 % ata atravesar o río Guilán á altura de Cruceiro e presenta o enlace de Xove Oeste moi próximo ao parque empresarial de Xove. Rodea o núcleo de Xove polo sur, conectándoo co enlace de Xove Este, desde onde inicia un descenso suave ata o río Rigueira (viaducto 280 m). Unha vez cruzado o río, o trazado vira cara a o norte para conectar, no enlace de San Cibrao coa LU-540.

Sinalar que o presente estudo informativo se plantexa con características de corredor (vía rápida desdobrable a autovía). Para iso os trazados finalmente seleccionados apóianse nas alternativas estudiadas no estudo informativo, pero reducirase a pendente máxima a un 5% para os treitos de velocidade de proxecto 100 km/h e do 6% para o treito con velocidade de proxecto 80 km/h. Estes parámetros deberán ser considerados nos proxectos constructivos que desenvolvan os treitos propostos, así como tipoloxía de enlaces e lonxitude de pasos superiores.”

E para que conste aos efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2006

O DIRECTOR XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL

Asdo. Joaquín Lucas Buergo del Río