DIARIO DUN MÉDICO EN ADICAM DUN MEDICO EN ADICAM_4_.pdf · doutro xeito - o tema se centrou en...

18
DIARIO DUN MÉDICO EN ADICAM Capítulo 1.- O reencontro Capítulo 2.- A inauguración Capítulo 3.- Grupos de traballo Capítulo 4.- Razóns para o optimismo Capítulo 5.- Villagarcía también existe… Capítulo 6.- Centro de Saúde de Moaña Continuará…

Transcript of DIARIO DUN MÉDICO EN ADICAM DUN MEDICO EN ADICAM_4_.pdf · doutro xeito - o tema se centrou en...

Page 1: DIARIO DUN MÉDICO EN ADICAM DUN MEDICO EN ADICAM_4_.pdf · doutro xeito - o tema se centrou en ADICAM. Mentres almorzabamos, unha recensión no xornal do día facía mención a cesión

DIARIO DUN

MÉDICO EN ADICAM

Capítulo 1.- O reencontro Capítulo 2.- A inauguración Capítulo 3.- Grupos de traballo Capítulo 4.- Razóns para o optimismo Capítulo 5.- Villagarcía también existe… Capítulo 6.- Centro de Saúde de Moaña

Continuará…

Page 2: DIARIO DUN MÉDICO EN ADICAM DUN MEDICO EN ADICAM_4_.pdf · doutro xeito - o tema se centrou en ADICAM. Mentres almorzabamos, unha recensión no xornal do día facía mención a cesión

O REENCONTRO

A comezos do mes de Febreiro deste ano (2012) voltei a coincidir con ela, non lembro con precisión a data deste reencontro, pero si que me volveu impresionar a súa fortaleza, o seu magnetismo e a súa bondade.

Fina, que así se chama, é unha das fundadoras da Asociación ADICAM (2001) e a súa actual Presidenta. Ademais dos bicos que marca o protocolo en calquera encontro entre amigos, apertamos as nosas mans entre miradas cómplices, sabendo que con ese xesto recargabámonos mutuamente de enerxía. Únenos un inimigo común (o cancro de mama), ao que nos enfrontamos dende diferentes trincheiras.

O noso encontro foi á saída dunha das miñas gardas no PAC de Cangas e aproveitamos a ocasión para almorzar xuntos, acompañados dalgunhas das súas amigas. Falamos das nosas familias, do traballo, ata que - como non podía ser doutro xeito - o tema se centrou en ADICAM.

Mentres almorzabamos, unha recensión no xornal do día facía mención a cesión por parte do Concello dun novo local.

Nuns poucos días, a Asociación ía estrear un novo local na "Casa da Bóla", doado polo Concello de Cangas, como recoñecemento ao extraordinario labor realizado durante máis de 10 anos polas mulleres "afectadas" por esta enfermidade.

Que malo soa iso de afectada! Esa reflexión fíxoma un día Lina, unha das dúas psicólogas de ADICAM. Estou de acordo con ela, e non volverei utilizar este termo.

Unha vez máis, Fina mostrou a súa extraordinaria sensibilidade ao interrogar sobre se recollían na crónica o agradecemento cara á propietaria do ata entón piso alugado que manifestara á xornalista durante a entrevista previa. Dende que en Febreiro de 1989 lin a miña Tese Doutoral sobre Cancro de Mama, dediquei moito tempo á investigación desta enfermidade.

Xamais me arrepentirei do tempo adicado a esta causa, porque no camiño recorrido gañei para sempre experiencias tan humanas e transcendentais que enchen por completo a miña vida. Nunca poderei esquecer o tempo compartido con moitas enfermas que xa non están connosco. Hai moito que aprendín - grazas a elas - que todo o tempo que un lles dedica, devólveno con recordos que nunca se borran.

Page 3: DIARIO DUN MÉDICO EN ADICAM DUN MEDICO EN ADICAM_4_.pdf · doutro xeito - o tema se centrou en ADICAM. Mentres almorzabamos, unha recensión no xornal do día facía mención a cesión

Aquel encontro con Fina e as súas amigas espertou outra vez a máquina dos meus soños. Compartín coa miña muller novas ideas e proxectos, " e si aproveitamos... ", "...e se facemos... ", "...e se conseguimos... "

Penso que as cousas non suceden por casualidade. Dito doutro xeito: un pequeno xesto, mediante un proceso de amplificación, pode xerar un movemento social maior, o coñecido como "efecto bolboreta". E por que non? Por que non volvelo intentar?

Page 4: DIARIO DUN MÉDICO EN ADICAM DUN MEDICO EN ADICAM_4_.pdf · doutro xeito - o tema se centrou en ADICAM. Mentres almorzabamos, unha recensión no xornal do día facía mención a cesión

A INAUGURACIÓN

O 17 de Febreiro, ADICAM inaugura cun acto oficial a nova sede na Casa da Bóla, en pleno centro do fermoso pobo de Cangas do Morrazo. Todas as persoas que forman parte de ADICAM son conscientes do paso dado. As prestacións que se facían dende o vello piso alugado vanse poder multiplicar grazas á nova sede, e ese potencial debuxa un sorriso na cara de toda a familia ADICAM.

Unha vez máis, Fina, en calidade de Presidenta, é a encargada de dar as palabras de benvida e agradecemento ás autoridades e demais asistentes. Cun nerviosismo latente e con certa inseguridade, dá pé a unha espontaneidade que a fai próxima e sincera. É un día de festa para ADICAM e así recóllese nas múltiples fotos colgadas dese día na súa páxina web.

Aínda que un compromiso adquirido previamente me esixiu abandonar o acto antes da súa finalización, foi un auténtico pracer poder asistir e contemplar como a súa Presidenta cun folio mal dobrado na súa man esquerda, deixaba que a súa man dereita mostrase sen disimulo ningún o seu nerviosismo. Recollín nunha fotografía aquel instante máxico e pedín a un amigo que a ampliase. Ese cadro colga hoxe vixiante sobre unha das paredes na nova sede, sobre as mesmas escaleiras que utilizou como estrado.

Ao vela de pé na escaleira falando para todos, unha cadea de flashes disparouse na miña imaxinación, parecía que estaba a contemplar en vivo e en directo o cadro de Delacroix, "A liberdade guiando o pobo" (Museo do Louvre, París).

Este lenzo representa unha escena do 28 de xullo de 1830 na que o pobo de París se levantou en barricadas. Pódese contemplar unha muller co peito ao

Page 5: DIARIO DUN MÉDICO EN ADICAM DUN MEDICO EN ADICAM_4_.pdf · doutro xeito - o tema se centrou en ADICAM. Mentres almorzabamos, unha recensión no xornal do día facía mención a cesión

aire empuñando a bandeira francesa coa súa man dereita e cun rifle na esquerda. Acompáñana membros de diferentes clases sociais: un obreiro, un burgués con sombreiro de copa, un adolescente con dúas pistolas,… para explicar que no proceso revolucionario existiu unha ampla participación. Aos pés da muller (a liberdade), un moribundo míraa fixamente para sinalar que pagou a pena loitar. A composición inscríbese nunha pirámide cuia base son os cadáveres iluminados para acentuar a súa importancia. Cantos paralelismos entre ámbalas dúas escenas!

De regreso a Vigo, mentres volvía só no coche e recreábame coas imaxes vividas, pensei que deberiamos e poderiamos aproveitar todo o potencial e a loxística de ADICAM para mellorar a prevención do cancro en toda a Bisbarra do Morrazo. Era un soño, pero tamén unha oportunidade. Xa de noite, na miña casa, volteille a explicar á miña muller toda a posible estratexia baseada nunha metodoloxía científica para lograr ese obxectivo. Dende hai anos, cando me embarco nalgunha iniciativa das "miñas", sempre teño que convencela antes de dar un primeiro paso. De non o facer así, calquera aventura sei que estaría abocada ao fracaso. Tras escoitar os argumentos sobre os que eu baseaba este novo proxecto, que levo madurando dende hai anos pero que nunca me deixaron poñer en práctica, ela díxome: Non é unha loucura, non está mal pero vaite (vainos) esixir moito tempo e dedicación. Ademais, o que propós só o apoiarán e entenderán - nun principio - as propias mulleres de ADICAM". Os demais, dirán que estás un pouco tolo.

Rematei a conversación argumentando que xa pensara en como podería convencer aos demais, aínda que sei que precisaremos de moito tempo. Para conseguilo, será preciso achegar á poboación do Morrazo á "Casa dá Bóla", que coñezan as entrañas de ADICAM, teremos que multiplicar as xa magníficas e numerosas actividades que a propia asociación veu desenvolvendo durante os seus máis de 10 anos de existencia exitosa.

Crear un Certame de Arte, converter o local nun Centro de Exposicións para mostrar o talento creador de artistas anónimos que forman parte da nosa veciñanza e que apenas coñecemos, realizar concertos, fabricar as nosas propias bibliotecas e videotecas… todo dentro do novo local de ADICAM poderían ser "pequenos cebos" para ir atraendo "gota a gota" ao maior número posible de persoas. O importante é sumar, dá igual que sexa un a un, a clave é poder seguir sumando.

Co xesto de aprobación da miña muller sentinme como un neno ao que lle dan autorización para poder usar un xoguete novo. Foi entón cando aproveitei para contar o que, algún día, dende esa escaleira onde Fina tan ben encarnara a muller do cadro de Delacroix, persoas do Morrazo expresarán a modo lúdico

Page 6: DIARIO DUN MÉDICO EN ADICAM DUN MEDICO EN ADICAM_4_.pdf · doutro xeito - o tema se centrou en ADICAM. Mentres almorzabamos, unha recensión no xornal do día facía mención a cesión

pequenos discursos ao propio auditorio de ADICAM, nunha fiel imitación ao que sucede nos famosos xardíns do Hyde Park de Londres.

Alí, no Recanto dos Oradores (Speaker's Corner) permítese falar en público con absoluta liberdade, sempre que a policía considere que os seus discursos non violan a lei. Na práctica a policía tende a ser bastante tolerante e só intervén cando recibe queixas ou se se utiliza unha linguaxe ofensiva.

Sei que un día verei cumprido o soño de ver no Morrazo a nosa propia Escaleira dos Oradores (Speaker's Ladder), no interior da Casa da Bóla, onde monólogos espontáneos e divertidos serán unha simple escusa para sorrir e poder estar xuntos.

Page 7: DIARIO DUN MÉDICO EN ADICAM DUN MEDICO EN ADICAM_4_.pdf · doutro xeito - o tema se centrou en ADICAM. Mentres almorzabamos, unha recensión no xornal do día facía mención a cesión

OS PRIMEIROS PASOS

Son plenamente consciente de que, demasiadas veces, a medicina actual non pode facer absolutamente nada máis do que fai polas persoas cun cancro. Pero tamén estou seguro de que noutras ocasións ese sufrimento persoal e/ou familiar puido, polo menos en parte, ser evitado cunha planificación adecuada, adiantándose ás causas e/ou ós síntomas que o proceso leva consigo. Isto último foi a clave para realizar este proxecto colectivo que queremos pór en práctica na área do Morrazo.

A prevención do cancro, a pesar de ser economicamente rendible en termos sociais, non o é en termos económicos se o formulamos como un negocio lucrativo. E esa falta de rendibilidade é un difícil muro que só poderemos derrubar con información e cultura.

Os resultados dos tratamentos contra o cancro van mellorando - mesmo espectacularmente - nalgúns tipos e subtipos moi concretos. Pero este avance terapéutico continúa sendo moito máis lento do desexable.

Na miña opinión hai que apostar dun xeito serio e científico pola prevención do cancro, para o que se necesitan infraestruturas e recursos. Para iso, habería que ter un plan xeral subdividido en proxectos a curto, medio e longo prazo, consensuado por todos os grupos políticos, de forma que non se interrompese de producirse un cambio político (o que pode suceder cada 4 anos) e ademais evitaría o seu uso como instrumento propagandístico.

O xoves, 1 de marzo de 2012, reunímonos por primeira vez na nova sede de ADICAM. Tiñamos que aproveitar esa primeira convocatoria para consensuar como poderiamos rendibilizar todo o noso potencial e establecer unha estratexia con metodoloxía científica para loitar contra o cancro na Bisbarra do Morrazo. De ter éxito, estariamos a falar de poder salvar vidas humanas e evitar dramas persoais e familiares.

Había que lograr que se identificasen co "novo" proxecto ADICAM. Como era de esperar acudiron persoas moi comprometidas. Xa o levan sendo dende hai máis de 10 anos. Para min, estar alí foi un privilexio.

Levei fotocopias para repartir ós asistentes nas que se detallaban múltiples iniciativas para desenvolver dentro de ADICAM. Mesmo, detallábase algunha recomendación ou directriz para manter unha axeitada dinámica de grupo, evitando protagonismos que non servisen de lanzadeira a ninguén en particular, só a ADICAM.

Page 8: DIARIO DUN MÉDICO EN ADICAM DUN MEDICO EN ADICAM_4_.pdf · doutro xeito - o tema se centrou en ADICAM. Mentres almorzabamos, unha recensión no xornal do día facía mención a cesión

Unha das mellores opcións é que a

imaxe de ADICAM fose sempre a súa Presidenta Fina.

Os únicos profesionais de ADICAM deberían ser as súas psicólogas Lina e Loly.

Pouco a pouco, fomos expoñendo as iniciativas unha a unha para chegar ao consenso axeitado. Era importante constituír grupos de traballo das diferentes áreas de responsabilidade. Non foi un monólogo, todo o contrario, achegáronse suxestións e matices. Foi tan denso e participativo que decidimos convocar outra nova reunión para o día 26 de marzo. Así, todos teriamos tempo para madurar a viabilidade de propostas tan variadas.

O tempo pasa demasiado á présa, e case sen decatarnos xa estabamos a celebrar a segunda reunión onde se constituíron os grupos de traballo: entre dúas e catro persoas por área. Todo comezaba a coller forma.

O grupo de traballo encargado de organizar futuras exposicións na "Casa dá Bola" - sede de ADICAM - pasa a estar formado por Olga Sotelo, Fina Graña e Nati Cordeiro. Da biblioteca de cultura xeral encargaranse: Lydia Villar, Duly Lagoa, Mónica Lagoa e Susana. Da videoteca médica: Emilia Cortizo e Mª Carmen García. Abelardo continuará responsabilizándose da páxina web. E así, área a área, cada iniciativa vai adquirindo responsables cos seus nomes e apelidos. Comeza a xerarse un proxecto en común, e nas páxinas deste "diario" iremos narrando os esforzos e os resultados de cada grupo.

Cun optimismo prudente, citámonos para unha nova reunión para o 19 de abril. Sendo sincero, teño de recoñecer que para esta nova cita se fixo un esforzo especial para lograr convocar profesionais do mundo da docencia e da sanidade da área do Morrazo sen ningunha relación directa con ADICAM.

Chegou o día, e por primeira vez non lograbamos que a convocatoria alcanzase o éxito desexado. Visto así, friamente, un podería desmoralizarse: ademais dos habituais, tan só lograramos convocar a dous médicos, unha enfermeira e a ningún docente.

Page 9: DIARIO DUN MÉDICO EN ADICAM DUN MEDICO EN ADICAM_4_.pdf · doutro xeito - o tema se centrou en ADICAM. Mentres almorzabamos, unha recensión no xornal do día facía mención a cesión

Sempre é mellor ver a botella medio chea que medio baleira. E nós tiñamos razóns para o optimismo. A pesar de notables ausencias, a simple convocatoria servíranos de pretexto para iniciar conversacións con moitos sanitarios e docentes. De feito, a partir desas xestións, novas reunións con colectivos específicos foron fixadas nos Centros de Saúde ou en Institutos ou Colexios, e delas tamén falarei máis adiante.

O nome de ADICAM pasa a ser "familiar" en determinados círculos profesionais da Bisbarra do Morrazo a forza da insistencia e teimosía de quen se alista nunha "cruzada" co fin último da prevención do cancro.

Estas reunións e gran parte das actividades que se están a levar a cabo, están a ser gravadas cunha cámara de vídeo profesional co obxectivo de realizar unha película que intentaremos ter finalizada para finais deste ano e para que poida ser proxectada a toda a poboación da Bisbarra do Morrazo. A finalidade desta película é que coñezan e se identifiquen co difícil pero apaixonante proxecto de ADICAM.

Page 10: DIARIO DUN MÉDICO EN ADICAM DUN MEDICO EN ADICAM_4_.pdf · doutro xeito - o tema se centrou en ADICAM. Mentres almorzabamos, unha recensión no xornal do día facía mención a cesión

RAZÓNS PARA O OPTIMISMO

A xustificación do título "Razóns para o optimismo" é para destacar a

importancia de retroalimentarse neste camiño emprendido se queremos lograr mellorar a prevención do cancro na área do Morrazo, isto é, cargarse de enerxía co traballo e os logros que se van conseguindo no día a día.

Iniciamos a campaña "Cribado do Cancro de Mama en Mulleres Maiores de 70 anos". Un día á semana, en horario de 10 a 13 da mañá, recíbese no local de ADICAM a toda muller de 70 ou máis anos que queira participar nesta campaña de prevención do cancro de mama.

Alí, de xeito gratuíto, realizamos unha exploración clínica das mamas e axilas a cada unha destas mulleres. Estas exploracións realizaranse cada 6 meses.

Ata agora, a afluencia é moi discreta pero vai " in crescendo". Apenas alcanzamos o medio centenar, pero pinga a pinga seguimos sumando. Hai tres semanas, nunha reunión no Centro de Saúde de Moaña os médicos - conscientes do esforzo de ADICAM - suxeríronnos facer esta campaña no propio municipio de Moaña para ter unha participación significativa. O verán xa está enriba, e á volta das vacacións retomaremos esta idea.

Non nos cansaremos de explicar o por que desta e doutras iniciativas. Esta, en concreto, xurdiu tras a investigación titulada "Cancro de Mama en mulleres maiores de 70 anos" que incluíu a 3500 enfermas con cancro de mama diagnosticadas no Sur da provincia de Pontevedra e a un grupo control de mais de 700 mulleres sans de 70 ou mais anos.

Grazas a este traballo presentado como Tese Doutoral pola Dra. Mª de los Ángeles Álvarez Fernández, logramos demostrar que se ben as mulleres con cancro de mama menores de 70 anos si se están a beneficiar das campañas de prevención, o que se traduce nunha clara melloría na supervivencia destas mulleres, as mulleres maiores de 70 anos están a ser as grandes esquecidas.

Dra. Mª de los Ángeles Álvarez Fernández, autora da Tese Doutoral "Cancro de mama en mulleres maiores de 70 anos"

Page 11: DIARIO DUN MÉDICO EN ADICAM DUN MEDICO EN ADICAM_4_.pdf · doutro xeito - o tema se centrou en ADICAM. Mentres almorzabamos, unha recensión no xornal do día facía mención a cesión

Nós investigamos a supervivencia destas enfermas maiores de 70 anos que foron diagnosticados no que levamos de século XXI e observamos que obteñen, lamentablemente, as mesmas curvas e taxas de supervivencia que as enfermas que foron diagnosticadas e tratadas durante as décadas dos anos 1970 ou 1980.

Son tempos difíciles para que a administración sanitaria modifique, actualice e potencie - en termos económicos - a súa estratexia de prevención nas mulleres maiores. Á luz destas investigacións, o ideal e cientificamente correcto, sería realizar un cribado oportunista, mediante mamografías periódicas, ás mulleres entre os 70 e 84 anos.

As claves dos nosos argumentos son - de xeito moi resumido - os seguintes: 1. O risco de sufrir un cancro de mama increméntase coa idade, e polo

tanto, as mulleres maiores teñen unha maior incidencia desta enfermidade. 2. Cando se deseñaron os programas de screening poboacional (cribado

por mamografía), alá polos anos 1970 e 1980, a esperanza de vida era mais curta que na actualidade. Pero durante as últimas catro décadas a esperanza de vida disparouse.

3. Nesta franxa de idade, o screening en vez de ser un cribado poboacional (dirixido a toda a poboación desa franxa etárea), tería que ser selectivo: cribado oportunista (dirixido só a mulleres con altos niveis de independencia). No noso medio, o 90% das mulleres entre 70 e 79 anos mostran uns niveis de independencia altos, mesmo a maioría cunha boa calidade de vida; porcentaxe que descende ao 64% cando facemos referencia ás mulleres entre 80 e 84 anos. O mellor e mais sinxelo xeito de realizar esta avaliación - en atención primaria - é mediante a aplicación do Índice de Katz, que mide o grao de dependencia para as actividades básicas da vida diaria (ABVD).

4. Galicia, na actualidade, conta cunha das poboacións mais envellecidas do mundo e é preciso ofrecer solucións a un problema que non fará outra cousa que incrementarse co transcorrer dos anos.

5. O tipo de cancro de mama nestas idades avanzadas tende - en xeral - a ser mais benévolo se se logra diagnosticar en etapas precoces. En moitas ocasións pode ser tratado dun xeito conservador porque a maioría destes cancros expresan receptores hormonais positivos o que os fai sensibles a tratamentos hormonais. Por outra parte, estes cancros tenden a sobre-expresar

< 70 años 70-79 años p > 0,05 p < 0,0001

Page 12: DIARIO DUN MÉDICO EN ADICAM DUN MEDICO EN ADICAM_4_.pdf · doutro xeito - o tema se centrou en ADICAM. Mentres almorzabamos, unha recensión no xornal do día facía mención a cesión

con menor frecuencia HER-2 o que facilita a indicación de cirugías pouco agresivas (tumorectomías). Agora sabemos que a non sobre-expresión desta molécula está asociada a unha menor multifocalidad e/ou multicentricidad do tumor e a unha menor frecuencia de recidivas locais.

Dado que en Galicia, a pesar de todos estes argumentos, non se vai considerar – nin a curto nin a medio prazo - ningunha campaña de cribado ou screening mamográfico para este grupo de idade, dende ADICAM deseñamos como alternativa esta campaña gratuíta de cribado a través a exploración clínica de mama e axilas a todas as mulleres asintomáticas de 70 a 84 anos que teñan un Índice de Katz de 0 ou 1 (independentes ou cunha dependencia leve). En ausencia do cribado por mamografía, a alternativa que ofrecemos, ademais de económica pode chegar a ser eficaz, se alcanzamos unha porcentaxe ampla de participación.

En Outubro presentaremos no Congreso Internacional de Oncoloxía Xeriátrica - en Manchester - algúns dos achados mais relevantes das nosas investigacións sobre este tema. Actualmente, estamos a redactar un artigo para publicar nunha revista médica de impacto internacional. Os resultados destas iniciativas ireinas comentando ó longo deste diario.

Dende hai anos teño o privilexio de colaborar cun dos mellores grupos de investigación europeo sobre cancro de mama, o IPATIMUP (Porto) que dirixe o Profesor F.C. Schmitt, e grazas a iso no que vai do ano 2012 participei como co-autor en tres artigos de revistas internacionais de gran prestixio: Stem Cells, The Breast e Histology and Histopathology.

Fago este comentario, para acentuar a importancia do traballo en equipo xuntando forzas. Con humildade e constancia son posibles logros que contribúen a mellorar a saúde da poboación. Algún día - mais ben pronto - dedicarei un capítulo deste "Diario dun médico en ADICAM" a darvos a coñecer a este estupendo equipo de investigación que tanto me enriqueceu no terreo profesional e humano.

Page 13: DIARIO DUN MÉDICO EN ADICAM DUN MEDICO EN ADICAM_4_.pdf · doutro xeito - o tema se centrou en ADICAM. Mentres almorzabamos, unha recensión no xornal do día facía mención a cesión

Pero nas "Razóns para o optimismo" - título deste capítulo - quixera falarche de máis cousas. Xa está en marcha o I Certame de Arte de ADICAM, este ano centrado nun concurso de pintura, onde o tema elixido foi: "A mama e a imaxe corporal".

A creación deste Certame serviunos de pretexto para dar a coñecer en Galicia e fóra dela os obxectivos de ADICAM. Algunhas Facultades de Belas Artes xa promoven na súa páxina web o noso Certame, e o propio decano da Facultade da Universidade de Vigo, Profesor Juan Carlos Meana Martínez, aceptou xenerosamente ser o Presidente do Xurado do noso I Certame. Animámosvos dende aquí a unha participación que acelere o proceso de identificación da poboación cun proxecto que non pretende outra cousa que a prevención do cancro dun xeito realista e eficaz.

O cartel foi deseñado pola creativa publicitaria Rocío Fernández Ledesma.

Transcorreron exactamente tres meses dende que o 18/3/2012 puxemos a 0 o contador da nosa páxina web e xa recibimos mais de 2400 visitas. A unha media de 800 visitas por mes, sentímonos "visitados".

O mesmo sucede co número de socios, comezamos o ano con 600 socios aproximadamente, e pronto poderemos superar o millar. Dende aquí animámoste a que por só 15 euros ó ano contribúas - como socio - a que os obxectivos de ADICAM poidan ser unha realidade na Bisbarra do Morrazo. A gran maioría das actividades que realiza ADICAM son gratuítas e algunhas teñen un custo simbólico. Por iso, necesitamos que ADICAM poida autofinanciarse para cubrir unha serie de gastos fixos inherentes á súa actividade. Iniciativas como a compra do Nó de diamante ADICAM (2 euros), ou a participación nalgúns eventos son algúns destes recursos.

As fotos corresponden ó mercado solidario co que ADICAM participou, recentemente, nas Xornadas Interculturais.

Page 14: DIARIO DUN MÉDICO EN ADICAM DUN MEDICO EN ADICAM_4_.pdf · doutro xeito - o tema se centrou en ADICAM. Mentres almorzabamos, unha recensión no xornal do día facía mención a cesión

Na primeira planta da "Casa da Bola" encóntrase a actual sede de ADICAM. Nas súas estanzas respírase unha atmosfera máxica e especial. Recibe diariamente a cantas persoas desexan visitala e asegúrovos que non son poucas.

Durante toda a semana - en horarios de mañá e tarde - se veñen desenvolvendo un distinto menú de actividades: cursos de informática, ioga, pandeireta, talleres de complementos de moda con cristais de Swarovski, talleres de memoria, autoestima, risoterapia, mesmo acolle clases de bailes de salón, pilates, tai-chi,…

Lina e Loly - as nosas psicólogas - sempre atarefadas e próximas, acollen con profesionalidade a quen acode precisando unha atención personalizada. Angela Gallego Cadabón, bióloga - experta en dietética e reeducación alimentaria - realiza asesoramento dietético para persoas con cancro de mama. Eu mesmo, en calidade de médico, trato de solucionar dúbidas ou problemas de saúde relativas á área oncológica, tarefa á que dedico polo menos unha mañá á semana. Todas estas actividades sempre de xeito gratuíto.

Reunións programadas pola directiva e outras, xurdidas de xeito espontáneo a raíz de calquera encontro ou ó fío dun novo tema, dan vida e colorido a un espazo que invita a todos os habitantes da Bisbarra do Morrazo para que o fagan parte da súa propia casa.

O esforzo de Fina Graña, Olga Sotelo e Nati Cordeiro - responsables da área de exposicións de ADICAM - vese recompensado co que pasa a ser a primeira destas grandes mostras: ADICAMarte.ADICAMarte.ADICAMarte.ADICAMarte.

Do 22 de xuño ao 7 de Xullo de 2012, a Casa

dá Bola verá colgada das súas paredes auténticas

obras de arte que enriquecerán o patrimonio

cultural da Bisbarra.

Esta é a primeira das grandes exposicións,

que mes a mes irán adornando os muros de

ADICAM. Outros asociados achéganse, suxerindo

novas colaboracións, e sen decatarnos apenas, xa

temos "overbooking" para unha iniciativa que nace plena de éxito.

Page 15: DIARIO DUN MÉDICO EN ADICAM DUN MEDICO EN ADICAM_4_.pdf · doutro xeito - o tema se centrou en ADICAM. Mentres almorzabamos, unha recensión no xornal do día facía mención a cesión

ADICAMarte

Page 16: DIARIO DUN MÉDICO EN ADICAM DUN MEDICO EN ADICAM_4_.pdf · doutro xeito - o tema se centrou en ADICAM. Mentres almorzabamos, unha recensión no xornal do día facía mención a cesión

VILLAGARCÍA TAMÉN EXISTE…

Son moitos os profesionais que se brindan a colaborar con charlas de divulgación.

Na Casa da Bóla (Cangas), durante

o mes de marzo, a bióloga Ángela Gallego impartiu unha magnífica charla sobre consellos na alimentación.

Recentemente, desenvolveuse un debate sobre "Terapias Complementarias e/ou Alternativas" que foi moderado polo Dr. Javier Valdés Pons (xinecólogo) e no que Margarita Outeiral falounos sobre o "Método Jinger", María Vicente Galdo sobre a "enerxía Reiki" e María José Fernández debateu sobre a importancia da alimentación.

Aínda non teño a honra de coñecer as mulleres que decidiron formar un grupo de apoio en Villagarcía para loitar contra o cancro de mama e mellorar as condicións de vida das persoas que son diagnosticadas desta enfermidade. Tampouco coñezo a sede que ADICAM ten en Villagarcía (Rúa Alejandro Cerecedo n.º 8 - Baixo - Galerías Galego-), intentarei visitala tan pronto teña ocasión.

Dende este humilde diario, envíolles a miña felicitación persoal e anímoas a que persistan nese camiño, tan necesario se queremos mellorar a asistencia sanitaria en todos os ámbitos. Asociarse encerra en se mesmo un valor positivo. Todas as forzas individuais suman, ao estar unidas dun xeito global, máis que a suma dos esforzos persoais se se actúa de xeito illado.

Ao longo do ano, en Villagarcía, estase a levar a cabo unha serie de actividades, entre as que recordamos o Taller de Relacións Interpersoais, como superar ás Crises Persoais ou as charlas que figuran nos carteis que se achegan.

É posible, que en breve, vos poida comentar algo sobre outra nova iniciativa que parece estar a xurdir noutro lugar. Dende aquí estamos atentos e preparados para brindarlles todo o noso apoio.

Page 17: DIARIO DUN MÉDICO EN ADICAM DUN MEDICO EN ADICAM_4_.pdf · doutro xeito - o tema se centrou en ADICAM. Mentres almorzabamos, unha recensión no xornal do día facía mención a cesión

CENTRO DE SAÚDE DE MOAÑA

Hei de confesar que tanto en Moaña coma en Cangas síntome cómodo, o ambiente que se respira en ambolos dous Centros é moi cordial.

Ao traballar no PAC e ter que realizar gardas nos dous Centros de Saúde, dáme a oportunidade de poder ir coñecendo, pouco a pouco, a maioría dos compañeiros. O día 23 de Maio de 2012, en Moaña, tivemos a primeira reunión - ás 2 da tarde - con algúns compañeiros do Centro de Saúde para darlles a coñecer os proxectos postos en marcha dende ADICAM.

Asistiron algúns médicos, enfermeiros, administrativos (PSX) e a matrona, todos se mostraron moi interesados e realizaron suxerencias interesantes que haberá que ter en conta.

A reunión preparouse polo miúdo e o resultado foi moi esperanzador. Somos conscientes que para ter éxito nos nosos obxectivos serán precisas novas reunións. Estamos convencidos que só cando logremos unha plena identificación dos profesionais cos obxectivos de ADICAM, sexa cal sexa a súa categoría e cargo, poderemos conseguir o que ambicionamos: unha prevención do cancro realista e eficaz na Bisbarra do Morrazo.

Día a día, usuarios, coñecidos, amigos ou familiares están a ser diagnosticados de cancro. O estado da arte da medicina permite curar o cancro dalgunhas persoas, noutras lógrase prolongar a vida, pero non son poucos os casos onde case nada pódese facer, salvo acompañar e aliviar.

A prevención do cancro é posible e esta é a grande esperanza de cara ao futuro.

Page 18: DIARIO DUN MÉDICO EN ADICAM DUN MEDICO EN ADICAM_4_.pdf · doutro xeito - o tema se centrou en ADICAM. Mentres almorzabamos, unha recensión no xornal do día facía mención a cesión

Cambiar o estilo de vida dun pobo é unha tarefa moi dura e require de moito tempo. Se actuásemos de xeito coordinado, os mestres das escolas e dos institutos xunto cos sanitarios de atención primaria, poderiamos reducir por exemplo a porcentaxe de fumadores.

Se os habitantes da Bisbarra do Morrazo deixasen de fumar evitaríamos o 30% de todos os cancros e especificamente o 80% dos cancros de pulmón. É certo que o efecto non sería inmediato. Requírese un longo intervalo porque a carcinogénesis do tabaco prolóngase mais de 30 anos. Pero, a que esperamos?

Iniciar o hábito de fumar antes dos 20 anos de idade entraña un risco moi elevado de desenvolver cancro de pulmón, de vexiga ou de larinxe. Debido á forte adicción da nicotina, deixar o hábito de fumar a nivel individual encerra grandes dificultades, estas son as razóns polas que é preciso intervir dun xeito activo nas escolas e institutos.

Moitos tipos de cancro poderían evitarse se diminuísemos o consumo de tabaco e de bebidas alcohólicas, se evitásemos exposicións excesivas ao sol, se consumísemos frecuentemente froitas e verduras frescas, evitando o exceso de peso e por suposto, seguindo unha determinadas medidas de hixiene, protección e seguridade no traballo.

A prevención primaria ocúpase de tratar de loitar contra as causas do cancro que como sabemos non é unha tarefa doada, xa que en moitos casos descoñecemos porque xurde.

Só poderemos falar de prevención secundaria se logramos reducir a mortalidade do cancro a través dun diagnóstico precoz.

E, no momento actual, só podemos realizar este diagnóstico precoz de xeito eficaz en tres tumores malignos: • Cancro de mama, mediante a mamografía

(complementada pola exploración clínica). • Cancro de Colon, mediante a colonoscopia a

toda persoa asintomática de 50 ou máis anos (axudada do test de sangue oculto para establecer prioridades).

• Cancro de colo uterino, mediante a tripla toma xinecolóxica.

CONTINUARÁ….