Enel programa de caritas nose debe de escribir...

3
Xesús, acende en min a túa luz Xesús, no noso mundo a miúdo vemos que hai ladróns ou violentos que se esconden na escuridade para facer o mal. Tamén dentro de min descubro esa loita entre luz e escuridade, entre querer obrar ben e facer o mal. Hoxe no evanxeo descubría a Nicodemo acudindo de noite a ti, Xesús, e deixándose “acender” por ti. Como Nicodemo, tamén eu acudo a ti porque sei que se ti estás preto, a túa luz inúndame e non paro de amar os que me rodean, as miñas obras son boas e a miña fe grande. Grazas Xesús porque me enches de luz e de esperanza para que resplandeza o bo, xeneroso, amable e solidario que hai en min. O teu amor é fonte de toda luz e de todo amor. Tamén quero agradecer que haxa tantas persoas que sementan en min e en nós un pouco da túa luz, os guías e acompañantes que nos coidan e nos levan polo bo camiño. Xesús acende en nós a túa luz, a luz da fe, a luz da verdade, para que regalemos a todos a luz do teu AMOR. FELICIDADES PAPÁ Querido Xesús: Hoxe pídoche polo meu papá. Que nunca lle falte o traballo, nin teña problemas de saúde. Que estea feliz na nosa familia e cada día esteamos máis unidos, para que estea orgulloso de todos nós. Axúdame a confiar moito nel, a escoitar os seus consellos e a obedecer no que me pida. Pídoche que el estea contento e non se canse moito traballando por nós. Acompáñao en todo momento, cando traballa, viaxa, ou está connosco.

Transcript of Enel programa de caritas nose debe de escribir...

Xesús, acende en min a túa luzXesús, no noso mundo a miúdo vemos que hai ladróns ou violentos que

se esconden na escuridade para facer o mal.Tamén dentro de min descubro esa loita entre luz e escuridade, entre

querer obrar ben e facer o mal.Hoxe no evanxeo descubría a Nicodemo acudindo de noite a ti, Xesús,

e deixándose “acender” por ti.Como Nicodemo, tamén eu acudo a ti porque sei que se ti estás preto, a

túa luz inúndame e non paro de amar os que me rodean, as miñas obras son boas e a miña fe grande.

Grazas Xesús porque me enches de luz e de esperanza para que resplandeza o bo, xeneroso, amable e solidario que hai en min.

O teu amor é fonte de toda luz e de todo amor.Tamén quero agradecer que haxa tantas persoas que sementan en min e en nós un pouco da túa luz, os guías e acompañantes que nos coidan e nos levan polo bo camiño.Xesús acende en nós a túa luz, a luz da fe, a luz da verdade, para que regalemos a todos a luz do teu AMOR.

.

FELICIDADES PAPÁQuerido Xesús: Hoxe pídoche polo meu papá.

Que nunca lle falte o traballo, nin teña problemas de saúde.Que estea feliz na nosa familia e cada día esteamos máis

unidos, para que estea orgulloso de todos nós.

Axúdame a confiar moito nel, a escoitar os seus consellos e a obedecer no que me pida.

Pídoche que el estea contento e non se canse moito traballando por nós.

Acompáñao en todo momento, cando traballa, viaxa, ou está connosco.

Dálle paciencia, bo ánimo e moita ledicia.Quéroo moito e pídoche que o coides e o queiras ti tamén.

Graciñas, Xesús, polo meu papá.

2º libro das Crónicas 36, 14-16. 19-23 (breve): A ira e a misericordia do Señor serán manifestadas no exilio e na liberación do pobo.No ano primeiro de Ciro, rei de Persia, para cumprir o

que dixera Deus por medio de Xeremías, o Señor moveu a Ciro, rei de Persia, a promulgar de palabra e por escrito en todo o seu reino: «Así di Ciro, rei de Persia: O Señor, Deus do ceo, entregoume todos os reinos da terra. El encargoume construírlle un templo en Xerusalén de Xudá. Quen de entre vós pertenza a ese pobo, pode volver. Que o Señor, o seu Deus, estea con el!». Palabra do Señor.

Salmo 136: R/.- Que se me pegue a lingua ao padal se non me acordo de ti.

Efesios 2, 4-10: Mortos polos pecados, estades salvados por pura graza.

Xoán 3, 14-21: Deus enviou o seu Fillo para que o mundo se salve por el.

Narrador: Naquel tempo díxolle Xesús a Nicodemo: Xesús: -«O mesmo que Moisés elevou a serpe no deserto,

así ten que ser elevado o Fillo do home, para que todo o que cre nel teña vida eterna. Porque tanto amou Deus o mundo, que entregou ao seu Unixénito, para que todo o que cre nel non pereza, senón que teña vida eterna. Porque Deus non enviou o seu Fillo ao mundo para xulgar o mundo, senón para que o mundo se salve por el. O que cre nel non será xulgado; o que non cre xa está xulgado, porque non creu no nome do Unixénito de Deus.

Este é o xuízo: que a luz veu ao mundo, e os homes preferiron a tebra á luz, porque as súas obras eran malas. Pois todo o que obra o mal detesta a luz, e non se achega á luz, para non verse acusado polas súas obras. En cambio, o que obra a verdade achégase á luz, para que se vexa que as súas obras están feitas segundo Deus».

40 días CAMIÑANDO: No TÚNEL.Abandona a ESCURIDADE e vaite á LUZ.

1. VER: No túnel

-Podemos facer o xogo do Lazarillo: tápanse os ollos de varios membros do grupo, o resto os guía por un camiño con obstáculos procurando que non caian. Logo cámbianse os roles. Dialogamos ao final como nos sentimos e que é máis fácil ser acompañantes ou

acompañados. -Deixamos o templo da semana pasada e este domingo tócanos atravesar un túnel. Dialogade

40 días CAMIÑANDO: No TÚNEL.Abandona a ESCURIDADE e vaite á LUZ.

1. VER: No túnel

-Podemos facer o xogo do Lazarillo: tápanse os ollos de varios membros do grupo, o resto os guía por un camiño con obstáculos procurando que non caian. Logo cámbianse os roles. Dialogamos ao final como nos sentimos e que é máis fácil ser acompañantes ou

acompañados. -Deixamos o templo da semana pasada e este domingo tócanos atravesar un túnel. Dialogade