Evolución (galego)

6
Edición realizada co patrocinio de: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación evolución 09 Monografías de Comunicación Científica Entidade colaboradora: Museos Científicos Coruñeses Unha información elaborada por

description

http://www.casaciencias.org/docs/mc2-evolucion-gl.pdf

Transcript of Evolución (galego)

Page 1: Evolución (galego)

Edición realizada co patrocinio de:

CONSELLERÍA DE ECONOMÍAE INDUSTRIADirección Xeral de Investigación,Desenvolvemento e Innovación

evolución

09Monografías deComunicación Científica

Entidade colaboradora:

Museos Científ icos Coruñeses

Museos Científ icos Coruñeses

U n h a i n f o r m a c i ó n e l a b o r a d a p o r

Page 2: Evolución (galego)

! Somos os humanos o cumio daevolución?

Durante toda a historia, moitas culturas humanasnos teñen considerado como a especie elixida. Poriso tendemos a vernos aparte e por riba do resto

dos animais, como se fósemos o cumio dunha pirámideevolutiva ou o último elo dunha cadea de progreso. Pero arealidade é moi diferente. A evolución é un procesomovido polo azar das mutacións xenéticas, así que

non ten un obxectivo preesta-blecido. A evolución non significamellora nin progreso, senónadaptación para sobrevivir nas con-dicións actuais da Terra, así que nonhai especies superiores a outras.

! Cal é o “elo perdido” da evolución?

E n realidade non hai un, senón moitos. Por exem-plo, en 2004 descubriuse o fósil do Tiktaalik, un ani-mal que viviu hai 375 millóns de anos e compartía

características de peixe (escamas,branquias) e de anfibio (pulmóns,pescozo flexible). Foi unha transiciónentre os vertebrados acuáticos e osterrestres. Chamámoslles “elosperdidos” ás especies antigasque serven como exemplo dunsalto evolutivo. O seu valor é sim-bólico, pois para demostrar a evolu-ción non é necesario atopar fósiles dehíbridos entre as diferentes especies.

24 de novembro de 1859publicouse un dos libroscientíficos de maiortranscendencia social.Titulábase “A orixe das

especies por medio da selecciónnatural” e o seu autor era CharlesDarwin. Nas súas páxinas explicaba avida de todos os organismos, sereshumanos incluídos, como un longoproceso de evolución gradual, medianteo que todas as especies están máis oumenos emparentadas biolóxicamente.Este ano cúmprese o 150 aniversariodesta publicación e o 200 do nacementodo seu autor.

O ! Se os humanos descendemosdos monos, como dixo Darwin, porque os monos seguen existindo?

D arwin non dixo que os humanos descendemos dosmonos e simios actuais, senón que temos undevanceiro común a eles e ao resto dos pri-

mates. Daquela, os chimpancés, gorilas e orangutáns nonson os nosos “avós” senón os nosos “curmáns”. Estes ani-mais pertencen a outras ramas da nosa familia biolóxica, ena natureza é moi habitual que coexistan diferen-tes especies cun antecesor común. Todos os primatesdescendemos duns animais arborícolas que viviron hai 60millóns de anos, alimentábanse de insectos, tiñan visiónfrontal e mans co polgar opoñible.

Simpáticas postaiseditadas polo Museo deHistoria Natural deStuttgart (Alemaña)

Dous anos despois da publicación de “Aorixe das especies” atopouse un fósil

de Archaeopteryx, presentado como oelo perdido que suxire a relación entreaves e réptiles. Posuía características

de réptil (anatomía, dentes) e de ave(brazos alados, plumas)

Os Museos CientíficosCoruñeses sumáronse áconmemoración internacionaldo Ano Darwin con diferentesactividades sobre evolución

Page 3: Evolución (galego)

! A selección natural fai quesobrevivan os máis fortes emelloren así as especies?

Á s veces os mellor adaptados son os máis fortes, pero outrasveces poden ser os que máis corren, os que mellor se agochanou, simplemente, os máis fértiles. Como a fortaleza física nor-

malmente require consumir máis alimentos, pode ser incluso unhadesvantaxe para a supervivencia en tempos de escaseza. A selec-ción natural elixe as características dos que mellor sobrevi-ven no seu entorno e ademais son quen de reproducirse e trans-mitir aos seus fillos esas características, sexan as que sexan.

O popular artista holandés M.C. Escher (1898-1972) ilustrou unpeculiar encontro evolutivo entre simios e humanos

! Como sabemos que os nososdevanceiros veñen de África?

S egundo aparecen novos fósiles, vaise reconstruíndoa árbore xenealóxica dos homínidos, que é a familiabiolóxica á que pertence a especie humana. Darwin

xa predixo a orixe africana da especie humana. Istodemostrouse cos estudos xenéticos e a apariciónen África dos fósiles máis antigos da nosa liñaxeevolutiva (Australopithecus, Homo habilis, etc.).

! Seguiremos evolucionando?Como seremos os humanos nofuturo?

A s especies actuais son o resultado dun proce-so de adaptación ás condicións de vida, queforon cambiando desde a orixe da Terra. Por exem-

plo, o clima cambiou moito desde a época dos dinosaurose seguirá cambiando. Xurdirán novas especies e outrasextinguiranse. A evolución seguirá para todas as especies,incluída a nosa. Como a evolución é un proceso no quexogan un papel fundamental o azar e os sucesos inespera-dos, é imposible predicir como van ser os humanosdo futuro ou cando nos extinguiremos.

! Por que se produce a evolución?

P orque todos os individuos dunha mesma especie son lixei-ramente distintos. E esas pequenas diferencias fan quealgúns estean mellor equipados para sobrevivir e reprodu-

cirse. Se os seus descendentes herdan esas vantaxes, co tempopoden acabar estendéndose a toda a poboación. Así xurdirontodas as especies. A clave está nas alteracións aleatoriasdo ADN (mutacións xenéticas), que son as responsablesde que aparezan por azar individuos lixeiramente dife-rentes. Na evolución tamén interveñen fenómenos naturaisexcepcionais (por exemplo, o impacto de meteoritos).

! O pescozo das xirafas creceu paraasí chegar ás follas altas das árbores?

A lgúns naturalistas do século XIX pensaron que o longo pes-cozo das xirafas sería o resultado dos esforzos realizadosdurante xeracións para alcanzar as copas das árbores.

Pero os seres vivos non evolucionan guiados polo seu interese ounecesidades. Darwin explicou que foi o azar o que fixo que apare-ceran algunhas xirafas cun pescozo algo máis longo. E que aselección natural foi favorecendo a supervivencia dexirafas cada vez máis longas de pescozo. O que non estáclaro é que chegar ás follas altas fose a razón do seu éxito.

! Se hai evolución, por que temosno corpo cousas que nonnecesitamos ou estorban? (Porexemplo, moas do xuízo, mamilasnos machos, etc.)

O s seres vivos conservamos trazos dos nosos ante-pasados aínda que xa non cumpran ningunha fun-ción especial. A selección natural non elimina as

características que non aportan nada, e iso proba que non haiun obxectico de mellorar ou perfeccionar as especies. Ás vecesas características inútiles para nós foron útiles para os nososdevanceiros, outras veces son efectos secundarios doutros tra-

zos imprescindibles.Tamén pode ser quemanteñan por puroazar, pois temosmoitos trazos quenon son resultadodunha adaptación.

Moitas serpes conservan estruturasóseas vestixiais onde os seus antigos

antecesores tiñan patas

! Cando apareceron a intelixencia ea fala na evolución dos humanos?

Aintelixencia e a fala son dúas características huma-nas das que presumimos moito. Sempre pensamosque son algo moi exclusivo noso e que a súa apari-

ción impulsou a evolución humana. Os fósiles e restosdos nosos devanceiros non permiten precisarcando empezaron a falar, pero si permiten supo-ñer que podían falar. Por outra banda, sabemos que oschimpancés poden aprender formas de comunicación moipróximas á linguaxe humana. E, sen dúbida, a linguaxeten un gran valor: permite a comunicación, o coñecemen-to e o pensamento profundo.

PelvisFémur

Page 4: Evolución (galego)

Seleccionando os individuos con máis quetas

0 5 10 15 20 25 30 35 40 45

Xeracións de moscas

Númerode quetas

56

52

48

44

40

36

32

28

240 5 10 15 20 25 30

Intervalo de 5 xeraciónsdurante o que non serealiza seleción

Seleccionando os individuos con menos quetas

! Que son os fósiles vivintes?

Darwin descubriu que as especies evolucionan a distintavelocidade. Algunhas cambian en pouco tempo, pero haioutras especies que se manteñen case inalteradas

durante moitos millóns de anos: son os chamados fósilesvivintes. Entre eles se atopan os crocodi-los, o náutilo, o ginkgo ou o celacanto, unpeixe que se cría extinguido desde hai máisde 65 millóns de anos, ata que en 1938 secapturou un exemplar vivo. Ese peixe eramoi parecido aos fósiles dos seus devan-ceiros do Cretácico!

! Os microbios son os seres vivosmáis sinxelos: son entón os quemenos evolucionaron?

P ara dicir que unha especie evolucionou máis que outrahai que buscar un criterio obxectivo. Por exemplo, caldelas acumulou máis cambios na súa evolución desde o

devanceiro común máis próximo a ambas as dúas especies?Considerando todas as especies, as que máis evolucionaronson precisamente algunhas das máis simples: as bacteriasreprodúcense a gran velocidade, acumulando muta-cións a un ritmo moito maior que os organismos máiscomplexos.

! Como descubriu Darwin a evolución?

V arios naturalistas xa defenderan a evolución antes que Darwin.Pero el foi o primeiro que soubo explicala. Na súa viaxearredor do mundo recompilou moreas de exemplos de

como a vida parecía adaptarse ao seu entorno. Esa experien-cia, e a lectura do libro de Charles Lyell (“Principios de Xeoloxía”) fixe-ron que na súa volta a Inglaterra xa estivera convencido de que asespecies cambian, pero non entendía o mecanismo destes cambios.Finalmente, conseguiu explicalo en 1838, cando deu coa idea daselección natural. Inspirouse nos agricultores que seleccionaban asmellores variedades, e tamén nas ideas do estudoso Thomas Malthussobre a competencia polos recursos e a loita pola supervivencia.

Experimento sobre a evolución

Esta gráfica ilustra como varía o número de quetas -pelos ríxidos- desucesivas xeracións de moscas da froita, segundo o experimentadorselecciona os individuos reprodutores.

O Nautilus é un representante vivo dun grupode animais que apareceron hai uns 600 millónsde anos e apenas cambiaron

Bacteria Escherichia coli

Darwin investigou a variacióndas especies (en concreto aspombas) mediante selección

artificial. A ilustración mostra otipo orixinal -no centro- e

diferentes variacións obtidaspor selección dos reprodutores

! Para que serve a teoría daevolución?

E n primeiro lugar, sérvenos para entender a historia davida no noso planeta. Tamén, para coñecer como cam-bian as especies en relación co seu medio natural.

Algo moi importante, pois a conservación da biodiversi-dade é fundamental para a civilización humana. Eademais o coñecemento dos procesos evolutivos inspira apli-cacións prácticas en sanidade pública (mellores vacinas), eninvestigacións policiais (cambios no ADN) e na optimizaciónde deseños tecnolóxicos (pontes, redes de comunicación,programas informáticos).

! O de Darwin é unha teoría pero,na práctica, están seguros oscientíficos de que as especiesevolucionan?

S i. Os científicos atoparon evidencias da evoluciónnos fósiles e na comparación da anatomía e os xenesde diferentes especies. E por se aínda quedaran

dúbidas, tamén foron quen de observar “en directo” a evo-lución en poboacións de bacterias, peixes ou insectos.Grazas as evidencias e as observacións directas, a evolu-ción xa non se pode cuestionar: é un feito científico tandemostrado como a rotación da Terra ou a existencia dosátomos. Iso non quita que a teoría que explica a evoluciónse poida mellorar e ampliar.

Page 5: Evolución (galego)

! Os humanos estamoscambiando o curso daevolución?

A evolución é o resultado da adaptaciónao medio natural. E como os humanostemos a capacidade de alterar o medio

ambiente, non hai dúbida de que oshumanos estamos condicionando a evo-lución de moitos organismos e provo-cando a extinción de especies. O impactohumano no noso entorno tamén cambiará anosa propia evolución. Sen embargo, a tecno-loxía humana (roupas, vivenda, etc.) permiteque nos adaptemos a algúns cambios senmodificar a nosa natureza.

! Hai razas humanas máis evolucionadas que outras?

E n realidade hai tempo que se descubriu que non existenas razas humanas. As diferencias entre os distintosgrupos étnicos non teñen relevancia biolóxica.

Xenéticamente poden parecerse máis un negro e un branco, quedous negros ou dous brancos entre si. Todos os humanosestamos igual de evolucionados.

! Todos os seres vivos veñen dunúnico antepasado?

A ciencia ten evidencias de que todas as especiesactuais teñen un devanceiro común: por exemplo,o feito de que todos os seres vivos da Terra temos o

mesmo código xenético, ou que no interior das células detodos os organismos teñen lugar procesos que seguen asmesmas pautas bioquímicas. Ainda hai incógnitas sobre aorixe da vida, pero os datos a sitúan hai 3.500 millóns de anos.E segundo os coñecementos actuais, os primeiros organis-mos vivos puideron ser un tipo de bacterias moi simples.

! En qué se equivocou Darwin?

D arwin descubriu o principal motor da evolución, a selec-ción natural, aínda que non entendía de todo como fun-cionaba ese motor. Non soubo explicar tres cousas

importantes: como aparecen novos trazos que diferencian unsindividuos de outros, como se herdan os trazos favorecidospola selección natural, e como se estenden por toda a poboa-ción dunha especie. A teoría da evolución por selecciónnatural estivo incompleta ata que, a mediados do sécu-lo XX, as investigacións en xenética permitiron resol-ver esas dúbidas (e considerar novas preguntas).

! Puido crear Deus a vida porevolución?

N on hai probas científicas de que haxa intervención divi-na na evolución… aínda que tampouco se pode demos-trar o contrario. A ciencia non se ocupa deste tipo

cuestións, só investiga feitos eprocesos que se poden observar,medir ou recrear. As crenzasrelixiosas quedan á marxe dainvestigación científica.

! Despois de 150 anos, a teoría deDarwin quedou anticuada ante osnovos avances científicos?

D arwin demostrou que a evolución é un feito edescubriu que a selección natural é o principalmotor da evolución. Esas son as súas dúas grandes

aportacións científicas e hoxe en día están máis vixentes quenunca. Outras ideas da súa teoría foron melloradas e comple-tadas grazas a novas investigacións. Tamén xurdiron novosdatos que manteñen aberto o debate sobre algúns detalles,como sucede con todas as teorías científicas.

O dodó era un ave das illasMauricio que o ser humano

extinguiu a mediados doséculo XVII

Portadarevista TIME

Verdadeiro Non están seguros Falso

Islandia

Dinamarca

Suecia

Francia

Xapón

Reino Unido

Noruega

Bélxica

España

AlemañaIta

lia

Países Baixo

s

Hungría

Luxemburg

o

Irlanda

Eslove

nia

Finlandia

Rep. Checa

Estonia

Portugal

MaltaSuíza

Rep. Eslova

ca

Polonia

Austria

Croacia

Rumanía

Grecia

Bulgaria

Lituania

Chipre

Letonia

EE.UU.

Turquía

Aceptación da Teoría da EvoluciónEste estudo, realizado en 2005,

quixo ilustrar a aceptación públicada evolución en diferentes países

Page 6: Evolución (galego)

! Está prohibida a teoría da evolución nalgún país? ¿Tivo Darwinproblemas de censura e incomprensión?

A lgúns descubrimentos científi-cos provocan rexeitamentoporque contradicen ideas ou

intereses moi asentados. Iso sucedeucoa teoría da evolución. En moitos países,incluida España, prohibiuse o seu ensinodurante décadas. Hoxe son menos, pero a

batalla continua en Estados Unidos, ondehai grupos antievolucionistas moi activos.De feito, unha nova película sobre Darwinatopou problemas para estrearse alí no2009. Tamén no Ano Darwin, censurouseun artigo sobre a súa figura nunha revistacientífica de Turquía. Portada censurada da revista turca

“Ciencia e tecnoloxía” xunto á quefinalmente chegou ao público

Diferentes debuxantesironizaron sobre as ideas deDarwin reflectindo orexeitamento social quecausaban

DESEÑO E MAQUETACIÓN OCTO PUBLICACIONES

Museos Científ icos Coruñeses

Museos Científ icos Coruñeses

Museos Científ icos Coruñeses

Museos Científ icos Coruñeses

C onsidérase que é un dos científicos máis relevantes dahistoria. Manifestou unha vocación temperá pola cien-cia natural, na que, ademais de importantes contribu-

cións, provocou unha revolución. Hoxe considérase que aevolución da vida e do ser humano é un feito científico, e queo seu principal mecanismo é a selección natural.

! A viaxe do BeagleO suceso máis fundamental na vida de Charles Darwin foi asúa viaxe a bordo do Beagle, unha travesía marítima na que

durante cinco anos estudou a natureza (plantas, animais salvaxese domésticos, fósiles, etc) de moi diferentes lugares do mundo.As experiencias, estudos, lecturas e reflexións coas que desem-barcou situárono no camiño que o levaría anos despois a proporas súas ideas sobre a evolución.

! A orixe das especiesTras 23 anos de reflexións, experimentos e outros traballosDarwin fixo públicas as súas ideas no libro “A orixe das especiespor selección natural”. O principal motivo que impulsou estaedición foi a recepción dunha carta dun naturalista, chamadoAlfred Wallace, na que lle presentaba unhas ideas sobre a evo-lución da vida que eran similares ás súas. O temor á reaciónque a súa proposta podía provocar aconselloulle realizar noescrito unha mínima alusión ao ser humano, pero a polémicasocial que causou a súa teoría deulle o protagonismo a estetema. Moitos entenderon que as súas palabras contradicían asda Biblia e a orixe divina do ser humano.

Charles Darwin (12 de febreiro de 1809-19 de abril de 1882)

Darwin embarcou con 22 anos no HMSBeagle, para realizar unha viaxe ao

redor do mundo que se prolongoudesde 1831 ata 1836

Darwin logo definalizar a súavolta a bordodo Beagle

Nos derradeirosanos da súa vida

Esta era a súaaparencia candopublicou “A orixedas especies porselección natural”