Música tradicional galega - WordPress.com€¦ · Música tradicional galega 1 Música tradicional...

9
Música tradicional galega 1 Música tradicional galega Tocando no laúde, nunha miniatura das Cantigas de Santa María. A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, alalás, etc), instrumentos (gaita galega e pandeireta, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental [1] . Historia As Cantigas de Santa María do século XIII son ricas: letra, música e miniaturas A orixe da música tradicional galega é escura. As primeiras referencia remóntanse á música medieval, mais aínda que se conserven varios cancioneiros xeralmente non inclúen notación musical. Temos algunha excepción como Martín Codax (trobador do século XIII) ou Don Dinís, pois consérvanse dous pergamiños coa letra e música das súas composición (pergamiño Vindel e pergamiño Sharrer). Significativas son tamén as Cantigas de Santa María de Afonso X, non só por incluír a parte musical, senón que pola súa extensión e calidades subliñan a importancia da cultura galega da época, tanto no eido musical como no literario. Sábese que a gaita era común naquela altura, e que en xeral existían xa os principais instrumentos presentes na tradición musical: gaitas, zanfonas e instrumentos de corda aparecen en códices, capiteis románicos ou no ben coñecido Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago. Estas representacións permiten a reconstrución dos instrumentos e fan posible as interpretacións actuais da música medieval na actualizade. Coincidindo cos Séculos escuros e a decadencia do uso culto da lingua e cultura galega, a música tradicional pasa a ter unicamente como vía de transmisión a oral, e non podemos máis que reconstruíla a través das panxoliñas, cantos de berce, de cego e outras mostras musicais que chegaron até a actualidade. Non foi ata finais do século XIX e comezos do século XX cando se produciu unha reivindicación da tradición, en ocasións de mans do nacionalismo político. Por unha banda houbo as primeiras recolleitas sistemáticas e publicadas: Marcial del Adalid, Isidoro Hernández e José Inzenga son os primeiros dunha longa lista de investigadores que trataron de estudar a nosa música. Por outra banda, salientaron figuras como Perfecto Feijoo, gaiteiro e zanfonista,

Transcript of Música tradicional galega - WordPress.com€¦ · Música tradicional galega 1 Música tradicional...

Page 1: Música tradicional galega - WordPress.com€¦ · Música tradicional galega 1 Música tradicional galega Tocando no laúde, nunha miniatura das Cantigas de Santa María. A música

Música tradicional galega 1

Música tradicional galega

Tocando no laúde, nunha miniatura das Cantigasde Santa María.

A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas(muiñeiras, xotas, alalás, etc), instrumentos (gaita galega e pandeireta,entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional queevolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreasveciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musicalde Europa Occidental[1].

Historia

As Cantigas de Santa María do século XIII sonricas: letra, música e miniaturas

A orixe da música tradicional galega é escura. As primeiras referenciaremóntanse á música medieval, mais aínda que se conserven varioscancioneiros xeralmente non inclúen notación musical. Temos algunhaexcepción como Martín Codax (trobador do século XIII) ou Don Dinís,pois consérvanse dous pergamiños coa letra e música das súascomposición (pergamiño Vindel e pergamiño Sharrer). Significativasson tamén as Cantigas de Santa María de Afonso X, non só por incluíra parte musical, senón que pola súa extensión e calidades subliñan aimportancia da cultura galega da época, tanto no eido musical como noliterario.

Sábese que a gaita era común naquela altura, e que en xeral existían xaos principais instrumentos presentes na tradición musical: gaitas,zanfonas e instrumentos de corda aparecen en códices, capiteisrománicos ou no ben coñecido Pórtico da Gloria da Catedral deSantiago. Estas representacións permiten a reconstrución dosinstrumentos e fan posible as interpretacións actuais da música medieval na actualizade.

Coincidindo cos Séculos escuros e a decadencia do uso culto da lingua e cultura galega, a música tradicional pasa ater unicamente como vía de transmisión a oral, e non podemos máis que reconstruíla a través das panxoliñas, cantosde berce, de cego e outras mostras musicais que chegaron até a actualidade.

Non foi ata finais do século XIX e comezos do século XX cando se produciu unha reivindicación da tradición, en ocasións de mans do nacionalismo político. Por unha banda houbo as primeiras recolleitas sistemáticas e publicadas: Marcial del Adalid, Isidoro Hernández e José Inzenga son os primeiros dunha longa lista de investigadores que trataron de estudar a nosa música. Por outra banda, salientaron figuras como Perfecto Feijoo, gaiteiro e zanfonista,

Page 2: Música tradicional galega - WordPress.com€¦ · Música tradicional galega 1 Música tradicional galega Tocando no laúde, nunha miniatura das Cantigas de Santa María. A música

Música tradicional galega 2

que fundaría Aires d'a terra. Esta coral durante 14 anos levaría a música galega por distantes xeografías e realizaría aprimeira gravación comercial de música galega en 1904. Este sería un dos varios coros galegos que viron a luznaquela época e que bebían das fontes tradicionais para o seu repertorio, que logo interpretaban fronte a elitesurbanas, dentro do movemento musical europeo chamado coralismo.

Estatua aos Gaiteiros de Soutelo.

Tamén durante a primeira metade do século destacan as figuras deRicardo Portela ou Avelino Cachafeiro, que son fonte deinspiración de moitos músicos posteriores e que dignificaron oinstrumento da gaita e o seu significado social.

Paralelamente a esa reivindicación dábanse certas condicións que,igual que noutras entidades étnicas europeas, a interpretaciónespontánea fose esmorecendo; por unha banda, o ambiente ruralfoi mudando e desaparecían os traballos comunais, principaismomentos onde xurdía a música. Por outra banda, a emigraciónque afectou a Galicia durante os séculos XIX e XX impediu unhacompleta transmisión oral.

Durante o franquismo, a música tradicional foi forzada a adaptarseá visión política do momento, e as manifestacións máis vistosasforon transformadas en espectáculos patrióticos, o que conduciu aodeclino na popularidade dos estilos tradicionais (o "folclorismo"),a castelanización das letras e a deturpación tanto das formasmusicais como das danzas que as acompañaban. Non sería até adesintegración e caída do franquismo que a tradición non voltou ater sida en conta, tanto por novos grupos (Fuxan os ventos é o casomáis salientable neste senso) como por agrupacións folclóricas,

que ben continuaron en certa medida coas formas impostas por Educación y Descanso e os grupos de Coros yDanzas da Falange Española, ou afondaron na recolleita e reconstrución da música tradicional. Nese momentorecuperáronse moitas formas tradicionais, tentouse dignificar a gaita e apareceron festivais, como o FestivalInternacional do Mundo Celta (1977), que contribuíron a establecer grupos musicais. Algúns grupos destes primeirostempos que reaprenderon os estilos tradicionais foron Os Areeiras de Catoira, Os Rosales, Os Campaneiros deVilagarcía,Os Morenos de Lavadores, e Os Irmáns Graceiras. Antón Corral creou un obradoiro de música popular degrande influencia na Universidade Popular de Vigo. A formación máis notoria aparecida nesta altura foi Milladoiro.

Nas últimas décadas do século XX, moitos músicos galegos comezaron a considerar que a música galega era polomenos parcialmente "céltica" en orixe, de maneira que procuraron influencias nas músicas de Irlanda e Escocia, asícomo da Bretaña francesa. A pesar de que esta relación é moi discutida, o resultado foi a proxección internacional danosa música, coincidindo cun espallamento xeral da música tradicional como contestación as músicas máiscomerciais.

Page 3: Música tradicional galega - WordPress.com€¦ · Música tradicional galega 1 Música tradicional galega Tocando no laúde, nunha miniatura das Cantigas de Santa María. A música

Música tradicional galega 3

Carlos Núñez

A partir dos anos 1980 apareceron moitos grupos e cantantes novosque partindo da música tradicional a fusionaron con outras músicas,ben máis modernas (o pop ou o techno, por exemplo) ou provenientedoutras culturas, sobre todo dos chamados países celtas: Irlanda,Escocia, a Bretaña Francesa... dando a lugar unha corrente de músicafolk. Uxía Senlle, que comezara con Na Lúa, Luar na Lubre, o gaiteiroCarlos Núñez e Milladoiro foron quen máis teñen popularizado amúsica galega, a nivel estatal e internacional. O disco de Carlos NúñezA Irmandade das Estrelas de 1996 vendeu máis de 100.000 copias.

A celtificación da música galega tamén tivo nas bandas de gaitas unhaimportante repercusión. Estas formacións son orixe dunha fortepolémica, chamada habitualmente guerra das gaitas. Os principaispuntos de crítica son a súa estética, tanto visual como musical, osinstrumentos empregados, e en xeral polo seu afastamento doconsiderado tradicional. A Real Banda de Gaitas é o máis significativocaso deste tipo de agrupacións.

Outros gaiteiros modernos son Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane e Cristina Pato. A aparición destas dúasmulleres no mundo da gaita rompeu definitivamente coa visión estritamente masculina do gaiteiro. Outra muller congrande proxección é Mercedes Peón, posuidora dunha potente voz e que afonda tanto na reivindicación da tradicióncomo na súa reinterpretación en linguaxes musicais modernas. Tamén xurdiron nos últimos anos grupos depandeireiras de recoñecido prestixio, como por exemplo Leilía, ou dentro da corrente máis moderna, Anubía,Faltriqueira, Ialma ou Donicelas.

Instrumentos

Gaita galega

Os instrumentos tradicionais máis significativo son a gaita e apandeireta. Pero non sempre foron instrumentos doados de conseguir.Por esta razón cunchas, piñas, tixolas, baldes de metal, un sachogolpeado cun seixo, paus... servían de acompañamento habitual nosmomentos de traballo ou cando non se dispuña doutra posibilidade.

Instrumentos de vento

A esta familia de instrumentos pertence a gaita, pero tamén se usan opito ou a requinta.A gaita, como dixemos, é o instrumento por excelencia na tradiciónmusical galega. Componse dun fol, onde se insufla aire polo soprete, un punteiro, onde se dixita a melodía, e trestubos (roncón, ronquete e ronquillo) que fan notas pedal. O roncón apóiase no ombreiro do intérprete, e o ronquete eo ronquillo no brazo esquerdo. Segundo a dixitación empregada fálase de tocar en aberto ou en pechado. Variantesdeste instrumento son a gaita de barquín, no que un barquín que lle da nome é o que insufla aire no fol. Outravariante é a gaita de cana, recuperada por Xavier Blanco, con tubos feitos dese material.

O pito aseméllase a unha frauta doce; ten forma cónica e sete furados na parte dianteira e un na posterior e tócase demaneira semellante ao punteiro da gaita. Tradicionalmente facíase en Mi bemol, pero Antón Corral popularizounosen Re.A requinta é parecida ao piccolo e ten sete furados e unha chave final. Normalmente faise en Sol ou, ás veces, nun Do alto. A súa orixe remóntase, segundo Ana Sánchez Brunete e Enrique Montero, na necesidade de frautas para a

Page 4: Música tradicional galega - WordPress.com€¦ · Música tradicional galega 1 Música tradicional galega Tocando no laúde, nunha miniatura das Cantigas de Santa María. A música

Música tradicional galega 4

interpretación de música na Catedral de Santiago, que acabaron sendo construídas por obradoiros do país. Polas súascaracterísticas musicais logo pasaría a ser empregada xunto coa gaita.Outros instrumentos inclúen o chifre e a ocarina e por influencia das bandas militares e da música procedente deAmérica, o clarinete, o saxofón ou o acordeón.

Instrumentos de percusión

A pandeireta

O bombo confeccionas cun grande cilindro de madeira con dúasmembranas de pel. Tócase cunha única maza e leva o ritmo principalacompañando a gaita, pero nunca superando o son desta.

O tamboril é similar ao bombo, pero de moito menor tamaño e polotanto, de son mais agudo, e tánxese con dúas baquetas. Ten bordóns sóna parte superior. Acompaña normalmente a gaita. A medida que aspezas, instrumentos e formacións foráneas foron introducíndose nacultura galega, os tamborís foron substituídos por redobrantes de sonmáis seco, con bordóns na parte inferior, e que permite redobres máisnítidos e doados.

O pandeiro (semellante ao adufe portugués) é cadrado, ten dúas caras eno seu interior colócanse os axóuxeres que acompañan o son do parche. Interprétase apoiando nunha man e tanxidopola outra, facendo a man de apoio tamén golpes sinxelos. Outros tócano apoiado no colo ou atado cunha cinta aopescozo, sendo este un xeito de tocar máis moderno.

A pandeireta é un instrumento tradicionalmente feminino e consiste nun aro de madeira con dúas filas de pares deferreñas alternadas. Do aro cóbrese só unha cara, que é a que se golpea contra o pulso, a palma da man ou osextremos dos dedos. O xeito de tocalo depende das zonas e do intérprete, e tanto acompaña outros instrumentoscomo serve de único acompañamento para a interpretación de cancións. O seu pequeno tamaño, a súa versatilidade eo relativamente barato da súa construción fixo que actualmente sexa un instrumento moi popular.Dúas cunchas de vieira rascadas unha contra outra tamén poden acompañar calquera peza, así como as tarrañolas,que son dúas lamelas de madeira ou incluso xisto.O charrasco, un instrumento xa pouco empregado na actualidade, consiste nun mango longo de madeira en cuxoextremo superior vai un rectángulo de madeira onde se sitúan un número variable de ferreñas; un arame vai da partesuperior á inferior pasando por un pau transversal que o tensa. Cun pau golpéase ou rózase o arame, e ao tempogolpease o instrumento enteiro contra o chan. O seu uso limítase actualmente ás charangas de Nadal, característicosdas Rías baixas.

Page 5: Música tradicional galega - WordPress.com€¦ · Música tradicional galega 1 Música tradicional galega Tocando no laúde, nunha miniatura das Cantigas de Santa María. A música

Música tradicional galega 5

Instrumentos de corda

Tocando o organistrum no pórtico da Gloria,catedral de Santiago de Compostela (século XII)

Non existe tradición de instrumentos de corda a excepción da zanfonae o violín, ámbolos dous vinculados a cegos e esmoleiros quepercorrían a xeografía galega.

A zanfona desapareceu a mediados do século XX, e foi recuperada porFaustino Santalices e Xosé Lois Rivas. As gravacións máis antigasdeste instrumento foron as de Perfecto Feijoo en 1904. A zanfonagalega ten unha estrutura similar a da zanfona que se atopa espalladapor toda Europa.

O violín chegou a Galicia de mans de peregrinos, e pasaron a mans decegos e esmoleiros. Sendo o violín un instrumento de difícilinterpretación e afinación, e como os intérpretes tocaban de ouvido,non era raro que este soase desafinado. O seu uso tradicional perdeuse,aínda que quedarán como testemuña as gravacións de Florencio, oCego dos Vilares. Actualmente reapareceu na música folk, porinfluencia dos grupos irlandeses que adoitan a usala nas súasinterpretacións.

Na Idade Media tamén se usou a arpa mais esta desapareceu haiséculos. Volveu a incorporarse nos anos 1970 cando a usou EmilioCao; posteriormente, tamén a incluíron músicos como Quico Comesaña e Rodrigo Romaní influenciados pola arpacéltica de Escocia, Irlanda e a Bretaña Francesa. Tamén se incorporaron nas últimas décadas a guitarra española, obuzuqui e a mandolina.

Agrupacións habituais

Ensaio da Banda Galega Hospitalet

Os instrumentos combínanse segundo as necesidades e os recursos, enpequenas agrupacións compostas só de instrumentos de percusión oude percusión e melódicos.Se falamos da gaita, na actualizade a combinación de dúas gaitas,tamboril e bombo é a mais estendida, e denomínase comunmente comocuarteto tradicional, ó cal se lle pode engadir outros instrumentos depercusión como pandeiretas ou cunchas. Por quinteto tradicionalenténdese comunmente un cuarteto co engadido doutro instrumentomelódico ou harmónico, como acordeón, requinta, clarinete...

Os grupos de pandeireteiras componse de varias mulleres(ocasionalmente homes) tocando exclusivamente instrumentos de percusión, non só pandeiretas. As charangas, aíndaque non se consideran estritamente tradicionais, inclúen entre os seus instrumentos moitos tradicionais, e son propiasdas Rías Baixas, onde actúan como pasarrúas durante as festas de Entroido. As bandas de gaitas, compostas porducias de intérpretes, tampouco se consideran tradicionais, aínda que o seu repertorio o sexa.

Page 6: Música tradicional galega - WordPress.com€¦ · Música tradicional galega 1 Música tradicional galega Tocando no laúde, nunha miniatura das Cantigas de Santa María. A música

Música tradicional galega 6

XénerosO pobo empregaba a música en moitas ocasións e por numerosos motivos: para expresar as súas inquedanzas, paratransmitir normas sociais, protexerse dos males e atraer os favores divinos, celebrar acontecementos vitais, facilitar otraballo, divertirse ou facer mais levadeiros os momentos duros... Debido a que era raro o acontecemento que nonservía como escusa para cantar, tocar ou bailar, xurdiron diversidade de xéneros musicais. Estas expresións musicais,ademais, están en moitas ocasións fortemente vinculadas as tradicións, ritos, traballos e aos saberes populares, eresulta imposible separalos.Os cantos galegos máis antigos empregan una reducida variedade de escalas. Unha mesma melodía varía de ton,entoación e incluso ritmo dependendo o intérprete e a zona xeográfica. Incluso no mesmo intérprete vai cambios;moitas melodías constrúense de xeito definitivo no momento mesmo de cantalas, sendo a interpretación individualun valor importante dentro da música galega.Algúns xéneros non son totalmente pechados ou non están totalmente definidos, ou teñen variantes o nomes distintosao longo da xeografía. Algúns xéneros defínense pola súa utilidade ou temática, mentres que outros veñen definidospolos ritmos, o que fai difícil a súa clasificación. As letras e melodías combínanse moitas veces libremente, e inclusouna mesma melodía adáptase a diferentes ritmos e funcións, dependendo do intérprete e da zona. Con tododistínguense algúns xéneros con características ou temáticas propias.• Diversos cantos relixiosos relaciónanse coa celebración do Nadal. Os aninovos e os reis ou panxoliñas cantábanse

na última noite do ano e ao redor do seis de xaneiro respectivamente. Estes últimos tiñan narraban a tradición donacemento do neno Xesús. Posteriormente foron substituídos por vilancicos, pezas de orixe culta, con ritmo demuiñeira nova pero máis lento[2]. Todas estas cancións interpretábanse a coro e acompañados de percusión egaita. Arrancaban cunha petición de licenza e remataban cun aguinaldo, é dicir, pedindo agasallos ou invitacións achourizos, viño ou algunha larpeirada. Os manueles son un xénero máis moderno no que se felicita os que estánde santo o primeiro de ano.

• No entroido e na festa dos maios empregábanse a música para facer crítica e escarnio de xeito público sobreacontecementos que tiveran lugar durante o ano. Tiñan lugar representacións humorísticas e actuacións mais oumenos improvisadas. Os nenos eran os principais protagonistas dos maios, pero fosen estes ou os maiores, non erararo que se pedise tamén unha compensación económica pola interpretación ou, mais modernamente, polas follasque se repartían trala actuación.

A zanfona era un instrumento típicodos cantos de cego

• Os cantos de berce, de arrolo ou arrorrós eran empregados para adormecer osmais cativos da casa. Eran de ritmo pausado, e tanto podían ter unha temáticainfantil como tamén chegar a contar algunha historia. Outros cantossignificativos eran as cancións infantís, as enumerativas e outros cantos queacompañaban os xogos dos mais pequenos.

• Os alalás son a forma de música galega máis antiga e mellor coñecida.Cantábanse sós, sen acompañamento musical e con ritmo libre. Baséanse nuntema breve que repite a melodía que tamén se pode separar con frases degaita. As melodías eran case sempre diatónicas.

• Vinculados ao traballo estaban os cantos de arada, de seitura, de maza-lo liño-as espadeladas-, cantos de maza-lo leite, e para outros traballos similares.Tamén había cantos asociados a oficios concretos: cantos de arrieiro, decanteiro, de ferreiro... Estes cantos eran, ou ben de ritmo e interpretación libre,ou ben de ritmo moi marcado e axeitado ao ritmo propio de traballo e do movemento do corpo ao traballar. Destexeito, estes cantos axudaban a levar a soidade do momento ou axeitar o ritmo de traballo moitas veces colectivo.

• Nas vodas non faltaban expresións musicais, sendo propia delas as regueifas, denominación tanto dunha rosca co que se agasallaba os recén casados, un baile que se facía na súa honra, un tipo de danza no que a noiva portaba a

Page 7: Música tradicional galega - WordPress.com€¦ · Música tradicional galega 1 Música tradicional galega Tocando no laúde, nunha miniatura das Cantigas de Santa María. A música

Música tradicional galega 7

rosca na cabeza e un canto consistente nun diálogo improvisado e con melodías propias no que se competía porver quen quedaba sen ideas para continuar.[2] Existían outro tipos de cantos de voda, que amenizaban ascelebracións, recordaban os noivos as súas obrigas ou permitíanlles aos padriños amosar a súa xenerosidade.

• As regueifas tamén se dan fora do ámbito das vodas, ben con coplas totalmente improvisadas, ben con letras xacoñecidas polos intérpretes. Esta última modalidade chámase desafío, e nel poden participar dous grupos queempregan as coplas a xeito de insulto e escarnio. A regueifa e o desafío eran os principais xéneros dialogados, aosque cómpre engadir as cancións de preguntas e respostas e os parrafeos, diálogos amorosos entre home e mullerou unha parodia dos mesmos, con certo carácter narrativo.

• Os cantos de cego e romances, xunto cos cantos de entroido, supoñen unha ponte entre a música de transmisiónoral e a transmisión escrita. Era frecuente que os intérpretes, tras a actuación, vendesen a letra impresa; era o quese deu en chamar literatura de cordel, por estaren atadas nunha corda as follas coas letras. Deste xeito, osromances quedaban fixados e eran menos proclives a cambios por defectos da transmisión. Os romances tantoeran comúns á tradición peninsular, adaptándoos a melodías preexistentes, como específicos de Galicia ou inclusode temática totalmente local.[2] Eran claramente narrativos, e tanto servían para narraren sucesos históricos,noticias da época ou asuntos locais, en ocasións con intención moralizante.

Ritmos característicosMoitos dos xéneros musicais galegos eran bailables. Algúns, de feito, distínguese maiormente polo seu xeito debailar, aínda que non haxa unha diferenza formal substancial. Interpretábanse tanto cantando comoinstrumentalmente, sendo esta última variante menos habitual

Baile da muiñeira

• Modernamente, a composición máis popular ecaracterística é a muiñeira nova, ousimplemente, muiñeira. É un ritmo rápido cuncompás de 6/8. Variantes son a carballesa(ritmo moi marcado), a ribeirana (ritmo vivo), aredonda, a chouteira, o golpe (ritmo pausado) eo contrapaso, que se diferencian pola maneirade bailalas. Estas diferenciacións son postas endúbida nalgúns estudos: Anxo Martínez SanMartín[3] afirma que moitas destas formas, sealgunha vez existiron, desapareceron datradición hai moito tempo. Pola súas melodías eo seu compás complexo dedúcese que a súaorixe é probablemente culta, estando xaespallada no século XVIII[2].

• A muiñeira vella, chamada tamén empuñada polo xeito de tocala coa pandeireta, é un ritmo terciario vivo, onde seacentúa a segunda nota. A súa orixe é anterior á muiñeira nova, pero na actualidade está menos espallada.

• As pandeiradas teñen certa relación coa muiñeira, mais o seu compás propio é o de 5/4, aínda que se poden ver en6/8 ou 4/4.

• A alborada é unha composición instrumental que se escribe en 2/4 e se caracteriza por unha serie de frasesdescendentes. Úsanse para comezar as celebracións do día, como di o seu nome, e carecen de letra. Moisemellantes son os pasarrúas e pasacorredoiras.

• As marchas procesionais son marchas lentas, en compás de 4/4, 2/4 ou 6/8 creadas para acompañaren asprocesións e outros actos relixiosos.

Page 8: Música tradicional galega - WordPress.com€¦ · Música tradicional galega 1 Música tradicional galega Tocando no laúde, nunha miniatura das Cantigas de Santa María. A música

Música tradicional galega 8

• A xota é un ritmo en 6/8 (ou tamén transcrito en 3/4) sumamente espallado por toda a xeografía peninsular. EnGalicia é, xunto coa muiñeira, un dos ritmos máis bailados e cantados. A foliada é unha canción alegre que setoca preferentemente nas romarías. Considérase unha variante da xota, cun tempo máis pousado, inda que certosautores a tratan como una denominación mais para o mesmo concepto.

• Co pasar do tempo chegaron a Galicia máis ritmos que se chegaron a ter moita aceptación entre o pobo.Xenericamente se lles chamou agarrados polo xeito de se bailar. Orixinalmente eran ritmos de orixe americana,europea ou peninsular, os que se lles adaptaba unha melodía galega e se interpretaban cos instrumentostradicionais. O pasodobre, por exemplo, é unha variación do pasodobre español, ao que se lle incorpora a gaita.As polcas estendéronse por Galiza procedentes de Europa durante o século XIX. O seu compás é o 2/4 e son máismelodiosas que as orixinais.

• Outra influencia importante foron as melodías e ritmos portugueses. En épocas de seitura ou en épocas maismodernas, cando unha obra civil o precisaba, traballadores portugueses desprazábanse a Galicia. Eran popularesos xogos para adultos procedentes de Portugal, ou as treboadas. No sur do territorio galego esta influencia é, pormotivos xeográficos, máis marcada.

A interpretaciónAs interpretacións musicais non sempre eran totalmente formais: existían sempre un certo grao de improvisación,sobre todo naqueles xéneros propensos á espontaneidade. Durante unha pandeiretada, por exemplo, un intérpretecomezaba unha copla, que era recoñecida polos demais que se unían no segundo ou terceiro verso. Cabía aposibilidade incluso de improvisala enteiramente, baseándose en esquemas previas ou coplas xa existentes,adaptando o seu contido á ocasión. Mediante sinais os músicos indicaban a fin da peza, ou cunha copla que oindicase expresamente. Durante a interpretación os cantantes podían falar entre eles ou lanzar un aturuxo, un berroprolongado que se botaba para animar os músicos ou os bailaríns durante a interpretación dunha danza ou pezafestiva.

Notas[1] María Pilar Alén Historia da música galega, p.33[2] Schubarth, Dorothé. Diccionario de la música española e iberoamericana. ISBN 84-8048-303-2. (Entrada: Galicia)[3] Historia e Evolución da Danza en Galicia, en Galicia fai dous mil anos: o feito diferencial galego, páx. 125

Page 9: Música tradicional galega - WordPress.com€¦ · Música tradicional galega 1 Música tradicional galega Tocando no laúde, nunha miniatura das Cantigas de Santa María. A música

Fonte dos artigos e colaboradores 9

Fonte dos artigos e colaboradoresMúsica tradicional galega  Fonte: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?oldid=2680072  Colaboradores: Albert galiza, Alfonso Márquez, Angeldomcer, Atobar, Calítoe.:., Cheluco, Elvire,Estevoaei, Gallaecio, Goresqui, HombreDHojalata, Iago Pillado, Prevert, Servando2, Sobreira, Toliño, Xoacas, Xosé, Xoán Carlos Fraga, 21 edicións anónimas

Fontes das imaxes, licenzas e colaboradoresFicheiro:MALaute1.jpg  Fonte: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ficheiro:MALaute1.jpg  Licenza: Public Domain  Colaboradores: Balbo, Estrilda, Fernando S. Aldado, Shakko, 1edicións anónimasFicheiro:Symphonia Cantigas Sta María 160.jpg  Fonte: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ficheiro:Symphonia_Cantigas_Sta_María_160.jpg  Licenza: GNU Free DocumentationLicense  Colaboradores: G.RosaFicheiro:Estatua aos gaiteiros de Soutelo de Montes.JPG  Fonte: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ficheiro:Estatua_aos_gaiteiros_de_Soutelo_de_Montes.JPG  Licenza: descoñecido Colaboradores: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=User:LansbricaeFicheiro:Carlos nunez.jpg  Fonte: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ficheiro:Carlos_nunez.jpg  Licenza: Public domain  Colaboradores: MaelorFicheiro:Gaita galega.jpg  Fonte: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ficheiro:Gaita_galega.jpg  Licenza: Public Domain  Colaboradores: TonyjeffFicheiro:Pandei exter.jpg  Fonte: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ficheiro:Pandei_exter.jpg  Licenza: GNU Free Documentation License  Colaboradores: Xelo2004Ficheiro:Organistrumsantiago20060414.png  Fonte: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ficheiro:Organistrumsantiago20060414.png  Licenza: GNU Free Documentation License Colaboradores: --Ficheiro:Banda Casa Galega Hospitalet Ensayo tn.jpg  Fonte: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ficheiro:Banda_Casa_Galega_Hospitalet_Ensayo_tn.jpg  Licenza: Creative CommonsAttribution-Share Alike  Colaboradores: LupintenFicheiro:Perfecto feijoo.jpg  Fonte: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ficheiro:Perfecto_feijoo.jpg  Licenza: Creative Commons Attribution-Sharealike 2.5  Colaboradores: DescoñecidoFicheiro:Muiñeira.jpg  Fonte: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ficheiro:Muiñeira.jpg  Licenza: GNU Free Documentation License  Colaboradores: Adrián Estévez (Estevoaei)

LicenzaCreative Commons Attribution-Share Alike 3.0 Unported//creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/