Outubro

6
O O Outubro utubro utubro utubro Que podo facer Que podo facer Que podo facer Que podo facer na casa? casa? casa? casa?

description

 

Transcript of Outubro

Page 1: Outubro

OOOOutubroutubroutubroutubro

Que podo facer Que podo facer Que podo facer Que podo facer nnnnaaaa casa? casa? casa? casa?

Page 2: Outubro

Durante este mes imos traballar: Hábitos:Hábitos:Hábitos:Hábitos: - Xa recollo eu soiño os meus xoguetes - Sei vestirme e desvestirme so Valores:Valores:Valores:Valores: - Pido as cousas por favor e dou grazas - Saúdo ao entrar e despídome cando saio

Page 3: Outubro

Xa recollo os meus xoguetes soiñoXa recollo os meus xoguetes soiñoXa recollo os meus xoguetes soiñoXa recollo os meus xoguetes soiño Pautas:Pautas:Pautas:Pautas: - O lugar onde se gardan os xoguetes debe estar ao alcance dos nenos.

- É importante empezar gardándoos en grupo e asocialo a algunha canción relativa á orde ou "a gardar"

- Nun principio non debes esperar unha recollida perfecta nin unha orde absoluta, o importante non é facelo perfecto é facelo.

- Debemos ir dándolles pautas: por exemplo, poñer as pezas de construción xuntas, colocar a caixa debaixo da cama ou na estantería, etc.

- Recompensar o seu comportamento con frases de eloxio e bicos. - Planear por anticipado. - Recoller xoguetes tamén pode ser parte do xogo. - É moi útil ter unha caixa ou bolsa para depositar aquelas partes que queden desaparelladas, soltas ou perdidas.

- Podemos motivalo empregando un reloxo de alarma e incitalo dicíndolle a ver cantos xoguetes pode recoller antes de que soe a alarma.

- Todos os participantes do xogo e nós mesmos participaremos da recollida de xoguetes: a imitación dos maiores é moi útil para empezar.

- Ensinar ao neno que hai un lugar para cada cousa, a orde no só nos xoguetes, senón nos zapatos, a roupa o cepillo de dentes, etc.

Page 4: Outubro

Pido aPido aPido aPido as cousas por favor e dou grazass cousas por favor e dou grazass cousas por favor e dou grazass cousas por favor e dou grazas Pautas:Pautas:Pautas:Pautas: - Ensina aos nenos a repetir estas palabras cada vez que sexa necesario.

- Cando necesitan algo, dilles que antes deben pedir "por favor". Tamén demóstralles a importancia de saber agradecer.

- A idea é pedir aos nenos que pidan as cousas por favor de forma divertida. Por exemplo, cando piden auga, en lugar de dicirlles "Como se piden as cousas", dicir "que ninguén lle de auga a Pepito".

- Outra idea é facelos "dicir e pedir sempre as cousas cun sorriso".Para eles son expresións moito máis divertidas que ademais provocan un trato máis directo e humano cos pais, levando os bos modais máis alá do convencionalismo social.

- Os sorrisos son o elemento que máis alegra a vida familiar, e forzan a que as cousas se fagan de boas maneiras.

- A repetición é a clave para que os nenos incorporen estas dúas palabras ao seu vocabulario de forma habitual. Dende moi pequenos, hai que utilizalas ao dirixirse a eles e insistir en que as usen para que as entendan como unha fórmula máxica para obter as súas necesidades e para agradecelo.

Page 5: Outubro

Sei vestirme e desvestirme sóSei vestirme e desvestirme sóSei vestirme e desvestirme sóSei vestirme e desvestirme só Pautas:Pautas:Pautas:Pautas: - Poñer e quitar roupas sen ou con peches a un boneco e logo no propio corpo.

- Meter botóns en botoeiras. - Espirse de forma autónoma antes de deitarse. - Vestirse e espirse por si mesmo diariamente. - Ensinalo a facer os lazos dos zapatos. - Ir diminuíndo de forma progresiva a axuda. - Recoñecelos con xestos afectivos cando se viste ou ispe só. - Insistirlle en que recollan a roupa do cuarto e a poñan nun lugar axeitado.

- Ensinarlles os lugares nos que se atopa a roupa e que se responsabilicen, na medida do posible, de preparala e elixila.

- Adestralo na habilidade manual:

o Chascar os dedos. o Coller e soltar obxectos. o Ensartar contas nun fío. o Introducción de obxectos nunha rañura.

Page 6: Outubro

Saúdo ao entrar e despídome cando saioSaúdo ao entrar e despídome cando saioSaúdo ao entrar e despídome cando saioSaúdo ao entrar e despídome cando saio

Pautas:Pautas:Pautas:Pautas:

- Desde pola mañá ao levantarnos o primero que debemos facer é

dar os bos días a tódalas persoas que nos encontremos pola casa

(ben sexa camino do baño, da cociña ou de onde sexa).

- Ao saír da casa sempre debe un despedirse dos presentes; ben

de palabra cun "asta logo", "adeus", "ata pronto", etc. e/ou cun

abrazo ou un bico.

- Ao chegar a casa (cando sexa, mediodía, pola tarde, etc.) débese

saudar a todos os presentes, da mesma forma que ao despedirse:

de palabra ou cun bico ou abrazo.

- Emprega a repetición. As conductas repetidas convértense

pouco a pouco en hábitos. Intenta que o teu fillo te vexa sempre

saudar á xente cun sorrisa, despedirte cun bico, sentarte ben á

mesa...Asimesmo, debes estar atenta aos seus modos e frear en

canto o detectes calqueira mal hábito.

- Dá importancia ao tema. Que o neno comprenda que ser

educado é algo imprescindible para unha convivencia.