Plan obradoiro abalar-ares
-
Upload
blancacortizas -
Category
Education
-
view
779 -
download
3
Transcript of Plan obradoiro abalar-ares
C.P.I. “CONDE DE FENOSA” - ARES OBRADOIRO-PROXECTO ABALAR
PROXECTO ABALAR :
OBRADOIRO
C.P.I. “CONDE DE FENOSA” - ARES OBRADOIRO-PROXECTO ABALAR
1.- TÍTULO DO PROXECTO
Obradoiro para a formación do profesorado no centro seleccionado para o proxecto
Abalar.
2.- XUSTIFICACIÓN
Ante a implantación por parte da Consellería do Proxecto Abalar coa dotación das “Aulas
Abalar” nos centros, o equipo directivo do C.P.I. “Conde de Fenosa”, solicita formar parte
deste Proxecto, sendo conscientes da importancia da incorporación plena das novas
tecnoloxías para adquirir a competencia dixital e tratamento da información dos nosos
docentes e alumnado, así como levar a cabo as innovacións educativas cara a mellora da
educación.
Os integrantes deste grupo de traballo son os 19 profesores que imparten docencia en 5º
de Educación Primaria e en 1º de educación secundaria obrigatoria do C.P.I. Conde de
Fenosa , de Ares, que somos conscientes da importancia deste Obradoiro.
Existe unha necesidade de incorporar á aula e a docencia os recursos que ofrece a web
2.0 dun xeito práctico e que poida ser utilizado polos participantes no proxecto de xeito
autónomo no futuro inamediato.
Queremos, polo tanto, dar o salto tanto cualitativo coma cuantitativo no noso modelo
educativo maximizando o aproveitamento dos recursos, formándonos e levando a cabo a
integración das TICs en todos os ámbitos (alumnado, profesorado, familias...)
C.P.I. “CONDE DE FENOSA” - ARES OBRADOIRO-PROXECTO ABALAR
3.- OBXECTIVOS DE FORMACIÓN E DE REPERCUSIÓN NA PRÁCTICA DOCENTE.Os obxectivos que pretendemos conseguir no noso grupo de traballo son os seguintes:
• Detectar as necesidades formativas do noso profesorado.
• Mellorar a alfabetización informática para conseguir que a maior parte do
profesorado utilice a informática como medio de ensinanza.
• Fomentar o cambio na metodoloxía no traballo de aula.
• Analizar e maximizar os recursos dixitais de que dispoñemos (páxina web, canóns,
red wiffi, ordenadores.….)
• Manexar o Sistema Operativo LINUX: Ubuntu, e o paquete ofimático de software
libre: OpenOffice.
• Seleccionar os recursos educativos dixitais e os contidos que xa existen para
traballar nas aulas nas distintas materias .
• Levar á practica as diferentes aplicacións da web 2.0 , froito da actividade do grupo
de traballo, como actividade de aula
• Fomentar o traballo colaborativo e participativo dos docentes para tratar de
elaborar contidos propios, cos seguintes propósitos:
◦ Testar a súa funcionalidade como actividade de aula
◦ Testar a funcionalidade como medio de repaso polo alumndado dende a casa..
◦ Analizar os fallos da súa aplicación se os houbera.
• Avaliar os materiais elaborados así coma o proxecto na práctica docente
C.P.I. “CONDE DE FENOSA” - ARES OBRADOIRO-PROXECTO ABALAR
4.- PROGRAMA DE CONTIDOS E ACTIVIDADES COA SÚA TEMPORALIZACIÓN.
MES DÍA HORAS CONTIDOS E ACTIVIDADES
Novembro 03/11/10 16:30-18:30h Deseño do Proxecto
Novembro 16/11/10 16:30-19:30h Análise do nivel de partida do profesorado no grao de
coñecemento das novas tecnoloxías para axustarse as súas
necesidades
Novembro 30/11/10 16:30-19:30h Introducción ao S.O.LINUX .Docencia: Manexo de Ubuntu e
Paquete ofimático OpenOffice 3.2 (2h)
Decembro 07/12/10 16:30-19:30h Busca contidos na redeExperiencias doutros centros
Decembro 14/12/10 16:30-19:30h Selección de contidos para o traballo de aula
Xaneiro 11/01/11 16:30-19:30h Recompilación de material informático e bibliográfico
Xaneiro 18/01/11 16:30-18:30h Normas da Aula Abalar
Xaneiro 25/01/11 16:30-19:30h Manexo básico da Aula Abalar
Febreiro 08/02/11 16:30-19:30h Manexo da Pizarra dixitalDocencia (3h)
Febreiro 22/02/11 16:30-19:30h Posta en común das experiencias propias
Marzo 08/03/11 16:30-19:30h Aprendizaxe das distintas funcionalidades: Presentaciones en
flash, vídeo, animacións flash interactivas
Docencia (3h)Marzo 22/03/11 16:30-19:30h Análise de distintas funcionalidades
Marzo 29/03/11 16:30-19:30h Elaboración de contidos
Abril 05/04/11 16:30-19:30h Elaboración de contidos
Abril 26/04/11 16:30-19:30h Elaboración de contidos
Maio 10/05/11 16:30-19:30h Elaboración de contidos
Maio 24/05/11 16:30-19:30h Avaliación
Reunións 42 h. Formación 8 h.
C.P.I. “CONDE DE FENOSA” - ARES OBRADOIRO-PROXECTO ABALAR
5.- METODOLOXÍA QUE SE PRETENDE SEGUIR E PROCEDEMENTOS
DE TRABALLO PREVISTOS.
A metodoloxía que pretendemos seguir de acordo cos obxectivos, contidos e
actividades formuladas baséase nos seguintes aspectos: que sexa activa, participativa e global, partindo das distintas experiencias dos membros do grupo.
Organizaremos as tarefas en: gran grupo, pequeno grupo, individualmente, posta
en común e debate dos distintos aspectos a tratar.
Buscaremos experiencias doutros centros que nos axuden a mellorar os recursos
dixitais de aula.
Aplicaremos na aula os contidos atopados e o manexo da pizarra dixital.
O grupo estará en coordinación permanente a través dos novos medios como a
creación dun blog restrinxido ós participantes do grupo e a creación dun foro de debate.
Informaremos á dirección do centro e ó resto de compañeiros do claustro do
traballo realizado cara a estender o uso destes recursos a toda a comunidade educativa.
Fomentarase en todo momento o traballo cooperativo e de grupo.
C.P.I. “CONDE DE FENOSA” - ARES OBRADOIRO-PROXECTO ABALAR
6.- ORGANIZACIÓN DE RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS. Profesorado que forma parte do Obradoiro:
A totalidade do profesorado que imparte docencia en 5º E.P. e en 1º ESO; as profesoras
de P.T. , a Orientadora e a Coordinadora.
A docencia será interna por parte dá coordinadora e por parte dun profesor implicado no
grupo de traballo, e si fose preciso solicitariamos docencia externa, non considerada
inicialmente.
Recursos materiais: Sala de Informática de E. Primaria do centro: ordenadores + pizarra dixital+ canón.
Impresora, fotocopiadora, material informático, material bibliográfico, medios de
almacenamento, e a Aula Abalar cando esté dotada.
C.P.I. “CONDE DE FENOSA” - ARES OBRADOIRO-PROXECTO ABALAR
7.- ESTABLECEMENTO DE CRITERIOS E PROCESOS PARA A AVALIACIÓN DOS DIFERENTES ASPECTOS DO PROXECTO
Distinguiremos tres apartados no proceso de avaliación:
• Avaliación do traballo realizado e a súa posta en práctica no ámbito escolar:
◦ Grao de axeitamento dás actividades propostas á práctica docente.
◦ Funcionalidade dos recursos e do material empregado e elaborado.
◦ Valoración do grao de conexión cos interesados: profesorado e alumnado,
◦ Grao do nivel de complexidade dá súa utilización.
• Avaliación do grupo de traballo:
◦ Eficacia á hora de traballar en grupo.
◦ Si o material elaborado responde as expectativas propostas.
◦ Grao de participación dos membros do grupo.
• Avaliación da intervención do poñente.
◦ Cumprimento das expectativas.
Isto plasmarase na memoria final mediante os seguintes indicadores:
• Observación do alumnado durante a realización das actividades.
• Realización de enquisas e cuestionarios para ó alumnado ó rematar a sesión.
• Realización de enquisas e cuestionarios para ó profesorado do grupo.
• Valoración do grao de cumprimento das expectativas previstas.
• Autoavaliación dos contidos e a súa presentación.
• Asistencia e participación do profesorado ás sesións programadas.
• Avaliación da satisfacción de todos os participantes sobre o traballo realizado.
C.P.I. “CONDE DE FENOSA” - ARES OBRADOIRO-PROXECTO ABALAR
8.- TEMPORALIZACIÓN: CALENDARIO E HORARIO PREVISTOS PARA A REALIZACIÓN DO PROXECTO.
Para a realización deste proxecto dedicaremos 17 sesións de dúas ou tres horas,
cada quince días, comezando no mes de Outubro ata finais de Maio.
Realizaranse 50 h. de traballo , con 8 h de docencia e ó resto de traballo
colaborativo.
DESENVOLVEMENTO DAS SESIÓNS: 1ª sesión: O Deseño do proxecto (2h)2ª sesión: Detección das necesidades do noso profesorado (3 h)3ª sesión: Introducción ao S.O. LINUX (1h) Docencia: Manexo de Ubuntu e do paquete ofimático openoffice (2h).4ª sesión: Busca de contidos na rede e experiencia doutros centros (3h)5ª sesión: Selección de contidos para o traballo na aula (3h)6ª sesión: Recompilación de material informático, bibliográfico; documentación......(3h)7ª sesión: Establecemento das normas da Aula Abalar (3h)8ª sesión: Manexo básico da aula Abalar (3h)
9ª sesión: Manexo da Pizarra dixital (3h): Docencia10ª sesión: Posta en común das experiencias propias (3h)11ª sesión: Aprendizaxe das distintas funcionalidades: Presentaciones en flash, vídeo, animacións flash interactivas (3h)12ª sesión: Análise de distintas funcionalidades (3h)13ª sesión; 14ª sesión; 15ª sesión e 16ª sesión : Elaboración de
contidos (3h cada sesión)17ª sesión : Avaliación do obradoiro: avaliación do traballo realizado,
autoavaliación do grupo de traballo e avaliación das intervencións dos poñentes (3h)
Nestas horas incluiremos as horas de formación complementaria recibida e
avaliación da mesma.
A docencia será levada a cabo entre a coordinadora (2h) e un compoñente
do grupo de traballo (Xacobo de Toro Cacharrón) (6h)
C.P.I. “CONDE DE FENOSA” - ARES OBRADOIRO-PROXECTO ABALAR
9.- NECESIDADES ORZAMENTARIAS , DE ACORDO CO ESTABLECIDO NAS BASES DA CONVOCATORIA.
De acordo co establecido nas bases da convocatoria serían
• Docencia: 480 €
• Material non inventariable (fotocopias, folios, tinta impresora,...): 120 €
Sinatura:
Mª Blanca Cortizas Gómez
Coordinadora do Proxecto Abalar