POEMA PARA O DÍA DO LIBRO

2
POEMA PARA O DÍA DO LIBRO Encontrei unha princesa nun gran pazo de cristal e un castelo con cen torres e tellados de metal. Unha osa prateada que sabía cociñar, un león cunha coroa que aprendeu a gobernar. Encontrei catro xigantes que gustaban devorar nenos de cabelos loiros cocinados no xantar. BIBLIOCASTELO A PEDRA Generated by Foxit PDF Creator © Foxit Software http://www.foxitsoftware.com For evaluation only.

description

Poesía de Ana Mª Fernández para o día do Libro

Transcript of POEMA PARA O DÍA DO LIBRO

Page 1: POEMA PARA O DÍA DO LIBRO

POEMA PARA O DÍA DO LIBRO

Encontrei unha princesa

nun gran pazo de cristal

e un castelo con cen torres

e tellados de metal.

Unha osa prateada

que sabía cociñar,

un león cunha coroa

que aprendeu a gobernar.

Encontrei catro xigantes

que gustaban devorar

nenos de cabelos loiros

cocinados no xantar.

BIBLIOCASTELO A PEDRA

Generated by Foxit PDF Creator © Foxit Softwarehttp://www.foxitsoftware.com For evaluation only.

Page 2: POEMA PARA O DÍA DO LIBRO

Unha bruxa con verruga

que nos quere enfeitizar

e dous irmáns e outros nenos

perdidos nun carballal.

Un esquío e máis un coello

un boi, un oso, unha rá,

un dragón con laborada

que nos quere chamuscar.

Encontrei o que vos digo

e máis podía encontrar;

porque con leres un libro

mil mundos podes achar.

ANA Mª FERNÁNDEZ

Encontrei un sapoconcho

que corría a máis non dar

e unha lebre preguiceira

que con el ía apostar.

BIBLIOCASTELO A PEDRA

Generated by Foxit PDF Creator © Foxit Softwarehttp://www.foxitsoftware.com For evaluation only.