Programa Académico Escola Emprendedores

9
Consello Social Fundación

description

Programa Académico

Transcript of Programa Académico Escola Emprendedores

Page 1: Programa Académico Escola Emprendedores

Consello Social Fundación

Page 2: Programa Académico Escola Emprendedores

“ESCOLA DE EMPRENDEDEDORES. EDICIÓN CAMPUS DO MAR” ÉLIFELONG LEARNING PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO

“Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar” é un programa deformación para o fomento da cultura emprendedora no ámbito uni ver -sitario, que pretende ofrecer formación práctica orientada a fortalecer efomentar a adquisición das competencias profesionais que resultannecesarias para poñer en marcha un proxecto empresarial.

“ESCOLA DE EMPREDEDORES. EDICIÓN CAMPUS DO MAR” É UNHAAPOSTA POLO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

“Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar” é un programa deformación a través do que se pretende contribuír a impulsar o crece -mento económico, o emprego e a internacionalización en Galicia e onorte de Portugal. O seu obxectivo é promover a creación de proxectosempresariais que xeren valor social e económico a través da posta enmarcha de actividades relacionadas co ámbito mariño/marítimo.

“ESCOLA DE EMPREDEDORES. EDICIÓN CAMPUS DO MAR” É UNMODELO COLABORACIÓN UNIVERSIDADE-EMPRESA

“Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar” é un programa deformación organizado de forma conxunta polo Consello Social daUniversidade da Coruña, o Campus de Excelencia Internacional-Campusdo Mar e a Fundación Universidade da Coruña.

No desenvolvemento desta iniciativa colaboran a Asociación Gallega dela Empresa Familiar e a Fundación Ronsel.

PRESENTACIÓN

Page 3: Programa Académico Escola Emprendedores

OBXECTIVOS E METODOLOXÍAO obxectivo principal de "Escola de Emprendedores. EdiciónCampus do Mar" é fomentar o desenvolvemento efortalecemento de competencias, habilidades, recursos eferramentas que se requiren para a posta en marcha dunproxecto empresarial.

"Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar"baséase no modelo "learning by doing-out of the box". Estametodoloxía incorpora elementos innovadores ao proceso deensino- aprendizaxe, que permiten ao alumnado acceder aunha experiencia formativa baseada na participación activa.

Para contribuír á consecución dos obxectivos do Campus deExcelencia Internacional-Campus do Mar, o conxunto deactividades e dinámicas que forman parte do programa deformación irán orientados a transformar as ideas denegocio que xurdan antes ou durante o programa, nunproxecto viable que culmine coa creación de empresasvinculadas ao ámbito mariño / marítimo.

O alumnado de "Escola de Emprendedores. Edición Campusdo Mar" terá a oportunidade de acceder con carácterpreferente a conferencias e obradoiros impartidos porexpertos de recoñecido prestixio a nivel internacional noámbito do fomento do emprendemento de base tecnolóxica.

Neste sentido, é importante destacar que resulta de especialinterese para a organización a promoción da creación deempresas baseadas na explotación do coñecemento científicoe tecnolóxico que tomaron o ámbito mariño/ marítimo comoobxecto de estudo.

A asistencia a estas actividades será de carácter obrigatoriopara o alumnado matriculado no curso de emprendementoe estarán abertas tamén á participación on-line do persoaldocente e investigador do Campus do Mar, así como aoalumnado interesado que non estea matriculado no cursode emprendemento.

A organización estudará a viabilidade de concederpremios/distincións aos mellores proxectos desenvolvidosno marco do programa de formación.

DESTINATARIOS DO PROGRAMAEstudantado universitario, decalquera nacionalidade, queactualmente estea a cursarestudos de Licenciatura,Enxeñaría, Arquitectura, Graoou Posgrao (Máster ouDoutoramento), impartidos,por calquera dasuniversidades de Galicia.

Titulados universitarios, decalquera nacionalidade, quefinalizasen estudos deLicenciatura, Enxeñaría,Arquitectura, Grao ouPosgrao (Máster ouDoutoramento) en calqueradas universidades de Galicia,durante os cursos:2009/2010, 2010/2011 o2011/2012.

Titulados universitarios, decalquera nacionalidade,residentes en Galicia, quefinalizasen estudos deLicenciatura, Enxeñaría,Arquitectura, Grao ouPosgrao (Máster ouDoutoramento) fóra do SUG,durante os cursos:2009/2010, 2010/2011 o2011/2012.

Dado o carácter interuniversitario do presente curso, as xornadas presenciais realizaranse de forma alterna nos CampusUniversitarios da Coruña e Vigo. A organización correrá cos gastos dos desprazamentos que deba realizar o alumnadomatriculado no programa, para os efectos de facilitar a realización das actividades que se desenvolvan nunha cidadedistinta á do seu domicilio.

LUGAR DE REALIZACIÓN

Page 4: Programa Académico Escola Emprendedores

ESTRUTURA DO PROGRAMA DE FORMACIÓN ESTRUTURA DO PROGRAMA DE FORMACIÓN

"Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar" combina seismetodoloxías distintas, que xeran un valor engadido propio orientadoá consecución dos obxectivos académicos formulados. O programa deformación constará dos seguintes módulos:

Ao longo do programa impartiranse catro sesións presenciais cunha duraciónde cinco horas. En cada sesión traballaranse os coñecementos, habilidades eactitudes necesarias para facer viable un proxecto empresarial.

SESIÓNS PRESENCIAIS

1. Xeración, maduración e avaliaciónde ideas empresariais

Sesión

Contidos • Modelos de xeración de ideas.• Técnicas de maduración de ideas. Franquías. Guías de actividadeempresarial.

• Ferramentas para a avaliación de ideas. Punto morto.

Lugar A Coruña

2. Planificación de proxectos.Análise de viabilidade deproxectos Empresariais

Sesión

Contidos • Estrutura básica do plan de empresa.• Análise da viabilidade técnica do plan de empresa.• Análise da viabilidade comercial do plan de empresa.• Análise da viabilidade económica do plan de empresa.• Análise da viabilidade financeira do plan de empresa.• Análise da viabilidade social do plan de empresa.

Lugar Vigo

3. Comunicación de proxectosSesión

Contidos • Estratexias básicas de comunicación de proxectos.• Ferramentas básicas off line para a comunicación de proxectos.• Ferramentas básicas on line para a comunicación de proxectos.

Lugar Vigo

4. Presentación pública de proxectosSesión

Contidos • Presentación pública dos proxectos• Rolda de preguntas sobre cada proxecto presentado.• Feedback de cada proxecto presentado.• Análise das áreas de mellora.• Conclusións da sesión.

Lugar A Coruña

Horas totais de formación (Presenciais / Non presenciais) 250 h.

Número de alumnos/as por curso 25

Duración do Programa Do 2 de maio ao 27 de xuño de 2013

Lugar de realización A Coruña e Vigo

Page 5: Programa Académico Escola Emprendedores

A través dos "work-shops", o alumnado poderá familiarizarse co manexo de ferramentas útiles para a preparación dun proxectoempresarial, aprenderá a aproveitar o potencial das redes sociais como fórmula para posicionar o seu proxecto e terá aoportunidade de familiarizarse cos diferentes programas de axudas e subvencións que permiten dar soporte á posta en marchadunha empresa.

O alumnado de "Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar" recibirá formación on-line que contribuirá áplanificación do seu proxecto empresarial. A metodoloxía SEFED (Simulación de Empresas con Finalidades Educativas)caracterízase pola reprodución de situacións reais do traballo a través da simulación de empresas. "Escola deEmprendedores. Edición Campus do Mar" recorrerá a esta metodoloxía, permitindo ao alumnado integrarse nun contextoonde se recreará o ambiente laboral a través dunha experiencia simulada.

Na Edición Campus do Mar, Escola de Emprendedores incorporará o material docente necesario para conectar oscoñecementos adquiridos en xestión empresarial con proxectos, iniciativas e boas prácticas focalizadas no mar.

O alumnado terá oportunidade de adquirir formación fóra da aula para conseguir equipos de alto rendemento.Traballaranse coñecementos, habilidades e actitudes nun contorno diferente ao habitual, facilitando contextos deaprendizaxe alternativos. Desta forma, facilitarase o establecemento de dinámicas e sinerxias positivas na xeración deequipos de alto rendemento.

O alumnado de "Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar" analizará casos reais de éxito no ámbito doemprendemento, que contarán os seus propios protagonistas. Ademais terán a oportunidade de ver in situ ofuncionamento dos principais grupos empresariais de Galicia. As experiencias analizadas e as visitas propostas estaránrelacionadas fundamentalmente con actividades económicas vinculadas ao ámbito mariño.

O programa inclúe ademais sesións extraordinarias consistentes en conferencias e talleres realizados por expertos derecoñecido prestixio internacional.

WORKSHOPS. TALLERES PARA O EMPRENDEMENTO SIMULADORA DE EMPRESAS (FORMACIÓN ON-LINE)

OUTDOOR TRAINING

EXPERIENCIAS EMPRENDEDORAS E VISITAS A EMPRESAS

1. Net-Maptool boxSesión

Contidos • Presentación da metodoloxía Net-Maptool box.• Construción de proxectos en 3D.• Presentación das construcións realizadas.

Lugar A Coruña

2. ComunicaciónSesión

Contidos • Ferramentas prácticas para a comunicación de proxectos.• Casos prácticos.

Lugar Vigo

3. Redes sociaisSesión

Contidos • A web 2.0.• Estratexias de posicionamento de proxectos a través das redes sociais.

• Plan de mercadotecnia nas redes sociais.• Casos prácticos.

Lugar Vigo

4. Programas de axuda e subvenciónpara a posta en marcha deproxectos

Sesión

Contidos • Clasificación e tipoloxía de liñas de axuda e subvención.• Administración Xeral do Estado. ICO. ENISA.• Administración Autonómica. Consellería de Traballo e BenestarXunta de Galicia.

• Análise práctica da preparación e solicitude dun expediente desubvención.

Lugar A Coruña

Page 6: Programa Académico Escola Emprendedores

O alumnado terá a oportunidade de recibir catro titorías individualizadas para o desenvolvemento dun proxectoempresarial. Co obxecto de facilitar a súa realización, as titorías poderán realizarse presencialmente, por teleconferenciaou videoconferencia. Para a Edición Campus do Mar todos os proxectos estarán enfocados en actividades económicasrelacionadas co ámbito mariño/marítimo.

TITORÍAS PARA A ELABORACIÓN DO PROXECTO

O obxectivo deste taller é promover o emprendemento baseado na explotación e comercialización de resultados dainvestigación. O alumnado terá acceso a formación en competencias e habilidades necesarias para promover proxectosempresariais baseados na comercialización de resultados da investigación.

O taller será impartido por expertos de recoñecido prestixio internacional vinculados a ISIS INNOVATION, "TheTechnology Transfer Company of the University of Oxford".

ISIS ENTREPRENEURSHIP AND INNOVATION WORKSHOP

Tras a finalización do período de formación, os/as integrantes de cada proxecto elaborarán e defenderán un plan denegocio para a súa avaliación por un comité de expertos en emprendemento.

AVALIACIÓN DE PROXECTOS POR EXPERTOS EN EMPRENDEMENTO

CALENDARIO ACADÉMICOCURSO ACADÉMICO 2012-1013

Titoría 1

• Análise da viabilidade técnica do proxecto

Titoría 2

• Análise da viabilidade comercialdo proxecto

Titoría 3

• Análise da viabilidade económica- financeira do proxecto

Titoría 4

• Análise da viabilidade social/medioambiental do proxecto

Preinscrición 8 de abril de 2013 - 23 de abril de 2013

Preselección e Entrevistas 24 de abril de 2013 - 26 de abril de 2013

Comunicación de admitidos 29 de abril de 2013

Matrícula 29 de abril 2013 - 1 de maio de 2013

Data Titorías para a elaboración Modalidade do proxecto

07/05/13 Titoría 1: Presencial/VirtualAnálise da viabilidade técnica do proxecto

23/05/13 Titoría 2: Presencial/VirtualAnálise da viabilidade comercial do proxecto

04/06/13 Titoría 3: Presencial/VirtualAnálise da viabilidade económica-financeira do proxecto

13/06/13 Titoría 4: Presencial/VirtualAnálise da viabilidade social/medioambiental do proxecto

Page 7: Programa Académico Escola Emprendedores

PREINSCRICIÓN, SELECCIÓN E MATRÍCULA

PREINSCRICIÓNS

O alumnado e titulados interesados en formar parte do programa de formación "Escola de Emprendedores. EdiciónCampus do Mar" deberán remitir o documento "Solicitude de Aceptación de Candidatura" ao enderezo de correoelectrónico [email protected] antes das 12:00 h do día 23/04/2013.

O documento "Solicitude de Aceptación de Candidatura" deberá acompañarse da seguinte documentación:

ESTUDANTADO UNIVERSITARIO DASUNIVERSIDADES DO SUG

1. Fotocopia do Documento Nacional deIdentidade (DNI), Número de identificaciónde Estranxeiros (NIE), ou no seu defecto,Pasaporte.

2. Fotocopia do resgardo que acredite amatrícula nun programa de formaciónoficial (Licenciatura, Enxeñaría,Arquitectura, Grao, Máster ouDoutoramento) impartido por calquera dasuniversidades galegas.

3. Fotocopia do expediente académico.

4. Curriculum Vitae (máximo 1 páx.).

TITULADOS UNIVERSITARIOS QUE FINALIZARONESTUDOS NOS CURSOS 2009- 2010, 2010-2011 E 2011-2012

1. Fotocopia do Documento Nacional deIdentidade (DNI), Número de identificaciónde Estranxeiros (NIE), ou no seu defecto,Pasaporte.

2. Fotocopia do título universitario ou resgardode solicitude que acredite a súa obtención(Licenciatura, Enxeñaría, Arquitectura, Grao,Máster ou Doutoramento). O título deberáter sido obtido en calquera universidade doSUG.

3. Fotocopia do expediente académico.

4. Curriculum Vitae (máximo 1 páx.).

Data Actividade Localidade

02/05/13 Sesión 1: Xeración, maduración A Coruñae avaliación de ideas empresariais

03/05/13 OutDoor A Coruña

04/05/13 OutDoor A Coruña

06/05/13 Experiencias emprendedoras A Coruña

08/05/13 Sesión 2: Planificación de proxectos. VigoAnálise de viabilidade de proxectos empresariais

08/05/13 Experiencias Visitas a empresas A Coruña

10/05/13 Taller 1: Net-Map tool box A Coruña

14/05/13 Taller 2: Comunicación Vigo

16/05/13 Sesión 3: Comunicación de proxectos Vigo

30/05/13 Taller 3: Redes Sociais Vigo

06/06/13 Taller 4: Programas de axuda e subvención A Coruñapara a posta en marcha de proxectos

07/06/13 Experiencias. Visitas a empresas Vigo

11/06/13 Taller ISIS INNOVATION Vigo

12/06/13 Conferencia en aberto ISIS INNOVATION A Coruña

20/06/13 Sesión 4: Presentación pública de proxectos A Coruña

27/06/13 Presentación do proxecto. A CoruñaActo de clausura do programa

Page 8: Programa Académico Escola Emprendedores

PRESELECCIÓN E ENTREVISTA

A presentación da solicitude por parte dos interesados non implica a aceptación automática da proposta de candidatura.A Organización, a través dunha Comisión de Selección, valorará as candidaturas presentadas durante o período depreinscrición. A comisión estará formada por un membro nomeado por cada unha das seguintes entidades: ConselloSocial da UDC, Campus de Excelencia Internacional-Campus do Mar, Fundación Universidade da Coruña e FundaciónRonsel.

A Comisión de Selección valorará as candidaturas en atención aos seguintes criterios de selección:

1. Excelencia académica valorada a partir do expediente académico.

2. Experiencia profesional/formación en ámbitos relacionados cos clústeres de investigación do Campus do Mar.

3. Entrevista persoal.

4. Valoraranse positivamente coñecementos de inglés como lingua de traballo.

O alumnado será notificado vía correo electrónico da data, hora e lugar na que se realizarán as entrevistas persoais.

PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA

Unha vez finalice o procedemento de selección, o alumnado será notificado do resultado vía correo electrónico. Aquelalumnado que resultase seleccionado deberá formalizar a matrícula e realizar o pagamento correspondente a travésda páxina: www.fundacion.udc.es

Importe da matrícula: 70 euros

Gastos por desprazamento: A organización correrá cos gastos de transporte que o alumnado deba realizar para asistirás actividades organizadas no marco do programa, cando estas se desenvolvan nunha provincia diferente á do seudomicilio (ata un máximo de 15 euros por alumno e desprazamento).

QUE É O CONSELLO SOCIAL DA UDC?

O Consello Social da Universidade da Coruña é o órgano de goberno universitario a través do cal a sociedadeparticipa na xestión da universidade. Exerce funcións de control e supervisión económico e orzamentario e dorendemento dos servizos universitarios e, en especial, favorece a súa interrelación coa sociedade co fin deprocurar unha mellor calidade do ensino e investigación universitarios e a súa eficaz transferencia e posta envalor polas empresas, de maneira que a UDC contribúa decisivamente ao desenvolvemento económico, social ecultural do seu ámbito.

QUE É CAMPUS DO MAR?

O Campus do Mar é un Campus de Excelencia Internacional liderado pola Universidad de Vigo e promovido polas tresuniversidades galegas, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas e o Instituto Español de Oceanografía.Campus do Mar pretende ser o dinamizador dunha rede transfronteiriza e integrada por unidades de investigación,docencia e transferencia de tecnoloxía, que forme os mellores profesionais e investigadores no ámbito das Ciencias,as Tecnoloxías e a Xestión do Mar nas súas diferentes aplicacións, económicas e sociais.

QUE É A FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DA CORUÑA?

A Fundación Universidade da Coruña é unha Fundación privada de carácter benéfico-docente, constituída paraa promoción, desenvolvemento e financiamento das actividades propias da Universidade da Coruña e as súasrelacións coa sociedade.

QUE É A FUNDACIÓN RONSEL?

A Fundación Ronsel proporciona a súa experiencia de 12 anos orientando, asesorando e acompañando aemprendedores e emprendedoras no seu proceso de creación de empresas en colaboración coa Xunta de Galicia.

QUE É A ASOCIACIÓN GALLEGA DE LA EMPRESA FAMILIAR?

A Asociación Gallega de la Empresa Familiar é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é contribuírao fortalecemento e continuidade das empresas familiares, á mellora do seu ámbito legal e fiscal, ser o seuvehículo de expresión ante a opinión pública e fomentar o espírito empresarial. Os seus socios son presidentes,conselleiros delegados ou membros do consello de administración das empresas das que son propietarios,todas elas líderes nos seus sectores da industria e servizos.

Page 9: Programa Académico Escola Emprendedores