PROPOSTA DE ACTIVIDADES...Buscamos na casa un lugar axeitado para realizar os distintos exercicios,...

11
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected] PROPOSTA DE ACTIVIDADES TALLER LÓXICO-MATEMÁTICA “FACEMOS MAXIA: FORMAS QUE SE TRANSFORMAN EN...” MATERIAIS: o Tapóns o Cartóns o Tesoiras PROCEDEMENTO: Imos colocar tapóns ao redor de formas xeométricas feitas con cartón. Podemos colorar tapóns dunha mesma cor ou dar consignas creando series de cores. TALLER

Transcript of PROPOSTA DE ACTIVIDADES...Buscamos na casa un lugar axeitado para realizar os distintos exercicios,...

Page 1: PROPOSTA DE ACTIVIDADES...Buscamos na casa un lugar axeitado para realizar os distintos exercicios, lembra que ten que ser cómodo e espazoso. 3. Poñemos música relaxante, que nos

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

TALLER LÓXICO-MATEMÁTICA

“FACEMOS MAXIA: FORMAS QUE SE TRANSFORMAN EN...”

MATERIAIS:

o Tapóns

o Cartóns

o Tesoiras

PROCEDEMENTO:

▪ Imos colocar tapóns ao redor de formas xeométricas feitas con cartón. Podemos colorar tapóns

dunha mesma cor ou dar consignas creando series de cores.

TALLER

Page 2: PROPOSTA DE ACTIVIDADES...Buscamos na casa un lugar axeitado para realizar os distintos exercicios, lembra que ten que ser cómodo e espazoso. 3. Poñemos música relaxante, que nos

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

▪ Con esas formas seremos capaces de crear unha árbore? Que forma podemos empregar como tronco?

E para a copa?

▪ E agora... conseguiremos facer unha casiña? Que pensas que pode ser o tellado? Queres que lle

coloquemos unha cheminea? Fáltalle algo a esa casa? Ups! Pero non temos porta!! Nin ventás! Que

formas podemos facer? Agora sí! Moi ben!

▪ Podemos seguir facendo maxia e deixar voar a imaxinación... Animádesvos? En que podemos

converter un círculo? Ao mellor ocórreselles que podemos crear unha cara, unha pelota, unha roda,

un planeta, un león, un sol... E un triángulo?

Animádesvos a enviar fotiños das vosas creacións? Estamos desexando velas!

Page 3: PROPOSTA DE ACTIVIDADES...Buscamos na casa un lugar axeitado para realizar os distintos exercicios, lembra que ten que ser cómodo e espazoso. 3. Poñemos música relaxante, que nos

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

TODO VAI SAÍR BEN!

INGREDIENTES:

- 1 BISCOITO CON FORMA DE COROA.

- LACASITOS DE CORES.

- MARMELADA DE CALQUERA SABOR.

- CREMA DE ABELÁ E CHOCOLATE

(NOCILLA, NUTELA…).

- NATA MONTADA.

ELABORACIÓN:

1. ELABORAMOS OU COMPRAMOS UN BISCOITO CON FORMA DE COROA.

2. CORTAMOS O BISCOITO POLA METADE, QUEDANDO DOUS ARCOS.

3. COLLEMOS UN DOS ARCOS, CORTÁMOLO POLA METADE E ENCHÉMOLO DE

MARMELADA (TAMÉN PODE SER CREMA DE CHOCOLATE).

4. CUBRIMOS A SUPERFICIE SUPERIOR DO ARCO CON CREMA DE ABELÁ E

CHOCOLATE.

5. CLASIFICAMOS OS LACASITOS POR CORES.

6. COLOCAMOS OS LACASITOS ENCIMA DO BISCOITO SIMULANDO UN ARCO

DA VELLA.

7. NOS REMATES DO BISCOITO, COLOCAMOS NATA MONTADA SIMULANDO

AS NUBES.

8. A DESFRUTAR DO DOCE, POIS “TODO VAI SAIR BEN”!

COCIÑA

Page 4: PROPOSTA DE ACTIVIDADES...Buscamos na casa un lugar axeitado para realizar os distintos exercicios, lembra que ten que ser cómodo e espazoso. 3. Poñemos música relaxante, que nos

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

EXPERIMENTO: “Barco a toda vela”

OBXECTIVO: construír un barquiño, ver como flota e como conseguimos que se mova con unha

pequena propulsión pola superficie.

O barco debe ser lixeiro para propulsarse só coa forza da auga. Os materiais non pesan nada e

son fáciles de recortar, pero podedes pedir axuda a un adulto para recortalas ben. Pódes facelo

moi rápido e empezar a navegar en seguida!

TEMPO:10-15 min

MATERIAIS: • Unha cartolina de cor

• Pintura

• Deterxente líquido ou lavalouzas

• Cartolina branca

• Pincel

• Dous palillos

• Tesoiras

• Bandexa con auga

CIENCIA

Page 5: PROPOSTA DE ACTIVIDADES...Buscamos na casa un lugar axeitado para realizar os distintos exercicios, lembra que ten que ser cómodo e espazoso. 3. Poñemos música relaxante, que nos

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

PROCEDEMENTO: 3

Page 6: PROPOSTA DE ACTIVIDADES...Buscamos na casa un lugar axeitado para realizar os distintos exercicios, lembra que ten que ser cómodo e espazoso. 3. Poñemos música relaxante, que nos

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

Page 7: PROPOSTA DE ACTIVIDADES...Buscamos na casa un lugar axeitado para realizar os distintos exercicios, lembra que ten que ser cómodo e espazoso. 3. Poñemos música relaxante, que nos

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

ARTE ARTE

ESTA SEMANA CELÉBRASE O “DÍA INTERNACIONAL DOS

MUSEOS”, ASÍ QUE, SE QUEREDES EXPOÑER NO “MUSEO

SAN VICENZO”, ÍMONOS

CONVERTIR EN ARTISTAS POR UN DÍA.

A ACTIVIDADE QUE VOS PROPOÑO E CREAR A VOSA PROPIA OBRA

INSPIRÁNDOVOS NO PINTOR QUE MAIS VOS GUSTE.

PODEDES FACER PAISAXES COMO VAN GOGH, RETRATOS COMO PICASSO OU

ARCIMBOLDO, PINTURA ABSTRACTA COMO JACKSON POLLOCK OU KANDINSKY,

ESCUTURAS COMO MIRÓ…..

MATERIAIS:

- CARTULINA

- LENZO

- PINCEIS

- TÉMPERA

- ACUARELA

- CERAS

- ROTULADORES

- PAPEIS DE CORES: CHAROL, SEDA, PERIÓDICO…

- PLASTILINA

- ARCILLA

- PASTA DE PAPEL…

TÉCNICA:

- PINTURA

- MODELADO

- COLLAGE

- PUNTILLISMO…

Page 8: PROPOSTA DE ACTIVIDADES...Buscamos na casa un lugar axeitado para realizar os distintos exercicios, lembra que ten que ser cómodo e espazoso. 3. Poñemos música relaxante, que nos

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

COMO PREPARARNOS ANTES DE CADA SESIÓN

1. Necesitamos roupa cómoda que nos permita movernos correctamente (chándal, mallas,

pantalón curto, camiseta, …).

2. Buscamos na casa un lugar axeitado para realizar os distintos exercicios, lembra que ten

que ser cómodo e espazoso.

3. Poñemos música relaxante, que nos guste e nos permita concentrarnos.

4. Podemos prender algunha candea aromática ou incenso, pero sempre coa supervisión dun

adulto.

5. Colocamos unha esterilla ou alfombra, senón temos non pasa nada, facémolo sen ela.

6. Temos que utilizar calcetíns ou calzado que eviten escorregar no chan.

7. Antes de comezar o exercicio, temos que quentar as articulacións para non lesionarnos,

polo que movemos lentamente e de forma circular os nocellos, xeonllos, cóbados, bonecas,

brazos, cadeira e pescozo durante uns minutos.

O EXERCICIO DA SEMANA

8. Antes de realizar o exercicio, hai que adiviñalo: “O gato”.

Son astuto e

xoguetón, cazar

ratos e a miña

maior paixón.

Quen son?.

9. Podemos ver como se fai neste vídeo tan ilustrativo:

https://www.youtube.com/watch?v=4ADGdNc06yM

10. Este exercicio é moi bo para as costas, pois axuda a corrixir as malas posturas ademais de

fortalecer os brazos e o abdome. Para facelo temos que colocar as mans e os xeonllos no

chan. As bonecas das mans hai que colocalas en liña recta cos ombros, collemos aire,

botámolo fóra e ao mesmo tempo redondeamos as costas intentando tocar co queixo no

peito, coma no debuxo. Estiramos os brazos premendo o chan e mantemos a posición.

Aguantamos 10 segundos e volvemos á postura inicial coas costas sen curvar.

11. Como xa sabemos facer “O saúdo ao sol”, comezaremos todas as nosas sesións de ioga

con esta postura e logo pasaremos a facer a postura semanal, neste caso “O Gato”.

Repetirémola cantas veces queiramos, pero sempre descansando en intervalos de 30

segundos mentres escoitamos a música relaxante. Despediremos a sesión pechándoa co

“Saúdo ao sol”.

IOGA

Page 9: PROPOSTA DE ACTIVIDADES...Buscamos na casa un lugar axeitado para realizar os distintos exercicios, lembra que ten que ser cómodo e espazoso. 3. Poñemos música relaxante, que nos

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

CONMEMORACIÓN

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS CEIP Plurilingüe San Vicenzo – 18 de maio do 2020

Celébrao visitándoos virtualmente cun pequeno CLIC na imaxe

MUSEO

SMITHSONIAN

EEUU

MUSEO FRIDA

KAHLO

MÉXICO

MUSEO

LOUVRE

FRANCIA

MUSEO

GUGGENHEIM

BILBAO

MUSEO

DALI

GIRONA

MUSEO

DEL PRADO

MADRID

GALERÍA

UFIZZI

ITALIA

MUSEO

BELAS ARTES

A CORUÑA

MUSEO

ETNOLÓXICO

RIBADAVIA

Page 10: PROPOSTA DE ACTIVIDADES...Buscamos na casa un lugar axeitado para realizar os distintos exercicios, lembra que ten que ser cómodo e espazoso. 3. Poñemos música relaxante, que nos

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

A Rede Natura 2000 é unha rede de Espazos Naturais Protexidos, creada coa finalidade de conservar ou

restaurar a fauna e a flora, así coma os seus hábitats, no patrimonio natural da Unión Europea. Na actualidade,

está formada por máis de 27.000 zonas, constituíndose así como zona máis ampla de Espazos Naturais

Protexidos do mundo.

No marco da Rede Natura 2000, Galicia conta con 59 ZECs (Zonas de Especial Conservación) e con 16 ZEPAs

(Zonas de Especial Protección para as Aves), que van dende o mar á montaña. A continuación, convidámosvos

a descubrir a riqueza dalgúns destes espazos naturais galegos facendo clic na imaxe:

DÍA EUROPEO DA REDE NATURA 2000 CEIP Plurilingüe San Vicenzo – 21 de maio do 2020

Page 11: PROPOSTA DE ACTIVIDADES...Buscamos na casa un lugar axeitado para realizar os distintos exercicios, lembra que ten que ser cómodo e espazoso. 3. Poñemos música relaxante, que nos

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

ACTIVIDADES

1. QUE LUGAR CHE GUSTOU MÁIS VISITAR? FAI UN DEBUXO E ESCRIBE O SEU NOME.

2. PARA CONTRIBUIR A CONSERVAR ESTES ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS, É

NECESARIO QUE SEXAMOS RESPONSABLES. RODEA AS ACCIÓNS QUE DEBEMOS LEVAR

A CABO, E MARCA CUNHA “X” AQUELAS QUE NON DEBEMOS FACER NA NATUREZA.