· Web viewNa liña das ideas que aportan tanto as titoras de infantil e tamén Xusto (o...
Transcript of · Web viewNa liña das ideas que aportan tanto as titoras de infantil e tamén Xusto (o...
Hello !!
Na liña das ideas que aportan tanto as titoras de infantil e tamén Xusto (o orientador), desde inglés vouvos propoñer repasar a expresión de sentimentos e/ou emocións.
Así que comezaremos aprendendo algo de vocabulario:
* Este vídeo xa o viron o alumnado de 5º EI e tamén os de 6º. Porén, como é bastante lento quizás as familias do alumnado de 4º EI tamén o poidan considerar útil.
* Aínda que Halloween nos queda MOI lonxe… temos unha canción sobre sentimentos (que os rapaces desfrutan moito), que vos aconsello recuperar e cantar con elas /eles.
Como sabemos da importancia dos contos e historias (tamén en inglés), podedes visualizar este vídeo, no que nos contan o libro de Anthony Browne: How
do you feel?Para facer xogos, podemos inspirarnos nestas imaxes:
Clica na palabra e escoita a canción
Estas tarxetas / imaxes podedes empregalas
despois de visualizar este vídeo, para repasar o vocabulario ou ben durante o vídeo, para
identificar as emocións.
Oxalá vos gusten estas propostas para facelas cos vosos nenos e nenas.
Be safe! Feel happy!