Páxina/s
Sumario ……………………………….. 0
Introducción Infantil ……………………………….. 1
Infantil Sineiro 4 e 5 anos
……………………………….. 2,3,4
Infantil Sineiro 3 e 4 anos ……………………………….. 5,6,7
Infantil Covas ……………………………….. 8,9,10
Infantil A Modia ……………………………….. 11,12,13
Primeiro ……………………………….. 14,15,16
Segundo ……………………………….. 17,18,19
Terceiro ……………………………….. 20,21,24
Despedida aos de sexto ……………………………….. 22,23
Cuarto ……………………………….. 25,26,27
Quinto ……………………………….. 28,29,30
Sexto A ……………………………….. 31,32,33
Sexto B ……………………………….. 34,35,36
Os contos de Chuli ……………………………….. 37,38,39,40
Biblioteca ……………………………….. 41,42
Equipo Dinamización Lingüística ……………………………….. 43…
SUMARIO
A prehistoria é un tema moi atractivo para os nenos e ne-nas de Educación Infantil, xa que as grandes diferenzas exis-tentes entre esa etapa e a actual suscitan un especial interese e motivación. O achegamento á Prehistoria vailles brindar aos alumnos/as a oportunidade de: Comparar entre a forma de vida da prehistoria coa actual. Coñecer a evolución do home e a muller. Descubrir a expresión artística na prehistoria. Investigar sobre os diferentes tipos de dinosaurios e a súa
desaparición.
INFANT I L
Os homes prehistóricos vivían en covas.
Utilizaban peles de animais para facer as súas vestimentas.
Alimentábanse de: carne dos animais que cazaban, peixe e froitos.
O PALEOLÍTICO
O Home do paleolítico caracterizábase pola fabri-cación de ferramentas e armas de caza, como: Machadas de man que servían para cortar a
caza. Coitelos cos que cortaban a carne. Puntas de lanza que usaban para cazar. E o lume, para quentarse, asar carne e espantar
animais.
Adicábanse: Á caza de animais
para alimentarse. A traballar a pedra. Á recolleita de froitos e raices.
O home comeza a adornar as súas covas con pin-turas. Éstas teñen fins máxicos: o desexo da caza dos animais representados. Os temas principias eran: animais, signos e re-presentacións humanas.
O NEOLÍTICO
A IDADE DOS METAIS: A CULTURA CASTREXA
OS CASTREXOS/AS VIVÍAN NO CAS-TRO. AS CASAS ERAN CIRCULARES, O MU-RO DE PEDRA E O TEITO DE PALLA. OS NENOS/AS DE INFANTIL ESTIVE-MOS NO CASTRO DE CUNTIS.
NO CASTRO HABIA MOITOS OFI-CIOS: METALÚRXICOS, CANTEIROS, ES-CULTORES, CURANDEIROS, CARPIN-TEIROS...
O S C A S -T R E X O S / A S ERAN MOI TRA-B A L L A D O R E S : MOÍAN, PESCA-BAN, CAZABAN, E TEXÍAN AS SÚAS ROUPAS.
O S C A S -T R E X O S / A S ERAN MOI TRA-B A L L A D O R E S : MOÍAN, PESCA-BAN, CAZABAN, E TEXÍAN AS SÚAS ROUPAS.
OS CASTREXOS/AS ERAN UNS AR-TISTAS FACÍAN TORQUES, ESCUL-TURAS, PETRO-GLIFOS E DECORA-BAN O SEU CORPO.
OS CASTREXOS/AS USABAN A SAL-MOIRA E O ESCABECHE PARA CONSER-VAR OS ALIMENTOS; ADEMAIS COMO NON TIÑAN MOEDAS USABAN O TROCO COS COMERCIANTES PARA CONSEGUIR PRODUTOS COMO A SEDA.
E.E.I. Modia
Este ano somos doce na Escola da Modia: Uxía, Nerea, Javi, Adrián, Elena, Andrea, Mario Vilas., Sabela, David, Mario Laya, Mateo e Cristian.
Traballamas moito todo o
ano
No Magosto fixemos entre todos unha castaña de papel
No Samaín, decoramos cabazas e fixemos unha festa “ de medo”
Pasamos o curso elaborando un mural enorme con nós nel. Este é só un exemplo.
Sementamos plantas en testos. Cada un a súa e agora ímolas coidar na
casa.
Fomos ao teatro Caracol e vimos a historia dun chícharo
Rímosnos moito coa princesa e o príncipe
Fomos de excursión a Castrolandín, en Cuntis. Aprendemos como vivían os castrexos.
Vimos a lareira e o muíño de
man
Fixemos moitas festas ao longo do ano. E rematamos o curso “ festexando”
1 2 3 4
5 6 7 8
PRIMEIRO
1º
PASATEMPOS Os nenos e nenas de 2º fixemos estos pasatempos para que vos entreteñades nestas longas vacacións de verán.
Resolve o encrucillado. Deixamosvos unha axudiña…
Busca nesta sopa de letras as palabras subliñadas na canción.
Usando as claves secretas completa o nome deste cadro que pintou Diego Velásquez no ano 1656 e que podes ver si vi-sitas o Museo do Prado.
Agora podes ti tamén ser un artista si coloreas este debuxo , que é unha copia do original.
O FARO DE TERCEIRO
GRAN CAMPIONATO DE XADREZ
Xogaron a final do campeonato
Sheila e David. A partida durou
bastante xa que a nena tiña as pe-
zas máis ben colocadas. A nena
quíxolle comer o rei coa raíña pe-
ro tivo un fallo bastante grande,
púxolle diante a raíña e a nena
perdeu a raíña.. Para volver con-
seguir a raíña ten que chegar un
pión da nena á última liña do ou-
tro concursante, e non chegou.
No mes de
maio, na aula de
terceiro, os
alumnos de ter-
ceiro curso fixe-
ron un campio-
nato de xadrez.
Para decidir
quen xogaba
contra quen, fi-
xeron un sor-
teo.Para saber
as parellas, o
profe Rico puxo
todos os nomes
dos xogadores
nunha bolsa e
Bogdan ía sa-
cando os papeis.
Sacaba un papel
e o seguinte era
a súa parella e
así saíron todas
as parellas.
Cada un xogou
contra quen lle
tocou, o que ga-
ñaba pasaba á
seguinte fase e o
que perdía que-
daba eliminado.
Gañou David por
un movemento que
fixo, pero Sheila
tiña o xogo mellor
situado. E cando
Sheila tiña o xogo
mellor situado des-
pistouse, e David
coa torre e a raíña
foron cada un por
un lado e ...chas!!
comeron ao rei.
Esta partida foi re-
trasmitida ao resto
dos alumnos de
terceiro.
O profesor puxo
unha cámara e vía-
se nunha pantalla
como xogaban sen
levantarnos das si-
llas para ver como
xogaban os dous
concursantes.
Andrea Pérez. Alba Otero,
Laura e Antía Outeda.
O PEÓN
No taboleiro hai oito peóns brancos e
oito negros.
Un peón cando vai mover por primeira
vez, se o xogador quere, pode mover
dous cadros en perpendicular, e no resto
da partida só pode mover un cadro. Para
comer avanza un cadro en diagonal.
Nunha partida, o papel dun peón é de-
fender as pezas máis importantes, sobre
todo ao rei.
A RAÍÑA
Hai dúas raíñas, a branca e a negra.
A raíña move todo o que quere de
dúas formas, en perpendicular e en
diagonal. E unha mestura de torre e
alfil.
O REI
Hai dous reis, un branco e outro
negro.
Móvese un cadro para todos os
lados.
Ten que esconderse para que
non o maten, se che comen o
rei perdes a partida.
Quen diría que este coro de cantantes había chegar a ser este grupo de mangallóns que xa
están dispostos a ir a ESO ou a aqueloutro?
D E S P E D I D A
AO S
D E
S E X T O
Non sabemos que comeron pero abofé que cantidade e calidade non faltaron.
Aburiño e moita sorte!
O CABALO
No taboleiro hai catro cabalos,
dous negros e dous brancos.
O cabalo móvese un cadro en per-
pendicular para adiante ou para
atrás e un en diagonal, de lado.
O cabalo é unha ficha que despis-
ta moito, pola súa maneira de mo-
ver en forma de ele.
O seu traballo consiste en pro-
texer cando non hai ninguén pro-
texendo ao rei e ataca cando o rei
está protexido.
A TORRE
No taboleiro de xadrez hai dúas
torres brancas e dúas negras.
Móvese para diante e para atrás,
para a dereita e para a esquerda,
en perpendicular.
Pois hai dous exércitos . A torre
vai atacar cando é o momento,
cando o rei está distraído, pero
cando atacan eles ten que intentar
retroceder para defender ao rei.
O ALFIL
Hai catro alfiles, dous brancos e
dous negros.
O que está no cadrado branco ten
que mover en cadrados brancos o
que está en cadrado negro move
en negro.
O alfil move cantos cadrados que-
re pero en diagonal.
O alfil ataca, defende e axuda a
EN HALLOWEEN FIXEMOS CONTOS DE TERROR E DEBUXOS ARREPIANTES...
VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA VER AS OBRAS DO ESCULTOR
ASOREY, A CATEDRAL E A CIDADE DA CULTURA. XUNTO DA CATEDRAL ATO-
PAMOS UN PERSOEIRO TÍPICO COMO ZAPATÓNS.
NO MONTE GAIÁS (CIDADE DA CULTURA) OS NENOS TREPARON AS ALTURAS.
NOELIA
JORGE ALEJANDRA
CO PROGRAMA EDUCAMAR APRENDIMOS MOITAS COUSAS: AS MARISCADORAS SON CO-
MO CAMPESIÑAS, VOLVEN A CRIAR, REPOBOAN OS SITIOS E QUITAN AS ALGAS. SER MA-
RISCADORAS TAMÉN É UN FERMOSO TRABALLO.
LETRAS GALEGAS 2011
ESTES VERSOS FERMOSOS SON UNHA HOMENAXE AS MARISCADO-
RAS E REDEIRAS DE CAMBADOS.
FABRICAMOS PAPEL RECI-
CLADO A PARTIRES DE
CARTÓNS
CONTENEDORES DE FROI-
TA, RECOLLIDOS NO REFU-
GALLO DUN SUPERMER-
CADO.
EN PLÁSTICA FIXEMOS
UNHA EXPERIENCIA CON
PAPEL REUTILIZADO, ENRU-
GADO, MOLLADO CON AU-
GA E DEBUXANDO
CON TINTA CHINA. EIQUÍ
UN DOS RESULTADOS.
OS NOSOS (BOS) RECORDOS DA ESCOLA
Nos recreos sempre xogaba con Reinaldo, Matías e Borja; un día cando estabamos xogando Adrián
tiroulle una pedra a Reinaldo...
Foi en 6ºB cando no recreo marquei un gol e viñeron todos abrazarme e despois celebrámolo
En Infantil, en Sineiro, entrounos un lagarto na clase
En Infantil a profe Chiqui fíxonos unha
foto cun sombreiro
moi simpático
Foi en Infantil en Sineiro coa profe Pili cando faciamos xogos con ela.
En Infantil, en Covas coa profe Pili que nos facía orellas con chocolate quente moitas veces.
En 1º e 2º de parvulitos cando imitábamos as películas como
“O Rei León” ou “O Libro da Selva”
Nos carnavales cando o profe Rico
se disfrazaba de muller.
En Infantil, cando fomos á granxa dos Salesianos,
fixemos pan e xogamos cos animais
En 5º fomos á Coruña e eu case me perdo no laberinto do Monte de
San Pedro.
SEXTO
B
En 2º, cando Rico entrou pola porta cun folio xigante.
Dixo que ía pensar un núme-ro do 100 ao 200.
(...) Acerteino e mandoume
deitar enriba do folio xigante. Empezou a recalcar e cando
fun para a silla, no folio estaba a figura do meu
corpo.
En Infantil fomos a Padrón en tren e pasámolo moi ben
En 1º e en 2º de parvulitos quedábamos castigados
En Infantil, coa profe Isabel; a profe escondeu galletas e nós
tiñamos que atopalas
Foi en 5º cando fomos coa profe Eulalia a Barcelona en avión.
En 6º, o Día das Letras Galegas, cando estivemos no parque.
En 1º fomos co profesor Felipe a poñerlle o nome á nosa árbore, a Árbore do Amor
En Infantil, estábamos xogando, cando a profe dixo que había que saír e nós nos metimos no medio e non saiamos.
En parvulitos estábamos no areeiro e fun chea de area.
En Preescolar César sempre encontraba moedas no areeiro; e tamén foi en Prees-colar cando escapou a tartaruga e andaba
pola clase
En 6º cando fomos a Santiago de Compostela paseino moi
ben
Santi ía sentar e Araceli xogando quitoulle a silla e caeu de cu.
POESÍAS DAS ÁRBORES DO COLEXIO
Árbore de copa alta Invasora a calquera planta Lisa e coa tona gris clara, Así é a súa madeira un pouco rara No outono coas follas vermellas Tanto me ten se non é pola pementa O ailanto ou árbore do ceo, Sempre será un dos amigos meus
Abies alba de nome científico Bebes auga polas raíces És a árbore do Nadal Tés piñas colgantes Orixinario de Europa
Alá no horizonte Detrás das montañas Enriba dunha ponte Levando ás arañas Foi co elefante Apañando castañas
Este verde eucalipto Ufano coma sempre Castañas ten as pernas Amado e respetado Longos brazos ten Inzados de pelos verdes Polas súas propiedades Todos tentaremos curar Os catarros e as bronquites
Asia, África ou Europa Cada día debía nacer un Incendios matan algúns Volvendo quitar a moitos Refuxio e alimento Obligando a fuxir e abandonar Soutos, fragas e acevedos
Magnolia que grande és Amarelas poden ser as flores Grandes as flores e as follas Ninguén é alto coma ti Ondas de vento e de choiva Luz tamén ao teu redor Inspirando a todos dozura Alegría coa túa fermosura
Carballo din que tés A copa ampla e alta Ramificado é o teu talo de cor gris Belas son as túas follas de cor ver-de As túas landras de alimento serven Landras e boa sorte dás Levas flores dunha cor parda O teu aspecto é máxico
Moreira branca Ou morus alba Roibos os seus froitos Inclinadas as pólas Espidas no inverno Rico é o seu froito Agradable o seu sabor
A Meiga da Fraga
Din que na Fraga Escura vivía unha meiga. É unha desas historias vellas que andan pola rúa, que todo o mundo coñece, que se contan de avós a netos pero que ninguén realmente cre. Ninguén agás o tío Ramón. Porque el si viu á meiga, cando aínda era un meni-ño coñecido por Monchiño e non por Ramón. Cando aínda usaba pantalóns curtos herdados dos seus irmáns maiores e tiña o pelo negro e crecho que a súa nai non daba peiteado. Agora o tío Ramón a penas ten pelo, nin dentes, nin carnes. Só a lucidez fonda dos seus ollos que manteñen a forza de cando era novo. Por iso a súa bisneta cre, sen dubidalo nin un instante, que o tío Ramón – todos lle chamamos así, anque o único sobriño que tivo morreu hai xa moito tempo – , estivo un día coa meiga da Fraga. A Fraga Escura chámase así porque é tan mesta que parece que nunca entra nela a luz do sol. Alí sempre parece que sexa o serán ou a noite. Incluso nos días de ve-rán. Din os máis vellos que agora hai moi-tos claros, pero que antes daba medo en-trar nela, da escuridade que había. Todo o mundo pensaría que era un lugar
ao que ninguén ía, dos que se contaban
historias de medo coas que afastar aos pequenos do seu contorno. Pero non
era así. A Fraga era unha fonte inesgotable de leña, piñas, fentos e animais,
así que toda a aldea ía a cotío. Só había un lugar, preto da fonte – chamada a
Fonte da Meiga – do que a xente se mantiña ao marxe. Algúns intentan expli-
calo dicindo que houbo un tempo en que o manancial estivo contaminado, pero
o tío Ramón sabe ben que non é certo. Non. A verdade é que na cova que hai
detrás da fonte era onde vivía a meiga. Non era unha lavandeira, pero usaba a
fonte para facer os seus feitizos.
Xa non quedan na aldea vellos tan vellos como o tío Ramón, pero se viviran poderían contar co-mo en moitas ocasións se escoitaba cantar a unha muller preto da fonte. Tiña unha voz har-moniosa, pero algo nela arrepiaba e mantiña afastados a todos daquel lugar. Na fraga había tamén un par de regatos e nun deles facíase unha fochanca fonda e limpa que era a que a xente usaba habitualmente. Pero nunca a fonte. A Fonte da Meiga.
Brais
Martín
O S
C O N T O S
D A
P R O F E
C H U L I
A Monchiño apetecíalle mirala á cara, pero non se atrevía. Ela repetiulle que non a mirara. Que estivera calmado. E que lle ía axudar. Tiña que beber tres veces da fonte cunha especie de culler de madeira que lle entregou por de-trás del. Monchiño fíxoo. Logo a muller, coa súa man aínda no ombro do ne-no díxolle coa súa canción: “Non teñas medo. Verás como as túas pernas e todo o teu corpo vai medrando en pouco tempo. Verás como Néstor deixa pronto de meterse contigo, en canto vexa o grande que te fas. Pecha os ollos. Por un momento non escoitarás nada. Cando volvas sentir a auga da fonte correr, da media volta e volve á túa casa. Atoparás o camiño sen difi-cultade”. Monchiño fixo todo o que a muller lle dicía. Pechou os ollos e agardou. Ao pouco tempo empezou a oír a auga na fonte de novo. Abriu os ollos e soubo
exactamente en que lugar da fraga se atopaba e por onde tiña que ir para vol-ver á casa. Mirou ao redor, pero non viu nada estraño. Alí diante só había unha fonte e unha cova medio tapada por herbas, hedras e musgo. Botou a andar cara a casa. Chegou pouco tempo despois. Todos na aldea andaban a buscar por el por-que o seu irmán e os veciños dicían que se perdera. Monchiño marchou di-rectamente para a súa casa e todos o seguiron. A súa nai abrazouno forte, chorando, pero ao velo alí diante del viuno distinto e tranquilo. Ninguén lle preguntou nunca que pasa-ra na fraga. O certo é que pouco des-
pois Monchiño empezou a medrar, as súas pernas deixaron de ser dou paus delgados e en pouco tempo fíxose o neno máis alto e forte de tódolos da súa idade. Medraron todos ata chegaren a facerse homes e mulleres. Néstor deixou de meterse con el e menos des-pois de ter un pequeno accidente na fraga do que nunca falou pero que lle custou un dedo da man cun machado cando ía apañar leña. Néstor tamén deixou de ir a fraga. Monchiño, agora o tío Ramón, foi o home máis alto e forte da súa aldea. E só lle contou isto á súa bisneta, cando xa era moi velliño e as car-nes fuxiran de novo das súas pernas. De mozo coidou da fraga e non permitiu que ninguén es-tragara nada, nin animal nin planta que vivira nela.
©Chuli, abril do 2011
Ilustrado polos nenos e nenas de 5º
A muller estaba quieta. O neno non sabía se o vira, pero estaba moi preto da fonte e el tiña moita sede, moita máis dende que vira á muller. Necesitaba beber daquela fonte. Necesitaba limpar as súas bágoas pola cara coa auga clara que parecía cantar ao saír do manancial.
A modiño moveu un pe, en dirección á fonte e viu que a muller non facía nada, así que acordou dar un par de pasos por ver se reaccionaba. Achegouse así á fon-te e a muller non se moveu. Cando só lle quedaban un par de pasos para poder meter a man baixo o chorro da auga mi-rou de novo para a muller, pero entón viu que non era unha muller, senón as pe-dras que tapadas polo musgo e os fentos
parecían unha figura humana. Monchiño botouse a rir e meteu a man na auga, lavándose ben toda a cara e saciando dunha vez aquela sede tola que lle entrara. Logo de calmala púxo-se a mirar a superficie da auga pensando no parvo que fora por deixarse im-presionar por unhas rochas cando de súpeto: sentiuna. Unha man de dedos longos pousada no seu ombro. A imaxe da muller estaba a carón da súa so-bre a auga. Monchiño non quería mover-se. Pensaba que estaba errado outra vez, pero entón a muller comezou a falar. Non falaba coma o resto das persoas que Monchiño coñecía, senón que semellaba que estaba a cantar. O neno non sabía que linguaxe era a de aquela canción, xa que non era o galego que el coñecía e fa-laba, pero entendía todo o que lle estaba a contar. A meiga sabía do seu enfado, da carraxe que lle daba a actitude de Néstor, da rabia que lle daban aquelas pernas súas tan delgadiñas, sabía ata do medo que estaba sentindo naquel momento. A meiga díxolle que non se volvera a mirala, e que non tivera medo xa que ela non lle ía facer mal ningún. De repente Monchiño deixou de ter medo. Es-
taba seguro de que dicía a verdade. Con aquel seu canto a meiga foille dicin-do ao neno que ela estaba alí para coi-dar da fraga e da auga da fonte, que só mancaba aos ruíns, aos que maltrataban ás árbores, ás plantas, aos animais. Que non lle importaba que recolleran a leña que estaba tirada pero non quería que tiraran ningunha árbore san, nin que en-suciaran a auga.
Breixo
Pablo
Mirian
A muller estaba quieta. O neno non sabía se o vira, pero estaba moi preto da fonte e el tiña moita sede, moita máis dende que vira á muller. Necesitaba beber daquela fonte. Necesitaba limpar as súas bágoas pola cara coa auga clara que parecía cantar ao saír do manancial.
A modiño moveu un pe, en dirección á fonte e viu que a muller non facía nada, así que acordou dar un par de pasos por ver se reaccionaba. Achegouse así á fon-te e a muller non se moveu. Cando só lle quedaban un par de pasos para poder meter a man baixo o chorro da auga mi-rou de novo para a muller, pero entón viu que non era unha muller, senón as pe-dras que tapadas polo musgo e os fentos
parecían unha figura humana. Monchiño botouse a rir e meteu a man na auga, lavándose ben toda a cara e saciando dunha vez aquela sede tola que lle entrara. Logo de calmala púxo-se a mirar a superficie da auga pensando no parvo que fora por deixarse im-presionar por unhas rochas cando de súpeto: sentiuna. Unha man de dedos longos pousada no seu ombro. A imaxe da muller estaba a carón da súa so-bre a auga. Monchiño non quería mover-se. Pensaba que estaba errado outra vez, pero entón a muller comezou a falar. Non falaba coma o resto das persoas que Monchiño coñecía, senón que semellaba que estaba a cantar. O neno non sabía que linguaxe era a de aquela canción, xa que non era o galego que el coñecía e fa-laba, pero entendía todo o que lle estaba a contar. A meiga sabía do seu enfado, da carraxe que lle daba a actitude de Néstor, da rabia que lle daban aquelas pernas súas tan delgadiñas, sabía ata do medo que estaba sentindo naquel momento. A meiga díxolle que non se volvera a mirala, e que non tivera medo xa que ela non lle ía facer mal ningún. De repente Monchiño deixou de ter medo. Es-
taba seguro de que dicía a verdade. Con aquel seu canto a meiga foille dicin-do ao neno que ela estaba alí para coi-dar da fraga e da auga da fonte, que só mancaba aos ruíns, aos que maltrataban ás árbores, ás plantas, aos animais. Que non lle importaba que recolleran a leña que estaba tirada pero non quería que tiraran ningunha árbore san, nin que en-suciaran a auga.
Breixo
Pablo
Mirian
lector@s noviñ@s
lector@s medianiños
Colección Así é vida. Dominique de Sain Mars. Editorial Galaxia. Esta colección está protagonizada polos irmáns Max e Lili. Plantexa situación da vida cotiá e axu-da @s nen@s a reflexionar sobre elas. Neste volumen axúdanos a ser máis ordead@s (sen convertirnos en maniátic@s)
O libro dos cen poemas (Antoloxía da poesía infantil ga-lega) Xosé María Álvarez Cáccamo e Marisa Núñez.
Abecedario de arte. Un paseo por el museo Thyssen. Carlos Reviejo. Editorial S.M.
Os poemas de la gata Flo-renta Pilar Mayoralas. Edicións do Cumio Florenta é unha gata poeta que vive nunha bufarda dende onde ve o mun-do e escribe poemas. Gústalle facer cousas, curiosea polo mercado, olla nas bibliotecas e ao seu maxín dá renda solta.
Plastimágenes. Palabras del mar Editorial Fleurus Diccionario lúdico, ilustra-do con plastilina. Atopare-des animais, actividades na Praia, no porto… A partir de 3 anos.
Unha chea de familias Xosé A. Neira Cruz. Editorial Galaxia
Un libro no que tod@s caben.
BIBL IOTECA
El libro de la regla. Todo lo que temes preguntar (pero tienes que saber). Karen e Jennifer Gravelle. Editorial Medici
Grandes Lector@s
Nosotros los chicos La guía de los preadolescentes Olivier Lhote. Editorial Marenostrum
Colección Las fie-ras Fútbol Club. Joachim Masannek e Jan Birck As aventuras dun grupo de amig@s (e un can), to-liñ@s polo fútbol.
Música e peli
O soño dunha noite de san Xoán. Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoan, os humanos poden acceder ao Mundo Máxico. Baseada na obra de William Shakespeare
Amable Marta Quintana.
Novo traballo da música viguesa, no que mes-tura a harpa céltica e a súa fermosísisma voz.
Cuentos en verso para niños perversos Roald Dahl Os contos clásicos de sempre dende
outro punto de vista...
LETRAS GALEGAS
2011
LOIS PEREIRO
Este ano o día das Letras Galegas adicouse a Lois Pereiro. Nacido en Monforte de Lemos no 1958 e falecido na Coruña no 1996. Foi escri-tor e poeta . Fundador da revista Loia xunto con Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro. Colaborou en revistas como La Naval, Tri-latera e Luces de Galiza. Tamén foi traductor de alemán, francés e inglés de doblaxe de cine can-do viaxou por Ëuropa entre os anos 1983 e 1987. Solo publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfer-midade (1995). No ano da súa morte saliu á luz Poemas para unha Loia
ANO ASOREY
Os nenos e nenas do terceiro ciclo traballaron o ano Asorey con diversas activi-dades pero a máis destacada é o cartel que elaboraron e exposto xunto cos de outros colexios polos distintos cen-tros. Tamén visitaron en Santia-go distintos monumentos de Asorey.
E Q U I P O
D I N A M.
L I N G Ü Í S T I C A
TRABALLAMOS XUNTOS EN GALEGO
Escribimos verdadeiros
contos de medo no
Samaín e tamén boas
receitas de castañas no
magosto
PARTICIPAMOS NO
CONCURSO DO
LABREGO
CELEBRÁMO-LO
DÍA DA ÁRBORE
FIXEMOS ÚNS M
ARCADORES MOI
BONITOS PARA O DÍA DO LIBRO
TIVEMOS PROFE
CONTACONTOS DO
MAGARIÑOS
TIVEMOS MOMENTOS PARA PASALO MOI
BEN NESTE CURSO
NADAL
DÍA DA PAZ
ENTROIDO
Top Related