Actividades de reciclaxe

Post on 15-Apr-2017

194 views 1 download

Transcript of Actividades de reciclaxe

XOGUETES CON RECICLAXEAula de 5 anos.

CPI PADRENDA. 2012

ACTIVIDADES DE RECICLAXE

Ao longo do curso fomos recollendo diversos materiais do noso contorno que nos serían moi útiles máis tarde para facer moitas e divertidas cousas como xa ides ver.

Así ademais contribuimos a coidar o medio mediante a reutilización de materiais que doutro xeito irían a parar directamente ao lixo.

Aromatizador Os materiais utilizados

para iste aromatizador son: filtros de café usados, briks dos zumes dos almorzos dos nenos/as e cola branca.

1º paso Cubrimos

pegando con cola os brics de zumes con anaquiños de filtros de café usados, unha vez están limpos e secos.

Deixámolos secar.

2º paso Unha vez secos

metemos dentro deles as herbas aromáticas que foramos traendo á clase e que xa tiñamos secas e listas para usar.

3º paso Pechamos e

decoramos as caixiñas cunhas xoaniñas que a nosa profe fixo coa lá das ovellas que tiñamos tamén na clase.

RESULTADO FINAL Así foi cómo nos

quedaron. Moi, pero que

moi, moi chulas!.

Cariocas Voadoras Co material que fomos

xuntando dos almorzos de media mañá como bolas de papel de alumnio, bolsas de plástico, envases de iogurt…agulla e un pouco cordón, fixemos uns xoguetes que nos permitiron deixar voar a imaxinación:

“ As Cariocas Voadoras”.

Listas para xogar

OS PEIXES DO MAR A chegada dun

fermoso peixe globo á aula que nos trouxo Laura espertou o noso interese por os peixes do mar.

Era ben chulo, encantounos velo e tocalo.

Na exposición Unha vez ben

mirado e requetemirado, deixámolo na nosa colección de obxectos da natureza por un tempo.

Foi toda unha atracción!

Medidor de nenas/os Estivemos logo varias

semanas buscando información sobre os peixes do mar en libros da biblioteca, na casa coas familias, en películas…

E chegamos á conclusión de que sería boa idea facer un medidor para cada un de nós.

Medirnos e xogar cos números xa sabedes que é unha das cousas que máis nos gustan.

1º paso Forramos uns

cartóns que reciclamos de caixas vellas con papel e píntámolo con témpera azul.

Unha vez seco debuxamos nel un metro.

2º paso Despois para

decoralo debuxamos e coloreamos uns peixes do fondo do mar e tamén un submarino.

Remate final Colocamos o

submarino nunha pinza e mais un cordel para poder colgalo da parede e xa está listo para usar!

RECICLANDO, REUTILIZANDO, REDUCINDO

O LIXO QUE TIRAMOS Isto so é un mostra das fermosas

cousas que se poden facer con moitos dos materiais que tiramos ao lixo.

Seguro que a vós se vos ocorren outra morea delas.

Así que animádevos a reciclar sairemos tod@s gañando.