Pdi 2-ciclo

2
SEGUNDO CICLO Cando os membros do Ciclo nos prantexamos as actividades a desenvolver sobre o tema da Biblioteca este ano, o bosque, tiñamos claro que traballaríamos ao redor dun libro. A nosa primeira idea era ler “O bosque animado” pero non conseguimos localizar unha edición infantil de esa obra. Cambiamos entón o libro pero non a idea de traballar tomando como eixo vertebrador á actividade a lectura dun libro. Buscamos na biblioteca do colexio e escollimos a obra de Xavier López Rodríguez, Castiñeiro e compaña. A metodoloxía do traballo que queríamos desenvolver era, por unha parte que, baseandose no libro, se realizaran múltiples actividades que incluirían diversos aspectos do currículo do Ciclo e que o desenrolo do traballo fora por grupos e ter despois unha posta en común. Os titores, despois de ler o libro (que ten 11 capítulos) eliximos sete que mostraban unha continuidade e dividimos o alumnado do terceiro curso en tres grupos e o de cuarto en cinco. Un grupo de terceiro realizaría unha búsqueda de información sobre o castiñeiro a nivel científico. Todo o traballo representariase nun “libro xigante” feito con cartolinas. A portada dese libro sería unha copia debuxada da portada real. Cada grupo tería unha folla e plasmaría nela as actividades desenvolvidas. Un grupo de terceiro realizou unha búsqueda, usando as novas tecnoloxías, sobre o tipo de árbore, as súas follas, os froitos, a utilidade… Os outros grupos leron o capitulo correspondente e realizaron un resumo del, primeiro en borrador e despois de ser corrixido, pasado a limpo sobre un folio que tiña forma de folla de castiñeiro. Despois de ter feito o resumo do capítulo cada grupo realizou varias actividades que plasmou na cartolina correspondente. Asi se fixo unha búsqueda de cantigas e refráns que se escribiron sobre debuxos de castañas, realización de receitas feitas con castañas, debuxos baseados no capítulo, unha entrevista ao castiñeiro, un anuncio e eslogan sobre os perigos do lume no monte, unha poesía sobre as árbores… Como xa mencionamos, queríamos que as actividades a realizar foran do máis amplo aspecto, e asi: -Na clase de Plástica aprenderon a debuxar animais do bosque, enmarcado dentro da sección anual HOW2DRAW,onde se pretende traballar a técnica do debuxo mediante o uso das TICs. Este ano utilizouse a páxina http://childtopia.com/index.php que ten moitos exemplos de animais para debuxar paso a paso. Para poder seguir utilizando este recurso, a páxina está recollida no google sites da nosa biblioteca na sección English Corner (https://sites.google.com/site/bibliotaramancoscadreche/ ). -Na clase de Informática buscaron información sobre o autor. -A profesora de A.L. ensinoulles o alfabeto dactilolóxico e expresaron con el varias palabras, sobre todos referidas ao bosque. -Cos titores visitaron uns castiñeiros que hai preto do Centro. Observaron as árbores, tocaron e calcaron a cortiza e imaxinaron esceas do libro ante os castiñeiron reais.

Transcript of Pdi 2-ciclo

Page 1: Pdi 2-ciclo

SEGUNDO CICLO

Cando os membros do Ciclo nos prantexamos as actividades a desenvolver sobre o tema da Biblioteca este ano,

o bosque, tiñamos claro que traballaríamos ao redor dun libro.

A nosa primeira idea era ler “O bosque animado” pero non conseguimos localizar unha edición infantil de esa

obra.

Cambiamos entón o libro pero non a idea de traballar tomando como eixo vertebrador á actividade a lectura

dun libro.

Buscamos na biblioteca do colexio e escollimos a obra de Xavier López Rodríguez, Castiñeiro e compaña.

A metodoloxía do traballo que queríamos desenvolver era, por unha parte que, baseandose no libro, se

realizaran múltiples actividades que incluirían diversos aspectos do currículo do Ciclo e que o desenrolo do

traballo fora por grupos e ter despois unha posta en común.

Os titores, despois de ler o libro (que ten 11 capítulos) eliximos sete que mostraban unha continuidade e

dividimos o alumnado do terceiro curso en tres grupos e o de cuarto en cinco. Un grupo de terceiro realizaría

unha búsqueda de información sobre o castiñeiro a nivel científico.

Todo o traballo representariase nun “libro xigante” feito con cartolinas. A portada dese libro sería unha copia

debuxada da portada real. Cada grupo tería unha folla e plasmaría nela as actividades desenvolvidas.

Un grupo de terceiro realizou unha búsqueda, usando as novas tecnoloxías, sobre o tipo de árbore, as súas

follas, os froitos, a utilidade…

Os outros grupos leron o capitulo correspondente e realizaron un resumo del, primeiro en borrador e despois

de ser corrixido, pasado a limpo sobre un folio que tiña forma de folla de castiñeiro.

Despois de ter feito o resumo do capítulo cada grupo realizou varias actividades que plasmou na cartolina

correspondente. Asi se fixo unha búsqueda de cantigas e refráns que se escribiron sobre debuxos de castañas,

realización de receitas feitas con castañas, debuxos baseados no capítulo, unha entrevista ao castiñeiro, un

anuncio e eslogan sobre os perigos do lume no monte, unha poesía sobre as árbores…

Como xa mencionamos, queríamos que as actividades a realizar foran do máis amplo aspecto, e asi:

-Na clase de Plástica aprenderon a debuxar animais do bosque, enmarcado dentro da sección anual

HOW2DRAW,onde se pretende traballar a técnica do debuxo mediante o uso das TICs. Este ano utilizouse a

páxina http://childtopia.com/index.php que ten moitos exemplos de animais para debuxar paso a paso. Para

poder seguir utilizando este recurso, a páxina está recollida no google sites da nosa biblioteca na sección

English Corner (https://sites.google.com/site/bibliotaramancoscadreche/ ).

-Na clase de Informática buscaron información sobre o autor.

-A profesora de A.L. ensinoulles o alfabeto dactilolóxico e expresaron con el varias palabras, sobre todos

referidas ao bosque.

-Cos titores visitaron uns castiñeiros que hai preto do Centro. Observaron as árbores, tocaron e calcaron a

cortiza e imaxinaron esceas do libro ante os castiñeiron reais.

Page 2: Pdi 2-ciclo

A idea do Ciclo era traballar tomando como eixo vertebrador á actividade a lectura dun libro.

Biscamos na Biblioteca do colexio e escollimos a obra de Xavier López Rodríguez, Castiñeiro e compaña.

Queriamos realizar múltiples actividades que incluirían aspectos do cucrriculo do ciclo e que o desenrolo do

traballo fora por grupos.

Os titores eliximos sete capítulos que mostraban unha continuidade e dividimos ao alumnado en oito grupos,

tres en terceiro e cinco en cuarto. Un grupo realizaría un traballo máis científico sobre o castiñeiro usando as

novas tecnoloxías.

Todo o traballo representaríase nun “libro xigante” feito con cartolinas. A portada sería unha copia debuxada da

portada real.

Os grupos leron o capitulo correspondente e realizaron un resumo que foi escrito nun folio que tiña forma de

folla de castiñeiro. Despois cada grupo realizou diversas actividades como búsqueda de cantigas e refráns,

realización de receitas con castañas, debuxos sobre o libro, realización de textos como unha entrevista ao

castiñeiro, poesías, eslogan e anuncio sobre o perigo do lume...

Os alumnos tamén aprenderon a debuxar animais do bosque, buscaron información en Internet sobre o autor e

aprenderon a expresar palabras co alfabeto dactololóxico e visitaron a uns castiñeiros que hai preto do Centro e

ali tocaron, oiron e imaxinaron esceas do libro ante castiñeiros reais.