suxeito

8

Click here to load reader

description

suxeito traballos

Transcript of suxeito

Page 1: suxeito

SUXEITO

Instrucións:

1. Lectura silenciosa e individual. Con ela debedes acadar unha comprensión global do texto que nos permita identificar o lugar, tempo e situación da personaxe principal. Ao rematar a lectura facemos unha posta en común.

2. Segunda lectura silenciosa, que ten como propósito fixarse nos detalles para indicar nunha copia que vos imos facilitar, sen apoio do texto, quen realiza cada unha das vinte e catro accións propostas. Se o suxeito está elidido podedes poñer entre parénteses este.

3. Ao rematar a lectura facemos unha corrección en grupo.

4. Terceira lectura en voz alta. Cando haxa un punto no texto cambiamos de lector/a e imos indicando o suxeito das vinte e catro accións.

5. Facemos a transformación a plural de cada oración en voz alta.

Page 2: suxeito

ACCIÓNS

1. Conducen velozmente os coches, aínda coas luces prendidas, cara aos seus postos de traballo.

2. Érguese sobre o Berbés e non permite distinguir con precisión os contornos dos edificios.

3. Sobrevoan o porto, pousándose sobre os tráilers, sobre os colectores de lixo e sobre as caixas e os restos de peixe do chan.

4. Entra no peirao.

5. Brinca a terra e diríxese, peirao adiante, cara ao bar onde traballa.

6. Esperta, nerviosa e lentamente, do letargo da noite.

7. Camiña con desidia, repetindo un camiño aprendido e memorizado en cada detalle ao longo de anos.

8. Está farta do traballo e tamén do seu home.

9. Anda á viruta.

10. Ao longo da mañá, desde había anos, acoden a tomar o bocadillo, a cervexa cunha tapa de tortilla, ou a xantar.

11. Comenta que un mozo se suicidou co amencer tirándose pola ventá da casa.

12. Non entende como se pode matar un polo ruído das abellas cando hai razóns bastante peores polas que morrer.

13. Máis tarde chega desmentindo que se suicidase ninguén.

14. Dixéralle que no porto de baixura mataran a coiteladas a un ao que lle chamaban o Portugués.

15. A iso das dez comeza a chegar pedindo tortilla a berros cos seus ollos de goma.

16. Controla a caixa e atende.

17. Móvese de aquí para alá servindo aos obreiros.

18. Ao mediodía aparece pola porta para que a señora Lola lle faga unha tortilla sen lla cobrar.

19. Sabe defenderse ben, non é parvo, agora anda coa Carmela en Bueu.

20. Non pode evitar un sorriso aínda que só sexa por saber que o seu fillo non está morto.

21. Berra por ela para dicirlle que a chaman por teléfono.

22. Dille que está preñada.

23. Detense diante dun vagón do tren a Barcelona e sobe a el.

Page 3: suxeito

24. Logo abre a porta do compartimento, fixa os ollos nun asento baleiro onda a xanela, sorrí, salta do tren abaixo e dicíndose, outra vez será, Lola, dá media volta e marcha a coller o barco de Cangas.

TEXTO

As xentes conducen velozmente os coches, aínda coas luces prendidas, cara aos seus

postos de traballo. Unha luz loura e neboenta érguese sobre o Berbés e non permite

distinguir con precisión os contornos dos edificios, que se amontoan uns contra

outros coma lapas brancas. As gaivotas sobrevoan o porto, pousándose sobre os

tráilers, sobre os colectores de lixo e sobre as caixas e os restos de peixe do chan. O

mar, picado, resplandece verde, esmeraltado. Entra no peirao o barco de Cangas.

Unha muller brinca cara a terra e diríxese, peirao adiante, cara ao bar onde traballa.

En media hora estará a facer tortillas para os obreiros. A cidade esperta, nerviosa e

lentamente, do letargo da noite e a vida bole de novo, imprimíndolle ritmo ao corpo

do dinosaurio durmido. A muller camiña con desidia, repetindo un camiño

aprendido e memorizado en cada detalle ao longo de anos.

Está farta do traballo. Pero é que tamén está farta do seu home, aínda que a súa

relación con el non sexa peor do que sempre foi. El anda á viruta. Tan á viruta anda

que xa nin se preocupa de buscar traballo. Ás tardes vai ao bar, con ese andar

bambón que ten, e alí queda, cos amigos e a botella de caña, a xogar ao dominó. A

muller ultimamente sente desprezo por el. Está farta de mantelo, farta de soportalo,

farta de querelo. Mira para o reloxo e apura o paso. Distraérase excesivamente nas

súas cavilacións e non quere chegar tarde.

No bar comezaba a facer tortillas a primeira hora. Ao longo da mañá, desde había

anos, acoden a tomar o bocadillo, a cervexa cunha tapa de tortilla, ou a xantar.

Axiña chegaban os berros do patrón dicindo, máis tortilla, señora Lola, máis tortilla,

e a señora Lola veña a cociñar, veña a facer tortilla toda a santa mañá. É así desde

hai moitos anos. E é así por moi poucos cartos. Por unha auténtica miseria.

Hoxe hai novas no barrio que dan que falar. A xente comenta que un mozo se

suicidou co amencer tirándose pola ventá da casa. Seica estivera na farmacia, de

madrugada, pedindo tranquilizantes. Segundo os veciños, bisbea dona Leonor, a da

mercería, vivía obsesionado co ruído das abellas. A señora Lola non entende como

Page 4: suxeito

se pode matar un polo ruído das abellas cando hai razóns bastante peores polas que

morrer.

Máis tarde chega o patrón, que saíra buscar cambio, desmentindo que se suicidase

ninguén porque, segundo as novas que traía, fora en realidade un asasinato.

Dixéralle un taxista do Berbés que no porto de baixura mataran a coiteladas a un ao

que lle chamaban o Portugués. Logo, á porta do bar, un cliente veulle ao patrón co

mesmo conto.

A iso das dez comeza a chegar a primeira quenda de obreiros, sucios, grises,

pedindo tortilla a berros cos seus ollos de goma. O patrón controla a caixa e atende,

e un rapariguiño que cambia de rostro cada seis meses móvese de aquí para alá

servindo aos obreiros.

Ao mediodía aparece pola porta Pepa a Loba, unha rapariga de Cangas enganchada

na droga, para que a señora Lola lle faga unha tortilla sen lla cobrar, e coméntalle

que o seu fillo sabe defenderse ben, que non é parvo, que agora anda coa Carmela en

Bueu. E ela non pode evitar un sorriso aínda que só sexa por saber que o seu fillo

non está morto, ou esmorecente, tirado nunha esquina cunha sobredose.

Logo o día vai consumíndose e aínda cociña máis tortillas mentres imaxina que o

seu fillo retorna un día á casa para abrazar a nai, e casa cunha muller honrada que

trae con el. Está nesas cando o patrón berra por ela para dicirlle que a chaman por

teléfono. A súa filla pequena dille que está preñada. Colga e volve para a cociña.

Estábao esperando. Sabía que un día lle ía pasar. Bota as patacas no aceite e rompe a

chorar en silencio.

Cando remata a xornada, encamíñase á estación. Entra pola porta da estación coma

unha bala, atravesa o vestíbulo, diríxese aos andéns, detense diante dun vagón do

tren a Barcelona e sobe a el. É a primeira vez que o fai. Como unha estaca,

permanece alí cravada durante un bo anaco. Logo abre a porta do compartimento,

fixa os ollos nun asento baleiro onda a xanela, sorrí, vírase, salta do tren abaixo e

dicíndose, outra vez será, Lola, dá media volta e marcha a coller o barco de Cangas.

(Adaptado de Fran Alonso, Males de cabeza)

Page 5: suxeito

1. Conducen velozmente os coches, aínda coas luces prendidas, cara aos seus postos de traballo. As xentes

2. Érguese sobre o Berbés e non permite distinguir con precisión os contornos dos edificios. Unha luz loura e neboenta

3. Sobrevoan o porto, pousándose sobre os tráilers, sobre os colectores de lixo e sobre as caixas e os restos de peixe do chan. As gaivotas

4. Entra no peirao. O barco de Cangas

5. Brinca a terra e diríxese, peirao adiante, cara ao bar onde traballa. Unha muller

6. Esperta, nerviosa e lentamente, do letargo da noite. A cidade

7. Camiña con desidia, repetindo un camiño aprendido e memorizado en cada detalle ao longo de anos. A muller

8. Está farta do traballo e tamén do seu home. (A muller)

9. Anda á viruta. El

10. Ao longo da mañá, desde había anos, acoden a tomar o bocadillo, a cervexa cunha tapa de tortilla, ou a xantar. Numerosos obreiros

11. Comenta que un mozo se suicidou co amencer tirándose pola ventá da casa. A xente

12. Non entende como se pode matar un polo ruído das abellas cando hai razóns bastante peores polas que morrer. A señora Lola

13. Máis tarde chega desmentindo que se suicidase ninguén. O patrón

14. Dixéralle que no porto de baixura mataran a coiteladas a un ao que lle chamaban o Portugués. Un taxista do Berbés

15. A iso das dez comeza a chegar pedindo tortilla a berros cos seus ollos de goma. A primeira quenda de obreiros

16. Controla a caixa e atende. O patrón

17. Móvese de aquí para alá servindo aos obreiros. Un rapariguiño que cambia de rostro cada seis meses

18. Ao mediodía aparece pola porta para que a señora Lola lle faga unha tortilla sen lla cobrar. Pepa a Loba

19. Sabe defenderse ben, non é parvo, agora anda coa Carmela en Bueu. O seu fillo

20. Non pode evitar un sorriso aínda que só sexa por saber que o seu fillo non está morto. Ela

21. Berra por ela para dicirlle que a chaman por teléfono. O patrón

Page 6: suxeito

22. Dille que está preñada. A súa filla pequena

23. Detense diante dun vagón do tren a Barcelona e sobe a el. (A señora Lola)

24. Logo abre a porta do compartimento, fixa os ollos nun asento baleiro onda a xanela, sorrí, salta do tren abaixo e dicíndose, outra vez será, Lola, dá media volta e marcha a coller o barco de Cangas. (A señora Lola)