Agosto 2013 - BXVAC

28
TEMA DO MES Páx.2 XINZO Páx.8 COMARCA Páx.7 Número: 81 - Ano:VIII - Agosto 2013 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 XINZO Páx.10 OCIO Páx.20 Orzamentos 2013 de Xinzo: aprobados en pleno sen debate Grupo de canto e danza folclórica rexional polaco “Jodelki”, no desfile polas rúas de Xinzo de Limia. /P. LODEIRO Mellora prevista na estación de autobuses de Xinzo Aprobados once novos obradoiros de emprego para a provincia A Festa do Esquecemento chega ao seu ano XIII Convenio de formación agraria entre Cáritas e Inorde As Xornadas de Folclore pasaron por Xinzo [páx. 20] Entrevista a Xan Jardón, alcalde de Vilar de Santos: “Para min o Concello non é un fin” [p. 8]

description

As citas festivas de agosto, no periódico Barrios. O Esquecemento en Xinzo, as festas de San Roque en Celanova, a Festa da Empanada en Allariz ou a celebración da patroa en Verín, amais dun repaso ao que foi a Feira do Viño de Monterrei, teñen o seu oco no número de agosto da publicación. No verán a actualidade vén marcada principalmente polas citas festivas; por iso, no número de agosto de Barrios ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova facemos un repaso ás propostas de ocio destas localidades, tanto as xa pasadas, como a Feira do Viño de Verín ou as Xornadas de Folclore, como as próximas, con festas en Celanova (San Roque), Xinzo (Esquecemento), Verín (na honra de Santa María a Maior), Allariz (Festa da Empanada) ou Maceda (Festival San Roque and Roll). Amais, e seguindo nesta liña, entrevistamos á concelleira de Cultura de Allariz, Teresa Devesa, na que abordamos a celebración das Festas Etnográficas nesta vila.

Transcript of Agosto 2013 - BXVAC

Page 1: Agosto 2013 - BXVAC

TEMA DO MES Páx.2 XINZO Páx.8COMARCA Páx.7

Número: 81 - Ano:VIII - Agosto 2013 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

XINZO Páx.10 OCIO Páx.20

Orzamentos 2013 de Xinzo: aprobados en pleno sen debate

Grupo de canto e danza folclórica rexional polaco “Jodelki”, no desfile polas rúas de Xinzo de Limia. /P. LODEIRO

Mellora prevista na estación de autobuses de Xinzo

Aprobados once novos obradoiros de emprego para a provincia

A Festa do Esquecemento chega ao seu ano XIII

Convenio de formación agraria entre Cáritas e Inorde

As Xornadas de Folclorepasaron por Xinzo [páx. 20]

Entrevista a Xan Jardón, alcalde de Vilar de Santos: “Para min o Concello non é un fin” [p. 8]

Page 2: Agosto 2013 - BXVAC

� BARRIOSAgosto de �013

PROVINCIA

Redacción

A Consellería de Traballo e Benestar vén de aprobar 11 obradoiros de emprego na provincia de Ourense para este ano, que benefi-ciarán a �34 persoas en si-tuación de desemprego. A acción conta cun orzamento de dous millóns de euros.

Os 11 obradoiros corres-ponden a 38 concellos, xa que algúns organízanse de forma conxunta entre varias localidades.

Os obradoiros foron anunciados pola directora xeral de Emprego e For-mación, Ana María Díaz, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez durante as súas visitas ás localidades de Celanova, Sandiás, Pader-ne de Allariz, O Carballiño e Beade, nas que mantive-ron encontros de traballo con varios alcaldes ouren-sáns.

Ana María Díaz des-tacou as vantaxes destes proxectos que favorecen o acceso a un posto de traba-llo, ao tempo que “ofrecen

unha formación teórico e práctica de calidade, certi-ficada e adecuada ao mer-cado laboral; e permiten a realización de obras ou servizos de interese para a comunidade”. Ademais indicou que ao rematar o programa, o alumnado re-cibirá un certificado de va-lidez para todo o territorio nacional, que demostrará a súa preparación e habili-dades e que “incrementará moi significativamente a súa empregabilidade”.

Obradoiros No caso da Mancomuni-

dade voluntaria dos conce-llos da comarca de Ouren-se, na que están incluidas as localidades de Paderne de Allariz, Maceda, Xunqueira de Ambía, Baños de Mol-gas, Ourense e Barbadás, o obradoiro beneficiará a 24 persoas, que aprenderán as especialidades de xardine-ría e forxa.

Aos concellos de Verín e Vilardevós concedéuselle un obradoiro para �� per-soas desempregadas nas especialidades de axuda a

domicilio, carpintería e xardinería.

Tamén compartirán outro obradoiro Celanova, Bande e Verea, con �0 par-ticipantes. Estará centrado en animación sociocultu-ral, deseño e mantemento de páxinas web, axente de desenvolvemento tu-rístico e dinamización de servizos de información e atención cultural.

Os concellos de Mon-terrei, Cualedro, Laza, Oímbra e Castrelo do Val contarán cunha iniciativa para �0 persoas desem-pregadas. Estará centra-da en axuda a domicilio, atención xeriátrica, forxa e xardinería.

O obradoiro de Sandiás, Sarreaus e Trasmiras be-neficiará a 20 parados e centrarase nas áreas de xardinería, traballos fores-tais e axuda a domicilio.

Por último, o Consorcio local río Arnoia (Cartelle, A Merca e Ramirás) pode-rá contar cun obradoiro de albanelería e agricultura ecolóxica para �0 persoas desempregadas.

A Consellería de Traballo aproba 11 obradoiros de emprego para Ourense4 Beneficiarán a máis de 200 desempregados.

Redacción

A Xunta de Galicia, a través Consellería de Me-dio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, inves-tirá este ano nas oficinas municipais de rehabili-tación de sete concellos da provincia de Ourense (Allariz, Castro Calde-las, Celanova, Ourense, Ribadavia, Verín e Vilar de Santos), case 14�.000 euros, tal como estable-cen os convenios entre o Instituto Galego de Vi-venda e Solo (IGVS) e os municipios que contan con área de rehabilitación integral (ARI) e, polo tan-to, con oficina municipal de rehabilitación.

XestiónsAs xestións a realizar

polas oficinas municipais de rehabilitación consis-ten en prestar asesora-mento e información ao público sobre as actua-cións comprendidas no

ámbito das ARI e doutras axudas en materia de vi-venda, amais de tramitar os expedientes e realizar o se-guimento técnico das obras da ARI.

Como novidade, este ano non terán que ocuparse das visitas técnicas e xestións dos programas Renove e Aluga, nin do decreto au-tonómico de rehabilitación, que realizarán directamen-te as oficinas técnicas do

A Xunta subvenciona sete oficinas municipais das áreas de rehabilitación 4 En total son máis de 140.000 euros para sete oficinas. Allariz, Celanova, Verín e Vilar de San-tos, entre os beneficiados.

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, xunto ao delegado da Xun-ta en Ourense, o xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar e varios alcaldes, na casa consistorial de Paderne de Allariz./RAMSÉS

Un rincón do casco histórico de Allariz, unha das vilas que dispón de oficina municipal de rehabilitación./ARQUIVO.

IGVS.

Financiamento Na provincia de Ouren-

se, o IGVS colabora no financiamento de ditas ac-tividades das oficinas de rehabilitación con axudas dos seguintes importes. As de Allariz, Celanova, Verín e Vilar de Santos recibirán cada unha 19.354 euros para financiar o seu funcio-namento.

Redacción

A máis de 1.135.000 euros ascende o importe das axudas directas que a Xunta de Galicia con-cederá este ano a un total de 40 concellos ourensáns en concepto do Fondo de Compensación Ambiental.

Con estes fondos as cor-

poracións locais deberán sufragar iniciativas orien-tadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso das enerxías renovables ou á restauración e reposición do medio ambiente.

Na liña non competitiva, que atinxe aos concellos que soportan instalacións

eólicas ou liñas de evacua-ción, serán 20 os benefi-ciados con 544.�51 euros. Entre eles, os de Baltar, Celanova, Cualedro, Verea, Xinzo de Limia e Xunquei-ra de Espadañedo.

Canto á liña competitiva concedéuselle esta subven-ción, cifrada en 591.061 euros, a un total de �3 mu-nicipios, entre eles Riós, Ramirás, Vilar de Santos, Os Blancos, Allariz, Car-telle, Castrelo do Val e Xunqueira de Espadañedo. Trasmiras e Sarreaus, Verín e Vilardevós, e Monterrei, Oímbra e Laza presentaron a súa solicitude de forma conxunta.

Máis dun millón de euros no Fondo de Compensación Ambiental4 Beneficia a 40 municipios.

Page 3: Agosto 2013 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �013

3VERÍN E COMARCA

Redacción

A visita de dez mil per-soas é o primeiro dato po-sitivo da VIII Feira do Viño de Monterrei, celebrada na localidade de Verín entre os días 9 e 11 de agosto. A fal-ta de recontar o número de cataviños, bonos e botellas vendidos polas 1� adegas presentes (ao prezo de seis, catro e seis euros, respec-tivamente), o balance feito polo Consello Regulador da D.O. Monterrei é positivo.

A feira abría na tarde noi-te do venres 9 co pregón a cargo do xornalista galego Bieito Rubido no recinto da praza Mercé. Logo, a exal-tación da Denominación de Orixe Monterrei trasla-douse ao Parador de Verín onde tivo lugar o acto de constitución da Confraría dos Viños de Monterrei e a concesión de 18 mencións, unha por ano de vida da De-nominación de Orixe.

Así, impuxéronse 1� me-dallas de recoñecemento in-terno ao sector; outras cinco de honra (Bieito Rubido, pregoeiro; Castor Gago, elaborador dos estatutos da D.O.; Carmen Pardo, ex se-cretaria xeral de Turismo da Xunta; Samuel Juárez, ex conselleiro de Medio Rural, e o alcalde de Verín, Jimé-nez Morán), amais do no-meamento como Confrade Maior dos Viños de Monte-rrei do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Feijóo expuxo o extraor-dinario traballo conxunto que se está a facer desde a Denominación de Orixe para, cada ano, ir obtendo uns excelentes resultados

en todas as variedades que aquí se cultivan. Ao fío dis-to, o responsable do Execu-tivo autonómico lembrou como na Cata de Viños de Galicia de �01�, un viño desta D.O. foi considerado como o Mellor Blanco de Galicia, e insistiu en que moitos dos caldos da terra de Monterrei están entre os mellor valorados polos máis exixentes críticos.

Actividades paralelasAmais do puramente viti-

vinícola, tamén houbo tem-po para outras actividades que correrían paralelas á feira, como concertos, me-nús especiais nos restauran-tes da comarca, rutas ciclo-turísticas, visitas a adegas e ao patrimonio natural e cultural da comarca, e pro-mocións especiais en esta-blecementos hostaleiros.

Os datos da D.O.A zona amparada pola

Denominación de Orixe Monterrei, creada o 3 de decembro de 199�, atópase na comarca de Monterrei e está constituída polas sub-zonas do Val de Monterrei e Ladeira de Monterrei. Está composta por �3 adegas.

No ano �01�, a Denomi-nación de Orixe Monterrei produciu máis de 14.140 hectolitros de viño e duran-te o primeiro semestre deste ano repartíronse xa 9�0.653 contraetiquetas, un 9,5% máis que o ano anterior.

EN BREVE

4 Día da Xuventude

A Oficina Transfron-teiriza de Información Xuvenil acolleu a conme-moración do Día Interna-cional da Xuventude.

O programa da xorna-da, na que participaron un total de 45 menores dos municipios de Chaves e Verín, estivo articulado segundo as seguintes acti-vidades: dinamización da biblioteca transfronteiriza ‘O xogo das palabras’, dinámicas de canto e ins-trumentalización no local de ensaios e o relatorio ‘O que é unha Oficina Trans-fronteiriza’. Os asisten-tes recibiron un pequeno agasallo e material infor-mativo da Oficina Trans-fronteiriza de Informa-ción Xuvenil, no que se lles explicaba a situación física, os seus obxectivos, funcionamento interno e actividades.

4 5.000 eurocidadáns

A Eurocidade Chaves-Verín xa conta con 5.000 veciños que pediron as súa tarxeta de eurocida-dán. Despois de pouco máis dun ano (abril de �01�) de iniciar a emisión destas tarxetas nas dúas localidades chegouse a esta cifra, que tamén se repite na de número de amigos cos que conta a

Os veciños de Cerdedelo, en Laza, acudiron á Feira do Viño de Verín para protestar diante do presidente da Xun-ta pola perda do único medio de transporte público do que dispoñía o pobo, a liña Ourense-Sanabría, que deixou de prestar servizo o pasado mes de xuño. Os veciños lamen-tan que a pesar dos intentos pacíficos por facerlle chegar o problema a Núñez Feijoo foilles imposible xa que a co-mitiva que acompañaba o presidente no percorrido pola feira impediullo.

A Feira do Viño de Monterrei congregou dez mil persoas en Verín4 Na súa oitava edición.

Visitantes no recinto feiral, na praza da Mercé de Verín./A. DEL RÍO.

Eurocidade na súa páxina de Facebook.

A tarxeta eurocidadá pro-porciona os mesmos benefi-cios aos residentes dos dous municipios independen-temente de onde habiten, como descontos na utiliza-ción das instalacións muni-cipais e en eventos, e acceso ás accións de formación e participación en actividades culturais, deportivas, educa-tivas e de lecer promovidas por Chaves e Verín.

4 Actos vandálicos na Granxa

O campo de fútbol do complexo deportivo a Granxa en Verín sufriu na madrugada do 6 ao 7 de agosto actos vandálicos que ocasionaron grandes estra-gos. Os autores levantaron varios tramos do tapiz do céspede artificial do campo, o que ocasiona o despren-demento e vaciado da área e o caucho do céspede, de modo que o campo queda sen as condicións óptimas para a práctica do deporte e se acelera a súa degrada-ción.

O edil de Deportes, Víc-tor Baladrón, pediu a cola-boración cidadá para que se identifique a estes ván-dalos para que “abonen do seu peto estes desperfectos, porque estos estragos non son para roubar senón para facer dano”, e avisa de que serán “duramente sanciona-dos”.

Celebración do Día da Xuventude na Eurocidade.

Esta edición naceu a Confraría dos Viños de Monterrei

Page 4: Agosto 2013 - BXVAC

4 BARRIOSAgosto de �013

VERÍN E COMARCA

Redacción

A Xunta iniciou a tra-mitación correspondente para que a escola infantil de Verín sexa unha rea-lidade. Así o anunciou a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen adiantou que o de-partamento autonómico tamén comezou, en cola-boración co Concello, a tramitación necesaria para trasladar a oficina de em-prego da localidade.

A titular de Traballo e Benestar abordou estes dous temas nunha xuntan-za que mantivo co alcalde, Juan Manuel Jiménez Mo-rán, no transcurso dunha visita que realizou a Verín, onde tamén se achegou ata o centro sociocomunitario e a sede da Eurocidade.

Con respecto á oficina de emprego, a conselleira ex-plicou que o que se pretende é trasladala a un local máis céntrico, con instalacións máis “modernas e funcio-nais”. Así, os técnicos visi-tarán en breve varios locais propostos polo alcalde para comprobar que cumpren a normativa do Servizo Pú-

blico de Emprego.

Escola infantilEn canto á escola infantil,

a conselleira indicou que será a primeira da comarca de Verín. “Esta actuación reforza a aposta da Xunta pola conciliación da vida persoal, laboral e familiar”, recalcou.

Ademais, a titular de Benestar comprometeuse a poñer en marcha prazas públicas residenciais na comarca de Verín ao longo

Iniciada a tramitación da futura escola infantil de Verín4 A conselleira de Traballo avanzou que se dotará á oficina de emprego dun novo local.

Beatriz Mato desprazouse ata o centro sociocomunitario de Verín. /BORYS MARTÍNEZ

desta lexislatura. Neste sen-so, coordinarase co Conce-llo na busca de alternativas para poñer en marcha estas prazas.

Visita ao centro socioco-munitario e á Eurocidade

A visita da conselleira continuou no centro socio-comunitario de Verín, onde os maiores da localidade poden realizar diversas acti-vidades para previr e retra-sar as situacións de depen-dencia.

Por último, Mato despra-zouse ata a sede da Euro-cidade Chaves-Verín, onde destacou a relevancia deste proxecto que está enmarca-do no Programa de Coope-ración Transfronteiriza Es-paña-Portugal (POCTEP). A titular de Traballo resaltou que un dos obxectivos da Eurocidade é apoiar o espí-rito emprendedor da xuven-tude galega e portuguesa, poñendo a disposición dos mozos recursos, informa-ción e asesoramento.

Será a primeira gardería que a Xunta constrúe na comarca

Tanatorio La Paz inaugura capela

Tanatorio La Paz de Ve-rín suma desde hai un mes un novo servizo ao seu ca-tálogo para dotar ás súas instalacións das mellores prestacións en momentos tan delicados.

A recente creación dun-ha capela permite levar a cabo un servizo de funeral, evitando aos usuarios do tanatorio desprazamentos e trastornos innecesarios. A capela mantén un ho-rario personalizado para cada ocasión, estando dis-poñible cando se requira e conta cun aforo aproxima-do de cen persoas.

Con esta nova iniciati-va, Tanatorio La Paz se-gue na súa liña de facilitar as xestións a realizar en momentos tan delicados. É de destacar a existencia dunha sala columbario, que funciona como pan-teón cinerario de aluguer. Nesta sala poderase acom-pañar aos seres queridos coas axeitadas condicións de comodidade e alleo ás inclemencias do tempo.

Page 5: Agosto 2013 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �013

5VERÍN E COMARCA

Redacción

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria investiu este ano ��0.000 euros en obras de mellora nos CEIP Amaro Refojo e Princesa de Espa-ña e no IES Xesús Taboada Chivite de Verín.

Redacción

O conselleiro de Cultu-ra, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Váz-quez, e o alcalde do Con-cello de Riós, Francisco Armando Veiga, firmaron un convenio de colabora-ción cultural para o funcio-namento e realización de actividades no Museo do Centro de Interpretación da Castaña.

A Xunta de Galicia des-tinará un total de �0.000 euros co obxectivo de po-der dinamizar este espazo e coordinar as actividades que se desenvolven no mes-mo. Deste xeito, a través de diversas accións divulgati-vas, poderase facilitar in-formación tanto a escolares como a calquera persoa que queira ampliar os seus co-ñecementos sobre este froi-

to autóctono.Logo da firma do conve-

nio, o conselleiro visitou o Centro de Interpretación da Castaña, onde insistiu no compromiso de Cul-tura e Educación con esta entidade, que cumpre un labor esencial de difusión da cultura e da tradición galega.

Festival de RiósO conselleiro Xesús

Vázquez regresou ao mu-nicipio de Riós durante a celebración do Festival das Artes Escénicas, o 3 de agosto, participando na inauguración da chama-da “Ruta do Talento”. O actor Javier Gutiérrez e o adestrador de baloncesto Moncho Fernández bau-tizaron os dous primeiros centenarios castiñeiros desta ruta.

Francisco Armando Veiga e Xesús Vázquez na sinatura do convenio./RAMSÉS.

Cultura e Concello de Riós impulsarán o Museo da Castaña4 A Xunta destinará �0.000 euros para promover o funcio-namento do centro.

No CEIP Amaro Refojo, que conta con 4�9 esco-lares, a Xunta de Galicia investiu neste ano 40.475 euros, na pavimentación do patio, obra xa concluída.

No instituto Xesús Ta-boada Chivite, no que estudan 473 estudantes, o orzamento ascendeu a

143.343 euros, destinados á reparación do muro, á ins-talación da canalización da calefacción e á reposición da cuberta.

Ademais, a Consellería está a realizar melloras no CEIP Princesa de Espa-ña, para a renovación da instalación eléctrica e dos falsos teitos, o que supón un investimento de máis de 38.000 euros. A maiores, a Consellería e o Concello de Verín colaboran no repinta-do centro.

Os tres centros educati-vos recibiron recentemente a visita do titular de Cultura

e Educación, quen estivo acompañado polo delega-do da Xunta na provincia, Rogelio Martínez, polo director do Amaro Refojo, Ricardo Rodríguez Álva-rez; polo vicedirector do IES Xesús Taboada Chivi-te, César Sánchez Pampín; e máis pola xefa de estudos do CEIP Princesa de Espa-ña, Inmaculada Martínez Morgade.

Obras en tres centros educativos de Verín4 O Amaro Refojo, o Princesa de España e o Taboada Chivite.

O conselleiro de Cultura e Educación, xunto ao alcalde de Verín e ao delegado da Xunta, comproba as obras no IES Taboada Chivite. /RAMSÉS.

O investimento da Xunta nas reparacións é de 220.000 euros

Page 6: Agosto 2013 - BXVAC

6 BARRIOSAgosto de �013 VERÍN E COMARCA

Prevención de incendios nun campo de traballo en RiósRedacción

1�8 mozos e mozas participan este verán en tres campos de traballo en Riós, Allariz e Celanova nos que se desenvolve un programa de Voluntaria-do Ambiental. A preven-ción e defensa contra os incendios forestais é o obxectivo desta iniciativa conxunta das consellerías de Traballo e Benestar e de Medio Rural.

Hai uns días o delega-do territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martí-nez, visitaba o campo de traballo situado en Tras-estrada, no municipio de Riós, onde asistiu a unha clase práctica de orienta-ción, consistente en buscar no mapa diferentes puntos desde o alto do monte e na que se usou cartografía da zona, compás e GPS. O representante do Goberno galego tamén comprobou

a implicación da mocidade nos labores contra os lu-mes.

TarefasOs voluntarios que parti-

cipan neste programa rea-lizan tarefas de vixilancia disuasoria para a preven-ción de incendios forestais, cooperando co centro de coordinación do Distrito Forestal de Verín-Viana. Ao

Redacción

Dende fai un mes, os ve-ciños do núcleo de sa San Cristobal, no concello de Monterrei, teñen proble-mas co servizo de agua. Se-gundo informa o voceiro do BNG nesta localidade, Al-berto Rodríguez, un grupo deles solicitaron ao alcalde de Monterrei que revise as canalizacions da auga “porque se quedan sen sub-ministro en poucas horas, dado por unha fuga, pola escasez de auga; algún pro-blema que dende o concello se negan a solucionar”.

O voceiro nacionalista fai un chamamento á poboación para que, mentres non se so-lucione o problema, contro-len o gasto de auga, e “que a utilizen para o básico”. Ro-

dríguez chama a atención sobre aqueles veciños “que gastan a auga ilegalmente, é dicir, que non teñen con-tador de auga. É moi fácil gastar a auga cando non se paga, e aqueles veciños que pagan relixiosamente cos seus impostos non poi-dan facelo”.

Problemas coa auga en San Cristóbal4 Os veciños solicitan ao Con-cello de Monterrei que revise as canalizacións.

4 Petición de reunión co alcalde

A Asociación de Ve-ciños da Magdalena ten solicitado unha reunión co alcalde de Monterrei desde fai máis dun mes, para presentarlle os pro-blemas e deficiencias deste núcleo. Sen ter aín-da resposta municipal, os veciños xa trasladaron as súas peticións ao voceiro do BNG.

tempo, os participantes re-ciben formación en materia de especies forestais autóc-tonas, foráneas ou invasoras máis importantes dende o punto de vista de produción para sabelas identificar e diferenciar; nocións básicas de orientación para apli-calas na localización dun lume empregando GPS, compás e cartografía...

Ademais, os mozos co-

laboran cos municipios en traballos de sinalización, roza e recollida de lixo nas rutas de sendeirismo e ca-miños de acceso a lugares de interese e tamén co Cen-tro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós na co-locación, seguimento, reco-llida e control das trampas de feromonas destinadas ao control de pragas do casti-ñeiro.

Asistentes ao campo de traballo de voluntariado ambiental en Riós, xunto ao alcalde, o delegado da Xunta e o xefe territorial de Traballo e Benestar./XdG.

Page 7: Agosto 2013 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �013

7XINZO E COMARCA

A Axencia Campo de DKV de Xinzo de Limia levou a cabo un sorteo no que participaron todos aqueles que se achegaron a coñecer os seus servizos no posto DKV ERGO e Funeraria Campo e cubri-ron a papeleta.

Dende Axencia Cam-po queren dar as grazas a todos os participantes e a noraboa ao premiado Juan Carlos Conde Rodríguez, da tenda Centro Sport de Xinzo.

Axencia Campo comer-cializa produtos da com-pañía DKV Seguros, líder en Europa en seguros de saúde. Ademais dos se-guros médicos tamén tra-balla con decesos, fogar, accidentes, vida, baixa e

hospitalización para traba-lladores autónomos.

Aportan un valor engadi-do aos servizos de decesos. Xa que eles mesmos reali-zan os servizos funerarios a través da empresa Funera-ria Campo.

Funeraria Campo ten máis de 34 anos de expe-riencia e está presente nos concellos de Baltar e Xinzo de Limia, proporcionando así servizo a toda comarca limiá.

Tamén son socios fun-dadores do Tanatorio As Burgas en Ourense e po-súen velorios no polígono de Xinzo. Prestan servizo tanto a particulares como a compañías de seguros e fan traslados nacionais e inter-nacionais.

Sorteo entre os clientes de DKV ERGO e Funeraria Campo

Stand instalado en Xinzo durante a promoción.

Redacción

O Inorde e Cáritas im-pulsan a formación de 15 alumnos que comezaron hai un par de semanas un Curso de Actividades Básicas en Agricultura nas instalacións do Centro de Desenvol-vemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia. Os parti-cipantes, seleccionados por

Cáritas, recibirán �00 horas de formación que os ca-pacitará para dedicarse ao sector agrícola como profe-sionais, xa sexa como em-prendedores e empresarios autónomos ou como persoal de apoio en explotacións xa existentes.

Este programa formativo reforza o convenio suscrito en febreiro deste ano entre

o Inorde e Cáritas, coa fi-nalidade de que os produ-tos resultantes das fincas agrícolas de ensaio rematen o seu ciclo nos comedores sociais e nos centros de apoio á sociedade. A entre-ga de produtos principiou en febreiro, coa cesión duns 5.000 quilos de patacas, e ten continuidade co reparto das colleitas de repolo, lei-

tugas, cebolas, cenouras, patacas da nova campaña e berza. No conxunto do ano, estas doazóns supe-rarán os 3�.000 quilos.

Oportunidade de for-mación

Logo desta experien-cia tan positiva, o Inorde detectou que existía unha moi boa oportunidade para vincular os mencionados ensaios a unha formación agraria destinada a que certo número de persoas, seleccionadas por Cáritas, considerasen a posibilida-de de dedicarse ao mundo agrícola dun xeito profe-sional. Deste xeito, xurdiu a convocatoria do Curso de Actividades Básicas en Agricultura, co apoio da Xunta a través da Con-sellería de Traballo e Be-nestar, e do Fondo Social Europeo.

O curso completarase coa formación destinada a que o alumnado coñeza de primeira man os principais cultivos da provincia, a fin de abrirlles a posibilidade de poder desenvolver unha actividade profesional en calquera deles. Así, as ta-refas de colleita de pataca, viña, cereal e de cultivos de horta -tales coma cebo-las ou repolos- pecharán, xa no outono, a segunda fase do programa.

O Inorde reforza o seu convenio con Cáritas con formación agraria para 15 alumnos4 O programa habilitará aos asistentes para que poidan desenvolver unha actividade profesional en calquera dos principais cultivos da provincia.

O xerente do Inorde xunto aos participantes no curso formativo./INORDE.

Page 8: Agosto 2013 - BXVAC

8 BARRIOSAgosto de �013

XINZO E COMARCA

S. Nieto

Cun 86,41% dos votos dos veciños de Vilar de Santos, Xan Jardón (cabeza de lista naquel momento do BNG) converteuse nas pa-sadas eleccións municipais de �011 no alcalde máis respaldado de toda a nosa comunidade. Un apoio que os veciños lle seguiron amosando logo de abando-nar as filas nacionalistas en �01�, por discrepancias po-líticas co partido, e unirse ao proxecto de Compromi-so por Galicia. Ademais, o seu é dos poucos concellos que pode presumir de non ter débedas. A chave destes logros atópase, segundo o galeguista, nunha forma de traballo e de xestión que prioriza o investimento e os servizos sociais.

Cal é o segredo para ser o alcalde máis votado de Galicia?

Xan Jardón: “Non hai ningún segredo. É o respal-do, a reafirmación a un tra-ballo colectivo. Son unha persoa de equipo e o apoio dos veciños debeuse ao tra-ballo que estamos realizan-do dende o meu grupo, á nosa forma de xestión”.

O seu grupo goberna sen oposición, implica este aspecto algunha obriga a maiores no Concello?

X.J.: “Sen ese labor de oposición estamos obriga-dos e ser máis transparen-tes, aínda se cabe, do que somos. Aínda que goberne-mos en solitario temos re-unións veciñais e sectoriais, xuntas de goberno, plenos cada dous meses, como cal-quera concello. Realizamos un esforzo a maiores, por-que hai que evitar caer na complacencia. De feito eu sempre lle pido aos meus concelleiros que estean atentos e en continuo con-tacto cos veciños”.

En 2012 abandonou as filas do BNG por discre-

pancias internas co parti-do e uniuse ao proxecto de Compromiso por Galicia, como se sente nesta for-mación?

X.J.: “Nós tomamos esta determinación por transpa-rencia, para ser consecuen-tes co que pensabamos. Non foi unha decisión sinxela, pero tiñamos discrepancias políticas co Bloque, porque tomou unha dirección que non compartimos. Eu fun consecuente e deixei á dis-posición do partido todos os cargos que eu ocupaba. Pero no caso do Concello de Vilar de Santos foi unha decisión colectiva e unáni-me entre os concelleiros e a militancia, todos estábamos dacordo, e agora estamos onde queremos estar”.

Como acolleron os veci-ños este cambio?

X.J.: “Entendérono ben. De feito este cambio me-dímolo nas eleccións auto-nómicas que tiveron lugar de seguido e os veciños respaldaron a CxG como fixemos nós. Pero deben ter claro que a nosa forma de traballar non varía por-que esteamos baixo unhas siglas ou outras, a nosa fi-losofía política vén de anos atrás e continuará no futuro. Para min o Concello non é un fin, é un medio para me-llorar as condicións de vida dos meus veciños, iso é o único importante”.

Leva dende 2005 sendo alcalde de Vilar de San-tos, que balance fai destes anos?

X.J.: “Eu vivín como al-calde dúas épocas moi dis-tintas, unha de auxe e outra tremendamente complica-da. Esta última está sendo complexa de xestionar, pero nós nunca variamos a nosa forma de traballar e logramos que o Concello non teñan ningunha débe-da. Iso é consecuencia dun xeito de xestión que priori-za a inversión e os servizos

sociais”. Como vostede di, o seu

Concello é dos poucos que pode presumir de ter as súas contas totalmente sa-neadas.

X.J.: “Así é, pero aínda que as temos saneadas as políticas do Partido Popu-lar non nos axudan. Non podemos facer cousas por-que a lei nolo impide. É in-comprensible que en lugar de premiar a nosa xestión nos impidan levar a cabo proxectos. Defendo a auto-nomía e considero que de-bería deixarse que os con-cellos emprendan proxectos dacordo cun control da súa xestión”.

Que asignaturas lle quedan pendentes como alcalde para o que resta de mandato?

X.J.: “O obxectivo do meu goberno é continuar mellorando as infraestruc-turas do Concello día a día, a través de xerar aforro nos gastos correntes. Ade-mais, queremos emprender proxectos no polígono em-presarial porque son inicia-tivas que xeran emprego e fixan poboación na zona. E seguimos apostanto por au-mentar os servizos socias. Temos en marcha un ser-vizo de axuda a domicilio e un centro de día, e o �0 de setembro abriremos un punto de atención á infan-cia”.

Vilar de Santos conta cun goberno nacionalista dende 1987.

X.J.: “Si. Non son impor-tantes as siglas concretas que houbo no goberno en cada época, pero o certo é que os veciños respaldaron unha forma de pensamento e de traballo nacionalista, galeguista; no que a base

da política municipal é a aposta polos recursos pro-pios”.

Os veciños respaldáro-no cando formaba parte do BNG e tamén agora que apoiou a CxG. Pre-visiblemente presentara-se ás próximas eleccións municipais co grupo ga-leguista?

X.J.: “Estamos a meta-de de mandato e aínda fal-ta moito tempo. Ademais esa é unha decisión que non tomarei eu só. Eu non teño ningunha ambición política, o que me im-porta é sacar adiante eses proxectos que comentei. Nós apostamos agora por unha proxecto político que aínda é novo, pero que confiamos que teña moito futuro e cada vez máis apoio”.

ENTREVISTA A XAN JARDÓN, ALCADE DE VILAR DE SANTOS POR CXG

“Para min o Concello non é un fin, é un medio para mellorar as condicións de

vida dos meus veciños”4 O alcade de Vilar de Santos, Xan Jardón, foi o rexedor máis votado de Galicia nas últimas municipais e as contas do seu Con-cello están totalmente saneadas.

Redacción

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas anunciou no Diario Oficial de Galicia a licitación das obras para o reforzo do firme na estra-da entre Xinzo de Limia – A Cortegada (OU-531) ao seu paso por Rairiz de Veiga. Os traballos teñen un prazo de execución de seis meses.

O tramo comprendido

entre o punto quilométri-co 14+�00 e o 15+700 no termo municipal de Rairiz presenta unha deterioración superficial no seu estado do firme, polo que se procede-rá á súa reparación, rehabi-litación e reforzo.

A Xunta de Galicia des-tina 499.103 euros para o desenvolvemento de traba-llos de mellora da segurida-de viaria en cinco estradas autonómicas da provincia de Ourense.

Medio Ambiente licita a mellora da OU-531 en Rairiz4 Nun tramo de quilómetro e medio.

Redacción

A Xunta de Galicia por medio da Consellería de Medio Ambiente, Territo-rio e Infraestruturas lici-tará despois do verán un conxunto de melloras para executar de xeito inmedia-to en 37 estacións de auto-buses galegas, das cales, oito son ourensáns, sendo unha delas a de Xinzo de Limia.

As actuacións acomete-ranse ata o �016 pero xa comezarán este ano des-pois do verán. O máis in-mediato será a mellora na calidade das instalacións,

realizando os arranxos ou optimizacións precisas en cubertas e paramentos, pa-tios de manobra, escaleiras mecánicas ou ascensores, segundo as necesidades que precise cada estación.

A Xunta dará facilidades para a instalación de espa-zos WiFi gratuítos, espazos de lecer e a ocupación dos locais mediante oficinas municipais, de información turística, expositores de artesanía local ou ONG´s. Tamén se traballará na con-secución de estacións de autobuses coma meeting point, punto de encontro das excursións turísticas.

Mellora na estación de autobuses de Xinzo4 A Xunta licitará despois do verán melloras inmediatas.

Xan Jardón, alcalde de Vi-lar de Santos./ARQUIVO.

“É incomprensible que en lugar de premiar a nosa xestión nos impidan levar a cabo proxectos”

Dia da Abella no Castelo de MacedaRedacción

Por primeira vez en Galicia, o próximo 18 de agosto o Concello de Ma-ceda e a Asociación Gale-ga de Apicultura, organi-zan o Día da Abella.

Este día estará dedicado a resaltar o imprescindi-ble labor das abellas tan-to para o medio ambiente coma para a produción de alimentos.

Haberá un amplo pro-grama de actividades entre as 11 e as �0 horas do día 18 no Castelo de Maceda: unha feira do mel; unha exposición didáctica; unha degustación de produtos da colmea; un programa lúdico-abelleiro pensado para os máis pequenos; unha “Apiexhibición”, coas abellas nunha colmea de vidro para poder observar a sorprendente organiza-ción destes insectos; un “Apixantar”, e o proceso da esmelga, isto é, a extración do mel dos panais.

Page 9: Agosto 2013 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �013

9PUBLICIDADE

Page 10: Agosto 2013 - BXVAC

10 BARRIOSAgosto de �013 XINZO E COMARCA

A bioconstrución, tema dun campo de traballo nas CorcerizasRedacción

O albergue das Corce-rizas, en Vilar de Barrio, acolleu ata o 1� de agosto un dos catro campos de traballo para voluntarios maiores de 18 anos orga-nizados pola Dirección Xeral de Xuventude e Vo-luntariado este verán na provincia de Ourense.

O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martí-nez, realizou unha visita ao recinto o pasado día 9, co obxecto de coñecer as actividades que desenvol-ve o campo de traballo, no que participan unha vin-tena de voluntarios che-gados de Turquía, Rusia, Francia, Italia, Uruguai, Andalucía, Canarias, A Rioxa e Galicia.

O campo de traballo céntrase na difusión da bioconstrución a través de traballos colectivos que nos mostren como utili-

Rogelio Martínez nunha foto de grupo cos integrantes do campo de traballo das Corce-rizas, en Vilar de Barrio.

zar materiais ecolóxicos para minimizar os impac-tos que coa nosa forma de vida xeramos sobre a saú-de, o medio e a sociedade. Os participantes realizan a rehabilitación de estruturas dos edificios bioclimáticos a través da elaboración de morteiros de barro e aplica-ción en revocaduras de pa-

redes interiores, colocación de taboleiros de cortiza para illamento interior de pare-des ou tratamentos naturais para as estruturas de madei-ra dos edificios, baseados en aceites de liñaza.

Ademais, os �0 volun-tarios están a colaborar na vixilancia disuasiva para a prevención e detección de

posibles incendios no ámbi-to da Serra de San Mamede, e realizan tarefas de limpe-za de sotobosque e restau-ración de zonas degradadas por lumes.

Os participantes colaboran tamén na vixilancia contra os lumes

M. Rejo

7.719.�09 euros de in-gresos, 7.355.000 euros de gasto, 417.��7,65 euros de investimento e case un 54% en gasto de persoal. Esas son as cifras máis salientables que deixou o último pleno de Xinzo no que todas as forzas políti-cas acordaron non debatir os puntos da orde do día, debido ao accidente ferro-viario de Santiago, e agás o PSOE que se abstivo tamén se votou a urxencia deste plenario.

A portavoz do PSOE El-vira Lamas destacou que os presupostos estaban in-completos porque faltaban varios anexos e anunciou que pensa impugnalos. No mesmo pleno acordouse a

renuncia de Ramón Gó-mez Salgado, o número dous socialista, ausente na sesión; pasa a ocupar a súa acta o número catro da lista, Luis Antonio Martí-nez Fariñas.

Cambio de nomes Retiráronse varios pun-

tos do día para debatir noutro pleno e por acordo de todos os partidos cam-biouse o nome dalgúns parques; a saber, Parque Tras Cuartel pasa a cha-marse Ponte da Lima, Parque da Báscula será Parque A Seara, Parque Entreríos denominara-se Montealegre, Parque fronte multicentro pasa a Parque Antioquía e Par-que Rafa pasa a Parque Barreiros.

Presupostos 2013, aprobados sen debate4 A corporación de Xinzo acor-dou por unanimidade non deba-tir no pleno os orzamentos.

Page 11: Agosto 2013 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �013

11ALLARIZ E COMARCA

S.N.

Dentro da ampla oferta cultural e de ocio que oferta Allariz durante o verán ató-panse diversas Festas Etno-gráficas. As principais son o Ciclo do Pan, xa celebrado, e a Festa do Millo, que terá lugar, previsiblemente, a mediados de outubro.

Cal é o obxectivo destas Festas Etnográficas?

Teresa Devesa: “O obxectivo do Ciclo do Pan e a Festa do Millo é poten-ciar a recuperación dos tra-ballos tradicionais. Aqueles

que se realizaban anos atrás en colectivo entre todos os veciños do pobo. Trátase de recuperar os labores no muíño porque era ademais un lugar de reunión social. Búscase manter viva unha memoria que tampouco está tan lonxe, para que as vindeiras xeracións non esquezan como se facían certos labores, porque estas cousas os nenos de hoxe en día descoñécenas”.

Por que en Allariz se apostou por esta temáti-ca?

T.D.: “O pan era un ar-

tículo de primeira necesi-dade e elaborábano todos os veciños, por iso decidi-mos recuperar o seu ciclo. No caso da Festa do Millo recibe este nome porque a zona na que se celebra era coñecida como a Terra do Millo. Nesta comarca, tanto o centeo como o millo era un cultivo habitual e abun-dante”.

Como adoitan reaccio-nar os veciños e visitantes ante estas celebracións?

T.D.: “A idea de facelo nos pobos é para que os veciños se impliquen ex-

plicándolles ás novas xe-racións como eran os pro-cesos. Nas celebracións de agosto é certo que hai máis xente de fóra, que vén pasar as vacacións e que lle coin-cide coa festa, e gústalles moito e resúltalles curioso, uns porque non coñecen es-tas tradicións e outros por-que o comparan coa zona da que proceden”.

O 20 de xullo deu co-mezo o Ciclo do Pan coa celebración da “seitura”, como foi?

T.D.: “Foi todo moi ben. Participaron moitos veci-ños, porque eles séntense moi útiles ao poder ensi-nar aos que veñen detrás. Estes anos, evidentemente, sementan menos ca antes, pero segaron pronto e todo foi moi ben”.

O 2 de agosto celebrouse a “moenda”.

T.D.: “Si, nesta celebra-ción púxose un muíño de rodicio a moer, para que os rapaces viran, pero ademais buscamos recuperar a parte máis social destes lugares, nos que os veciños con-versaban e mesmo ligaban. Ademais, os nenos emba-durnaron as mans con fari-

ENTREVISTA Á CONCELLEIRA DE CULTURA DE ALLARIZ

“O obxectivo das festas etnográficas é manter viva unha memoria que

tampouco está tan lonxe”4 Teresa Devesa convida a veciños e visitantes a participar nas diversas Festas Etnográficas da localidade, como o Ciclo do Pan e a Festa do Millo. Teresa Devesa, concelleira de Cultura de Allariz./P.L.

ña e pasárono moi ben”.O día 3 foi o turno da

“fornada”.T.D.: “Na fase da fornada

realizouse un obradoiro de amasar, para que os nenos se implicasen e viran como se fai o pan con fariña, auga e sal. Así mesmo, fixeron as súas propias boliñas de pan e cociñáronas”.

Por último este ano ce-lebrouse a “malla”.

T.D.: “Si, o habitual se-guindo o ciclo natural do pan é que a malla sexa a se-gunda fase, entre a seitura e a moenda, pero este ano tivemos que movela de data e celebrouse o 10 de agos-to. Ese día, nunha aira de Queiroás, colocouse unha meda, na que se xunta todo o pan que hai no pobo, que agora loxicamente é moito menos ca antes. A conti-nuación, mallouse cunha malladora e unha limpadora dun veciño do pobo. Estes son os instrumentos máis tradicionais porque os máis modernos xa fan os dous la-bores nun”.

E en outubro a Festa do Millo, como remate, non?

T.D.: “Nesta festa repro-dúcese a recollida e a esca-

sulla. E organízanse xogos para os máis cativos, que elaboran bonecas, broches ou outros elementos decora-tivos con motivos de millo. Ademais, faremos castelos cos carozos. Será, aproxi-madamente, a fin de sema-na do 1� de outubro, salvo que o millo estea verde, que hai que agardar. De feito, o ano pasado tivemos que re-trasala ata novembro”.

Convide aos nosos lec-tores a que participen nestas festas.

T.D.: “Convido a todos a que veñan, as portas de Allariz están abertas para todos. Nestas festas bus-camos recuperar un pouco a nosa memoria, o futuro ímolo construíndo, pero para iso é importante non esquecer o pasado, co fin de evitar os erros que se cometeron nel. De todos os xeitos, Allariz ten moitos reclamos, ademais destas festas poden gozar dos Fes-tival Internacional de Xar-díns, da praia fluvial ou dar un paseo polas nosas rúas e mercar nos nosos acolle-dores comercios. Que veña todo o mundo, que o pasará ben.”

Un momento da Festa da Malla, este sábado 10 de agosto na localidade de Queiroás da Igrexa, en Allariz./P. LODEIRO.

Page 12: Agosto 2013 - BXVAC

1� BARRIOSAgosto de �013

Allariz abre o Museo da ModaRedacción

Un novo espazo vén sumarse á oferta museís-tica do Concello de Alla-riz. Trátase do Museo da Moda, situado no antigo pazo Castro Oxea (rúa O Portelo), que está aberto ao público desde o pasa-do 9 de agosto, en horario de 1� a 14 horas.

A nova instalación mu-nicipal mostrará a his-toria e tradición no eido téxtil en Allariz durante séculos. Unha planta de-dicarase á interacción dos visitantes coa moda; un xeito diferente e diverti-do de aprender e perco-rrer un museo.

Xunto a este novo es-pazo museístico, Allariz conta co Museo Galego do Xoguete, recentemen-te renovado, o Parque Et-nográfico Río Arnoia, o Museo Iconográfico Aser Seara, a Casa-Museo Fundación Vicente Risco e o Museo de Arte Sacro de Santa Clara.

ALLARIZ E COMARCA

Redacción

A corporación municipal de Xunqueira de Ambía apoiou por unanimidade a proposta do PP de darlle o nome de Celtia Uxía e Eva, as dúas mozas veciñas da localidade que faleceron no accidente do Alvia en Santiago o pasado �4 de xullo. Ademais, o Conce-llo acordou suspender as festas patronais na honra de San Roque (do 14 ao 16 de agosto), en solidarieda-de coas familias das dúas mozas, e organizar unha homenaxe no seu recordo o

vindeiro �4 de agosto.

Unha aula no campusPor outra banda, unha

das aulas da Facultade de Ciencias de Educación levará o vindeiro curso o nome de Celtia Uxía, quen estudaba no campus ourensán o último curso de Educación Primaria. A súa prima, Eva Pérez, viña de rematar un mestrado no campus de Vigo. As dúas mozas viaxaban no tren si-nistrado en Santiago para reencontrarse con amigos que Celtia Uxía coñecera na súa etapa Erasmus.

O pavillón de Xunqueira de Ambía levará o nome de Eva e Celtia Uxía4 O Concello acordou en pleno poñerlle o nome das dúas mozas falecidas no accidente ferroviario de Santiago.

A escasa afluencia de público, debido á calor, foi a nota dominante no primeiro fin de semana de mercado de artesanía de Allariz neste mes de agosto./P.LODEIRO.

Pouco público na primeira fin de semana do Mercado de Artesanía4 Volverá instalarse no Museo do Coiro os días 16, 17 e 18 de agostoP.L.

A forte calor desta pasa-da fin de semana desani-mou a alaricanos e turistas a pasarse polo Mercado de Artesanía instalado no Museo do Coiro.

Os artesáns, na súa

maioría da localidade e da comarca, recoñecían que o bo tempo climatolóxico lles estaba a restar visitas e polo tanto compras, e agardaban que para os días 16, 17 e 18 de agosto, cando o mercado volverá instalarse no mes-mo recinto, o tempo fose

máis suave para propiciar a afluencia de público.

Cerámica, madeira, pin-tura, tecido, gravado ou metais son algunhas das creacións que se poderán encontrar neste mercado, en horario de 11 a �1 ho-ras.

Page 13: Agosto 2013 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �013

13ALLARIZ E COMARCA

Redacción

Francisco Nóvoa Ro-dríguez é xa presidente local do Partido Popu-lar de Maceda. E o é por unanimidade alcanzada no Congreso Local que se desenvolveu no Edificio Multiusos do municipio con preto de medio cente-nar de asistentes o pasado �4 de xullo.

Para Nóvoa o importan-te é “cumprir co obxectivo de relanzar a formación neste municipio, refor-zar a estructura interna do partido, incrementar o número de afiliacións e dinamizar o municipio reactivando a súas poten-cialidades. Conseguir que a xente se identifique co

proxecto político do Partido Popular, axudando ao gru-po municipal do PP na súa labor no Concello. Relan-zar a actividade comercial, industrial, cultural e os re-cursos naturais son obxecti-vos polos que vai traballar o novo comité local do PP de Maceda que dende hoxe comenzará a traballar por Maceda e por transmitir aos macedáns as políticas do partido”.

Francisco Nóvoa, novo presidente local do PP de Maceda4 No Congreso Local partici-paron medio cento de afiliados.

20.000 persoas xa visitaron o Festival de Xardíns4 Allariz recibirá un conxunto de pequenas ár-bores descendentes de árbores monumentais.

Visitantes contemplan un dos xardíns a fin de semana pasada. /P.LODEIRO.

P.L.

A cuarta edición do Fes-tival Internacional de Xar-díns de Allariz (FIXA) está

a rexistrar similares cifras de visitas que o ano pasado. Segundo datos facilitados polo concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Vare-

la, polo recinto do festival xa pasaron desde o 17 de maio -data da súa apertura- �0.000 persoas. “E queda o máis forte de agosto”, sina-

la o edil, quen agarda su-perar as cifras de visitan-tes da terceira edición.

Visita de Martí BoadaO recinto do FIXA reci-

be esta semana a visita do profesor da Universidade Autónoma de Barcelo-na (UAB) Martí Boa-da, membro do Comité Científico de Reservas de Biosfera e precursor da educación ambiental en Cataluña. Farao para asi-nar un convenio co Con-cello de Allariz mediante o cal a UAB cederá á vila ao redor de 30 árbores, de entre tres e catro anos de vida, descendentes de árbores senlleiras da súa colección, procedentes de España e do estranxeiro. “Con el trataremos o tema da importancia de árbores monumentais como pun-to de atracción turística”, explicaba o concelleiro de Medio Ambiente.

Parte destas especies plantaranse no propio re-cinto do festival e o resto noutros espazos verdes de Allariz.

Francisco Nóvoa./ARQUIVO.

Page 14: Agosto 2013 - BXVAC

14 BARRIOSAgosto de �013

CELANOVA E COMARCA

Bronco pleno en Celanova4 Petición de dimisións, reprobacións, impugna-cións, insinuacións, a sesión plenaria alonxa pos-turas entre goberno e oposición.Miguel Rejo

Daba igual que se cele-brara o 30 de xullo que o � de agosto. O pleno co-mezou cun recoñecemento extraxudicial para pagar facturas pendentes doutros anos por importe de 15.056

euros. A partir de aí, aca-bouse o entendemento.

O PP revocou o acordado pola oposición no anterior pleno extraordinario de xullo polo que se baixaba o soldo ao alcalde e se reti-raba unha das tres dedica-ción exclusivas. O PSOE insistiu na idea de que José Luis Ferro está no Concello por cartos e que non respe-ta o acordado nun pleno se non lle interesa, recor-dándolle ao PP que xa non ten maioría absoluta e que o ten que asumir “dunha vez”. A portavoz do PSOE, María Jesús Boo, foi máis alá e dixo que este tema “acabará non tribunais”. O PP deféndese acusando á oposición dun cúmulo de infraccións “que come-ten a sabendas”, asegurou o seu portavoz Máximo Losada. Interviu o alcal-de para asegurar que todo isto é para “satisfacer os anhelos de vinganza dunha tránsfuga”, e que “non se trata dunha equivocación, é un acto que se fai saben-do que se infrinxe a lei e a xurisdicción”.

TransfuguismoEn canto á aprobación

dun código de conduc-ta política en relación ao transfuguismo, a aludida Montserrat Álvarez, re-cordoulle ao PP que é non adscrita e que a ampara a lei para presentar mocións para mellorar Celanova; o PSOE fala de “miseria hu-mana” e o BNG das “an-sias de vinganza contra a non adscrita, Montserrar Álvarez, a que só lles fal-ta lapidala publicamente, mostrando o lado oscuro do alcalde, o ADN inquisi-torial, sendo éste un tema xa cansino”. A oposición lembrou ao PP que non se rompeu ningún pacto an-titránsfuga porque non se presentou e aprobou nin-guna moción de censura. Ferro amosou a súa decep-ción por estas posturas in-sistindo en que “ao alcalde non o chantaxea ninguén”.

Tanto o PSOE como o BNG pensan apoiar as ini-ciativas que partan da non

adscrita se consideran que son positivas, lembrandolle ao PP que faga o mesmo, xa que non presenta ningunha iniciativa para o pobo.

Reprobación de MouriñoOutro punto da orde do

día levado ao pleno foi a proposta do BNG de repro-bar ao exalcalde, Antonio Mouriño, e abrir unha in-vestigación para esclarecer a emisión dun documento por parte do Concello para simular un despido e aclarar quen o ordeou e firmou. O PSOE dixo que “levan re-probando a Mouriño dende fai anos por nepotismo, en-chufismo, as maneiras do baltarismo” e que agora hai unha sentenza firme por fraude.

O BNG fala de “respon-sabilidade política e da com-plicidade do PP e da tenente de alcalde”. O PP fixo unha relación de actos. Mouriño solicitou un certificado de empresa e a administración está obrigado a darllo Dende �007 os alcaldes poden co-brar prestación por desem-prego ao cesar no seu cargo. A alcaldesa en funcións na-quel momento, Pilar Reguei-ro, firma e sela o certificado expedido por unha xestoría, ao que se lle grapa a acta de renuncia de Antonio Mouri-ño. Preséntao no INEM e denéganllo, el recurre e ao perder acéptao.

Para a portavoz do PSOE “un xuíz e a administración están equivocados, só o PP de Celanova ten razón” e fala de “fraude recoñecido e amparado”.

Na mesma liña, noutra moción de urxencia pedíase a dimisión do alcalde José Luis Ferro por amparar con-ductas corruptas, o cal afir-mou rotundo que “non vou dimitir” aclarando que “non dixen que esa conducta fose honorable, dixen que era le-gal e que eu non a faría”.

O alcalde e os voceiros da oposición protagonizaron un tenso pleno en Celanova./M.R.

A oposición aprobou a reprobación de Mouriño e a petición de dimisión de Ferro

Page 15: Agosto 2013 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �013

15CELANOVA E COMARCA

P.L.

A asociación O Vieiro Leboreiro, grupo de des-envolvemento rural que xestiona o programa Lea-der �007-�013 en Terra de Celanova e a Baixa Limia, lanza a campaña “A tiro de pedra!” coa que busca atraer visitantes da capital ourensá e resto da provin-cia a estas dúas comarcas. “O centro de Celanova está a 15 minutos do centro de Ourense, e a calquera punto da comarca desde Celanova chégase en 15 minutos”, explicaba a presidenta do Vieiro Leboreiro, María Jesús Boo, o sentido do es-logan da campaña promo-cional.

O colectivo invita “á que a xente investigue segundo os seus desexos e necesi-dades”. Así, no díptico da campaña recóllense rutas de natureza, a oferta de ocio, de festas e de com-pras, os aspectos culturais de ambas comarcas, onde durmir e onde comer. A este

respecto, O Vieiro Lebo-reiro prepara para outubro unhas xornadas gastronó-micas “Os sabores do Bos-que Máxico” na que restau-rantes e locais hostaleiros ofertarán produtos da zona como a carne de cachena, os cogomelos ou as mazás “boi encarnado”.

Unha campaña promociona Celanova e a Baixa Limia na capital ourensá4 “A tiro de pedra!” destaca a proximidade destas dúas comarcas como destino turístico, de ocio ou compras para a poboación de Ourense.

O Vieiro LeboreiroA asociación O Vieiro

Leboreiro está formada polos 14 concellos das comarcas de Baixa Limia e Terra de Celanova, a Mancomunidade de Cela-nova, o Parque Natural do Xurés e 109 colectivos de todo tipo.

Presentación da campaña “A tiro de pedra!” en Ourense./P.LODEIRO.

Redacción

En colaboración co Concello de Celanova, a Fundación Curros Enrí-quez presenta un progra-ma diario de visitas que permitirá de martes a sá-bado descubrir o excelente patrimonio arquitectónico de Celanova xunto co pa-trimonio literario recollido na obra dos poetas máis representativos da litera-tura galega nacidos en Ce-lanova.

A Casa dos Poetas adap-tará o seu horario de aper-tura habitual para colabo-rar na demanda de visitas que o Concello recibe por parte de visitantes durante

o mes grande da vila. Un apoio que permitirá volver ofrecer visitas á Torre das Campás ó tempo que busca axudar ó mantemento duns horarios fixos para as visitas guiadas ó propio Mosteiro, ante a falta de persoal pro-pio na oficina de turismo de Celanova.

O itinerario ‘Celanova, pedra e poesía’ ten como obxectivo conxugar o co-ñecemento do monumental patrimonio arquitectónico de Celanova (capela de San Miguel, conxunto monacal, estrutura urbana…) cun achegamento ó patrimonio literario (Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Méndez Ferrín).

Visitas guiadas especiais en Celanova durante agosto 4 De martes a sábado volve-rá ser posible subir á Torre das campás.

Page 16: Agosto 2013 - BXVAC

16 BARRIOSAgosto de �013

CELANOVA E COMARCA

S. Nieto

Son veciños, amigos e compañeiros de traba-llo, apaixoados do mun-do audiovisual, e por fin se decidiron levar a cabo man a man un proxecto en común. A idea orixinal foi de Bruno Nieto, pero Raúl García decidiu darlle unha pequena volta para con-vertela “nalgo diferente ao que se fai na actualidade”. O resultado foi “El Quid”, unha webserie (a primeira rodada en Galicia) inspi-rada no cine negro e am-bientada nos anos 50.

Raúl é licenciado en Co-municación Audiovisual e especialista en animación 3D. Traballou en gabine-tes de comuicación e foi guionista de televisión. E na actualidade é o direc-tor do programa da TVG “Casamos”.

Pola súa banda, Bruno estudou Produción Audio-visual e fixo un curso de Realización. É o autor de diversas curtametraxes e dende �011 traballa tamén neste programa da televi-sión galega.

Experiencia tiñan de sobra e ideas aínda máis, así que un día Bruno pro-púxolle ao seu compañei-ro colaborar nun proxecto que levaba tempo tendo en mente: unha webserie de intriga e investigación. Pero Raúl decidiu perfilar un pouco esta proposta, “estaba ambientado na época actual e pareceume que había que darlle unha volta e situala nos anos 50. A idea de Bruno era que fora unha webserie de suspense, e por iso pensei no cine negro porque me parecía máis realista que a investigación fose hai 60 anos. Ademais, permi-tía un look máis atractivo e diferente ao que se está facendo agora mesmo”, explicounos Raúl.

Pero estes dous mozos de Celanova non só inno-varon coa estética de “El

Quid”, senón que tamén o fixeron na procura de finan-ciación para o proxecto.

Tal e como nos con-tou Bruno “foi financia-do parcialmente mediante crowfunding. Tiñamos un presuposto de 8.500 euros e 3.700 lográmolos mediante este método. Tratouse de que a xente colaborase co noso proxecto aportanto en-tre 5 e 400 euros, co cal ob-terían diversos beneficios, dende sair nos créditos ata sacar un anuncio antes da emisión dun capítulo da se-rie. Nun mes conseguimos ese diñeiro e iso é moito”. O resto do presuposto ob-tivérono mediante finan-ciación privada, grazas, en parte, a moitas empresas da súa propia vila como son Libraría Conde, Antiga Ce-lanova, Pub Fiadeiro, Espo-lón, Cao Records e Niotek. Pola súa banda, o Concello de Celanova, aínda que non puido colaborar económi-camente si se puxo a dispo-sición destes rapaces para o que precisaran, “a verdade é que o Concello pórtase moi ben co mundo audiovisual. Poñen todas as facilidades,

aínda que economicamente non teñan recursos. Todo o que se refire a infraestrutu-ras póñeno á nosa disposi-ción”, aclara Bruno.

Ademais, tamén contaron coa colaboración de Gadis e as produtoras Planomedia TV, Meteórica Cine e La-reira Pop.

Actores galegos de al-tura

Unha vez o guión perfila-do e o presuposto acadado chegou o momento de po-ñerlle cara a todos os perso-naxes. E neste senso Raúl e Bruno non puideron contar coa axuda de actores mello-res. “Tivemos moita sorte porque tanto o equipo técni-co como o artístico colabo-raron desinteresadamente sen cobrar nada. Os actores uníronse ao noso proxecto polo guión, un mérito de Raúl que fixo un traballo excelente. E así logramos que traballara con nós An-tonio Mourelos (presiden-te da Academia Galega do Audiovisual), Sabela Arán, Monti Castiñeiras, Xabier Estévez, Alejandro Carro… É un orgullo contar con

eles porque é unha garantía de que a interpretación vai ser boa”. E así foi. Raúl, o encargo de dirixir a estes grandes da interpretación, confesa que “creo que me dirixiron eles máis a min que eu a eles. Aínda que están traballando moito en toda España en producións importantes, son persoas moi humildes e próximas. Ao principio tes o medo de se saberiamos transmitirlles o que queríamos porque tampouco tiñamos tanta experiencia dirixindo. E a verdade é que nolo puxeron todo moi sinxelo”.

E si, o resultado foi tal e como os dous agardaban. “Nós estamos moi conten-tos co resultado. Gravamos en 7 días, na primeira sema-na de novembro de �01�, a capítulo por día, entre Ce-lanova e Ourense”, expli-counos Bruno.

Unha aposta por Cela-nova

E se para gravar apostaron pola súa terra, pera estrear o seu proxecto tamén. O calo-roso 6 de xullo, o auditorio Ilduara encheuse de veciños

e amigos de Bruno e Raúl expectantes ante a súa nova iniciativa. “Viñeron amigos de todas partes, dende Ma-drid, Coruña, Santiago… Estivo moi ben e o público reaccionou xenial”, lembra Raúl. “Despois de ver os dous primeiros capítulos querían máis, non querían agardar tres semanas a que se emitirá o terceiro”, expli-cou Bruno. Xa que os asis-tentes gozaron en exclusiva dos dúas primeiras entregas da serie.

Ademais, estes dous mo-zos uniron ao seu equipo a xente da comarca. A xefa de maquillaxe e perruque-ría é Patricia Rivero; o xefe de son, Javier Dasilva; os directores de fotografía fo-ron Rubén Kao e Xosé Roi Martínez; e entre os merito-rios de produción atopouse Miriam Nieto. Así mesmo, moitos dos extras foron ve-ciños da vila.

E o asasino é….Agora tócanos agardar

ata setembro para poder co-ñecer ao asasino de Samuel Casanova. E saiban que a espera merecerá a pena porque, segundo Bruno, “queda o mellor”. Pola súa banda, Raúl adiántanos que “no próximo capítulo apa-rece o último sospeitoso. E a partir de aí será ir facendo o quebracabezas da infor-mación que hai, atopar o ‘quid’ de todo isto”.

Faltan aínda catro capí-tulos desta primeira tem-pada e cun sétimo cargado de sorpresas, porque “El Quid” conta cun dobre fi-nal, o que figura no guión e coñece todo o equipo, e un segundo ideado polos seus dous directores que tan só saben del cinco persoas. “O penúltimo día de rodaxe a Raúl e a min ocurríuse-nos facer outra cousa, que só coñecen cinco persoas (dous técnicos, nós os dous e unha persoa máis). Vere-mos os dous finais, despois dos créditos do sétimo ca-pítulo emitirase o que nós gravamos”, confesounos Bruno.

Este remate alternativo deixa aberta a posibilida-de dunha segunda tempa-da, que ambos directores agardan que se poida levar a cabo. Con estas pistas tó-calles abordar a espera na procura de que se descu-bra o “quid”. E saiban que o mesmo, segundo Bruno, “sempre estivo aí”.

ENTREVISTA AOS DIRECTORES RAÚL GARCÍA E BRUNO NIETO

Bruno Nieto: “O Quid sempre estivo aí”4 En setembro coñeceremos o desenlace da webserie “El Quid”, dirixida polos celanoveses Raúl García e Bruno Nieto, xunto a un segundo final alternativo, e descoñecido para o equipo, que deixa a porta aberta a unha posible nova tempada.

Bruno Nieto e Raúl García, dous mozos celanoveses directores da webserie “El Quid”./S.NIETO.

“El Quid” é a primeira webserie rodada en Galicia, inspirada no cine negro e ambientada nos anos 50Agora tócanos agardar ata setembro para poder coñecer ao asasino de Samuel Casanova

EN BREVE

4 Seis días de festa en Celanova

Do 13 ao 18 de agosto Celanova celebra as Fes-tas Patronais de San Ro-que, as primeiras que non organiza directamente o Concello, senón por unha comisión de festas.

Os organizadores pro-gramaron orquestras para todas as veladas, ademais de actuacións de bandas de música (de Celanova e Vilanova dos Infantes) en diferentes horarios. Así, o martes 13, tocarán Olym-pus e Gran Atlanta a partir das �3 horas; o mércores 14 actuará Solara; o xo-ves 15, Capitol, o venres 16 Ledicia e unha dis-coteca móbil e o sábado rematarase coa orquestra Passarela e unha tirada de fogos no aparcadoiro das Trigueirizas. O domin-go 18 unicamente haberá unha actividade dedicada ao público infantil, con inchables na praza Maior.

Un espectáculo de maxia, a cargo do mago Tanito, na noite do mérco-res; concertos dos Máxi-cos 70 e do Rancho Santa María Monzón na noite do xoves; e un torneo de baloncesto 3x3 na tarde do sábado completan o programa.

4 Novos nomes de rúas en Celanova

O pleno de Celanova acordou pór nome a catro rúas da vila: Muiño, Rosa-lía de Castro, Camiño de Luis Soto e Urbanización Guadix.

Na mesma sesión non foi aprobada a Ordenanza Municipal Reguladora da Limpeza e Valado de Te-rreos e Soares, por consi-derar a oposición -que ten a maioría- que non están delimitadas as sancións, de leve a grave, de 300 a 6000 euros e quedan ao criterio do alcalde, crean-do inseguridade xurídica.

A corporación tamén aprobou a solicitude de homologación ante a RFEA da carreira popular da vila para lograr máis publicidade e corredores achegando o percorrido aos sitios máis emble-máticos de Celanova, e a proposta de adecentamen-to e sinalización de Cas-tromao.

Page 17: Agosto 2013 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �013

17PUBLICIDADE

Page 18: Agosto 2013 - BXVAC

18 BARRIOSAgosto de �013

DEPORTES

Paula Segura e Irea García coas súas medallas.

Redacción

O pasado domingo, 4 de agosto, celebrouse en Ca-toira (Pontevedra) o Cam-pionato galego alevín e benxamín de piragüismo, que rematou co subcam-pionato de Paula Segura e Irea García. Á cita acudiron máis de 300 nenos e nenas de toda a xeografía galega. As probas da regata dispu-táronse en kayaks de dúas prazas (K-�) e sobre un per-corrido de 1.500 metros.

O representante ouren-sán do Club Fluvial Allariz rematou na novena posi-ción da xeral (primeiro foi o club Breogán do Grove, Pontevedra).

A nivel individual, des-tacada foi a actuación das alaricanas alevíns Paula Se-gura e Irea García co citado subcampionato.

Outros resultadosDos outros representantes

de Allariz resaltar o sétimo e noveno posto de Alessan-dro Martínez e Hugo Bo-rrajo e de Javier Rodríguez

As alevíns de Allariz, subcampioas galegas4 Paula Segura e Irea García remataron segun-das en k� de piragüismo.

e Andrés Antelo, respecti-vamente; en alevín mulle-res, amais de Paula e Irea, tamén participaron Lucía Pérez e Sara Vide, rematan-do na décimo segunda posi-

ción. E en alevíns homes, Agustín Segura e Luis An-telo foron décimo oitavos, e Estaban Canal e Martín Domarco quedaron vixé-simo segundos.

Redacción

Os equipos ‘Masters FC’ e ‘Los Campeones’ acada-ron os primeiros postos, nas súas respectivas ca-tegorías A e B, na quinta edición do Campionato de Fútbol 3x3, organizado polas Escolas Deportivas e área de Xuventude, De-porte e Festexos do Con-cello de Verín.

Na categoría A os se-guintes clasificados foron ‘Sin Nombre’ (�º), ‘Tinto-resco’ (3º), ‘Los Leones’ (4º), ‘Los Fenómenos’ (5º), ‘Los Extranjeros’ (6º) e ‘Los Hispanos’ (7º); mentres que na categoría B os restantes foron ‘Los Fantásticos’ (�º), ‘Los Éli-tes’ (3º) e ‘Los Galácticos’ (4º).

Este torneo, no que participaron once equi-pos, celebrouse na praza García Barbón de Verín durante tres días (do 6 ao 8 de agosto). Esta iniciati-va, realizada baixo o lema ‘Deporte na Rúa’, reuniu rapaces nacidos entre os anos �00� e �006.

Masters FC e Los Campeones, os vencedores de fútbol 3x34 No V Campionato de Verín.

Maratón Fútbol SalaO deporte continúa en Ve-

rín os días 16 e 17 de agos-to, coa celebración no com-plexo deportivo da Granxa do Maratón de Fútbol Sala Sub �0, no que colabora o Concello de Verín.

Os premios que se repar-tirán nesta proba deportiva

son 500 euros máis trofeo para o equipo vencedor, �00 euros máis trofeo para o segundo clasificado, e 70 euros máis trofeo para o terceiro.

O prezo da inscrición é de 70 euros e debe realizarse nos teléfonos 676 337 6�0 e 654 849 55�.

Integrantes do equipo Master xunto co concelleiro de de-portes de Verín.

Page 19: Agosto 2013 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �013

19DEPORTES

4TriatlónO sábado 17 de agosto

dispútase o XXIV Tria-tlon Vila De Allariz cun percorrido de 750 metros a nado, �4 km de bicicle-ta e 5.500 metros de ca-rreira a pé.

Tanto a saída como a meta estarán situadas na Alameda de Allariz.

A proba dará comezo ás 18 horas, e xa están esgo-tadas todas as inscricións.

4Carreira de Cartelle

O sábado 17, a partir das sete da tarde, dará comezo a XVII Carreira Popular do Concello de Cartelle.

A proba cubre un per-corrido de 10 quilómetros que discorrerán entre as localidades de Cartelle e Outomuro. Media hora antes da proba realizarase o traslado de corredores dende Outomuro a Car-telle en autobús. As ins-cricións rematan o 15 de agosto.

R.T.

O sábado 3 de agosto celebrouse en Baños de Molgas a sexta edición da carreira popular do San Salvador.

Nunha tarde soleada achegáronse ata dita loca-lidade preto de �00 atletas para participar nesta proba asentada dentro da tempada estival de carreiras popula-res celebradas na xeografía ourensá.

Na proba absoluta o vencedor foi Óscar Ra-mos (Ourenrunning), quen aventaxou en �1 segundos ao seu máis inmediato per-seguidor, José Manuel Ca-sado (Vía XVIII Maceda); en terceira posición rema-taría Saturnino González (Veteranos Ourense) a me-dio minuto do vencedor.

Óscar Ramos e Sonia Teijeiro vencen en Baños de Molgas4 Na sexta edición da carreira popular do San Salvador. Participaron uns �00 atletas.

En categoría feminina, a incombustible Sonia Teijei-ro (Veteranos Ourense) fa-cíase coa primeira posición con máis de tres minutos de diferenza con respecto á segunda clasificada, Ana Isabel Soutullo (Esprin-tes Ourense); terceira foi

a atleta local do club Vía XVIII, Conchi Pombo.

MenoresNa categoría de meno-

res, Javier Outón e Aida Martínez fixéronse coa vitoria. Nesta carreira par-ticiparon 30 atletas.

Sonia Teijeiro, vencedora da carreira de Baños de Molgas, nunha fotografía doutra proba./ARQUIVO.

R.T.

Un ano máis Maceda convertiuse na cita obri-gada para aqueles que quixeron pasar un bo rato practicando ciclismo e at-letismo.

A terceira edición da Combi Dous, carreira que alterna o ciclismo coa ca-rreira a pé, pero que ten a orixinalidade de facerse por parellas, celebrouse nas inmediacións das pis-cinas municipais. Os dous membros que conforman o equipo teñían a obriga de ir xuntos durante todo o percorrido. A primeira volta facíana todos os de-portistas correndo sobre una distancia de dous qui-lómetros e medio; a partir da segunda os compañei-ros alternaban a carreira

Ciclismo e atletismo nunha soa proba4 A Combi Dous de Maceda cumpriu o seu terceiro ano.

coa bici durante catro vol-tas máis dun quilómetro e medio cada unha. En cada volta tiñan que facer o cambio da bici ata com-pletar as catro voltas. En total o percorrido cubría unha distancia de 8,5 qui-lómetros.

Unhas �0 parellas parti-ciparon nesta terceira edi-ción da Combi dous máis enxebre de toda Galicia.

Trala entrega de pre-mios, os participantes repuxeron forzas cunha paella, agasallo da organi-zación.

Premiados na Combi Dous.

EN BREVE

Page 20: Agosto 2013 - BXVAC

�0 BARRIOSAgosto de �013

Exposicións- Do 17 de xullo ao 18

de agosto- “Metagéne-sisx” - Patio do Museo do Coiro de Allariz

- 19 de agosto - Expo-sición de pintura “Xeome-tría da luz en Celanova”, acuarelas de Miguel Án-gel Buitrago - Sala antiga biblioteca, praza Maior de Celanova

- Ata setembro - Expo-sición “Paisaxes galegos” de Emilio Soto Bouzas - Casa da Cultura de Xinzo

Cine- �1 de agosto - “El

hombre tranquilo” ��:15 h. - Casa da Cultura de Verín

- �� de agosto - “Innis-free” - ��:15 h - Casa da Cultura de Verín

- �8 de agosto - “Deli-verance” - ��:15 h. - Casa da Cultura de Verín

Música- 13 de agosto - 19:30 h

- XXX Xornadas de Fol-clore - Claustro Barroco de Celanova

- Do �3 ao �9 de agos-to - I Semana da música medieval de Galicia - Di-ferentes espazos dos con-cellos de Allariz, Celano-va, Xunqueira de Ambía e Maceda.

- �6 de agosto - Con-certo do grupo Rexonet - �1:30 h. - Mosteiro de San Rosendo de Celanova

Espectáculos- 15 de agosto - Sergio

Pazos presenta “Se galego, my friend” - �3 h. - Casa da Cultura de Allariz

Festas- 15 de agosto - Festas

de Celanova: Ruada de Xigantes e Cabezudos na compaña da Banda de Gai-tas do Concello - 1�:30 h. - Celanova- 17 e 18 de agosto - Festa

da Empanada - Allariz- 16, 17 e 18 de agosto

- XIII Festa do Esquece-mento - XinzoVarios- Ata o 31 de outubro -

Festival Internacional de Xardíns de Allariz- 8 de setembro - XI Fei-

ra de Artesanía “Arte de man” - AllarizDeportes- 17 de agosto - Torneo

Xadrez Concello de Cela-nova - 16 h. - Pavillón das Triguerizas- 17 de agosto - XXIV

Triatlón Vila de Allariz - 18 h - Alameda de Allarizwww.mundourense.com

4AXENDA

OCIO E CULTURA

4 Música antiga en Xunqueira de Ambía

Os domingos 11, 18 e �5 de agosto terá lugar na colexiata de Santa María a Real de Xunqueira de Ambía o XXIV Ciclo de órgano e música antiga.

O domingo 18, o orga-nista Pablo Márquez ofre-cerá o seu espectáculo. E o día �5 será o turno da organista Marisol Mendi-ve. Os concertos comeza-rán ás �0 horas e a entrada será de balde.

4 Música e festa en Verín

Verín celebra a festivi-dade da súa patroa, Santa María a Maior, este 15 de agosto, con música, actos relixiosos e ocio para os cativos. Na véspera, 14 de agosto, ás �4 horas, a vila do Támega gozará do concerto estelar da banda de rock Iguana Tango, que no marco da praza Maior intepretará éxitos como “Si pudiera”, “Olvídate de mí”, “Te perdí”, “Poco a poco” e o seu novo dis-co Colección Pop. A festa continuará despois cunha sesión de discomóbil.

O festivo, xoves 15, terá lugar a procesión e misa solemne, ás 11.30 horas, co acompañamento da Banda de Gaitas de Verín e da Coral de Verín. E xa de tarde, na praia fluvial, a partir das 17 horas, haberá festa infantil con escuma e inchables de terra e auga.

4 ‘Colores’, na Casa do Escudo de Verín

Ata o 31 de agosto, a Casa do Escudo de Verín acollerá a exposición de expresionismo abstrac-to ‘Colores’, de Manuel Losada. A mostra, con-formada por �4 obras, posúe unhas particulari-dades expresivas difíciles de encadrar en canto ao seu contido e a súa forma, tanto polas técnicas non convencionais que utiliza coma pola visión espacial que ofrece.

Como indica o propio autor, “son pinturas para imaxinar, para ser trans-portados por sendeiros pouco andados, arroupa-dos entre cores e formas singulares”.

EN BREVE

Redacción

A Asociación Galega de Viticultura organiza en Allariz os días 13 e 14 de agosto as xornadas “Proba e Saborea do Noso”, que forman parte dun ciclo que, durante este mesmo mes, terá continuidade en Ribadeo, Santiago, Lugo, Vigo e Ferrol.

O programa comeza o martes ás 19:30, no Fogar dos Maiores, cun coloquio ao redor de “A promoción e expansión dos nosos sabores acó e aló. Partici-parán o etnógrafo Clodio González, o xerente de Adega Alán da DO Val-deorras, Joaquín Sánchez, o xerente da Rede Gale-

Xornadas de Folclore en XinzoUn imprescindible do

verán ourensán son as Xornadas de Folclore, xa na súa 30ª edición. Gru-pos de todos os rincóns do mundo achegaron no-vamente ao público das vilas ourensás as músicas e danzas dos seus países.

En Xinzo actuaron os grupos de Brasil, Polonia e Serbia, mentres que Ve-rín acolleu os espectácu-los dos grupos de Bielo-rrusia, Filipinas e Bolivia. Este martes 13, a cita é en Celanova, onde o pú-blico poderá contemplar os mesmos grupos que en Verín ademais dos locais Solpor. A actuación come-za ás 19:30, no claustro.

Actuación do grupo de canto e danza folclórica rexional polaco “Jodelki” na praza Carlos Casares de Xinzo, este domingo 11 de agosto. Acompañáronos no escenario os brasileños “Compañía Ritmos e danças populares Cordapes” e o ballet folclórico serbio “Simyonov-Tucovic”./P.LODEIRO.

O Esquecemento chega ao seu ano XIII4 Do 16 ao 18 de agosto, en Xinzo. ga de Empresas, Manuel

Vázquez e a xerente do grupo de desenvolvemen-to Avinza, Eva González. Ao remate haberá unha cata de viños comentada por Manuel Sánchez, enó-logo e membro da AGV.

DegustaciónsNa xornada do mérco-

res, ás 11:30, terá lugar unha degustación e ma-ridaxe de tapas e viños galegos no Bar Tapería Fío de Liño. E xa de tar-de, entre as 19 e as �3 horas, haberá unha cata e degustación expansiva en 14 locais alaricanos onde se poderán probar viños e queixos das denomina-cións de orixe galegas.

“Proba e Saborea do Noso”, en Allariz4 Os días 13 e 14 de agosto.

Festa da EmpanadaRedacción

Non hai fin de semana estival en Allariz que non ofreza atractivos para o visitante, e neste próximo do 17 e 18 de agosto, os puntos de interese son va-rios.

Dentro da Festa da Empanada, o Concello incluiu actividades como o campionato da billarda, no Campo da Barreira o sábado desde as nove da mañá, o XXIV Triatlón Vila de Allariz, na Alame-

da a partir das seis da tar-de, e o concerto de Emilio Rúa no Festival de Xar-díns ás once da noite.

A xornada dominical comeza co disparo de bo-mas e pasarrúas; segue co Campionato Provincial de Piragüismo e ten o seu momento álxido coa fes-ta campestre no campo de Vilanova, onde haberá postos de empanada du-rante todo o día.

Xigantes e cabezudos, unha banda de música, a Escola de Danza da Depu-tación, e a orquestra Ledi-cia completarán a oferta de ocio da tarde-noite.

Redacción

A recreación do paso do río Lethes (Limia) po-las lexións romanas no século II a.C. voltará ser o acto central da Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia, que este verán chega ao seu ano XIII.

Os días 16, 17 e 18 de agosto, a capital limiá re-torna ao pasado, grazas a un programa de actos novamente deseñado pola Asociación Cultural Civi-tas Limicorum que man-tén os elementos esenciais da festa.

Durante estes días leva-ranse a cabo representa-cións tradicionais das cul-turas romana e castrexa, como o prendido do lume sagrado, loitas de gladia-dores, os seus seres mito-

Cruce do río polas tropas romanas de Décimo Xuño Bruto na edición do ano pasado. /A.CIVITAS LIMICORUM

lóxicos, danzas, un mer-cado galaico-romano (o “macelum”), desfiles das lexións romanas, banque-tes, vodas e “nasciturus”, obradoiros de cestería e cantería ou exhibicións de cetrería. Todos os actos pretenden ser fieis á histo-ria, tendo tamén en conta a vestimenta da época, a única posible dentro do campamento.

Actos centrais, domin-go á tarde

O cruce do río Lethes polas tropas de Décimo Xuño Bruto terá lugar o domingo 18 contra as seis da tarde, seguido da batalla entre romanos e castrexos e o desfile dos primeiros, vencedores, polas rúas de Xinzo desde o parque do Toural.

Page 21: Agosto 2013 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �013

�1OCIO E CULTURA

Observatorio astronómico os días 13 e 14 a partir das 22 h

Redacción

A programación do XVI Festival San Roque and Roll ven a confirmar que se trata dunha cita conso-lidada e ineludible para os amantes da boa música e a festa. Nesta edición �013, que terá lugar o 16 de agos-to a partir das �� horas, o festival de Maceda contará, entre outros, coa actuación dos grupos The Lákazans e Recambios Tucho, ambos os dous creados a partir do mítico Heredeiros da Crus, incuestionable referente da cultura underground galega e expresión sobranceira da propia identidade; así como co grupo Collón de Lola, que rendirá homenaxe a nosa infancia coas cancións máis coñecidas do progra-

ma Xabarín Club da TVG, que marcaron a toda una xeración.

Bandas locaisPero ademais de conxun-

tos de recoñecido pres-tixio, o festival pretende servir de plataforma para bandas locais emerxentes, como son o grupo tioirán Coche no Río, integrado por un grupo de rapaces da comarca que farán go-zar aos asistentes ao ritmo dos grandes éxitos do rock nacional e internacional.

Unha oportunidade úni-ca para gozar de rock and roll do bo de xeito gratui-to, grazas ao esforzo da organización, a Asocia-ción Xuvenil e Cultural Tioira non lucrativa, de Tioira, Maceda.

Maceda, a ritmo de rock and roll4 Co XVI Festival San Roque and Roll o 16 de agosto.

Noite de estrelas nas terrazas de Ponte Vella

Con motivo da choiva de estrelas que se prevé esta semana, o centro co-mercial Ponte Vella de Ourense organizou, en co-laboración co observatorio urbano “El Mirón el cie-lo” dúas quedadas noctur-nas para observar as Per-seidas ou tamén coñecidas popularmente como “As bágoas de San Lorenzo”.

Os clientes que desexen gozar deste fenómeno po-derán acudir ás terrazas do centro comercial o martes 13 e mércores 14 a partir das �� horas onde persoal cualificado ensinaranlles as diferentes estrelas, pla-netas e distintas curiosida-des a través de telescopios profesionais. Ademais, os clientes que o desexen po-derán levar os seus propios telescopios.

Con motivo deste acon-tecemento Ponte Vella or-ganiza unha exposición de Astrofotografía aberta ao público ata o �4 de agosto,

situada en Planta Alta.

Nova imaxe webPor outra banda, Ponte

Vella estrea nova imaxe web na que regularmente irá colgando as súas pro-mocións, ofertas, descontos especiais, concursos, even-tos, actividades infantís, carteleira de cinema etc.

Está nova web inclúe no-vos contidos como infor-mación de todas as tendas, festivos de apertura, notas de prensa ou información

útil para que os clientes de Ourense e os seus visi-tantes poidan gozar dunha variada oferta comercial.

E desde marzo, o centro comercial ourensán está presente nas redes sociais, cun espazo en Facebook que conta xa co apoio de máis de �.400 fans.

Ponte Vella instalou na súa planta alta o primeiro castelo infantil nun centro comercial galego. A nova atracción, que conta con tres niveis, fará as delicias dos máis pe-quenos xa que conta con xogos como piscina de bolas, bonecos de espuma, tobogáns ou un ponte colgante./R.T.

Terceira festa de San Roque en XinzoRedacción

O San Roque tamén se celebrará este 16 de agos-to en Xinzo, grazas aos comerciantes da céntrica rúa que leva o nome do santo, organizadores da 3ª Festa San Roque �013.

O programa festivo dá comezo ás 1�:30 con pa-sarrúas a cargo da Agru-pación Musical da Limia. A partir das cinco, organí-zase unha festa da espuma con animación musical na praza de San Roque, mes-mo recinto que acollerá ás �1 horas unha misa ao aire libre con procesión.

O Trío Sevilla actuará a partir das �� horas, ame-nizando a cea popular que comezará no mesmo es-pazo media hora despois. Os tickets están á venda no Bar Bodegón ao prezo de 1� euros para adultos e cinco para nenos. A festa continuará trala cea co mesmo trío musical.

Page 22: Agosto 2013 - BXVAC

�� BARRIOSAgosto de �013 CLASIFICADOS /SERVIZOS

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�006 - OU 186-�006 - OU 77-�01�. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, S.N., Andrés Diz

Nº81 / 17- Ano: VIII - Agosto �013 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

[Se eres un particular, publica os teus anuncios clasificados gratis no 988 239 634 ou en info@

ourenseporbarrios.com]

4CLASIFICADOSALUGUER/VENDA

Alugo apartamento en Montalvo de 1 e � cuartos, con xardín e bar-bacoa, para fins de semana, sema-nas e quincenas. tel. 607 �7 19 16.Vendo apartamento de � habita-cións en Vigo, fronte á praia. Tel. 636 4�� 497. Urxe venda chalet a estrear na Lanzada (a 400 m da praia). Infor-mes 655 484 373.Alúgase piso amoblado no Grove. Para vacacións ou descanso tem-poral. Bo prezo: Tel: 600 569 733.Alugo piso novo no Couto, Ouren-se. 3 habitacións, salón, cociña amoblada, dous baños, e garaxe pechado e amplio. Tel: 988 �� �1 79 (chamar polas tardes).Vendo ou alugo precioso apar-tamento en zona residencial e de ocio da Valenzá. � habitacións, � baños amoblados, cociña indepen-dente equipada, praza de garaxe e adega. Prezos interesantes. Tlf. 600 150 578 e [email protected] piso en Vigo (pr. España) para estudiantes ou veraneantes. Tel: 639 816 �09.Alugo piso en Tomiño. Amobla-do, praza de garaxe e ascensor. Tel: 639 816 �09.Alugo casa amoblada con xardín e finca en Celanova, por tempadas ou todo o ano. Tel. 988 43 16 64 e 617 9� 58 73.En Sanxenxo alúgase apartamen-to equipado con praza de garaxe opcional, tel. 986 7� 10 56 ou 617 50 5� �4Alúgase apartamento en Vigo amoblado, tel. 637 00 59 10Alúgase apartamento amoblado en casco antigo de Ourense por ��0 euros, tel. 637 00 59 10Alúgase dúplex na Valenzá,r/Areal, 350 euros ao mes. Tel. 609 57 �1 14Alugo para os meses de verán apartamento dun dormitorio en Pa-tos, en primeira liña de praia. Tel. 679 04 06 04.Alúganse dúas naves de 4�� e 454 m�, xuntas ou separadas no polígo-no de Pereiro de Aguiar: Parcela nº 15.. Tel. 639 67 74 3�Alugo apartamento amoblado con garaxe e trasteiro no Couto, Ourense, tel 606 569 ��8Alugo en 1ª planta, zona S. Fran-cisco, Ourense � dormitorios. 1 baño. Céntrico e moi luminoso. En bo estado. Calefacción Gas Natu-ral. Telf: 988 �35 876.Alugo casa a 1 km de Allariz. Tel.: 686 540 087.Vendo piso pequeno en Ourense (rúa San Rosendo) reformado. 3 dormitorios, salón, cociña e baño. 7�.000 euros. Tel: 6�98�8647.Alúgase piso preto da universida-de compartible para 3 rapazas, con calefacción individual. tel. 988 �4 69 �6

VENDASVendo vestido de noiva, modelo Donaire da colección Glamour �013 de Pronovias, talla 34. Con cancán, veo, cinturón e funda. Tel: 607 905 �15.Vendo discos de vinilo. Tel. 698 174 374Vendo un ordenador de sobreme-sa Dell, con Oficce 2010. Semino-vo. Tel. 6�7 6�8 139Vendo carro de vacas de madeira e rodas de ferro en bo estado de conservación. Ideal para decora-ción de xardín. Tel. 988 407 735Vendo BMW 3�0, 135cv, 1999, gris plata, EE, AC, CC, teito solar, llantas orixinais, recén pintado, motor novo,impecable.Carlos, tel. 6�7 640 657.Vendo culata BMW 3�0D e46, bo prezo. Carlos, tel. 6�7 640 657.Vendo vestido de comuñón nena talla 14 Pili Carrera. Tel 646 891 59�.Fotógrafo vende equipo de estu-dio (2 flashes grandes + trípode) e cámara analóxica Nikon antiga, todo por xunto ou por separado, bo prezo. E ofrezo clientela a fotó-grafos que estean empezando. Tel. 663 396 363.Véndense mobles de perruquería seminovos por mil euros. Tel. 988 �5 59 63.Vendo 4 llantas de aluminio BMW medida 15, 130 euros. Tel. 689 54 80 �9Vendo bañeira de bebé e cuna e silla de bebé con plástico por 600 euros. Tel. 696 18 11 73Vendo Tablet Primux 7 pulgadas Zonda � impecable, casi sin uso con funda roja de regalo . Precio 60 euros. Tlf 637756687.Véndese leña de carballo. Tel. 630 5�1 448.Véndese colcha de veludo, apei-ros de labranza antigos de ma-deira, sofá 3+�, e caldeira de gas cidade, tel. 637 00 59 10Vendo augardente de herbas de máis de 15 anos. 10 euros botella de ¾. Tfno 6�7 6�8 139.Vendo ordenador de mesa DELL. 100 euros. Tel. 6�7 6�8 139.Vendo produtos de cosmética (colombianos) e bisutería de Yam-bal. Tel: 634 654 985.

EMPREGO

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 00� Concello de Oimbra 988 4�6 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 4�5 03�Concello de Castrelo de Val 988 419 00�Concello de Laza 988 4�� 00�Concello de Cualedro 988 4�4 004Comisaría de Policía Verín 988 414 1�3Policía Local Verín 988 411 61�Bombeiro Verín 988 41� 1�1Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 41� 1�1Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 34�Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 81�Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 �1�IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 4�5CEIP Princesa de España 988 410 1�8Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 10�Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 00� Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 55�Policía Local Xinzo 988 46� 4�5Garda Civil 988 46� 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 46� �00Punto Atención Continuada 988 46� 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 �09Taxis - Parada 988 460 �58

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 46� 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 ���IES Lagoa de Antela 988 46� 454IES Cidade de Antioquía 988 461 �71CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 �93 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadañedo 988 �91 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 �04 CEIP Padre Feixoo 988 440 8�5IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 �19Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 �60 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 5�3Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 �90CEIP Curros Enríquez 988 431 7�5Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 48�Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 90� 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 90� 309 000Protección Civil 11�Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 ��� ���

4TELÉFONOS DE INTERESE

Fanse portes e mudanzas. Tel. 630 5�1 448.Ofrécese modista, para tendas e particulares, recollida e entrega a domicilio, (tamén servizo express) traballo de calidade, puntualidade, e bo prezo. Tel.:686.03.49.76Faise terapia de Reiki. Prezo eco-nómico (con titulación) Tel. 609 039 ��5Chica responsable ofrécese para o coidado de nenos ou traballar unhas horas. Tel. 647 �6 74 86

Chico de compañía para mulleres de 30 a 50 anos. tel 66� �813 1�

VARIOS

Page 23: Agosto 2013 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �013

�3OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4HISTORIAS DE MONTERREI

O Mosteiro do Bon XesúsNo artigo deste mes saí-

mos da nosa comarca de referencia para visitar a veciña comarca da Limia, e máis concretamente, a aldea de Trandeiras. Este pobo contén unha das visitas in-eludibles da nosa zona, nel atópanse as ruínas dun an-tigo mosteiro, o chamado “Mosteiro do Bon Xesús”.

O Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras empezouse a construír no ano 1520, e tres anos despois de come-zar coa obra, e a pesar de aínda non estar rematado o mosteiro, xa vivían nel uns frades franciscanos xunto cun gardián. A obra é de es-tilo tardío gótico-portugués (Manuelino) con elementos renacentistas, e como cu-riosidade sobre a súa fun-dación, existe un escrito de esa época onde afirma que o Conde de Monterrei D. Fer-

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Colesterol O colesterol é unha sus-

tancia que ten a consis-tencia da cera e que está clasificado entre as graxas sendo esencial para a vida. Forma parte integrante da membrana externa das no-sas células. Constitúe unha película aillante á volta das fibras nerviosas. Así, un co-rrecto tipo de colesterol non é perigoso, mais o exceso en certas partes do corpo pode ser mortal! O coleste-rol, así como outras graxas, pode acumularse no sangue

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

“Mágico González”, a lenda dun santo

Era como unha obse-sión. Todos querían saber se era verdade o que as cadeas de radio da época, e as canles de televisión, pregoaban sen titubeo, sen compaixón, arrasando, facendo eco do que escoi-taron, ou tal vez, do que alguén contou con algo de mestura fantástica, desvir-tuando a realidade.

O caso é que, eu estaba alí ao seu carón, e ninguen tivo que contarme nada da súa vida, nen siquera do seu facer diario, porque insisto... estaba alí. Jorge Alberto González Barillas, un indio salvadoreño, in-adaptado ao sistema euro-peo, cun só principio, “ser feliz sen pisar a ninguén”. D. Manuel Irigoyen, presi-dente eterno do Cadiz CF, descubriuno no Mundial do “Naranjito” en España 82 adiantándose, como bo banderilleiro que foi, “aos Miuras”, Madrid e Barça, que suspiraban por el.

O seu alcume, tiña e ten, o profundo significado do que realmente foi, xogan-do ao fútbol, un autentico “mago”. Hoxe, quixera sacar do íntimo e sagrado muro do vestiario, e con-tar o que moitos deixaron sen pregoar, cando sendo poderosos profesionais da información, ollo ao dato!, daban máis importancia ao abstracto, ao ambiguo, buscando, a morbosa au-diencia que os levara o éxito, esquecendo o princi-pal, o golazo ou ese regate imposible xamais ollado. O do terreo de xogo, era secundario, vendía mais o acontecido na noite an-terior.

“Mágico González” era coma un neno grande, inxenuo, transparente. Un rapaz atlético, con gran fortaleza física, e dotado polo seu deus cunha técni-ca inigualable, que o facía sinxelamente único. Jorge, era ante todo, un home bo. Amigo leal e compañeiro. Non tiña nada, porque todo o daba, sen arru-garse, sen vergoña, como algo natural. Lembro que un xornal escribira que o viran descalzo por unha das rúas máis concurridas do centro. Escándalo! O xornalista descoñecía que

as súas modernas zapati-llas foran parar aos pés dun mendigo da cidade. E así, unha tras outra, mentres a lenda distorsionada ía me-drando cada vez máis.

Eu estaba ao seu carón no vestiario, coa sua taqui-lla forrada de estampiñas de virxes que adoraba de forma meticulosa. O domin-go anterior fixéralle un gol ao Racing de Santander, que dera volta por todas as teles do mundo, mais el, inmu-table, como se llo marcara nunha pachanga de verán ao “Atlético Agujetas”, chi-rigota mítica do carnaval gaditano.

Nunha viaxe a Barcelo-na, para enfrontarnos ao Dream Team de Johan Cru-yff, tocoume de compañeiro no avión, onde compartimos ademais de asento, alguha charla, onde me confesou que alguén estaba a facer-lle a vida imposible, pero que tiña que aguantar, co seu sambenito, e seguir go-zando da vida. Ataviados co traxe do clube, desfilamos elegantes polo aeroporto, presumindo diante da xente que quedaba a mirar para os futbolistas máis coñeci-dos. El co seu sorriso en-trañable, conectando cos siareiros, transmitindo un bo rollo incrible.

Sempre esperábamos por el, por mor de esquecerse firmando autógrafos os ra-paces, inmersos na tolemia colectiva. Gozaba vendo a xente feliz, ese era o seu soldo. O diñeiro non tiña importancia, só ser feliz.

Jorge González marcoume goles nos adestramentos, pero daquela, tamén mar-cou algo na miña persona-lidade e conciencia, en ple-na formación. Sempre tiven presente a inxustiza que se cometeu con este magnifico futbolista, mais a facilidade

de encaixar as acometidas falsas, que moitas veces tiña que soportar, ensinoume que ante o talento innato ninguén pode, pero si é vul-nerábel a bondade impoluta da persoa.

“Mágico” demostroulle ao mundo que os intoca-bles, as estrelas falsas, os presumidos, os soberbios, os arrogantes, non forma-ban parte do seu mundo; el era de aquí, da terra, dos rapaces, dos homes e das mulleres que están na praia bañándose, ou no chiringuito tomando unha cervexa. Por esta forma de ser, puiden estar preto del moitas veces. Ademais de compartir fútbol, puidemos vivir de forma sinxela moi-tas experiencia, que quizais quedarán no corazón e no recordo.

É doado, que o escribir aquí estas historias pode levar ao lector a pensar, que gardo cousas para min, que non se poden contar,e pensan ben! Mais, o que si podo dicir a boca chea, que moitas das historias con-tadas sobre este fantástico futbolista, e mellor persoa, non son verdade, que só buscaban o lucimento do informador de turno, ante á súa audiencia. A nós, os que aínda cremos nos ma-gos, nos verdadeiros reis, sempre nos quedará a espe-ranza dun agasallo.

Iso foi, o que fixo Jorge “Mágico González” duran-te a sua carreira, agasallos de fútbol, de amizade e xe-nerosidade, enchendo o presente de vida, deixando o seu futuro baleiro, lim-po, como a el sempre lle gustou, e ter a conciencia tranquila, e seguir miran-do de fronte a vida, sen máis preocupación que ser feliz sen pisar a ninguen. Miguel Sotelo

e aglomerarse contra as paredes dos vasos, mais tamén é verdade que forma parte do kit de reparación das arterias.

Ao aumentarmos os niveis do colesterol bo (HDL), estamos a expulsar do camiño o malo (LDL), consumindo graxas sauda-beis, que se encontran no aceite, peixe azul (sardiña, caballa, arenque, salmón), noces e tamén un bo viño nas comidas. Os exercicios físicos, o consumo de vita-

mina C, de leguminosas e de allo e cebola son tamén moi importantes.

Taxas máximas de co-lesterol recomendadas:

Idade Total LDLMenos de 20 anos 150 90De 20 a 40 anos 190 110De 40 a 60 anos 200 120Máis de 60 anos 200 130

É importante que a súa taxa de colesterol se sitúe o máis preto posíbel des-tes valores.

João Damião

nando de Andrade mandou ata alí mil homes armados temendo que o que se estaba a construír fora un castelo que rivalizase co seu con-dado.

Este desencontro co Con-de de Monterrei foi o primei-ro de moitos incidentes que tería este mosteiro ao largo da súa historia, pois antes de pasar 150 anos dende que empezaran a súa cons-trución, no ano 1668, o mos-teiro foi pasto dun tremendo incendio que non perdoou nin a igrexa nin ningunha cela dos frades. Máis tarde, durante a guerra de Inde-pendencia, as tropas fran-cesas causaron numerosos danos no convento, e asasi-nan e torturan a moitos dos frades que alí vivían.

Pouco tempo despois, o 3 de febreiro de 1813, un novo incendio xorde pola noite

mentres os frades durmían, o forte vento daquela noite provoca que o lume acabe con todos os dormitorios, a cociña e o claustro. O fin da vida monacal nes-te mosteiro prodúcese en 1835, coa exclaustración dos frades e a súa poste-rior desamortización, mo-mento no cal, o mosteiro queda abandonado.

Hoxe en día, moitas das pedras e da madeira do mosteiro desapareceron para pasar a formar parte doutras construcións ou xardíns. Pero os restos que alí quedan conforman un cadro precioso que parece sacado da mente dun pin-tor do romanticismo, unha paisaxe digna de ser visita-da e admirada.

Andrés Diz D, historiamonterrei.blogspot.

com.es

Mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras, en Xinzo./ANDRÉS DIZ.

Primeiro pola esquerda Miguel Sotelo, e primeiro pola de-reita “Mágico González”.

Page 24: Agosto 2013 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �013

Page 25: Agosto 2013 - BXVAC

Número: 81- Ano:VIII - Agosto 2013- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2 OCIO Páx.20VERÍN Páx.4 COMARCA Páx.6 DEPORTES Páx.18

Aprobados once novos obradoiros de emprego para a provincia

Disputado o V Campionato de Fútbol 3x3 en Verín

Iniciada a tramitación da futura escola infantil de Verín

Música e festa para celebrar a patroa, Santa María a Maior

Prevención de incendios nun campo de traballo en Riós

Constituíuse a Confraría dos Viños de Monterrei, da que foi nomeado Confrade Maior o presidente da Xunta de Galicia./CdeV.

[páx.3]

A Feira do Viño de Verín recibe dez mil persoas

Inaugurada a Ruta do

Talento en Riós [páx. 5]

Page 26: Agosto 2013 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �013

Page 27: Agosto 2013 - BXVAC

Número: 17 - Ano: VIII - Agosto 2013- Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

ALLARIZ Páx.13TEMA DO MES Páx.2 DEPORTE Páx.19

20.000 persoas xa visitaron o Festival de Xardíns

Seis días de festa polo San Roque en Celanova

OCIO Páx.16

A Combi Dous de Maceda cumpliu o seu terceiro ano

Aprobados once novos obradoiros de emprego para a provincia

COMARCA Páx.15

Veciños de Queiroás da Igrexa realizando a tradicional tarefa da malla./P.LODEIRO.

A oposición reprobou ao ex alcalde Mouriño e pediu a dimisión do actual, José Luis Ferro, que non aceptou./M.REJO.

Unha campaña promociona Celanova na capital ourensá

Entrevista aos directores de “El

Quid”, Raúl García e Bruno Nieto

Pleno bronco en Celanova

Festas etnográficas en Allariz [páx.14] [páx.11]

[páx. 16]

Page 28: Agosto 2013 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �013