MANUEL LAMAS - andavira.com · Impresión y encuadernación: Tórculo Comunicación Gráfica, S. A....

18
MANUEL LAMAS 1

Transcript of MANUEL LAMAS - andavira.com · Impresión y encuadernación: Tórculo Comunicación Gráfica, S. A....

Unha pregunta: Poderiamos atopar a alguén que, ao menos unha vez na vida, non sentira a presenza dun alento misterioso, de rostro neutro, rozándolle o pescozo?

Se a resposta fose non, calquera camiño, incluí-do o de Caín, sería un paseo. Pero, se fose si, e seguro que así é, aí teriamos un bo e marabilloso candidato para protagonizar calquera Camada dos oitenta porque, se certo é que o medo garda a viña, non menos o sería que a inconsciencia encamiña directa ao abismo.

E, xa para rematar, outra dúbida: ti… de quen ves sendo?

MA

NU

EL L

AM

AS

CA

MIÑ

O D

E C

AÍN

1

MANUEL LAMAS

1

Camiño de Caín

1.ª edición: Santiago de Compostela, 2017

© Meubook Vía de Édison, 33-35 (Polígono del Tambre) 15890 Santiago de Compostela (A Coruña) www.andavira.com · [email protected]

© Manuel Lamas González

Diseño de cubierta: Dixital 21, S. L.Maquetación: Tórculo Comunicación Gráfica, S. A.Impresión y encuadernación: Tórculo Comunicación Gráfica, S. A.

Impreso en España · Printed in Spain

Reservados todos los derechos. No se permite la reproducción total o parcial de esta obra, ni su incor-poración a un sistema informático, ni su transmisión en cualquier forma o por cualquier medio (elec-trónico, mecánico, fotocopia, grabación u otros) sin autorización previa y por escrito de los titulares del copyright. La infracción de dichos derechos puede constituir un delito contra la propiedad intelectual.Diríjase a CEDRO (Centro Español de Derechos Reprográficos) si necesita fotocopiar o escanear algún fragmento de esta obra. Puede contactar con CEDRO a través de la web www.conlicencia.com o por teléfono en el 91 702 19 70 / 93 272 04 47.Andavira, en su deseo de mejorar sus publicaciones, agradecerá cualquier sugerencia que los lectores hagan al departamento editorial por correo electrónico: [email protected].

Depósito legal: C 396-2017ISBN: 978-84-946537-2-8

Camiño de Caín

manuel lamas

7

Era xa a cuarta volta que daba intentando conseguir un oco onde aparcar. Non lle estrañou; cada día era máis difícil achar un lugar onde deixalo. A Rambla de Federico, á altura da Rambla Chica, estaba sempre petada polas tardes. Por sorte, Paula era unha muller tranquila e poucas cousas lograban alterala. Paciencia e música eran a clave naquel intre para achar aquel tan desexado anaquiño de rúa onde deixar o seu Clio, e que o ía conseguir non o dubidara nin un segundo. Luz Casal con “Negra sombra” estáballe poñendo a pel de galiña cando reparou que na curva había un. Non se acelerou, total!, para que? Ían cinco ou seis coches diante, así que seguro o collería algún. Pasaron un, dous, tres, catro e vía libre. O alí achado era moi xusto pero, para unha condutora coma ela, non habería problema.

Eran as seis e cuarto e, coma sempre, chegaba con retraso, mais, desta vez, con só quince minutos. Todo un logro! Botou unha ollada e sorpresa!, hoxe tocáballe agardar a ela. Pareceulle imposible e volveu mirar convencida de que se tivera que trabucar.

Non chegaran, esa era a realidade, así que, desta vez, puido elixir mesa. Facelo non lle resultou difícil;

MANUEL LAMAS

8

dúas eran as opcións. Como unha delas era a que estaba ao carón da porta de entrada, optou pola que ficaba máis retirada, a da parte de atrás da terraza. Ademais de que estaba máis afastada, as do lado tamén estaban ocupadas por pouca xente, toda unha tentación para quen non lle apetecía nada escoitar conversas alleas. Dúas parellas e un mozo con aire solitario e escorregadizo serían os seus novos compañeiros.

Sentouse e cruzou as pernas, recostouse sobre o respaldo da cadeira e púxose a xogar coa súa melena namentres agardaba a que chegasen os colegas ou algún camareiro. De non ser porque levantara a man con enerxía en varias ocasións, quedaríase seca agardando aquela caña que tanto necesitaba. Non acabaran de deixarlla naquela diminuta mesa, acompañada dunha tapa de peixe espada, cando se lle achegaron moi falangueiros polas costas. Tomaron asento e apresuráronse a encargarlle outras ao camareiro, non fose que non dese regresado!; co lento que era, todo era posible. Necesitábanas, e de verdade; o sol do Zapillo deixáraos esturruxados.

Quedaba unha semana para collerse uns días de descanso, momento de ultimar os derradeiros detalles daquela viaxe longamente agardada. Os billetes de avión xa llos deran a Álex, terían que facer escala en Madrid e, de alí, directo ao aeroporto de Asturias. O hotel reservárao en Potes pois, segundo lle contaran,

9

CAMIÑO DE CAÍN

dende alí podían moverse con facilidade polos arredores. Do aluguer do coche encargárase Tina que, como era de esperar, acabara escollendo un Focus. Non fose que lle tocara conducir a ela!

A tarde noite estaba deliciosa. Tras as primeiras cañas e tapas, chegaron as segundas. A lingua fóiselles soltando, laretaron do lindo. Tina recoñeceulle, por fin, a Álex que fora ela a que lle metera o condón na mochila naquela xa memorable clase de don Mauro. El case a mata, non o podía crer! Estivera culpando toda a vida a aquel idiota de Sindo, ao que, por certo, co cabreo lle rompera os lentes co sopapo que lle dera. Elas escachábanse coa risa; el, a cada paso, estaba máis enfurruñado. Non paraba de fungar e, segundo ía pasando o tempo, máis se cabreaba.

Tina xa non podía facer nada por tranquilizalo polo que lle tocara a Paula. Mal como puido, empezou a laretar das súas trasnadas de xuventude para deixar ás de Tina en pouca cousa; o obxectivo era intentar que Álex lle sacara ferro á cuestión do condón. Así lles confesou como lle encantaba putear tamén aos compañeiros. Todo o malo fora empezar porque, despois de embalarse, ata lles comentou como lle fixera ver a un pelandrán que estaba namorada del. Ao moi burro tivérao enganado ata que un día o mandara tomar por vento. Estaba xa farta das súas arrepiantes poesías de amor e de que lle fose detrás coma un cadeliño. Era unha moza na flor da vida e

MANUEL LAMAS

10

non estaba para aguantar lapas polo estilo, e moito menos non interesándolle en absoluto. Pero o mellor de todo estaba por vir; un par de semanas despois, largárase co rabo entre as pernas e, aínda hoxe, non soubera nada máis del nin da súa familia. Paula ríase a esgalla lembrando como o pasara coa panda a costa do pasmón aquel.

Coas chanzas de Paula, a Álex fóralle pasando o cabreo e ata lle conseguiu arrancar un sorriso. A continuación, pasáranlle revista, por activa e por pasiva, ao pobre namorado de Paula. O tema déralles para un bo anaco, xusto ata que Tina os mandou calar; decatárase de que os das mesas do lado lles prestaban demasiada atención. No fondo tampouco lle estrañou demasiado porque a escandaloria era considerable. De todo, o que lle chamou máis a atención foi que ao único que non lle conseguira ver a cara fora ao mozo que tiñan de costas. Presentía que os estaba escoitando con suma atención, mais non se xirara nin un milímetro para sequera mirar de esguello.

Se en Almería se necesitaban unhas cañas para refrescarse, en Sevilla tamén consolaban o seu. Marcos e Inés estaban celebrando nunha terraza da Alameda de Hércules que a el lle deran seis días libres para ir facer a Ruta do Cares. Por fin!, despois de moitos intentos, conseguírao. Confirmáranllo á mañá na comisaría e, unhas horas despois, xa tiña os billetes

CAMIÑO DE CAÍN

11

de avión e o hotel reservado en Potes para os dous primeiros días. Dende alí, irían ata Caín á primeira hora, poñerían rumbo a Poncebos, comerían polo camiño e regresarían á noite de novo a Caín para, acercarse logo ao hotel en Potes. Os tres días que lles quedaban a maiores serviríanlles para perderse polo resto dos Picos de Europa. Dende Cangues de Onís, onde tiña reservado o outro hotel, moveríanse pola zona sen problemas.

Os días pasaron axiña e, cando se quixeron dar conta, o aeroporto de Asturias estábaos recibindo. Tina foi a primeira en baixar do avión; a racha de aire fresco que lle bateu na cara fíxoa revivir. Tras ela, descenderon os outros dous colegas e xuntos encamiñáronse carol as maletas. Tiveran sorte, todo fora ben; o aeroporto era pequeno así que apenas se tiveran que mover para recoller as súas pertenzas. En media hora xa lles deran o coche de aluguer polo que estaban listos para poñer rumbo a Potes. O malo, que lles quedaban unhas cantas horas de estrada. Ao principio, cando lles informaron de como era, quedáronse un pouco pegados mais, cando souberon que aquel día xa eran os segundos co mesmo destino, relaxáronse un pouco e puxéronse a planificar que facer sen outra demora.

Non coñecer o itinerario fixo que se mantiveran un chisco á defensiva, de aí que optaran por tomarse alí un bocado. En dez minutos xa estaban en ruta. Tina

MANUEL LAMAS

12

convertérase na primeira relevista; logo conducirían os outros, que para iso eran os expertos! A panorámica que se abría ao seu paso íaos atrapando sen contemplacións. O verde invadía enfeitizante cada cornella pero o que máis sorprendía a Tina e Álex era a planitude do terreo. Para Paula, nada do que vía era estraño. As lembranzas de infancia invadíana por todos os poros da súa pel vendo tanto verde; de feito, sentíase como na súa propia casa.

Ao chegar a Ribadesella, optaron por subir ata Cangues e, dende alí, irían ata Arenas de Cabrales; logo collerían a estrada de Potes. Segundo remontaban o Sella, axiña comprobaron como ía mudando a paisaxe. O verde estábaos deixando cao, ata semellaba que lles varreran as gañas de falar. Ben, iso polo que respectaba a Paula e Álex, porque Tina non deixaba de darlle á sen óso. A ela, o que máis lle amolaba era que con tanta curva non daba atendido ao que lle desfilaba fóra. A impaciencia sobrepasouna e, xusto despois da rotonda de Arriondas, aparcou o coche; necesitaba relevo xa. A ningún dos outros dous lle interesaba demasiado conducir, botárono a sortes e tocoulle apandar a Álex. Con Tina no asento de atrás mudou por completo a dinámica do coche. Agora non deixaban de falar; a ela chamáballe todo a atención e Paula tíñase que empregar a fondo para darlle abasto. Mesmo Álex tamén se vía na obriga de participar a pesar de que insistía en que non podía mirar porque había moitas curvas. A Tina dáballe o

CAMIÑO DE CAÍN

13

mesmo; ela seguía ao seu e cada pouco tocáballe no ombreiro para que reparase en algo que lle chamaba a atención.

Os Picos de Europa atraíanos coma un imán. Circulaban sen reparar en que a estrada fora cambiando e, ao pasar Arenas de Cabrales, o percorrido empezouse a complicar bastante, pero o peor estaba por chegar. As curvas, a cada paso, pechábanse máis, e xa non digamos a estrada que comezaba a estreitarse de mala maneira. Agora debían andar con moito ollo por se se cruzaban con outro coche. Pasarían os dous mais había que fiar fino para non rascarse. A Tina empezáronselle a poñer os pelos de punta. Se antes falaba, agora non deixaba de rosmar en alto por todo. Os colegas escachábanse coa risa ata que a Álex lle deu por arrimar o coche e mandala conducir. Ao escoitalo, case lle deu unha volta. Non o collería nin tola; ademais, segundo ela, tocáballe a Paula. Logo de tanta regueifada, o único que conseguiron foi facerlle prometer que non daría máis berros cando se cruzaran cun coche ou vise un barranco.

Puxéronse de novo en marcha con Paula ao volante. Non levaban andado cen metros e o esborreco de Tina foi de impresión; metéraselle na cabeza que vira despenarse unha cabra. Os outros dous case á vez mandárona calar e pedíronlle que se deixara de histerismos. As cabras eran demasiado finas para caer

MANUEL LAMAS

14

así como así; a sentencia de Paula fora categórica.

Era o mesmo, non había maneira de que calara co tema. Álex, xa farto de tanta feira, deuse a volta e, moi serio, mandouna deitar no asento, prohibíndolle terminantemente que mirase para fóra. Non podían seguir así. Co que lles faltaba ata Potes, se non paraba coas súas leiras, ían acabar todos tolos e ela moída a paos.

Cando viron que se recostara no asento, os outros non o podían crer. Foi entón cando caeron na conta de que estaba asustada de verdade. O malo do asunto era que aínda non empezara o gordo. Non se querían nin maxinar cando chegaran á cima. Álex ríase só e as outras quixeron saber que era o que lle pasaba, sobre todo Tina que non entendía que lle podía causar tanta gargallada. Fíxose de rogar un pouco ata que lle preguntou se trouxera o anteface.

A Paula, co ataque de risa, deulle por dar un acelerón. A Tina xa non lle deu tempo a contestar; co medo, deu un berro que ata espantou á cabra que acababan de cruzar. Polo rabo do ollo viron como fuxía e se escondía detrás da valla protectora, pero para ela xa caera polo barranco abaixo. Desta vez si que estaba segura e non llo podían negar. Aquilo era unha toleada así que esixía regresar a un sitio chan de contado. A foliada que empezara a montar era considerable, de aí que Paula, tan pronto como

CAMIÑO DE CAÍN

15

encontrou un pequeno espazo onde deter o coche, fíxoo. Álex escachábase coa risa con Tina. Por máis que lle insistía en que calara, non lle facía ningún caso; antes ou despois tíñalle que pasar o histerismo.

Paula necesitaba descansar de tanto berro; ademais, quería botar unha ollada a aquelas paraxes impresionantes e, por enriba de todo, non estaba disposta a que Tina lle amolase as vistas. Saíu do coche e comezou a camiñar con parsimonia, enfeitizada por aquela morea de rochas que semellaban desprenderse dende había centos e, incluso, miles de anos, pero que non o fixeran. Todo era tranquilidade, as cabras pacían alleas ao froallo dos humanos.Todo era harmonía e só se escoitaban de fondo as risas de Álex mesturándose cos agudos berros de protesta de Tina.

Paula, aburrida daquela banda sonora discordante, optou por separarse outro chisco, arrimouse ao quitamedos e acabou sentándose nel. Estaba absorta nas súas lerias cando escoitou ao lonxe as chamadas reiteradas de Tina reclamándoa a berro pelado. Ela non articulou palabra, limitouse a indicarlle co brazo que se achegase e que deixara de protestar. Non lle fixo nin caso, seguía erre que erre intentando que cedera a súa amiga.

Álex, ante tanta leria, baixou do coche e púxose a andar cara onde estaba Paula. A Tina case lle deu un ataque de anguria ao verse abandonada, mais, como

MANUEL LAMAS

16

o seu colega non lle facía caso, non lle quedou outro remedio que saír do coche se non quería quedarse soa. Dende que saíu ata que chegou xunto a eles non deixou de latricar, en tanto Álex non deixaba de rir e Paula seguía sen articular palabra. A boa da muller xa non sabía que actitude a enervaba máis. Todo nela era rabia e carraxe porque ningún dos dous lle facía caso.

Despois de escoitala un anaco, Paula decidiu intervir; fíxoo á súa maneira. Incorporándose, abordouna moi seria. Era unha persoa paciente pero xa non daba máis, a paciencia esgotáraselle había xa tempo.

— Mira, Tina, estasnos dando a tarde; estasme fartando, non te imaxinas canto! Lémbroche que sabías moi ben a onde ías. Por iso non estou disposta a que agora me rompas a cabeza cos teus caprichos.

O careto da amiga era de película. Quedouse como se lle deran un par de labazadas. Non foi nin capaz de articular palabra. No seu lugar, faríao Álex que, por dicilo de algunha maneira, intentou relaxar a situación.

— Tina, eu comprendo que teñas medo, pero ti ben sabías como eran os Picos de Europa.

Agora si que reaccionou. A carraxe que acumulara ao longo daqueles infernais minutos saíulle escopeteada disparando en todas as direccións.

Unha pregunta: Poderiamos atopar a alguén que, ao menos unha vez na vida, non sentira a presenza dun alento misterioso, de rostro neutro, rozándolle o pescozo?

Se a resposta fose non, calquera camiño, incluí-do o de Caín, sería un paseo. Pero, se fose si, e seguro que así é, aí teriamos un bo e marabilloso candidato para protagonizar calquera Camada dos oitenta porque, se certo é que o medo garda a viña, non menos o sería que a inconsciencia encamiña directa ao abismo.

E, xa para rematar, outra dúbida: ti… de quen ves sendo?

MA

NU

EL L

AM

AS

CA

MIÑ

O D

E C

AÍN

1

MANUEL LAMAS

1