Resumo tema 1 lingua 5

1
REPASO TEMA 1 LINGUA GALEGA O abecedario ou alfabeto é o conxunto das 23 letras da lingua ordenadas dende o a ao z. Teñen xénero masculino: o a, o be, o ce,...o gue,... o que,... o xe e o zeta. Algunhas letras do noso alfabeto escríbense xuntas e representan un único son, ch, gu,rr, nh, ll, qu. Denomí-nanse dígrafos. Debes saber usar o dicionario. A comunicación é o proceso no que se emite e recibe información. O que transmite a información é o emisor e o que a recibe é o receptor. A mensaxe é o que queremos transmitir. Necesitamos un código, que é a Lingua Galega. A diferenza fundamental entre a linguaxe animal e humana é que a linguaxe humana é máis complexa e utiliza un código estruturado. A lingua é un sistema de palabras, signos e sons. As sílabas son conxuntos de sons que se pronuncian nun só golpe de voz. As palabras, segundo o seu número de sílabas, poden ser: monosílabas (unha sílaba), bisílabas (dúas sílabas), trisílabas (tres sílabas) e polisílabas (máis de tres sílabas). As sílabas tónicas son as que levan o acento, as que se pronuncian con máis forza. As sílabas átonas son aquelas que se pronuncian con menos forza, aquelas sobre as que non recae o acento. -Son agudas as que levan o acento na última sílaba: ba-lón. -Son graves as que levan o acento na penúltima sílaba: va-so. -Son esdrúxulas as que levan o acento na antepenúltima sílaba: cár-ce-re. 26.- Busca no dicionario e escribe o primeiro dos enunciados: Xesta, culler, cadeira, xiz, vasoira, fogueira, lente.

description

Resumo e exercicios tema 1 lingua 5º e-dixgal

Transcript of Resumo tema 1 lingua 5

Page 1: Resumo tema 1 lingua 5

REPASO TEMA 1 LINGUA GALEGA 5º

O abecedario ou alfabeto é o conxunto das 23 letras da lingua ordenadas dende o a ao z. Teñen xénero masculino: o a, o be, o ce,...o gue,... o que,... o xe e o zeta.

Algunhas letras do noso alfabeto escríbense xuntas e representan un único son, ch, gu,rr, nh, ll, qu. Denomí-nanse dígrafos.

Debes saber usar o dicionario.

A comunicación é o proceso no que se emite e recibe información. O que transmite a información é o emisor e o que a recibe é o receptor. A mensaxe é o que queremos transmitir. Necesitamos un código, que é a Lingua Galega.

A diferenza fundamental entre a linguaxe animal e humana é que a linguaxe humana é máis complexa e utiliza un código estruturado.

A lingua é un sistema de palabras, signos e sons.

As sílabas son conxuntos de sons que se pronuncian nun só golpe de voz.

As palabras, segundo o seu número de sílabas, poden ser: monosílabas (unha sílaba), bisílabas (dúas sílabas), trisílabas (tres sílabas) e polisílabas (máis de tres sílabas).

As sílabas tónicas son as que levan o acento, as que se pronuncian con máis forza. As sílabas átonas son aquelas que se pronuncian con menos forza, aquelas sobre as que non recae o acento.

-Son agudas as que levan o acento na última sílaba: ba-lón.

-Son graves as que levan o acento na penúltima sílaba: va-so.

-Son esdrúxulas as que levan o acento na antepenúltima sílaba: cár-ce-re.

26.- Busca no dicionario e escribe o primeiro dos enunciados:

Xesta, culler, cadeira, xiz, vasoira, fogueira, lente.