Resumo x-xi-conhe-5

1
TEMA 10 Na Terra hai moita auga, pero só o 3% é doce. Desta, a maioría está nos polos e non se pode utilizar. Debemos aforrar e contaminar a menor auga posible. O ciclo da auga: 1- O Sol quenta e fai evaporar a auga superficial da Terra. 2- O vapor ascende e condénsase formando as nubes. 3- Cando as nubes se arrefrían, caen en forma de chuvia, neve ou sarabia. 4- A chuvia humedece a terra, enche ríos e lagos e o ciclo volve a empezar. Obtemos auga -recolléndoa de mananciais, ríos e lagos -escavando galería e pozos -con plantas depuradoras -con plantas desalgadoras. A auga é un ben escaso, polo que debemos evitar contaminala e malgastala. Ríos de España: unha vertente hidrográfica é o territorio polo que discorren un ou varios ríos que van desembocar ao mesmo mar. Vertente cantábrica: ríos moi curtos e bastante caudalosos. Bidasoa, Nervión, Nalón, Eo Vertente atlántica: ríos longos. Miño, Douro, Texo, Guadiana, Guadalquivir Vertente mediterránea: ríos de lonxitude media. Segura, Xúquer, Turia, Ebro. Ríos de Galicia: son numerosos, lonxitude curta, abundante caudal e réxime regular. Vertente cantábrica: máis curtos; Eo, Masma, Landro Vertente atlántica: máis longos; Eume, Mandeo, Xallas, Tambre, Ulla, Lérez, Miño, Sil. O principal río galego é o Miño; nace na serra de Meira (Lugo), e tras pasar polas cidades de Lugo e Ourense, desemboca en A Garda, facendo fronteira con Portugal. ESTUDA MAPAS. SITUACIÓN DOS PRINCIPAIS RÍOS, VERTENTES TEMA 11 . Tempo atmosférico é o estado da atmosfera nun lugar, nun período moi curto de tempo. Clima é o estado da atmosfera nun lugar, ao longo de moitos anos. O clima depende de 3 factores: *proximidade ao ecuador.- máis preto do ecuador, clima máis cálido *altura sobre o mar.- canta menos altitude, clima máis cálido. *influencia do mar.- ao carón do mar, clima máis suave. Climas de España: CLIMA TEMPERATURAS PRECIPITACIÓNS OCEÁNICO Suaves todo o ano, máis frescas no inverno. Chuvias abundantes e repartidas todo o ano. CONTINENTAL Temperaturas extremas: invernos fríos, veráns moi calorosos. Escasas e na primavera e outono. MEDITERRÁNEO Suaves no inverno e cálidas no verán. Escasas e irregulares. Poden ser torrenciais. CONTINENTAL- MEDITERRÁNEO Algo máis cálidas que no continental. Escasas; máis abundantes que no continental. DE MONTAÑA Moi frías no inverno e frescas no verán. Abundantes todo o ano, e en forma de neve. SUBTROPICAL Cálidas e suaves todo o ano. Moi escasas, máis na zona norte illas. Climas de Galicia: temos un clima oceánico, pero dependendo da distancia ao mar, da latitude e da altitude, presenta variacións: *oceánico de litoral- temperaturas suaves e chuvias abundantes. Vexetación: carballo, castiñeiro, bidueiro. Tamén abundan piñeiros e eucaliptos. *oceánico de montaña- temperaturas frías no inverno e suaves no verán, con chuvias moi abundantes todo o ano. Vexetación: teixo, sobreira, acivro, piñeiro silvestre. *oceánico de interior- temperaturas frías no inverno e calorosas no verán, con abundancia de brétemas. Chuvias menos abundantes. Vexetación: castiñeiros, carballos, loureiro.

Transcript of Resumo x-xi-conhe-5

Page 1: Resumo  x-xi-conhe-5

TEMA 10

Na Terra hai moita auga, pero só o 3% é doce. Desta, a maioría está nos polos e non se

pode utilizar. Debemos aforrar e contaminar a menor auga posible.

O ciclo da auga:

1- O Sol quenta e fai evaporar a auga superficial da Terra.

2- O vapor ascende e condénsase formando as nubes.

3- Cando as nubes se arrefrían, caen en forma de chuvia, neve ou sarabia.

4- A chuvia humedece a terra, enche ríos e lagos e o ciclo volve a empezar.

Obtemos auga -recolléndoa de mananciais, ríos e lagos -escavando galería e pozos

-con plantas depuradoras -con plantas desalgadoras. A auga é un ben escaso, polo que debemos evitar contaminala e malgastala.

Ríos de España: unha vertente hidrográfica é o territorio polo que discorren un ou varios

ríos que van desembocar ao mesmo mar. Vertente cantábrica: ríos moi curtos e bastante caudalosos. Bidasoa, Nervión, Nalón, Eo Vertente atlántica: ríos longos. Miño, Douro, Texo, Guadiana, Guadalquivir Vertente mediterránea: ríos de lonxitude media. Segura, Xúquer, Turia, Ebro.

Ríos de Galicia: son numerosos, lonxitude curta, abundante caudal e réxime regular. Vertente cantábrica: máis curtos; Eo, Masma, Landro Vertente atlántica: máis longos; Eume, Mandeo, Xallas, Tambre, Ulla, Lérez, Miño, Sil. O principal río galego é o Miño; nace na serra de Meira (Lugo), e tras pasar polas cidades

de Lugo e Ourense, desemboca en A Garda, facendo fronteira con Portugal.

ESTUDA MAPAS. SITUACIÓN DOS PRINCIPAIS RÍOS, VERTENTES

TEMA 11 . Tempo atmosférico é o estado da atmosfera nun lugar, nun período moi curto de tempo. Clima é o estado da atmosfera nun lugar, ao longo de moitos anos. O clima depende de 3 factores:

*proximidade ao ecuador.- máis preto do ecuador, clima máis cálido *altura sobre o mar.- canta menos altitude, clima máis cálido.

*influencia do mar.- ao carón do mar, clima máis suave.

Climas de España:

CLIMA TEMPERATURAS PRECIPITACIÓNS

OCEÁNICO Suaves todo o ano, máis

frescas no inverno.

Chuvias abundantes e repartidas todo

o ano.

CONTINENTAL Temperaturas extremas:

invernos fríos, veráns moi

calorosos.

Escasas e na primavera e outono.

MEDITERRÁNEO Suaves no inverno e cálidas no

verán.

Escasas e irregulares. Poden ser

torrenciais.

CONTINENTAL-

MEDITERRÁNEO Algo máis cálidas que no

continental.

Escasas; máis abundantes que no

continental.

DE MONTAÑA Moi frías no inverno e frescas

no verán.

Abundantes todo o ano, e en forma de

neve.

SUBTROPICAL Cálidas e suaves todo o ano. Moi escasas, máis na zona norte illas.

Climas de Galicia: temos un clima oceánico, pero dependendo da distancia ao mar, da

latitude e da altitude, presenta variacións: *oceánico de litoral- temperaturas suaves e chuvias abundantes. Vexetación: carballo,

castiñeiro, bidueiro. Tamén abundan piñeiros e eucaliptos. *oceánico de montaña- temperaturas frías no inverno e suaves no verán, con chuvias moi

abundantes todo o ano. Vexetación: teixo, sobreira, acivro, piñeiro silvestre. *oceánico de interior- temperaturas frías no inverno e calorosas no verán, con abundancia

de brétemas. Chuvias menos abundantes. Vexetación: castiñeiros, carballos, loureiro.